Galicia sempre rendeu culto especial á morte. Unha cerimonia que quizá teña a súa máxima expresión nos cemiterios galegos.
O seu significado é “dormitorioâ€, porque dese modo vÃan os cristiáns aos camposantos da antigüidade.
Â
Se queres coñecer algúns dos máis significativos, hoxe mostrámosche a súa riqueza arquitectónica e patrimonial, pero tamén a súa elevada carga etnográfica que nos define como galegos.
Â
Empezamos en Padrón, no atrio da colexiata de Iria Flavia, lousado de epitafios. Os 28 bispos de Iria descansan segundo a tradición no chan. Pero neste cemiterio de Adina tamén nos podemos atopar co Nobel Camilo José Cela, que descansa á sombra dunha oliveira; e noutros tempos con RosalÃa de Castro, que foi enterrada aquà aÃnda que anos máis tarde os seus restos foron trasladados a Santiago,
Â
En Noia existe un cemiterio con tumbas medievais, o da Igrexa de Santa MarÃa A Nova, que se converteu nun dos máis importantes de Europa. A historia de Noia, os oficios e a economÃa, está gravada na pedra dos seus sepulcros.
Â
Pero se no canto de centenares de laudas sepulcrais, prefires os cemiterios modernos de deseño haberá que ir ata a Costa da Morte, onde se atopa a obra de César Portela. O seu cemiterio de Fisterra é arte pura. 14 cubos de granito varados na costa, fronte ao océano.
Â
En DumbrÃa atopámonos cunha explosión de cores. Nin epitafios, nin anxos, nin sÃmbolos relixiosos, tan só unha ampla variedade cromática.
Â
Un dos camposantos máis visitados témolo noutra zona da Costa da Morte. En Camariñas aséntase o Cemiterio dos Ingleses, que garda memoria aos 172 británicos que morreron no naufraxio do buque The Serpent. Só tres mariñeiros salvaron a vida. Esta pequena necrópole forma parte do Roteiro de Cemiterios Europeos Significativos.
Â
En Cambados está o camposanto máis melancólico do mundo, segundo palabras de Ãlvaro Cunqueiro. Aquà álzanse as ruÃnas de Santa Mariña de Dozo, dunha gran beleza.
Descansan ademais a muller e o fillo do escritor e dramaturgo Ramón MarÃa de Valle Inclán.
