BASES LEGAIS DA PARTICIPACIÓN NO SORTEO GALICIA A UN PASO DE TI

1.- EMPRESA ORGANIZADORA DA PROMOCIÓN

A empresa Axencia Turismo de Galicia con domicilio en Estrada Santiago-Noia, km.3 15897 de Santiago de Compostela e C.I.F: Q-1500394-J organiza con fins promocionais o sorteo (en diante, “a Promoción”) de ámbito nacional, a desenvolver a través de Internet, exclusivo para usuarios residentes en España e maiores de idade de acordo co disposto no apartado de condicións para participar.

2.-DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN

Realizaranse dous sorteos entre os asistentes á Exposición “Galicia a un paso de ti” que terá lugar nas cidades da Coruña e Vigo. Para poder acceder ao premio os asistentes deberán participar no concurso seguindo a mecánica exposta nestas bases.

A promoción estará vixente durante todo o período de tempo na que a exposición se atope aberta en cada unha das cidades:

  • Exposición da Coruña inicio o día 3 de novembro de 2021 e fin o 8 de xaneiro de 2022.
  • Exposición de Vigo con inicio o 16 de decembro de 2021 e fin o 28 de xaneiro de 2022.

Cada convocatoria de concurso estará activa durante o tempo que a exposición estea aberta en ambas cidades.

No caso de ampliación de prazos, Turismo de Galicia se reserva a facultade de prorrogar o prazo do concurso.

3.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN

Os requisitos de participación serán os seguintes:

  • Poderán participar aquelas persoas que residan en España e sexan maiores de 18 anos.
  • Cumprir coa mecánica da Promoción en Facebook, Twitter e Instagram.
  • Non poderán participar nesta promoción os traballadores de Axencia Turismo de Galicia nin os seus familiares de primeiro grao, así como os provedores relacionados con esta entidade pública.
  • Repartiranse un total de 2 premios non acumulativos. Cada gañador só poderá ser premiado unha vez (se resulta gañador nalgún dos 2 concursos non poderá volver ser elixido gañador).

4.- CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN E PREMIOS

Ao termo de cada unha das exposicións elixirase aleatoriamente 1 gañador dun lote de produtos gastronómico e un set de peregrino que consisten en:

Produtos gastronómicos galegos:

1 botella viño Albariño / 1 botella licor café / 1 queixo San Simón & 1 queixo ecolóxico Moeche / 1 botella aceite oliva virxe extra / 6 latas de conservas / 1 paquete de galletas de nata Maruxas / 1 bote de Gelée de Baladiña

Set peregrino:

1 mochila / 1 gorro de auga / 1 botella-termo / 1 paraugas pregable / máscaras / 1 axenda / 1 chaveiro

Do mesmo xeito elixiranse 3 suplentes para o caso no que o gañador non responda no prazo de 48 horas a contar desde a data e hora da publicación do resultado do concurso nas contas de Turismo de Galicia e do envío da mensaxe no que se lle comunica que resultou gañador/a.

O premio non será trocable polo seu valor económico e enviarase por correo postal á dirección que indique o gañador dentro do territorio de España.

5.- MECÁNICA DA PROMOCIÓN

A selección dos gañadores realizarase ao día seguinte do termo da exposición (9 de xaneiro na Coruña e 29 de xaneiro en Vigo) de forma aleatoria entre os asistentes á exposición que se fagan unha fotografía (selfie) diante da obra da exposición que máis lle guste e compártaa nas súas redes sociais etiquetando a Turismo de Galicia ou enviándoa por mensaxe privada a través de Facebook ou Instagram. Os participantes tamén deberán poñer a cancelo #GaliciaAUnPasoDeTiACoruña ou #GaliciaAUnPasoDeTiVigo, segundo a cidade na que se faga a foto.

Para poder participar no sorteo as fotos débense publicar no canal de contidos ou muro da rede social correspondente e ter un perfil público.

Cada asistente só poderá participar unha vez en cada unha das exposicións (unha na Coruña e outra en Vigo).

A participación no concurso faculta a Turismo de Galicia a compartir as fotos a través das súas redes sociais.

Turismo de Galicia publicará os gañadores de cada concurso na súa conta de Facebook /Instagram /Twitter e enviará unha mensaxe informándolles do premio e solicitando a súa identificación. Os gañadores deberán comunicar a aceptación do premio nas 48 horas seguintes á comunicación, mediante o envío dun correo electrónico a través da conta comunicacion.turismo@xunta.gal coa súa identidade (DNI, nome e dous apelidos) e un teléfono de contacto e correo electrónico.

O gañador autoriza a publicación do seu nome de Facebook / Instagram nas redes sociais de Turismo de Galicia.

Así mesmo, informarase aos demais elixidos da súa condición de suplentes, solicitando que faciliten un teléfono de contacto directo á mesma dirección de correo electrónico para a súa posterior localización e solicitude de documentación, no seu caso.

Estes datos serán utilizados exclusivamente para a comunicación do premio ou para aclarar eventuais continxencias unha vez aceptado.

Se ningún dos participantes cumpren coa mecánica establecida nestas bases ou non se poñen en contacto no prazo establecido, o premio poderá quedar deserto.

6.- ACEPTACIÓN

A simple participación implica a aceptación destas bases na súa totalidade. Ao aceptar o premio, o gañador asume todos os gastos nos que incorra, salvo os que expresamente estean incluídos na promoción en cuestión, así como a responsabilidade que se poida derivar da recollida e utilización do devandito premio.

7.- DESCUALIFICACIÓNS E PENALIZACIÓNS

Se se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas Bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos da Promoción perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude  desta Promoción.

Turismo de Galicia resérvase o dereito para excluír automática e inmediatamente da mesma a calquera participante que transgreda as normas da boa fe, observe unha conduta inadecuada, empregue medios fraudulentos ou incumpra estas Bases.

8.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS

Non se permitirán comentarios ou opinións cuxo contido se considere inadecuado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puidesen vulnerar dereitos de terceiros. Tampouco se permitirán comentarios contra un particular que vulneren os principios de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Non nos responsabilizaremos dos danos ocasionados polos comentarios que fagan os participantes na Promoción, e que en calquera momento puidesen ferir a sensibilidade doutros participantes.

9.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

A título enunciativo, pero non limitativo, non nos responsabilizamos das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros  que poidan afectar o desenvolvemento da presente Promoción, así como tampouco nos responsabilizamos do uso que faga o participante respecto do premio que obteña desta Promoción.

Non asumimos a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización da Promoción ou o goce total ou parcial do premio.

10.- FACEBOOK

A promoción non está patrocinada, avalada, administrada nin asociada de ningún xeito  a Facebook, polo que os participantes liberan a esta de toda responsabilidade polos eventuais danos que se deriven da mesma.

11.- INSTAGRAM

Instagram non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Instagram, e é consciente de que está a proporcionar a súa información a Turismo de Galicia e non a Instagram.

12.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

De conformidade co establecido no Reglamento Xeral de Protección de Datos (UE 2015/679) e da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoales e Garantía dos Dereitos Dixitais, informamos que a entidade responsable do tratamento é a Axencia Turismo de Galicia con domicilio en Estrada Santiago-Noia, km.3 15897 de Santiago de Compostela e C.I.F: Q-1500394-J.

Cada participante coa aceptación destas bases legais e participación no sorteo consente que os seus datos persoais podan ser utilizados para a xestión do sorteo e para remitirlle newsletters e comunicacións comerciais e de promoción relacionadas cos nosos servizos por carta, teléfono, correo electrónico, SMS/MMS, ou por outros  medios de comunicación electrónica.

Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, limitación do tratamiento e portabilidad mediante o envío dun correo electrónico a lopdturga@xunta.gal  ou ben mediante carta dirixida ó seguinte enderezo: Axencia Turismo de Galicia, Estrada Santiago-Noia, km.3 15897 Santiago de Compostela, achegando en ambos os casos copia do DNI.

13.- CAMBIOS

Reservámonos o dereito de modificar ou ampliar estas bases, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos participantes na Promoción.

14.-FISCALIDADE

A celebración do previsto sorteo, así como a concesión do premio quedan suxeitos á normativa fiscal vixente.

15.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese exporse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.