Turespazo, a Extranet de Turismo de Galicia

Turespazo

TURESPAZO é unha das iniciativas do Plan Smart Turismo que a Xunta puxo en marcha o ano pasado para impulsar a modernización tecnolóxica dun sector estratéxico para a economía galega. A entrada en funcionamento desta canle dixital aforrará tempo e recursos aos profesionais do sector, ademais de optimizar a súa relación coa Administración e mellorar a oferta turística a través da Rede. TURESPAZO está concibido coma un espazo de contribución e participación entre o sector turístico e a Administración.

Funcionalidades

TURESPAZO está dispoñible para todas aquelas rexistradas no REAT (Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas) e está acccesible a través da URL https://turespazo.turismo.gal. Previa identificación, accederá aos datos oficiais e promocionais que a Administración ten sobre a súa empresa e poderá modificalos. TURESPAZO está ligado coa Sede electrónica da Xunta para facilitar os cambios na información de índole administrativa así coma a realización dos preto de 30 trámites que a Xunta ten dispoñibles para o sector turístico. A través de TURESPAZO os profesionais e empresarios poderán modificar tamén datos promocionais relativos os seus establecementos, que se actualizarán, previa revisión, na rede de portais, aplicacións móbiles e outros soportes (folletos, pantallas táctiles, stands de Turismo…), achegándolle ao usuario final unha información de calidade. Tamén vai incorporar o servizo de publicación de ofertas de cada establecemento ou de plans –viaxes combinadas- no caso das axencias de viaxe.

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *