A figura de dona Urraca, raÃña Urraca I de León e de Castela, condesa de Galicia, alcumada A Temeraria, sempre estivo moi presente en toda Galicia. Xa dicÃa Ramón Cabanillas, que a raÃña percorreu esta terra “en locidas cabalgadas de castro a castro”, de “Soberoso a Samos desde Lugo á ribeira”.Â
Daquela, en tempos da Reconquista, o destino galego estaba en mans do clero, da nobreza e de dona Urraca e familia. Malia ser a primoxénita de Alfonso VI, rei de León, de Galicia e de Castela, e á morte do seu irmán, a única herdeira, sempre o tivo duro para reinar. A teima de conservar o poder en Galicia levouna a conflitos constantes: coa súa irmá Teresa, co seu fillo Alfonso, apoiado como herdeiro ao trono por esta e polo conde de Traba e XelmÃrez, co seu segundo marido, Alfonso I O Batallador, con parte da nobreza… Todos sitiándose uns a outros cada pouco tempo. Mais o maior protagonista das loitas de poder coa raÃña, unhas veces amigo e outras inimigo, foi o bispo XelmÃrez.
Da presenza de Urraca en Galicia é testemuña a cantidade de contos que circulan sobre ela. Converteuse nunha personaxe da nosa memoria colectiva. Era a raÃña dos tesouros e dos pasadizos secretos. Aquà tiña unha morea de propiedades, moitas cedidas ao clero ou á nobreza para ter á xente contenta e que non se rebelase. HabÃa fortalezas por aquà e por alá para defender os territorios e xestionar o cobro de impostos.
En Galicia deu a luz a Alfonso, no Salnés, en Caldas de Reis, nunha residencia pacega á beira do rÃo Bermuño, coñecida como A Torre de dona Urraca. A partir de entón, a vila comezarÃa a chamarse Caldas de Rex, e ficoulle Caldas de Reis até hoxe. A torre, despois de pasar por moitas mans distintas, foi derrubada a finais do século XIX para construÃr a igrexa de San Tomé.
No Salnés tamén está o Castelo de Lobeira, en Vilanova de Arousa, de onde ven o conto da Coroa da RaÃña. Resulta que, en loitas con XelmÃrez, Urraca estivo un tempo no castelo sitiada. Por se as moscas, mandou carretar o tesouro do castelo en mulas até Cangas, non fose parar en mans do seu rival. Este ameazou á raÃña dicÃndolle que lle entregase a coroa se non querÃa perder os ollos. Ela, moi chea, guindou a coroa nunha mina moi profunda do castelo dicindo: “Ti sacarasme os ollos, mais eu son a raÃña e ninguén pode levar esta coroa”. XelmÃrez ofendeuse moito…
A historia do tesouro non remata aÃ. Xa no século XX, unha muller que andaba sachando nas toxeiras do monte Lobeira, atopou… Un garfo e unha culler de ouro! Seguro que restos do tesouro do castelo… E, como non hai castelo sen túnel, tamén se di que baixo terra, entre o pico do monte Lobeira e o convento de Vista Alegre, en VilagarcÃa de Arousa, discorre o chamado Túnel de dona Urraca. Polo visto, ademais de ter un tesouro agochado, cando o castelo estaba sitiado, as galerÃas subterráneas explicarÃan a chegada de vÃveres. DicÃase que os sitiados botaban fóra dos muros espiñas de peixe, fachendosos de que non pasaban fame.
Nos albores do século XX fÃxose coñecido Secundino Castro, un vilagarcián que pasou media vida buscando os túneis e o tesouro. O pobre non deu atopado nada… Recentemente achouse unha mina de auga pola zona que ao mellor se usaba de túnel, asà que o home non andaba descamiñado.
Outro túnel de dona Urraca é o do Castelo de Sobroso, no alto do monte LandÃn, en Mondariz. Segundo a Historia Compostelana, aquà foi sitiada a raÃña por Teresa, a súa irmá, que desde Portugal apoiaba a Alfonso como herdeiro do trono. E como escapou Urraca da situación?, ou sitiación, mellor dito? Pois por un pasadizo subterráneo que a levou até a ribeira do Tea, de onde foi a León. Desde alà pedÃu axuda a XelmÃrez para volver conquistar a fortaleza.
Precisamente serÃa neste castelo no que o seu fillo, parece ser que finalmente co consentimento de Urraca, serÃa proclamado rei de Galicia en 1109 polo conde de Traba. Dous anos despois, XelmÃrez consagrábao como monarca en Santiago de Compostela.
En Salvaterra tamén se lembran da raÃña. AlÃ, dominando o Miño, erguÃase o castelo de Salvaterra, tamén coñecido como Castelo de dona Urraca. Hoxe en dÃa é sede do Museo do viño do Condado de Tea D.O. Daquelas, en 1121, Urraca e XelmÃrez dirixen desde aquà as loitas contra Teresa. Cada vez que tiña leas con ela, Urraca viña a este castelo a dominar a situación.
Un dos edificios que se conserva, de dous andares, conta cun espazo circular abovedado que se coñece como o Vestiario de dona Urraca. No andar inferior están as Covas de dona Urraca, onde hai un pozo que, segundo a lenda, era a entrada a un pasadizo secreto que cruzaba a Monçao por baixo do Miño.
A raÃña tamén estivo en Monterroso, no castelo de Sirgal. Aquà aloxouse con Alfonso I para conter aos condes de Monterroso, que andaban sublevados contra os reis. E Tamén hai un pasadizo, por suposto.
Do seu paso por Valdeorras temos os restos da Torre de dona Urraca en Viana do Bolo. Tamén se deixou pegadas do seu paso por Lugo, por Samos, por Mondoñedo, por Santiago, onde sofreu con XelmÃrez o levantamento da burguesÃa, que a acurralou e ultraxou, mentres el escapaba agochado baixo unha capa polos tellados… Onde non estarÃa dona Urraca? Cantas restos de torres, pazos e túneis de dona Urraca haberá por aÃ?
E aÃnda hoxe está presente en Galicia, pois non é raro que apareza polas feiras medievais, entoando romances da época, moitas veces acompañada do seu fillo Alfonso VI.
