As RÃas Baixas, unha das nosas xoias naturais, é o destino ideal para unha escapada de catro dÃas. Praias fabulosas, paisaxes verdes, gastronomÃa de primeira… Aquà temos todo o necesario para desconectar da rutina e gozar dunha experiencia única.
DÃa 1: Vigo e arredores

A primeira parada é Vigo, a cidade máis grande de Galicia, cun potente porto pesqueiro, que combina un moderno núcleo urbano co espectáculo natural da rÃa. O mellor plan é adicar a mañá a coñecer o casco vello, coas súas rúas empedradas, prazas e monumentos. Por suposto, sen deixar de pasar polo Mercado da Pedra e pola rúa da PeixarÃa, onde hai que catar o manxar máis tÃpico da cidade: as ostras.
Pola tarde, travesÃa pola bocana da rÃa até as CÃes, o tesouro da RÃa de Vigo. O arquipélago forma parte do Parque natural marÃtimo terrestre da Illas Atlánticas de Galicia, xunto cos de Cortegada, Sálvora e Ons. Abrangue as illas de Monteagudo, Faro e San Martiño. A praia de Rodas, ponte natural entre Monteagudo e Faro, foi elixida en varias ocasións unha das mellores praias do mundo. Augas cristalinas, area fina, aire atlántico cen por cen… Que máis se pode pedir?
DÃa 2: Baiona e o sur das RÃas Baixas

Continuamos a nosa viaxe cara ao sur. A mañá é para Baiona, unha vila costeira con moita historia, moito encanto e moito areal, pois ten até seis praias no mesmo casco urbano. Aquà recalou a Pinta á volta do descubrimento de América, e atopamos varios recordatorios do acontecemento na cidade, mesmo unha réplica da carabela ancorada no porto, que se pode visitar. En Baiona agárdanos un importante casco histórico, un estupendo paseo marÃtimo e o Paseo de Monte Boi, que rodea a penÃnsula do mesmo nome pola beira do mar. No curuto do monte está a fortaleza de Monterreal, hoxe parador, que nos ofrece unhas vistas máis elevadas das CÃes, da costa de Nigrán e do mar aberto.
A 18 km al sur, agárdanos Oia, coa peculiar estampa do mosteiro de Santa MarÃa de Oia, fundado no século XII, prácticamente metido na praia. Despois de estirara as pernas e encher os pulmóns de aire oceánico, en menos dun cuarto de hora en coche, poñémonos na Guarda. A pouco que subamos o monte de Santa Trega, atopamos miradoiros naturais con incrÃbles vistas sobre a desembocadura do Miño, con Portugal a fronte e o Val do Rosal. Por se fose pouco, polo camiño temos a sorte de contemplar un dos xacementos castrexos máis espectaculares de Galicia.
DÃa 3: Pontevedra e contorna

Para o terceiro dÃa deixamos Pontevedra, no centro das RÃas Baixas. É unha das cidade máis cómodas e ecolóxicas de Galicia, cun núcleo urbano con moita historia e moi coidado, con diversos puntos de interese: o Museo de Pontevedra, a Peregrina, Santa MarÃa a Maior, a Alameda, o paseo fluvial…
Seguindo a rÃa de Pontevedra chegamos a Combarro, vila pesqueira no concello de Poio, famoso pola zona vella, moi ben conservada, e sobre todo pola cantidade de hórreos e cruceiros que ten á beira do mar. Máis ao norte, xa na rÃa de Arousa, está Cambados, capital do albariño. vila ten un conxunto histórico artÃstico de moito nivel, coas ruÃnas da igrexa de Santa Mariña Dozo, o pazo e a praza de Fefiñáns, o pazo de Montesacro, a torre de San Sadurniño… Para completar a visita e coñecer a fondo a zona, o ideal é deixarse caer por algunha das adegas da DO RÃas Baixas.
DÃa 4: RÃa de Arousa e RÃa de Muros e Noia

Sen saÃr da rÃa de Arousa, hai outras vilas que deixarán pegada en nós, como VilagarcÃa de Arousa, ou, xa na provincia da Coruña. Rianxo ou A Pobra do Caramiñal. Como remate, nada mellor que pasear por un dos parques naturais de Galicia: o complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.
Este último dÃa, hai que aproveitar para coñecer a rÃa de Muros e Noia, a máis ao norte das rÃas Baixas, onde temos moitos lugares nos que parar: o castro de Baroña, Porto do Son, Serra de Outes… O destino final do cuarto dÃa é Santiago, fin de camiño, que nos transmite o peso da historia en cada rúa.
Entón que? AÃnda dubidamos? Imposible! O destino perfecto para a nosa escapada de catro dÃas en Semana Santa está aquÃ, nas RÃas Baixas! A facer a maleta e… Boa viaxe!
