Ao norte da provincia de Lugo, xusto na fronteira que separa Galicia de Asturias, atópase a maxestuosa Praia das Catedrais, un impresionante areal cuxos cantÃs e formacións rochosas fixéronlle entrar na lista das sete marabillas naturais do noso paÃs.
O nome real da praia é Augas Santas, pero os seus caracterÃsticos arcos (de máis de trinta metros de altura), que lembran aos arbotantes dunha catedral, son os que a fixeron famosa polo seu outro nome: As Catedrais. Xunto a eles, grutas de decenas de metros e corredores de area entre bloques de roca agochan multitude de curiosidades e historias que fan desta praia un lugar absolutamente máxico.
A primeira delas xorde ao redor da súa orixe, xa que aÃnda que se pensaba que os seus arcos e  paredes foran esculpidos na pedra polo vento e o mar ao longo do tempo, hai uns anos un grupo de arqueólogos detectou na zona restos do que poderÃa ser unha mina romana de ouro e, de confirmarse, a súa orixe non serÃa unicamente natural, senón que tamén actuarÃa na súa formación o home.
Pero máis aló das pequenas ou grandes curiosidades, hai infinidade de lendas que envolven de misterio este lugar…
Conta a lenda que se algunha vez un queda moito tempo cos pés ancorados na area poderá ver como se abren e se pechan os pasadizos segredos onde, segundo din, dormen os homes que o mar retén enfeitizados no seu abrazo de escuma. Tamén din que cada dÃa ou cada noite, nunca a unha hora concreta, hai un momento no que as arestas do limiar da porta das Catedrais (o enorme arco que se penetra no mar) ilumÃnanse de Soles ou de Lúas, e que nese momento se poderÃa predicir o futuro ou volver ao pasado. Ademais, os vellos mariñeiros contan tamén que, nas horas máis escuras, nas noites nas que a Lúa desaparece de todo, uns puntos brillantes marcan os lÃmites e o centro desa porta, e que eses son os ollos verdes das sereas que iluminan, desde a orixe dos tempos, o camiño de volta á casa.
E hai máis… Din que se estás baixo o arco no momento en que o lÃmite máis baixo da marea coincide co momento no que o sol empeza a caer polo horizonte, debes pedir un desexo, posto que é o momento en que os Deuses se achegan a escoitar o que a xente lles pide.
En resumo: o único modo de descubrir todo o misterio que esconde a Praia das Catedrais é, obviamente, indo visitala. Atréveste? 😉
