Ribadavia, na provincia de Ourense é, ademais da capital do Ribeiro, unha vila especialmente recoñecida pola súa riqueza monumental en forma de mosteiros, igrexas, conventos, pontes e por suposto por contar cun barrio xudeu extraordinario.
Na Idade Media, o municipio viviu unha crecida de poboación xudÃa que se estableceu na zona chegando xa a conformar unha poboación de 1.500 habitantes no século XIV, segundo o cronista Jean Froissart. Fóra sentimentos relixiosos, cristiáns e xudeus compartÃan o dÃa a dÃa,, chegando a gañar importancia en número a poboación hebrea nos séculos posteriores.
Con todo, o decreto de expulsión expedido polos Reis Católicos en 1492, no que obrigaban á poboación xudÃa a abandonar España, provocou a conversión de moitos, que abrazaron a relixión cristiá para permanecer no Reino. Na actualidade, o Barrio Xudeu de Ribadavia aÃnda conserva o trazado medieval, con longas e estreitas rúas que conectan con prazas recunchos onde chaman a atención os beirÃs dos soportais.
O barrio que se estende entre a Praza Maior e a muralla medieval, sitúa o seu centro ao redor da Rúa da XuderÃa que une a Praza Maior coa da Madalena. Coa pedra como elemento predominante, os mercados xudeus situábanse nos baixos das casas -ou soportais-, evitando asà a entrada do sol ou a choiva que puidesen incomodar a clientes e mesmo prexudicar ao xénero exposto.

Para que estes tempos non caesen no esquecemento, desde hai xa uns anos celébrase a coñecida como Festa da Istoria. A última fin de semana de agosto, Ribadavia recrea unha vila medieval, na que predominan os traxes de época, os bailes, as vodas xudÃas e mesmo unha gran cea medieval. O Barrio Xudeu acolle postos de produtos gastronómicos e artesanais nos que é imprescindible pagar con maravedÃs. Declarada de Interese TurÃstico Nacional, esta peculiar conmemoración trata de representar as distintas culturas, relixións, oficios e clases sociais da época, para seguir gozando deste legado cultural durante moitos anos máis.
Do mesmo xeito, o Centro de Información XudÃa de Galicia, que se atopa no Pazo dos Condes en plena Praza Maior, ofrece unha interesante mostra de pezas relacionadas coa historia e as principais singularidades das comunidades hebreas de Galicia. Entre outras cousas, pódense ver de preto o traxe de voda xudeu que se utiliza na Festa da Istoria ou a menorá gravada en pedra da Catedral de Tui.
En definitiva, non só nos atopamos ante unha xuderÃa destacada en canto á importancia que tivo na época, senón que o seu bo estado de conservación permite aos que o visitan, poñerse na pel dos ribadavienses -xudeus ou non- que percorrÃan estas rúas.
