Esta semana empeza setembro e xa se intúe a volta á normalidade tras as vacacións, pero seguro que moitos aÃnda poden gozar duns dÃas de descanso. Para uns e outros a axenda desta semana vén repleta de festas gastronómicas, cinema, monicreques e concertos que non vas querer perder.
Festa dos Callos. Salceda de Caselas
Festa gastronómica que se celebra na localidade de Salceda de Caselas do 30 de agosto ao 5 de setembro, en recoñecemento á tradición que ten este prato no municipio pontevedrés. Ademais da degustación gastronómica, os presentes poderán gozar de variados actos lúdicos e culturais.
Debido ás circunstancias do Covid19 todas os eventos terán capacidade limitada, aforos e accesos controlados, distancias de seguridade… cumprindo con todas as medidas de seguridade posÃbeis.
Festa do pan. Neda
Festa de Interese TurÃstico que este ano ten unha versión reducida, cunha programación especial que inclúe concertos, percorridos polos muÃños da zona e actividades para os máis cativos da casa, con obradoiro de pan incluÃdo.
Celébrase do 2 ao 5 de setembro.
Festival de Cans. O Porriño
O Festival de Cans este ano ten nova data e será entre o mércores 1 e o sábado 4 de setembro. Esta XVIII edición contará con quince curtametraxes e pasarán polo festival nomes como o cineasta Kleber Mendonça Filho, o historiador Ian Gibson, a cantante Sés ou os actores Celso Bugallo e Tamar Novas.
Festival Internacional de Monicreques. Redondela
Para os máis cativos da casa Redondela celebra, do 1 ao 5 de setembro, o seu famoso Festival de Monicreques.
Un evento que conta con compañÃas de teatro de diferentes paÃses, artistas especializados na manipulación de obxectos, monicreques de man e luva ou varitas, marionetas de fÃos, bonecos tradicionais de madeira e sombras chinesas.
Concertos na Fin do Mundo
Esta semana os Concertos na Fin do Mundo terán lugar, o venres 3 de setembro, no faro de Corrubedo, en Ribeira, coas actuacións de Russinha, a cantante galega Laura Lamontagne & PicoAmperio.e ou gaiteiro Anxo Lorenzo, xa ao luar.
