A beiras do rÃo Ulla e baixo un impoñente viaduto, en Catoira, atópanse as ruÃnas da antiga fortaleza “ Castellum Honesti†ou o que coñecemos comunmente como as Torres de Oeste.
A súa orixe remóntase ao século II a. C. cando se instalou un poboado castrexo no lugar, tal e como testemuñan os restos de cerámica e armas de bronce atopados alÃ. Posteriormente, coa chegada dos romanos, construÃuse o Castellum Honesti, o que permitiu que a zona se convertese nun importante porto comercial que abrÃa paso á actual Galicia -tal e como se recolle no terceiro libro de De Chorographia do xeógrafo Pomponio Mela-.
A fortaleza reforzouse no século XII por orde de Diego XelmÃrez (primeiro arcebispo de Santiago de Compostela e un dos personaxes decisivos no impulso da peregrinación xacobea), co fin de protexer Santiago de Compostela das expedicións escandinavas e sarracenas que pretendÃan atacar á cidade. A situación xeográfica do municipio de Catoira foi quizais unha das principais razóns polas que sufriu tantos ataques no pasado.
A estrutura do conxunto histórico, consistÃa nun recinto amurallado con sete torres que pechaban a entrada en dirección a Padrón, impedindo asà o paso a Compostela. Ademais das torres, o forte completaba a súa defensa cunha contorna pantanosa. Tan importante era a protección e seguridade destas terras que o libro Historia Compostelá (Historia Compostellana, en latÃn) considerouna “chave e selo de Galiciaâ€. Entre as torres, XelmÃrez levantou tamén unha sinxela capela prerrománica dedicada ao apóstolo Santiago, cuxo corpo -segundo conta a lenda- pasou por este lugar camiño de Santiago de Compostela.
Malia que serviu como defensa contra os ataques dos ingleses no século XVIII, na actualidade só se conservan en pé dúas torres e algún tramo de muralla que formaba parte do recinto. Co paso do tempo e debido ao abandono, foron caendo ata quedar no estado actual no que se atopan.
As Torres de Oeste, declaradas Monumento Nacional no ano 1931, forman parte do escenario dunha das catro festas de Interese TurÃstico Internacional que se celebran na provincia de Pontevedra, a RomarÃa Viquinga de Catoira que, simulando un desembarco normando, se celebra dende hai máis de 50 anos, congregando cada vez máis visitantes.
Para os amantes da historia, esta é unha das citas máis importantes do ano, onde ademais do desembarco tamén se pode participar dunha comida popular na que non poden faltar o polbo, os mexillóns e o viño tinto de Ulloa.

Moi bo resumo, pero acho destacable a ausencia de mencions ó Reino de Galiza, que hai medo a escribir que existÃu?
Moitas grazas polo teu comentario, Carlos. Saúdos