Os alemáns supuxeron o 12,3 por cento dos turistas estranxeiros que se aloxaron nos establecementos turÃsticos regrados da Comunidade galega o ano pasado
 A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, dependente da SecretarÃa Xeral para o Turismo, presentará a oferta turÃstica de Galicia, para o mercado alemán dende mañá mércores ata o domingo, 11 de marzo, na feira ITB de BerlÃn (Alemaña), un dos mercados turÃsticos máis importantes do mundo xunto aos certames World Travel Market (WTM) de Londres e a Feira Internacional do Turismo de Madrid (FITUR).
Neste evento turÃstico, dedicado ao turismo en xeral, Turgalicia promocionará o novo mapa de xeodestinos turÃsticos de Galicia e os dez produtos cabeceira de marca, ademais da oferta global e o Camiño de Santiago .
Na ITB farase especial fincapé nos produtos relacionados coa natureza e o Turismo de costa, asà como o turismo cultural, que xunto co Camiño de Santiago e as cidades galegas, son os aspectos turÃsticos de Galicia que máis interese espertan para os turistas alemáns.
Turistas alemáns
A participación neste certame turÃstico permitirá influÃr no mercado turÃstico alemán, o segundo mercado internacional máis importante para Galicia, xa que o 13% dos estranxeiros que se aloxaron en establecementos regrados de Galicia o ano pasado procedÃan deste paÃs europeo.
Os alemáns situáronse no segundo lugar despois dos portugueses canto a ocupación hoteleira en Galicia en 2011, segundo os datos do Instituto Nacional de EstadÃstica. Ademais, foi un mercado que medrou un 1% entre os anos 2010 e 2011.
Por outra parte, e de acordo cos datos do Instituto de Estudos TurÃsticos de Galicia, os turistas alemáns, con 48.047 viaxeiros, supuxeron o 14,5 % no tráfico aéreo de Galicia en 2011. En relación ao ano 2010, os viaxeiros alemáns que utilizaron o avión para desprazarse a Galicia medraron caseque un 4%.