É tempo de praia, e en Galicia xa o estamos a desfrutar. Este ano sumamos 118 praias con Bandeira Azul, 10 máis ca o ano pasado. Pero quizais te preguntes que significa exactamente este distintivo. Contámoscho!
A Bandeira Azul é un recoñecemento internacional que se outorga a praias que destacan pola calidade das súas augas, a seguridade, os servizos e o coidado do contorno. Para ti, como visitante, é unha forma sinxela de saber que estás a escoller unha praia segura para gozar con total tranquilidade.
Aquí déixamolas desagregadas por provincia para que che resulte máis fácil escoller onde ir estas vacacións.
PONTEVEDRA
Pontevedra concentra un ano máis o maior número de Bandeiras Azuis de Galicia, con 56 praias recoñecidas:
A Guarda
-
- Area Grande
- Os Muíños
A Illa de Arousa
-
- Area de Secada
- Bao (Camaxe)
Baiona
-
- Barbeira
- Cuncheira
- Os Frades
- Ladeira
- A Ribeira
- Santa Marta
Bueu
-
- Area de Bon
- Lagos
- Lapamán
- Portomaior
Marín
-
- Aguete
- Loira
- Mogor
- Portocelo
- Santo do Mar
Moaña
-
- O Con
Poio
-
- Cabeceira
- Laño-Samieira
- Xiorto
Ponte Caldelas
-
- Praia Fluvial de A Calzada
Sanxenxo
-
- A Lapa
- Agra
- Areas
- Areas Gordas
- Baltar
- Bascuas
- Canelas
- Caneliñas
- Foxos
- Major
- Montalvo
- A Lanzada
- A Espiñeira
- Pampaído
- Panadeira
- Paxariñas
- Pragueira
- Silgar
Vigo
-
- Argazada
- A Fontaíña (A Sirenita)
- A Punta
- Canido
- Carril
- Os Muíños-Fortiñón
- O Adro
- Mende
- O Vao
- Rodas (Illas Cíes)
- Santa Baia
- Tombo do Gato
Vilagarcía de Arousa
-
- Bamio
- Concha-Compostela
A CORUÑA
No caso da Coruña, foron recoñecidos 44 areais:
A Coruña
-
- As Lapas
- Orzán-Matadero
- O Orzán
- Riazor
- Santo Amaro
A Laracha
-
- Caión-Salseiras
A Pobra do Caramiñal
-
- Cabío-Lombiña
Arteixo
-
- A Salsa
- Arenal de Barrañán
- Areal das Combouzas
- Area Grande (Suevos)
- Sabón
- Area Grande ou Valcovo
As Pontes de García Rodríguez
-
- Praia do Lago das Pontes
Bergondo
-
- Gandarío
Camariñas
-
- Arou
Carballo
-
- Pedra do Sal
- Razo
- Baldaio-Saíñas
Dumbría
-
- Ézaro
Ferrol
-
- A Fragata
- Caranza
- Doniños
- Ponzos
- Esmelle
- San Xurxo
Laxe
-
- Laxe
Malpica de Bergantiños
-
- Area Maior
Miño
-
- Pequena de Miño-A Ribeira
- Grande de Miño
- Perbes
Muros
-
- San Francisco
Oleiros
-
- Bastiagueiro
- Espiñeiro
- Praia de Mera
- Porto Naval
- Santa Cristina
Ortigueira
-
- A Concha
- Morouzos
Ponteceso
-
- Ermida
- Balarés
- Niñóns
- Osmo
Ribeira
-
- Coroso
LUGO
En Lugo, recoñecéronse con este distintivo 17 praias:
Barreiros
-
- Coto
- Fontela-Balea
- A Pasada
Burela
-
- A Marosa
- Portelo
Cervo
-
- O Torno
Foz
-
- A Rapadoira
- Areoura
- As Polas
- Llas
- Peizás
O Vicedo
-
- Abrela-Suegos
- Xilloi
Ribadeo
-
- As Catedrais
- Os Castros-Illas
Viveiro
-
- Area
Xove
-
- Esteiro
OURENSE
Ourense gaña a súa primeira e única bandeira azul:
A Veiga
-
- Praia Fluvial dos Franceses
Agora que xa coñeces todas as praias con Bandeira Azul en Galicia, só queda o máis importante: escoller destino, preparar a toalla e gozar dun verán único.
