En Galicia temos case 1.500 km de costa protexidos por illas e illotes. Hoxe levámoste a coñecer as que integran o Parque Nacional MarÃtimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, o primeiro e único espazo con esta categorÃa na comunidade galega e o segundo do territorio nacional. Os seus ecosistemas propios da costa e os fondos mariños atlánticos foron a principal razón de que en 2002 estas illas fosen declaradas Parque Nacional.
Cortegada, Sálvora, Ons , CÃes e o espazo marÃtimo que as rodea, entran dentro deste espazo protexido.Â
Â
CÃESÂ
Os romanos coñecÃana como a illa dos deuses, e a verdade é que aquà se agochan verdadeiros tesouros da natureza. Atopámonos con paisaxes de cantÃs escarpados, e fondos mariños protexidos de riqueza excepcional, onde habitan especies únicas e onde ademais se atopa unha das mellores praias do mundo, a de Rodas.Â
Augas cristalinas e area fina rodean a parte máis suave do arquipélago. Pero sen dúbida hai moito máis que ver aquÃ. O roteiro do Faro é o máis coñecido, ofrecéndoche algunhas das vistas máis espectaculares da rÃa de Vigo.Â
Esta illa, que permite un máximo de 1.600-1.800 visitas diarias, ofrece zona de acampada para quen queira gozar deste paraÃso máis dun dÃa.Â
Para poder coñecer CÃes necesitarás un permiso da Xunta e reservar, no caso de que decidas acampar, a túa estancia no cámping aquÃ.
Máis información sobre esta illa, aquÃ.
 Â
ONSÂ
Presidindo a entrada á rÃa de Pontevedra atopámonos coa irmá máis coñecida das CÃes, a Illa de Ons.Â
Se che gusta camiñar, recomendámosche que probes un par de camiños de sendeirismo nas que descubrirás os segredos mellor gardados desta insua. O Roteiro do Sur levarache a coñecer a Laxe dos Cregos, un sarcófrago antropomorfo medieval cheo de lendas, pero tamén ascenderás ata o miradoiro de Fedorentos, desde onde atoparás unha panorámica incrible da illa da Onza, as Illas CÃes, a Costa da Vela e a rÃa de Aldán. E seguindo o camiño chegarás ata o famoso Buraco do Inferno, unha formación xeolóxica de 45 metros de desnivel que foi creando o mar tras anos de azoutes. Non poderás deixar de visitar o seu faro, pero tampouco as súas praias: Melide, Canexol, Pereiró, Dornas…Â
O número máximo de visitas permitido ao dÃa aquà é de 1.200-1.300 persoas, e para acceder á illa deberás solicitar un permiso á Xunta. E como tamén conta con zona de acampada terás a oportunidade de reservar aquÃ.
Atoparás máis información sobre Ons aquÃ.
Â
SÃLVORA
Quizais é a menos coñecida de todas as illas que conforman o Parque Nacional MarÃtimo Terrestre das Illas Atlánticas, pero non por iso menos importante. Sálvora pode presumir de flora, fauna, patrimonio histórico e lendas. Situada na entrada da RÃa de Arousa, presenta unha paisaxe suave onde predominan as praias e zonas dunares e os bolos/birlos, pequenos bloques granÃticos que poderás ver por toda a illa.Â
En 1770 construÃuse a primeira fábrica de Secado e Salgadura de Peixe de Galicia, que serÃa coñecida como “O Almacénâ€. E do traballo na fábrica naceu a aldea, que chegou a ter uns 70 habitantes instalados de maneira permanente na illa. Actualmente hai un roteiro establecido que leva ata o núcleo de casas pero só pódese realizar acompañados dun guÃa autorizado.Â
A cota máxima de visitantes diarios rolda as 200 persoas.Â
Máis información aquÃ
Â
CORTEGADAÂ
Cando hai marea baixa case se pode chegar a pé. Situada a uns 600 metros da costa de Carril, atópase Cortegada, coñecida como o bosque flotante pola gran vexetación que alberga. E é que aquà nos podemos atopar cunha rareza botánica que é visitada por expertos de todo o mundo, un parque de loureiros.Â
Pero hai moitas máis cousas que ver, como a ermida da Virxe dos Milagros, de 1652. Contan que atraÃa a moitos peregrinos polas súas bondades curativas. Desde este punto parten os 2 roteiros circulares nos que poderás coñecer todos os tesouros naturais que agocha a illa.Â
A cota máxima de visitantes diarios é de 250 persoas.Â
Máis información aquÃ
Â
COMO VISITAR AS ILLAS
Para poder visitar calquera das 4 illas terás que acceder en embarcación privada, solicitando un permiso de navegación e posteriormente o de fondeo. No caso de Cortegada e Sálvora faino con antelación debido a que só se permÃte un máximo de 15-20 ancoraxes diarias.Â
A outra alternativa para poder visitar calquera dos arquipélagos é poñerte en contacto coas navieiras que organizan visitas guiadas. Â
Ademais, entre as actividades que poderás realizar nas 4 illas atópase o mergullo, que tamén necesita un permiso especial.
Â
E se quedaches con ganas de saber máis sobre o Parque Nacional MarÃtimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, atoparás toda a información aquÃ.
Â
