As pegadas da presenza romana son aÃnda visibles en moitos puntos de Galicia en forma de construcións de diversa Ãndole: desde pontes ata restos de camiños, campamentos e mansións pasando por, seguramente, a máis emblemática de todas elas: a Muralla de Lugo. Pero estas terras gardan outra representativa testemuña daquela época que serve para entender o empeño e a capacidade técnica daquel pobo. Trátase do túnel de Montefurado, un paso que propiciou que o rÃo Sil desviase o seu curso para atravesar a ladeira dun monte.
Â
Situado no municipio lugués de Quiroga, este túnel remóntase ao século II, na época do emperador Trajano, e é unha mostra máis da importancia que a industria aurÃfera tiña xa en tempos do Imperio Romano. A febre do ouro levoulles a furar montañas en busca do prezado mineral modificando de forma radical a paisaxe e salvando toda clase de obstáculos. Nin sequera o poderoso leito dun rÃo como o Sil lles impediu levar a cabo os seus plans, tal como nos lembra Montefurado comezando xa polo seu propio nome.
Â
Foi o desexo de extraer o ouro que se escondÃa no leito areoso do gran meandro que o rÃo traza na zona o que levou aos romanos a proxectar unha maneira de desviar o leito e acometer asà unha obra de enxeñerÃa sen parangón no resto do Imperio. As súas dimensións seguen asombrando hoxe en dÃa a quen o contempla desde as marxes das modernas vÃas de comunicación ou, mellor aÃnda, desde puntos como o miradoiro de Anguieiros. As cifras falan por si soas da magnitude da obra a pesar de que un derrube ocorrido en 1934 por mor da erosión provocada por unha gran crecida do rÃo reduciu notablemente o tamaño do túnel. Na actualidade ten unha lonxitude total de 52 metros (fronte aos 120 metros do trazado orixinal) e unha altura e anchura media que roldan os 20 metros. A profundidade da auga sitúase ao redor dos 12,5 metros aÃnda que varÃa en función das choivas e do caudal do rÃo.
Â
Crese que o túnel foi escavado mediante unha técnica que consistÃa en aplicar lume sobre a roca para quentala e despois arrefriala bruscamente con auga para provocar roturas polo cambio térmico. A continuación, con axuda de ferramentas metálicas procedÃase a acabar de romper e retirar as placas de lousa. Non se coñecen datos concretos sobre o desenvolvemento dos traballos, pero algúns investigadores sosteñen que o campamento romano desde o que foron supervisados instalouse na aldea de Sesmil e hai quen defende que a orixe dese topónimo terÃa que ver, precisamente, co tamaño do destacamento alà situado.
Â
O suceso de 1934 non só derrubou parte do túnel e propiciou que o Sil volvese discorrer temporalmente polo seu leito orixinal, senón que provocou que se perdesen os restos da fortaleza que se alzaba a zona do monte que colapsou, o Castelo de Pena dous Curvos. E novas crecidas do rÃo e algúns pequenos desprendementos espertaron nos últimos anos a voz de alarma sobre a necesidade de preservar esta prodixiosa obra que nos segue permitindo viaxar atrás no tempo.

Eu gosto muito de viajar a Galiza, estive vivendo oito años en Vigo, teño amigos e compañeiros , falo com eles sempre que puedo,
Um cordial saludo y hate prontiño
Francisco