Para sentirnos máis próximos á nosa cultura galega, gozar en compañÃa de festas ou feiras tradicionais pode ser unha boa opción.Â
Esta semana temos a sorte de celebrar dúas das festas máis tradicionais da nosa Comunidade, o Festival de Pardiñas en Guitiriz e a Festa do Polbo, en O Carballiño.Â
Tamén poderemos gozar de opcións máis modernas e urbanas como o Festival O Marisquiño, en Vigo, ou o Festival Son RÃas Baixas, en Bueu.
Festival de Pardiñas. Guitiriz
Este festival denomÃnase a si mesmo “Feira e festa da música e da arte” e organÃzao a Asociación cultural Xermolos, dedicada a preservar e difundir a cultura galega.
O Festival folk celébrase en Pardiñas, no municipio de Guitiriz, e será 100% gratuÃto, aÃnda que debido ás restricións sanitarias, o aforo dos concertos será limitado e é necesario rexistrarse previamente.
Terá lugar en dúas fases, unha primeira entre o 1 e o 8 de agosto, e unha segunda quenda entre o 27 e 29 de agosto.
En torno ao festival de música, pasarán polo escenario intérpretes e grupos galegos, españois e de diferentes nacionalidades (Portugal, Francia…) . à súa vez, haberá no recinto mostras de artesanÃa, exposicións de pintura, fotografÃa, cerámica, escultura e espazos para a poesÃa e feira de libros.
Non nos podemos esquecer do prato forte do festival, o seu “ Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicionalâ€.
Con todo isto, temos o necesario para embaucarnos de cheo na nosa cultura musical e artÃstica.Â
Festa do Polbo. O Carballiño
Celebrada por primeira vez en 1964 e declarada na actualidade como Festa de Interese TurÃstico Nacional, esta festa céntrase principalmente no produto máis coñecido da nosa gastronomÃa, o polbo.Â
Celébrase no Carballiño (Ourense) o sábado 7 e o domingo 8.Â
Este ano, debido á situación sanitaria, celebrarase de forma restrinxida, polo que que non levará a cabo a tradicional comida no parque municipal, senón que os postos de polbo estarán repartidos por toda a cidade.
Pódese gozar de música tradicional e grupos folclóricos á vez que se degusta o polbo e outros manxares caracterÃsticos da gastronomÃa galega.
O Marisquiño. Vigo
Un dos festivais urbanos máis populares de Galicia que este ano cumpre o seu XX aniversario.Â
Nel se reúne o mellor das múltiples disciplinas de deporte urbano e este ano, a pesar das restricións existentes, aspira a ser a mellor edición de todas.
Celébrase en Vigo (Pontevedra), entre venres 6 de agosto e o domingo 8. 3 dÃas cheos de emoción nos que poderemos gozar de competicións deportivas urbanas como o skate, BMX, Basket… Destaca a celebración do “World Cup Skateboarding†que contará con algúns dos deportistas olÃmpicos do noso paÃs, ademais dos skaters máis recoñecidos mundialmente.
Se che gusta a cultura urbana, non dubides en pasar por este famoso festival.Â
Son RÃas Baixas. Bueu
Outro evento de importancia esta semana é o festival Son RÃas Baixas en Bueu (Pontevedra) esta semana do martes 3 ao domingo 8.Â
A música en directo regresa este verán ás RÃas Baixas con concertos ao aire libre. Un festival cheo de variedade musical pero centrándose sobre todo no acústico e urbano. Congrega a artistas como Kase.O, La M.O.D.A., Sabela e Son da Rúa, entre outros.Â
Destacar que moitos destes artistas só terán esta cita en todo o verán, polo que non podes perderche esta oportunidade e gozar da boa música en directo.Â
O Son do Camiño. Perseidas. Santiago de Compostela.
Esta fin de semana celébranse os dous últimos concertos desta edición especial do Son do Camiño, e termina ao grande coas actuacións de Loquillo, o sábado 7 de agosto, e de Melendi, o domingo 8.
Como se pode ver, esta semana está chea de eventos culturais que non debemos desaproveitar. Podemos pasar de divertirnos vendo deportes extremos en O Marisquiño, a encher o noso estómago cun exquisito polbo na Festa do Polbo do Carballiño.Â
