Pese a ser Compostela a cidade máis turÃstica de Galicia, a urbe de maior tamaño, Vigo, no pasa desapercibida entre os visitantes. Sita no sur das RÃas Baixas, ten case 300.000 habitantes e máis de 100 km2 de extensión. As rúas e prazas desta cidade mariñeira acollen infinitos plans: gastronomÃa, praias, cultura, shopping… Todo iso co inmellorable marco natural da rÃa de Vigo coas CÃes ao fondo. Neste guÃa propoñémoste cinco lugares que non debes deixar de visitar se te achegas á cidade olÃvica.
Monte do Castro
A singularidade do monte do Castro é que está ubicado no centro. Non é o tÃpico parque urbano, senón todo un monte en pleno corazón da cidade. É o punto de orixe de Vigo, no que se comezaron a asentar os primeiros poboadores. O ascenso ata o cumio pode resultar algo dificultoso, pero sen dúbida paga a pena polas vistas. Desde alÃ, ante nós, unha das mellores panorámicas da cidade: a Casa do Concello, o porto e as Illas CÃes ao fondo regalarannos un dos atardeceres máis bonitos da urbe.
Porta do Sol e rúa PrÃncipe
A Porta do Sol é o punto de unión entre o casco histórico e o seu ensanche. É un dos lugares con máis bulicio e trasfega. Nela atoparemos un dos emblemas olÃvicos, O Sireno, unha escultura modernista creada por Francisco Leiro. Próxima a ela atópase o Dinoseto, unha sebe en forma de dinosauro xunto ao que todo visitante que se prece debe sacar un selfi. Na actualidade, a Porta do Sol está peonalizada polo que é ideal para pasear relaxadamente mirando cara o alto dos edificios lindeiros. Se seguimos recto atravesaremos PrÃncipe, a rúa das compras por excelencia. Alà atoparás todo tipo de tendas, desde as grandes marcas ata pequenos comercios máis tradicionais. Percórrea enteira e, a medio camiño, senta nun banco a degustar un dos seus afamados gofres, cuxo olor impregna toda a rúa.
Barrio do Calvario
Ao deixar PrÃncipe chegaremos ata a rúa de Urzáiz, cuxo final nos levará ata o centro do Calvario. Este barrio concentra boa parte do comercio tradicional da cidade, con especial relevancia do mercado de abastos, un dos preferidos polos vigueses e viguesas para mercar produtos frescos de calidade. O corazón do barrio está totalmente peonalizado, polo que é ideal para pasear tranquilamente ou para parar a tomar un café nalgunha das súas numerosas cafetarÃas xunto á veciñanza.
Praia de Samil e Museo Verbum
A seis quilómetros do centro da cidade está a praia máis coñecida da zona: Samil. Este gran areal de máis dun quilómetro de lonxitude e quince metros de ancho está equipada con piscinas, aparcadoiro de balde, canchas de baloncesto, restaurantes e cafetarÃas…, ademais de estar moi ben conectada por transporte público urbano. É ideal para ir con nenos e alà sempre hai ambiente, incluso en inverno. Xunto a ela atópase o Museo Verbum ou Casa das Palabras, un museo interactivo que permite coñecer máis sobre as palabras, idiomas, signos, sons… a través de xogos. É un plan cultural diferente e atractivo antes dunha xornada de praia.
Illas CÃes
Toda visita a Vigo ten ás Ilas CÃes como parada obrigatoria. O arquipélago forma parte —xunto coas illas de Ons, Cortegada e Sálvora— do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Para achegarnos ata as CÃes é necesario adquirir un billete nunha das navieiras autorizadas e solicitar un permiso á Xunta de Galicia. Unha vez alà poderemos tombarnos ao sol no que é considerado un dos mellores areais do mundo, o de Rodas, ou percorrer algunha das numerosas rutas de sendeirismo, como a que leva ata o punto máis alto, o Faro de CÃes. Para os máis aventureiros, existen plans para practicar vela ou snorkel. En caso de querer pasar un par de noites nesta paraxe única, pódese, xa que as illas contan cun cámping.
En definitiva, a cidade máis grande de Galicia, Vigo, agocha máis recunchos dos que aparentemente poida parecer. Se estás en Galicia non dubides en achegarte ata a urbe olÃvica, que está ben conectada co resto do territorio tanto en coche, a través da AP-9, como en transporte público (tren e autobús).
