Na provincia da Coruña atópase Fisterra, Finisterre, Finis Terrae (fin da Terra) ou, o que é o mesmo, o fin do mundo coñecido na antigüidade. Trátase dunha lingua de terra rochosa que penetra no mar uns tres quilómetros e ten un ancho dun quilómetro e medio.
A forma alongada deste cabo e a situación de Galicia nunha esquina do Imperio Romano fixeron que durante séculos se considerase que non habÃa nada máis aló desas terras. Quizá por iso este punto do mapa sempre foi considerado un lugar máxico, misterioso e cheo de lendas.
Dise que este é o lugar ao que quixo achegarse o mismÃsimo Décimo Junio Bruto despois de declararse vencedor na conquista da antiga Gallaecia para ver como o sol desaparecÃa engulido polo mar. Anteriormente habÃa no lugar un templo dedicado ao Sol chamado Ara Solis, construÃdo polos fenicios como lugar de culto do astro rei. Quizá por este motivo aÃnda hoxe o fin da ruta xacobea sitúase neste lugar ao que cada ano se achegan miles de peregrinos para ver a posta de sol despois de visitar a tumba do Apóstolo Santiago; alà queimarán as súas roupas e comezarán o regreso á casa.
AsÃ, e desde o principio dos tempos, Fisterra evoca un misterio insondable na alma dos homes. As raÃces da súa aura lendaria teñen a súa orixe na mitoloxÃa dos primeiros poboadores de Europa, que crÃan que o mundo terreal daba paso, coa chegada da morte, a outra existencia nun lugar situado ao oeste, onde vÃan poñerse o sol. Nas lendas celtas é frecuente atopar imaxes de heroes que fan a súa última viaxe a este paraÃso nunha barca de pedra, e é por iso que esta unión de pedra, mar e espiritualidade pervive aÃnda hoxe ao longo da Costa da Morte de diferentes maneiras.
Hoxe en dÃa, no alto do monte atópase a ermida de San Guillermo, lugar cristianizado a partir dos cultos pagáns relacionados coa fertilidade e onde se situaba a pedra chamada “cama do santo†ou “cama de San Guillermoâ€, que un bispo mandou destruÃr no século XVII por considerala pagá. Atópase tamén alÃ, entre restos arqueolóxicos, un sartego antropomorfo do século VII. Pero se hai un elemento famoso neste cachiño de terra é o faro de Cabo Fisterra que, cunha antigüidade de 164 anos, é o segundo lugar máis visitado de Galicia despois de Santiago de Compostela. Desde este punto divÃsanse unhas espectaculares vistas do Océano Atlántico, da RÃa de Corcubión e da costa de Carnota co seu famoso Monte Pindo, e en dÃas despexados pódese chegar a ver incluso o Monte de Santa Trega, situado na fronteira de Portugal, xusto na desembocadura do RÃo Miño.
Cabo Fisterra foi tamén, ao longo dos séculos, un imán para xente de todo o mundo, atraendo a viaxeiros de paÃses afastados e tamén, aÃnda que con peor fortuna, a decenas de barcos que naufragaron nas súas augas.
Recentemente, este lugar recibiu o galardón, no cincuenta aniversario do Tratado de Roma, de “Patrimonio Europeoâ€. Este galardón tan só é compartido por tres lugares máis en España.
Por todo iso, pola súa historia, pola súa lenda e polo seu enorme valor, este lugar deberÃa ser un punto de visita obrigada para todo aquel que veña a Galicia.
