Cociña galega en directo para acadar o título de Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia

Sete cociñeiros. Sete tapas de autor. Un xurado de expertos en gastronomía e turismo e un xurado popular. Eses son os ingredientes da V Gala Show Cooking “Mellor Cociñeiro de Tapas de Galicia”, un evento que busca recoñecer a calidade e innovación do sector hostaleiro e de restauración galego e a súa implicación na promoción turística urbana do país.

O 2 de xullo será a data na que os aspirantes compitan coa súa tapa por facerse co cobizado título de Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia, un evento que terá lugar no Hostal dos Reis Católicos a partir das 20:00. Todos eles chegan ata a V Gala Show Cooking provintes dos concursos de tapas celebrados durante o ano pasado nas sete principais cidades galegas, onde as súas creacións foron elixidas como favoritas. Os seleccionados son:

  • Pablo Fuentes (La Bodega de Estrella, Ferrol). Gañador de Tapéate Ferrol, participa coa tapa “Outono en Doniños”.
  • Nelssy Soriano (Gastroteca, A Coruña). Gañadora do Concurso de Tapas Picadillo, participa coa tapa “Bacalao á herculina”.
  • Tomás Rubio (A Viaxe, Santiago de Compostela). Gañador de Santiago (é) Tapas, participa coa tapa “Montadito de tenreira galega e Arzúa Ulloa”.
  • Rubén González (El Cafetín, Pontevedra). Gañador do Pontedetapas, participa coa tapa “O polbo emigrante atlántico & oriental”.
  • Pedro Méndez (Trepia Gastronomía, Vigo). Gañador do Concurso de Tapas Petisquiño, participa coa tapa “Codillo, cogomelos e castañas”.
  • Paco Gómez (Restaurante Pulpería A Feiriña, Ourense). Gañador do Concurso de Pinchos Sabores de Ourense, participa coa tapa “Mantiña de castañas”.
  • Alejandro Méndez e Alejandro Ares (Os Cachivaches, Lugo). Gañadores do Xantar de Tapas, Concurso de Tapas de Lugo, participan coa tapa “Bonito ti!”.

O xurado profesional, composto por cinco profesionais do sector, valorará as diferentes propostas en función do sabor, a orixinalidade, a estética e a capacidade de fusión dos ingredientes e adxudicarán o título de Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia. Tamén se outorgará premio na categoría de xurado popular, que estará conformado por asistentes ao evento elixidos ao azar. Todas as tapas deberán ser elaboradas en directo no tempo estipulado.

Un comentario en «Cociña galega en directo para acadar o título de Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia»

  1. Donde se recolle nas propostas o uso de productos galegos. ??? Segun se explica neste blog. O xurado valorara o sabor a orixinalidade a estetica e a capacidade de fusion dos ingredientes. Non se recolle en ningun lado que tamen se valorara o uso de productos propios galegos. Habria que informar os profesionais do sector cales son os puntos a valorar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *