Esta semana cos #EmbaixadoresDe… viaxamos ata VerÃn, na provincia de Ourense.Â
Trátase dunha localidade de preto de 14.000 habitantes bañada polo rÃo Támega que conta con preciosos recunchos.Â
Pero se por algo é coñecida é polo seu famoso Entroido; polas súas augas minerais; polo castelo de Monterrei, situado no condello de mesmo nome, e polos seus extraordinarios viños da D.O. de Monterrei.

A primeira parada obrigada é visitar a impoñente fortaleza de Monterrei, declarada Monumento Nacional e Ben de Interese Cultural, que preside o val desde o alto. Trátase da maior acrópole de Galicia e na Idade Media, debido á súa proximidade con Portugal, foi un baluarte estratéxico de defensa da fronteira.Â
Dentro xa do centro urbano, o protagonista é o rÃo Támega, que atravesa a localidade. Pero tamén atopamos preciosos edificios de arquitectura civil, como a Casa do Asistente, que chama a atención polo seu espléndido escudo; ou relixiosa como a capela do Apóstolo, a igrexa de Sta MarÃa a Maior ou o Convento da Mercé.Â

Como comentabamos ao comezo, VerÃn é mundialmente coñecido polo seu famoso Entroido. E é que o Entroido en VerÃn é verdadeira vocación, cos seus famosos cigarróns, a figura máis caracterÃstica e arcaica dos entroidos ourensáns. Polo que facerse unha foto xunto a escultura do Cigarrón, na rúa Viriato, é case unha obriga.

Con todo os seus embaixadores recalcáronnos a importancia da contorna natural no que se atopa e as numerosas rutas que se poden percorrer. Algunhas tan coñecidas como a que une VerÃn coa veciña localidade portuguesa de Chaves, xunto á que integra o proxecto Eurociudad da auga, ou a ecovÃa do Támega, pero tamén podemos destacar a ruta do Pozo do Demo.

Por último podemos gozar da súa gastronomÃa mentres degustamos algún dos seus fabulosos viños da D.O. de Monterrei, unha forma inmellorable de acabar a nosa visita, non vos parece?
Está claro que VerÃn ten moito que ofrecer todo o ano polo que será fácil atopar unha escusa para visitalo.

