O ecuador do mes de agosto non só nos traen algunhas das celebracións máis tradicionais do verán, senón que nos ofrece tamén algunhas das máis orixinais: belas danzas, un globo de papel voador, a gastronomÃa máis saborosa, unha festa pasada por auga e, mesmo, un naufraxio milagroso conviven na apertada axenda de actos desta semana.
Â
Festa da Auga
16 de agosto. VilagarcÃa de Arousa
Xurdiu de forma espontánea a mediados dos anos 80 cando os romeiros que levaran a imaxe de San Roque en procesión pola localidade comezaron a pedir axuda aos veciños para saciar a súa sede. Aquel primeiro vaso de auga arroxada desde o alto dun edificio foi o inicio do que hoxe en dÃa é unha multitudinaria celebración. Para participar só é necesario non ter medo a mollarse e moitas ganas de divertirse.
Máis información aquÃ
Â
San Roque de Betanzos
Do 14 ao 25 de agosto. Betanzos
A localidade de Betanzos tamén se viste estes dÃas de festa para honrar ao seu patrón, San Roque. O programa inclúe citas xa clásicas como o lanzamento dun enorme globo de papel (a medianoite do dÃa 16) e a Xira Os Caneiros, dúas xornadas de festa fluvial (18 e 25) no rÃo Mandeo. Ademais, haberá música con Luz Casal e Milladoiro, entre outros.
Máis información aquÃ
Â
Danzas Ancestrais de San Roque do HÃo
16 de agosto. Cangas
Un dos grandes atractivos etnográficos do municipio de Cangas son as súas danzas ancestrais, declaradas de interese turÃstico galego e recoñecibles polo vistoso dos traxes que locen os participantes, especialmente as mulleres. O 16 de agosto celébrase a Danza de San Roque en HÃo, que ten por escenario a contorna do famoso cruceiro da devandita parroquia. Esta danza tamén é coñecida como a dos Peregrinos e a súa orixe remóntase ao século XIV.Â
Máis información aquÃ
Â
Festa da Ameixa do Carril
17 e 18 de agosto. O Carril (VilagarcÃa de Arousa)
O Carril rende homenaxe ao seu produto máis famoso cunha festa de interese turÃstico que naceu hai 27 anos. Os actos arrincarán o sábado coa regata de botes tradicionais, o concurso de ameixa cociñada e música. O domingo, dÃa grande da Festa da Ameixa, haberá un desfile e pasacalles, actos institucionais, a degustación de ameixas do Carril á mariñeira e máis música.
Máis información aquÃ
Â
O Naufraxio de Laxe
17 de agosto. Laxe
Hai xa máis de medio século que o mariñeiro Avelino Lema Santos, sobrevivente de 3 naufraxios, decidiu escenificar na súa localidade natal unha singular mostra de fervor cara á patroa do gremio, a Virxe do Carme. Desde entón, cada 17 de agosto e diante do numeroso público que abarrota o porto, un grupo de mariñeiros representan un naufraxio e despois trasladan o corpo dun deles, que simula terse afogado, ata os pés da Virxe para recrear o milagre da resurrección.
Máis información aquÃ
Â
Feira do Xamón da Cañiza
15 de agosto. A Cañiza.
O municipio da Cañiza presume de ter un microclima especial que o converte no mellor lugar de Galicia para a produción de xamón. Isto propiciou unha longa tradición xamoneira que desde hai algo máis de medio século se conmemora cada 15 de agosto coa Feira-Festa do Xamón. Este ano alcanzará a súa 53 edición.
Máis información aquÃ
Â
Queimada popular de Cervo
17 de agosto. Cervo
Unha multitude de veciños e visitantes congregaranse un ano máis na Praza do Souto para participar nesta celebración popular. Os actos arrincan sempre cunha escenificación teatral antes de dar paso á preparación, o esconxuro e a degustación da queimada.Â
Máis información aquÃ
Â
Â
Â
