AÃnda que leva máis de 2000 anos sendo un recinto amurallado, non é ata o século XII que se inicia a construción da actual Fortaleza de Monterreal, que tardarÃa case catro séculos en finalizar.
Entre as súas paredes, unha historia fascinante á que queremos achegarche hoxe.
O primeiro que nos chama a atención ao chegar alà é, sen dúbida, o tamaño desta fortificación. De feito, é unha das máis grandes que se conservan en toda España con nin máis nin menos que 18 hectáreas. Nela, ao longo do seu percorrido, levántanse tres torres de vixilancia: a Torre do Reloxo, a Torre da Tenaza e a Torre do PrÃncipe, a máis antiga de todas e que nos seus tempos funcionaba como faro e como prisión.
Este lugar foi escenario, ao longo dos séculos, de numerosos ataques. Un dos máis coñecidos foi o asalto do Conde de Camiña, Pedro Madruga, en 1474. Foi este quen, en defensa de Juana La Beltraneja fronte a Isabel La Católica, e co apoio do rei Alfonso V de Portugal, atacou a vila matando a moitos dos veciños de Baiona e destruÃndo as súas casas. Tal era a fama de violento e humillador de Madruga que hai quen di que en 1485, durante o encarceramento na Torre da Tenaza dun dos seus inimigos, o Bispo de Tui, fixo que se construÃse soamente unha porta pequena na cela e pediu que se lle dese de comer sen parar co fin de que engordase e xamais puidese saÃr por aquela diminuta porta.
Foi aquà tamén onde, o 1 de marzo de 1493, atracou unha das carabelas da expedición que Cristóbal Colón capitaneara cara ás Indias. Tratábase da Pinta, e con ela chegou a noticia do descubrimento de América. Foi asà como Baiona se convertiu no primeiro pobo do “Vello Continente†que recibiu a noticia. Trátase dun feito de tal relevancia que, hoxe en dÃa, celébrase cada ano unha representación teatral que lembra a todos os asistentes o acontecemento, a “Festa da Arribadaâ€.
En 1963 construÃuse o que hoxe é o Parador Nacional Conde de Gondomar, inaugurado en 1966 como complexo hostaleiro. à vez que se levaba a cabo a súa construción, restauráronse tamén as antigas murallas, construÃndo sobre elas almenas que as devolvÃan ao seu estilo medieval. En 1975, xunto ao parador, constrúese tamén unha capela dedicada á Virxe do Carme que hoxe en dÃa adoita estar rodeada de turistas e curiosos. Pero o realmente fascinante é poder atopar aÃnda hoxe os restos das edificacións que no seu dÃa enchÃan o castelo, e é que aÃnda que algúns edificios foron destruÃdos (como o Convento dos Franciscanos, o Palacio de Xustiza ou o Palacio do Conde de Gondomar ), aÃnda quedan retrincos dalgunhas das antigas vivendas, almacéns e pozos.
Asà que xa sabes, tanto se só podes facer unha visita curta paseando ao longo dos tres quilómetros de percorrido que rodean a fortaleza coma se decides pasar alà unha noite enteira, este lugar permitirache formar parte, aÃnda que só sexa por un tempo determinado, da súa historia.
