Turismo de Galicia organiza un curso de coñecementos básicos para a visita turística en adegas galegas

Esta acción formativa, que se enmarca no Plan de Enogastronomía de Galicia, desenvolverase entre os meses de xullo e agosto vai dirixida a guías de Turismo de Galicia en activo, de xeito que poidan adquirir coñecementos en materia Turismo enolóxico

Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo, porá en marcha un curso de coñecementos básicos para a visita turística en adegas de Galicia, destinado a Guías de Turismo de Galicia en activo, de xeito que estes poidan adquirir coñecementos en materia de Turismo enolóxico.

Este acción formativa que está enmarcada no Plan de Enogastronomía de Galicia desenvolverase, entre os días 2,3 e 4 de xullo, no ámbito teórico e os días 27 e 29 de agosto, con prácticas nas adegas galegas.

O prazo de preinscrición para este curso está aberto desde o pasado 22 de xuño e estenderase ata as 14:00 horas do 28 de xuño. Para preincribirse nesta actividade cómpre consultar a web www.turgalicia.es no apartado de Calidade Turística e encher un formulario que se deberá enviar ao enderezo turcalidade@xunta.es

Obxectivos do curso
Entre os obxectivos xerais deste curso está facilitar aos guías de Turismo os coñecementos e as destrezas oportunas para dar información turística e realizar visitas guiadas de calidade e dotalas de contidos rigorosos e específicos sobre as Denominacións de Orixe de Galicia.

Polo que respecta aos obxectivos específicos, con esa actividade trátase de impulsar a cualificación dos profesionais do sector turístico e mellorar a competitividade das empresas participantes.

Ademais, preténdese crear novos servizos e actividades vinculadas ao turismo enogastronómico, mellorar a xestión da calidade dos servizos prestados, capacitar as industrias para a prestación de servizos de actividades turísticas e desenvolver a capacidade turística das empresas, complementando a súa actividade produtora, así como a estruturación de produtos turísticos individuais e conxuntos.

No ámbito teórico, o día 2 de xullo desenvolverase un relatorio sobre a introdución histórica á produción vinícola nas Rías Baixas, e outro relacionado coa viticultura nesta zona.

O día 3 de xullo, estudaranse os procesos de elaboración do viño e haberá unha explicación sobre a maridaxe entre comidas e viño.

Os día 27 e 28 de agosto realizaranse visitas ás adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas e aos recursos turísticos da zona do Salnés.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *