Xa se comentou algunha vez máis neste espazo que Galicia é unha terra fecunda en montañas máxicas. A de Santa Trega, na Guarda, ben pode ser unha máis. Situada no extremo sudoeste da Comunidade, é unha enorme atalaia sobre a desembocadura do Miño, un elevado triángulo de terra cercado por un lado pola vila, por outro polo rÃo e polo do oeste, polo océano Atlántico. Nas súas abas conta, ademais, cun dos castros máis coñecidos da contorna, un lugar no que pequenos e maiores poderán aprender facilmente como eran estes poboados prerromanos.
A citania de Santa Trega está na metade da subida entre a vila da Guarda e o alto do monte. Debeu ser unha poboación de importancia: calcúlase que nela deberon vivir entre 3.000 e 5.000 persoas, e aÃnda que a extensión do que hoxe se pode visitar é considerable, a maior parte da urbe fica aÃnda enterrada.
As escavacións comezaron en 1912 da man de adiñeirados indianos, interesados polo pasado da localidade na que naceran, e duran ata a actualidade. A maior parte das edificacións achadas datan do cambio de milenio, entre o primeiro século antes de Cristo e o primeiro despois de Cristo, aÃnda que os traballos arqueolóxicos descubriron que o castro estivo ocupado anteriormente, no neolÃtico, e que foi habitado ata bastante despois.
A abundancia de casas de planta redonda fala da escasa pegada romanizadora que tivo no seu momento. As cabanas construÃanse sobre o leito de rocha e contaban cunha estancia principal, dotada en ocasións de bancos, e un pequeno patio de entrada. En moitas ocasións, estas casas atópanse situadas arredor dun patio maior, o que pode indicar que pertencÃan a unha mesma familia ou unidade. Ademais de vivendas, os investigadores teñen localizados inmobles que serviron no seu dÃa de almacéns (o poboado era esencialmente agrÃcola, como demostran os moitos muÃños encontrados). Algunhas destas construcións foron recreadas para mostrar como vivÃan os seus habitantes; os nenos pasarano de marabilla entrando e saÃndo destas peculiares máquinas do tempo.
Unha vez visitado o poboado é imprescindible subir ata o cumio do monte. Pode facerse en coche a través da estreita pero cómoda estrada, mais tamén é posible facelo a pé, seguindo un fermoso via crucis que leva ata o alto e a ermida de Santa Trega. A igrexa foi construÃda entre os séculos XVI e XVIII, aÃnda que ten trazas anteriores; o via crucis é posterior, obra do escultor valenciano Vicent Mengual.
No alto sitúase o antigo restaurante, proxectado polo arquitecto do Porriño Antonio Palacios e convertido despois en museo de interpretación da zona. Hai tamén un miradoiro dos que quitan o alento, pois permite unha visión panorámica e de 360 graos sobre a comarca do Baixo Miño e o norte de Portugal. Xusto no lugar no que se mesturan as augas do rÃo e do mar atópase o curioso illote da Ãnsua, pertencente xa ao paÃs veciño, no que segue en pé unha fortaleza testemuña da estreita vixilancia á que, en tempos, se sometÃan os dous paÃses, hoxe felizmente irmandados.
