O paso do tempo é en ocasións unha laxa baixo a que se oculta boa parte do noso legado histórico e patrimonial. Moitas veces é imposible recuperar xa eses vestixios e temos que conformarnos con evocalos a través de testemuños indirectos, pero nalgún caso un achado casual permite poñer en valor un monumento que durante séculos permanecera esquecido e revivir asà un anaco da historia local.
Â
Sábeno ben na aldea da AlberguerÃa, no municipio ourensán de Laza, un lugar moi coñecido polos peregrinos da VÃa da Prata e que desde hai agora unha década mostra con orgullo unha desas pezas felizmente recuperadas. Presidindo e dando nome á Praza do Rollo, unha columna circular de pedra érguese como testemuño da xustiza que se exercÃa noutros tempos e como exemplo de que o empeño duns poucos pode servir para reconciliarnos co noso patrimonio.
Â
O que poderÃa parecer unha simple peza ornamental, é en realidade un curioso sÃmbolo xurisdicional único en Galicia. Columnas como a da AlberguerÃa marcaban a categorÃa administrativa dunha vila e os seus lÃmites xurisdicionais e, en ocasións, servÃan tamén como picotas, é dicir, o lugar onde os presos eran expostos diante do resto dos veciños e sometidos a castigo fÃsico. A vixencia deste tipo de xustiza mantÃvose durante varios séculos, ata que en 1812 as Cortes de Cádiz decretaron a súa abolición provocando que a gran maiorÃa destas columnas fosen derrubadas e acabasen desaparecendo.
Â
No caso do Rollo da AlberguerÃa, o escritor e historiador Eligio Rivas Quintas sostén que pode ser o único que se conservou en Galicia aÃnda que limita os usos que tivo no pasado. Detalla que non presenta argolas para atar aos presos nin sinais que indiquen que fose empregado como picota, asà que conclúe que unicamente servÃa para marcar os lÃmites da xurisdición do Conde de Monterrei e como sinal para os peregrinos que se dirixÃan a Compostela pola VÃa da Prata.
Â
Foi, precisamente, Eligio Rivas quen permitiu sacar á luz a existencia do Rollo da AlberguerÃa. Todo comezou en 1993, cando durante un dos percorridos que o historiador estaba a realizar pola zona para unha publicación sobre a VÃa da Prata decatouse de que a estraña columna que fora empregada como parte do peche dunha horta particular era en realidade uno deses rollos xurisdicionais perdidos. Os veciños máis veteranos do lugar contaban que o lembraban sempre nese curioso emprazamento, pero algúns explicaban tamén que os seus maiores si lles falaban da época na que a columna ocupaba o centro da praza do pobo. No ano 2010, case dúas décadas despois, e grazas ao labor de Eligio Rivas, o empeño da Asociación de Amigos da VÃa da Prata-Camiño Mozárabe e o apoio dos veciños e das administracións local, provincial e autonómica o Rollo da AlberguerÃa volveu ao seu lugar orixinal.Â
Â
Alà permanece hoxe en dÃa, na Praza do Rollo, convertido nun dos monumentos máis importantes do lugar e nun lugar de parada obrigada para os peregrinos da VÃa da Prata, que poden sumar asà un anaquiño de historia local ao seu relato do Camiño.
