Inauguramos a nosa sección de Embaixadores. Lembrade que cada semana emprenderemos unha viaxe a algunha localidade de Galicia da man dos mellores embaixadores: os seus habitantes. Se queredes convertervos en embaixadores da vosa terra de orixe, estade atentos ás nosas redes sociais: cada luns anunciaremos a localidade elixida. Se é a vosa, enviádenos vosas fotos para darnos a coñecer o mellor do voso concello, e publicarémolas a semana seguinte no blog.
Hoxe tócalle a quenda a Ferrol. Percorreremos a cidade e a súa contorna a través das fotos que vós, os embaixadores, fixéstesnos chegar durante a semana pasada. Ferrol é unha preciosa cidade situada no norte de Galicia, na RÃa do mesmo nome, en plena Costa Ãrtabra. O seu elegante deseño aÃnda conserva restos do seu antigo esplendor, e a cidade está chea de fermosos recunchos.Â

Ferrol é coñecida sobre todo polo seu pasado militar, proba diso é o Arsenal Militar, Baluarte de San Xoán ou o Castelo de San Felipe, e tamén o naval: os estaleiros, o Museo Naval ou o Museo da Construción Naval. Pero Ferrol é moito máis que iso: chama a atención o importante patrimonio do Ferrol da Ilustración, o Ferrol Modernista ou un Ferrol máis moderno, que ten o seu expoñente máis coñecido na arte urbana do barrio de Canido.



O barrio da Magdalena, construÃdo seguindo o racionalismo da Ilustración e con grandes exemplos de arquitectura modernista, é o centro social da cidade. Nel atópanse algúns dos edificios máis emblemáticos da cidade: Teatro Jofre, Concatedral de San Xulián, edificio da PeixarÃa ou Mercado da Magdalena, o Concello ou o antigo Goberno Militar, hoxe sede Afundación.



O peirao de Curuxeiras, co seu trazado de mediados do século XVIII, é un punto turÃstico imprescindible na cidade. Ao porto de Ferrol chegaban peregrinos escandinavos, centroeuropeos e das Illas Británicas na Idade Media e hoxe é o inicio dunha dos roteiros oficiais do Camiño de Santiago: o Camiño Inglés. Unha dos roteiros que máis creceu nos últimos anos e de gran seguimento entre peregrinos de todo o mundo.


Pero Ferrol tamén é unha cidade aberta á modernidade, boa proba diso é a colección de arte urbana que existe no barrio de Canido: as Meninas de Canido. Esta iniciativa xurdiu en 2008 da man do artista local Eduardo Hermida e desde entón todos os anos realÃzanse novos murais emulando a obra do famoso pintor e converténdose nun dos reclamos turÃsticos.

A cidade conta tamén con importantes museos, moi relacionados coa súa historia naval como o Museo Naval, o Museo da Construción Naval, ou o Museo do estaleiro de Navantia. Destaca tamén o Museo da Semana Santa de Ferrol, que mostra imaxes e aveños que participan na esta celebración, declarada de Interese TurÃstico Internacional.


Pero se a cidade ten moito que ofrecer, os seus arredores non quedan atrás. Ferrol conta con fermosas praias tanto dentro da rÃa como a mar aberto. AÃnda que son estas últimas as que gozan dunha maior fama, sobre todo entre os amantes dos deportes náuticos, como o surf.


Unha boa forma de observar a cidade é subir ata o miradoiro de Chamorro e gozar das vistas sobre a cidade.

Asà que non esperes máis, Ferrol, como ves, ten moito que ofrecer. Queremos desde aquà dar as grazas a todos os #EmbaixadoresDeFerrol que coas súas fotografÃas axúdannos a coñecer Ferrol un pouco mellor.
