O Nadal impregna a axenda cultural destes dÃas. O seu espÃrito esténdese tamén a todo tipo de propostas, incluÃdos os mercados monográficos e os festivais musicais.
Â
Nadal en Galicia
Ata comezos de xaneiro. Toda Galicia
O ambiente do Nadal esténdese estes dÃas por toda Galicia. As rúas de cidades e pobos brillan con espectaculares iluminacións e beléns como os de Valga e Begonte (declarados de interese turÃstico) fan que as personaxes do Nadal cobren vida. Actuacións para o público familiar, mercados e propostas diversas enchen de colorido e alegrÃa toda a comunidade.
Máis información aquÃ
Â
Festivais musicais
21 de decembro. A Coruña. 18 ao 21 de decembro. Vigo
O ambiente do Nadal tamén está presente nalgunhas das propostas musicais para estas datas. É o caso do Nadal 1980 Pop Festival, que se celebrará na Coruña o sábado 21 e que reunirá na Sala Pelicano a Marta Sánchez, Javier Gurruchaga, Rafa Sánchez e LuÃs BolÃn (A Unión) e Alejo Stivel (Tequila). Asà mesmo, en Vigo, a solidariedade e a música daranse cita na nova edición do festival Rock Children Fest, que se celebrará durante 4 xornadas noutros tantos locais da cidade: A Fábrica de Chocolate, Reserva Rock, Salga Máster e Sala Transilvania.       Â
Â
Feiras de Galos e Capóns
21 e 22 de decembro. Varios municipios
O capón é un dos pratos estrela dos festexos do Nadal. Por iso, chegadas estas datas son varios os municipios galegos que celebran mercados monográficos para a compra e venda dos exemplares. O sábado 21 terá lugar en Vilalba a tradiciional Feira do capón e en Arteixo a súa Feira do Galo, e o domingo 22 será a quenda do Mercado de Nadal do Galo de Curral de Meis e da Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces.
Â
Galicia, un relato no mundo
Ata o 12 de abril. Santiago de Compostela
Unha selección de pezas de gran importancia histórica para a historia e a cultura desta terra e procedentes de diversos paÃses do mundo danse cita na exposición que se pode ver no Museo Centro Gaiás, da Cidade da Cultura. Trátase da primeira gran exposición organizada pola Xunta con motivo do Xacobeo 2021.
Máis información aquÃ
Â
Â
