
Situación
Entre a rÃa de Pontevedra e o sur da rÃa da Arousa. Concellos de Bueu, Sanxenxo, O Grove, Meaño, Ribadumia, Cambados e A Illa de Arousa.
Superficie
LIC: 7.506,75 ha (das cales 5.517 ha son augas mariñas).
Acceso
AutovÃa do Salnés (AG-41) e estradas desde Sanxenxo (PO-308) e VilagarcÃa de Arousa (PO-549) ata O Grove, esta última con desvÃo á ponte da Illa de Arousa.
Servizos
Aloxamento: Si. Comer: Si.
Máis información
Oficina do Parque Nacional das Illas Atlánticas (tel. 986 246 550).
Punto de Información Illa de Ons (tel. 986 687 696).
Equipamentos
Centro de Interpretación da Natureza do monte Siradella, O Grove (tel. 986 680 284). Observatorios de aves (illa de Ons e O Grove).
Parque Nacional marÃtimo-terrestre das Illas Atlánticas
Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
Mar de Arousa  Â
O istmo da Lanzada, ademais de atar O Grove co continente, é o punto de unión de dous ecosistemas de rica biodiversidade marÃtima. En mar aberto o espazo protexido abraza o arquipélago das Ons cunha grande extensión de augas mariñas (Ver Parque Nacional). Os cetáceos como a toniña ou marsopa, o golfiño e o arroaz teñen presenza común nesta zona. Pola banda interior, abraza unha ampla chaira suxeita ás mareas que nalgúns mapas figura co nome de enseada do Bao, que acolle a Illa da Toxa e as famosa praias do Grove. O complexo intermareal na desembocadura do peculiar rÃo Umia. Un vasto recinto de lama, fondos areosos e pradarÃas de vexetación mariña pousadas no devalo das augas.
O lugar está considerado pola Sociedade Española de OrnitoloxÃa (SEO/BirdLife) como un dos lugares de invernada e paso de aves acuáticas máis importante do litoral norte peninsular. Elévanse ata quince mil o número de acuáticas invernantes, incluÃndo medias de case catro mil anátidos e dez mil limÃcolas.
O espazo protexido tamén inclúe o treito costeiro exterior da penÃnsula grovense, entre os lugares de Reboredo e San Vicente do Mar. Aquà figura a lagoa Bodeira, única neste sector litoral das RÃas Baixas. Tamén, o ascenso ao monte Siradella, o punto máis elevado que goza desde os seus modestos 159 metros de altitude das mellores vistas a este complexo natural de primeira orde.
No interior da rÃa, un bo lugar para o paseo é a ruta pola Punta Carreirón, na tranquilidade da illa de Arousa.
