O rural galego garda un inxente e valioso patrimonio arquitectónico cuxas orixes se remontan á Idade Media. Igrexas, capelas e mosteiros agóchanse, en ocasións, entre vales e montañas a modo de testemuñas dun pasado moi afastado, pero que aÃnda é capaz de sorprender a quen se asoma a el. Asà ocorre coa igrexa de San Pedro Fiz de Hospital, situada no municipio lucense do Incio, e coñecida por unha particularidade que salta a primeira vista para todo aquel que a visita e que a converte nun monumento excepcional.
Â
Trátase dun templo construÃdo a finais do século XII e comezos do XIII pola Orde de San Xoán de Xerusalén (con posterioridade, Orde de Malta) e que está situado nunha antiga variante das rutas de peregrinación a Santiago que unÃa o Camiño Francés co Camiño de Inverno. É por iso que dispoñÃa orixinariamente dun espazo destinado á atención e o acubillo dos peregrinos, aÃnda que a súa vinculación cunha orde militar propiciou tamén que a súa arquitectura se decantase por un aspecto fortificado. De feito a torre separada do corpo principal que na actualidade serve como campanario terÃa inicialmente función defensiva. Unha segunda torre foi reconvertida no século XVI en panteón para a familia Quiroga. Na propia igrexa hai tamén un arcosolio co sepulcro de Frei Alonso de Quiroga que inspirou unha lenda segundo a cal a igrexa virá abaixo se alguén abre a tumba.
Â
Pero non son esas circunstancias as que converten a igrexa de San Pedro Fiz nunha construción singular. Nesta terra na que o granito foi a materia prima elixida para construÃr a maior parte dos monumentos levantados antes da aparición de materiais máis modernos, o templo dos cabaleiros de San Xoán sorprende polo mármore co que foi edificada na súa maior parte e que lle confire as caracterÃsticas cores da súa fachada.
Â
As canteiras da zona, cuxo mármore foi empregado xa na época romana para diversas obras na cidade de Lugo, forneceron os materiais necesarios para construÃr a igrexa de San Pedro Fiz e é por iso que o templo loce uns sorprendentes tons azuis que crean un bonito contraste co verde da natureza que rodea o conxunto. Ese orixinal e belo efecto acentúase especialmente, segundo contan na zona, coa luz do atardecer e é posible que fose nese momento do dÃa cando alguén expresou unha idea que se popularizou co paso do tempo: “Desde O Incio ata Roma outra igrexa igual non atoparáâ€, di recollendo asà a idea de que a de San Pedro Fiz é a única igrexa románica feita en mármore de España.
Â
A súa singularidade foi recoñecida hai agora 40 anos oficialmente ao ser declarada monumento histórico-artÃstico nacional polo Ministerio de Cultura seguindo o consello da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Non se facÃa naquela declaración mención expresa ao mármore co que foi construÃda, pero si á historia do lugar e a outras caracterÃsticas arquitectónicas destacadas como as xanelas de estilo románico compostelán, a súa gran portada de arco abucinado de medio punto con catro arquivoltas de bocel, e a cruz de Malta situada sobre o tÃmpano. Aquela resolución aludÃa tamén ao aspecto de fortaleza do templo e apuntaba que polas súas dimensións, monumentalidade e polo brusco remate dalgunhas columnas seguramente formaba parte dun proxecto de proporcións máis amplas que por circunstancias imprevistas non puido ser completado.
Â
Desde hai algo máis dunha década, no recinto pódese ver unha estatua de Anxo González, quen foi párroco do lugar durante case catro décadas, ademais de impulsor das obra levadas a cabo nos anos 80 do século pasado e que permitiron non só recuperar o templo senón achar algunha peza escultórica de gran valor.
Â
Desde hai uns meses, o Concello do Incio puxo en marcha un servizo de visitas guiadas á igrexa que se pode concertar acudindo á casa do concello ou chamando ao teléfono 982 427 014 e empregou tamén unha fotografÃa de San Pedro Fiz como imaxe promocional nunha campaña de difusión a través de postais.
Â
Â
