Negueira

Negueira
Negueira
Negueira

Situación – Concello de Negueira de Muñiz, extremo oriental da provincia de Lugo limítrofe con Asturias.

Superficie – 4.511,88 ha.

Acceso – Desde a estrada da Fonsagrada – Oviedo, desvío antes do porto do Acevo.

Servizos  – Aloxamento e comida: turismo rural.

Outros espazos naturais relacionados / próximos: Os Ancares, (LIC “Ancares-Courel”)

A construción do encoro de Salime nos anos sesenta do pasado século dividiu de norte a sur o concello de Negueira de Muñiz, o cal aumentou o illamento da beira dereita e provocou un forte movemento migratorio. O municipio que leva o apelido do promotor da súa independencia administrativa como concello é na actualidade o menos poboado de Galicia pois non acada os trescentos habitantes.

Unha historia recente complicada ao igual que o territorio que presenta un relevo moi accidentado e cheo de fermosos contrastes naturais. Achamos frondosas manchas vexetais dominadas polos carballos, pero alí onde o val suaviza o clima de montaña permite a existencia de especies como as sobreiras e mesmo viñedos.


View Larger Map

Guardar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *