Pasear polas rúas de Sada é abrir unha porta ao pasado, pero non a unha época calquera, senón a un momento e un estilo moi concreto: o modernismo. Foi esta unha corrente artÃstica que se desenvolveu entre finais do século XIX e os primeiros anos do século XX e que impregnou as formas de expresión e creación máis diversas: desde a literatura á música pasando pola pintura, a moda e, tamén, a arquitectura. E foi neste último campo (tamén coñecido como Art Nouveau) onde a súa pegada en Sada foi máis intensa e sobreviviu ata os nosos dÃas a pesar de que a súa aparición na localidade foi máis ben tardÃa e froito dunha curiosa circunstancia. PoderÃase dicir que este estilo arquitectónico chegou a Sada en tranvÃa porque a historia e a evolución de ambos correron parellas.
Â
1922 é a data clave nesta historia porque coinciden dous feitos cruciais. Ese ano chegou a Sada o primeiro tranvÃa procedente da Coruña inaugurando asà unha etapa de gran prosperidade e puxanza para a localidade. E ese mesmo ano tamén se inaugurou en Sada un edificio que acabou por converterse no sÃmbolo máis visible e importante do modernismo local, e que do mesmo xeito que o tranvÃa, procedÃa da Coruña. Porque A Terraza, o impresionante pavillón acristalado que preside o paseo marÃtimo sadense non estivo sempre nesa localización.
Â
Nas súas orixes formaba parte do conxunto de construcións que foran levantadas nos xardÃns coruñeses de Méndez Núñez como espazos de lecer onde admirar exposicións de arte, ver proxeccións cinematográficas ou simplemente entregarse á charla ou a contemplación. O Kiosko Alfonso segue a ser unha destacada testemuña daquela época e garda relación directa co inmoble hoxe situado en Sada.
Â
A Terraza foi concibida polo arquitecto Antonio López Hernández e levantada na Coruña en 1912. Durante o tempo que permaneceu no seu primeiro emprazamento recibiu varias ampliacións (a lonxitude da súa fachada pasou de 20 a 30 metros) para tratar de responder á demanda crecente deste tipo de espazos, pero co cambio de década o empresario Manuel Zapata Montero procedeu ao seu traslado co obxectivo de levar tamén ata Sada o ambiente de lecer dos xardÃns coruñeses.
Â
Xa no seu novo emprazamento, tras un traballoso traslado peza a peza en carros tirados por bois, A Terraza converteuse nun lugar de referencia de Sada como salón de baile e viviu varias décadas de esplendor. Pero pouco despois do peche da liña do tranvÃa que unÃa a localidade coa Coruña (en 1957) comezou a súa época de declive. Desde entón ata a actualidade funcionou como cafeterÃa ou restaurante.
Pero a influencia da Terraza de Sada non se limitou ao estilo de vida e lecer da poboación local, senón que xunto co tranvÃa se converteu nunha forza clave de progreso. Se aquel medio de transporte contribuiu ao auxe económico que impulsou o desenvolvemento urbanÃstico da localidade, os trazos modernistas do emblemático edificio convertéronse no exemplo seguido polos arquitectos e promotores locais durante varias décadas. Impúxose asà un estilo caracterizado por elementos como grandes ventás e balcóns, coidadas ornamentacións a base de cerámica e vidro, e un amplo abano cromático. Moitos dos edificios nados baixo o influxo da Terraza sobreviviron tamén ata os nosos dÃas e convertéronse en motivo de orgullo para os veciños de Sada e nunha boa razón para que os visitantes se acheguen ata a localidade e paseen polas súas rúas.Â
Â
As rúas do RÃo, República Arxentina, da Lagoa, Linares Rivas e Barrié de la Maza gardan numerosos exemplos dun estilo que se estendeu tamén a barrios tradicionalmente mariñeiros como o da Tenencia. Na actualidade, o Concello trazou un roteiro que permite percorrer boa parte do centro urbano mentres un vai descubrindo as pegadas daqueles tempos xa pasados. Se queres viaxar ao modernismo non vas poder tomar o tranvÃa, pero si descubrir que o seu encanto permanece aÃnda vivo en Sada.
