Situada nas lombas que descenden desde o interior da provincia de Pontevedra cara a rÃa de Arousa, Valga é un concello repleto de patrimonio histórico e natural. A vila natal da bailarina do XIX Carolina Otero, “La Bella Oteroâ€, conta con varios lugares de moito interese, dos que hoxe visitaremos dous: o petroglifo da Pedra da Serpe e a fervenza de Raxoi.
Un dos seus atractivos máis antigos é a chamada Pedra da Serpe ou petroglifo de Campo Redondo. Atópase nun monte próximo á aldea dos Vilares, ao que só se accede por pistas forestais que, conservándose en bo estado, son máis apropiadas para camiñantes, ciclistas ou coches adaptados a andar lonxe do asfalto. Chegar a ela é, con todo, moi doado desde o centro de Valga, pois alà comezan os sinais que nos deixarán ao pé mesmo do monumento: a pedra está ao lado dunha desas pistas, ben indicada. É un afloramento granÃtico que, entre os toxos e os fentos, parece mesmo brillar a certas horas do dÃa. A situación seguramente non foi aleatoria, pois desde este sitio obtéñense amplas vistas do val de Valga e do impoñente Monte Xesteiras, en Cuntis, unha mole moi recoñecible desde ducias de quilómetros á redonda pola súa altura e polo radar meteorolóxico en forma de bola que a coroa. Na Pedra da Serpe os autores gravaron motivos xeométricos e cÃrculos concéntricos similares aos doutros petroglifos da contorna, máis o que sorprende son varias marcas verticais ondulantes que imitan o movemento dunha cobra, ou iso semella aos ollos dos nosos contemporáneos. O seu significado real e a razón de por que foron debuxadas aquà quedou esquecido na néboa do tempo.
Un pouco máis abaixo, aproveitando as feroces augas do rÃo Valga, atópase o conxunto etnográfico dos muÃños de Parafita, que conta cunha atracción que en temporada de chuvias asombra: a fermosa fervenza de Raxoi. Chégase a ela tomando a mesma estrada monte arriba desde o centro de Valga, e tamén está moi ben indicada. Neste lugar, a corrente comprÃmese e descende tan rapidamente (cae de 50 metros de altura en menos de 200 de lonxitude) que forma varios saltos, dos cales esta catarata é o máis salientable. Unhas pasarelas de madeira fan máis doada a contemplación do espectáculo. A masa de auga ábrese desde as alturas, precipitándose con furia sobre unha poza e, despois, correndo rápida leito abaixo. Seguindo o paseo pode ascenderse con coidado e algo de esforzo á parte superior da fervenza e seguir rÃo Valga arriba. Resulta curioso o contraste entre a tranquilidade que se respira neste lugar, nun camiño rodeado de vexetación e punteado polos chÃos dos paxaros, e o ruxido do salto uns metros máis abaixo.
A gran forza do rÃo neste tramo fixo que o ser humano se aproveitase do caudal para construÃr muÃños que, movidos pola enerxÃa das augas, servÃan para moer gran. Moitos deles están reconstruÃdos e ben coidados nesta zona, permitindo comprender o seu funcionamento e dando ao conxunto un delicioso aire doutros tempos.
