O mes de setembro apura os seus últimos dÃas cunha extensa e variada proposta de actividades. Danzas tradicionais, teatro, pianos en plena rúa, curtametraxes, concertos e mesmo un festival pensado para os bebés conviven na axenda para os próximos dÃas.
Â
Danza das Espadas de MarÃn
29 de setembro. MarÃn
Coincidindo cos festexos en honra a San Miguel, a localidade de MarÃn escenificará este domingo a súa tradicional Danza das Espadas. Trátase dunha celebración que se remonta ao século XVII e que permite contemplar os bailes tÃpicos do lugar. Goza da consideración de festa de interese turÃstico.
Máis información aquÃ
Â
Festival Internacional Outono de Teatro
A partir do 28 de setembro. Carballo
Carballo reivindÃcase un ano máis como escenario teatral de referencia coa celebración do seu Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT). Durante algo máis dun mes a localidade acollerá unha trintena de espectáculos (moitos deles, estreas absolutas ou en Galicia) e decenas de actividades, como a Rúa dos Contos, pensadas para o público máis diverso.
Máis información aquÃ
Â
Piano Meeting
28 de setembro. Ourense
Catro pianos volverán tomar outros tantos espazos emblemáticos da cidade das Burgas este sábado grazas a un festival pensado para todos os públicos e aberto á participación activa. Haberá concertos, obradoiros e outras actuacións nos 4 escenarios de forma simultánea durante 10 horas.
Máis información aquÃ
Â
Espazos Sonoros
29 de setembro. Rois
A cita semanal co ciclo Espazos Sonoros levaranos nesta ocasión ata o Pazo do Faramello, en Rois. Os asistentes poderán participar nunha visita guiada ao recinto e, a continuación, gozar dun recital de fortepiano a cargo da intérprete compostelá RosalÃa Gómez Lasheras.Â
Máis información aquÃ
Â
VÃa Láctea, guÃa de peregrinos a Galicia
Ata o 26 de setembro. Santiago de Compostela
A exposición que recolle as fotografÃas nocturnas tomadas por Daniel Llamas e Daniel Lois despÃdese esta semana de Compostela. Pero antes de dirixirse a un novo emprazamento, o público disporá de varios dÃas para achegarse ata o Pazo de Fonseca, gozar das estrelas e reflexionar sobre a relación entre a VÃa Láctea e o Camiño.
Máis información aquÃ
Â
CurtocircuÃto
Do 28 de setembro ao 6 de outubro. Santiago de Compostela
A décimo sexta edición do Festival Internacional de Cinema de Santiago de Compostela, CurtocircuÃto, xa está aquÃ. Durante case 10 dÃas, o público poderá gozar dun extenso e interesante programa de proxeccións, actividades formativas e encontros con creadores como o fotógrafo Joan Fontcuberta. Â
Máis información aquÃ
Â
Festival das Núbebes
Ata o 29 de setembro. Pontevedra
Os bebés e nenos de ata 6 anos e as súas familias son os destinatarios do Festival das Núbebes, que se celebra estes dÃas en Pontevedra. O sábado 28 e o domingo 29 volverá haber espectáculos de maxia, teatro, contos e música en horario de mañá e tarde.Â
Máis información aquÃ
Â
Arzúa Ecolóxica
28 e 29 de setembro. Arzúa
A última fin de semana de setembro é sinónimo en Arzúa de agricultura sustentable. Exposición e venda de produtos ecolóxicos, obradoiros, conferencias e concertos forman parte do programa de actividades dunha cita que suma xa 16 edicións.
Máis información aquÃ
Â
Festival Festeiro
28 de setembro. Ferrol
En Ferrol o curso universitario volverá arrincar con música. La Bien Querida, Airbag, Tachenko e Superglú amenizarán a nova edición do festival Festeiro, que se celebrará este sábado no campus ferrolán a modo de benvida para os seus estudantes.
Máis información aquÃ
Â
Â
