Tradicións medievais e mesmo castrexas, concertos son sabor e mar e inspiración solidaria, e mostras de devoción e fervor conviven na axenda de actos coa que Galicia dá a benvida ao mes de setembro.
 Â
RomarÃa dos Milagres de Caión
8 de setembro. Caión (A Laracha)
Como cada 8 de setembro, o santuario dos Milagres de Caión, no municipio coruñés da Laracha, convértese en polo de atracción para centenares de persoas chegadas desde puntos de toda a provincia e doutros lugares de Galicia. Os romeiros non só poderán asistir ás misas que se celebrarán durante toda a xornada, senón que tamén poderán achegarse ata a fonte situada no acceso ao santuario e tratar de comprobar as propiedades milagreiras que se lle atribúen ás súas augas.
Máis información aquÃ
Festival Sinsal
7 e 8 de setembro. Vigo
Se en xuño era a illa de San Simón a que abrÃa as súas portas á música da man do festival Sinsal agora é o Museo do Mar de Galicia o que, por segundo ano consecutivo, se suma a esta orixinal proposta que serve para poñer en valor tamén o patrimonio marÃtimo. Para os concertos do sábado 7 (de 19:00 a 01:30 horas) é necesario adquirir entradas, pero a sesión do domingo 8 (12:30 horas) será de acceso libre ata completar o aforo.
Máis información aquÃÂ
Feira Franca de Pontevedra
6 e 7 de setembro. Pontevedra
Pontevedra despide o verán coa súa tradicional Feira Franca, unha celebración que se inspira nos tempos do rei Enrique IV. Durante toda a fin de semana artesáns, comerciantes, damas e cabaleiros tomarán as rúas da zona monumental para recibir a miles de persoas e rememorar aquel mercado libre de impostos instaurado a mediados do século XV.Â
Máis información aquÃ
Â
Festival da Luz
Do 6 ao 8 de setembro. Boimorto
Tres dÃas de música en vivo por un fin solidario. Esa é a esencia do Festival da Luz, que para esta edición volve xuntar a algúns dos artistas máis destacados da escena estatal. Celtas Cortos e Egon Soda (venres 6), Luz Casal, Cepeda e Delaporte (sábado 7) e Rayden, Orquesta Mondragón, Mikel Erentxun e Amparanoia (domingo 8) son só unha pequena mostra da oferta musical deste festival cuxa recadación será repartida entre as asociacións Anxiños e Asanog.
Máis información aquÃ
Â
Festa da Queima das Fachas de Castelo
7 de setembro. Taboada
Unhas enormes estacas de madeira recubertas de tiras vexetais son as protagonistas dunha tradición que se remonta á época castrexa e que na parroquia de Santa MarÃa de Castelo perdurou ata os nosos dÃas. Este sábado os veciños volverán á levar as Fachas ata a cima dun antigo castro para para prenderlle lume e dar asà o pistoletazo de saÃda ás festas do lugar.
Máis información aquÃ
Â
RomarÃa da Virxe da Franqueira
8 de setembro. A Cañiza
Meses despois da celebración da RomarÃa das Pascualillas, a devoción e a tradición volven congregar a unha multitude no Santuario de Santa MarÃa da Franqueira con motivo da RomarÃa de Setembro, ou da Natividade da Virxe. Neste caso, os elementos máis singulares do festexo son a procesión, posto que a imaxe da Virxe é transportada nun carro tirado por bois engalanados; as danzas tradicionais e a recreación da loita entre un cristián e un mouro que aparece recollida nun pergamiño do século XVII.
Máis información aquÃ
Â
Danzas Ancestrais de Darbo
8 de setembro. Cangas
A Danza e a Contradanza de Darbo pecharán este domingo o ciclo anual das danzas ancestrais de Cangas, do que forman parte tamén as de Aldán (20 de xaneiro) e HÃo (16 de agosto). No caso de Darbo, esta manifestación etnográfica remóntase polo menos ao século XVI e báilase en dous momentos diferentes dunha xornada de romarÃa na honra da patroa da parroquia.
Máis información aquÃ
Â
Ameixa Rock
Do 6 ao 8 de setembro. O Carril (VilagarcÃa)
A parroquia do Carril encherase de música esta fin de semana para celebrar a sétima edición do Ameixa Rock. Serán tres dÃas de música e fomento da cultura mariñeira. Da parte sonora nesta ocasión encargaranse Malasömbra, TNT Band, N.E.O., Terbutalina, The Velvet Crab, Perfect Strangers, La Duendeneta e Dj Barbitúrico.
Máis información aquÃ
Â
Â
