A maiorÃa dos especialistas sitúan o nacemento de Pedro Joseph GarcÃa Balboa en Vilafranca do Bierzo (o 9 de marzo de 1695). Pero os seus anos de infancia en Pontevedra, a onde a familia se traslada por motivos laborais aos poucos meses do seu nacemento, marcaron profundamente a quen xa baixo o nome de MartÃn Sarmiento (que adoptou ao ingresar no convento beneditino madrileño de San MartÃn) chegarÃa a ser un dos eruditos máis importantes da Ilustración en España. DiscÃpulo do pai Feijóo, Sarmiento foi un estudoso entregado que se interesou por temas moi diversos (botánica, etnografÃa, filosofÃa, lingüÃstica, historia, educación…) e que sempre tivo moi presente a Galicia, terra á que regresou en tres ocasiones desde a súa marcha en 1710. Aquelas viaxes foron unha fonte inesgotable de material para boa parte das súas obras.
Â
1725
Madrid, Irache (Navarra), Salamanca, León, Celorio (Llanes) e Oviedo foron algúns dos destinos monásticos polos que pasou Sarmiento entre os anos 1711 e 1725, primeiro como estudante e despois como mestre. Tras concluÃr o seu periplo asturiano e antes de regresar a Madrid, en 1725, xa con 30 anos, volve a Galicia para visitar á súa nai en Pontevedra. A súa viaxe lévao por terras de Ribadeo, Mondoñedo, Betanzos, A Coruña e Santiago de Compostela de camiño á cidade do Lérez. Tamén visita Tui e Ourense en ruta xa cara a Madrid, como o propio Sarmiento explica no “Catalógo dos pregos (…)â€, no que recolle de forma cronolóxica os principais acontecementos da súa vida e os momentos nos que produciu boa parte dos seus diferentes textos.Â
Â
1745
Sete meses dura a súa segunda viaxe a Galicia, que Sarmiento realiza en 1745 aproveitando a saÃda de Madrid para participar en Valladolid no CapÃtulo Xeral da súa orde monástica. Durante esa viaxe escribe un diario no que recolle a toponimia dos lugares que visita asà como numerosas palabras galegas. Sarmiento aproveita a visita para achegarse á súa estrañada Pontevedra e desprazarse ata Compostela para gañar o xubileu debido a que era Ano Santo. Para aquela peregrinación, Sarmiento opta por un itinerario propio separándose do trazado habitual que seguÃan os peregrinos que chegaban desde Portugal. Partindo de Pontevedra segue o litoral de toda a comarca do Salnés ata reencontrarse coa ruta lusa en Pontecesures. Ese itinerario, relatado polo erudito no volume comunmente coñecido como “Viaxe a Galicia (1945)â€, foi recuperado nos últimos anos baixo da denominación de Ruta do Padre Sarmiento como unha senda de 190 quilómetros de lonxitude que pon en valor os numerosos atractivos paisaxÃsticos, patrimoniais, históricos e turÃsticos de boa parte dos municipios das rÃas de Pontevedra e Arousa.
Â
1754-1755
A terceira e última visita do Padre Sarmiento virÃa impulsada polo desexo do erudito de abandonar de forma temporal a cela monástica na que se sumiu no estudo e a escritura, e afastarse tamén da carestÃa de alimentos que padecÃa naqueles momentos Madrid. Foi a viaxe máis longa das tres e permitiulle seguir co seu traballo de recompilación de topónimos, de termos botánicos e de palabras e frases galegas. En Pontevedra instálase na vivenda dun dos seus irmáns, Francisco Javier, que era comisario da Mariña e ao que volve acompañar tal como fixera xa en 1745 nas súas visitas a boa parte dos portos de Galicia, desde A Guarda ata Ferrol. En compañÃa tamén do seu irmán, Sarmiento inicia unha nova peregrinación, aÃnda que nesta ocasión e a diferenza do que fixera unha década atrás non se encamiña cara a Compostela, senón máis ao norte, cara a outro dos grandes centros de peregrinación de Galicia: o santuario de Santo André de Teixido, no municipio coruñés de Cedeira. Sarmiento percorre boa parte o trazado do Camiño Vello, que arrinca no Mosteiro do Couto, en Narón, e xa no santuario sorpréndese polas reducidas dimensións e o estado dunha igrexa que é capaz de atraer a infinidade de romeus. Asà o recolle no detallado diario da súa terceira viaxe a Galicia, no que tamén aparecen descricións de monumentos e de restos arqueolóxicos como as mámoas.
Â
Estes tres viaxes e a paixón que Sarmiento sentÃa por Galicia deron como froito unha inxente produción literaria que foi recuperada en numerosos volumes como, por exemplo, “Catálogo de voces e frases da lingua galegaâ€, “Viaxe a Galicia (1745)â€, “Coplas galegasâ€, “Sobre a orixe da lingua galega e sobre a paleografÃa españolaâ€, “Viaxe a Galicia (1755-1756)†“EtimoloxÃa da voz Valdeorras e da súa ponte Cigarrosa†e “Onomástico etimolóxico da lingua galegaâ€, entre outros.
Â
Ademais, o seu legado segue vivo a través do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, unha entidade creada no ano 1943 e que na actualidade ten a súa sede no antigo hospital de San Roque de Santiago de Compostela. As actividades desta institución fundada no seo do Consello Superior de Investigacións CientÃficas e cuxa titularidade é compartida na actualidade coa Xunta de Galicia céntranse hoxe en dÃa no ámbito da historia.
Â
Â
Â
Â
Â
