O apoio de Turgalicia posibilita que Lugo sexa a protagonista dunha das etapas da 67 edición de la Vuelta ciclista a España

A etapa sairá de Palas de Rei e concluirá en Murias (León). Constará de 152 quilómetros. A etapa presentouse hoxe na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo e contou coa presenza da secretaria xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo; e mais da delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias

Carmen Pardo destaca que “La Vuelta” permitirá que Galicia, e concretamente a provincia de Lugo, estea presente en 150 países

A provincia de Lugo será- gracias a un convenio entre a empresa organizadora e Turgalicia- a protagonista nunha das etapas de La Vuelta Ciclista a España 2012. O evento deportivo, que chega á súa edición número 67, inclúe no seu percorrido o tramo Palas de Rei-Murias e percorrerá as localidades de Guntín de Pallares-Portomarín-Paradela-Biville-Maside-Sarria-Galegos-Becerreá-Pobra de Navia e Muñís, ata chegar ao concello leonés de Murias. La Vuelta, cuxo percorrido íntegro se presenta mañá en Pamplona, celebrarase entre os días 18 de agosto e 9 de setembro. Durante a presentación da etapa na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, estiveron presentes ademais da delegada territorial, Raquel Arias; a secretaria xeral para o Turismo e conselleira delegada de Turgalicia, Carmen Pardo; o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo, Cheché Real, e mais o tenente alcalde de Palas de Rei, Amando Senande. Na súa intervención, a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, comentou que La Vuelta Ciclista a España xa descubriu o ano pasado algúns dos tesouros de Lugo, entre eles as potencialidades do destino para a práctica de actividades deportivas, sen embargo constitúe unha magnífica oportunidade para todos os lugares polos que transita, que se ven beneficiados por unha iniciativa con retorno económico sobresaínte, tanto a curto como a medio e longo prazo.

Durante a presentación da etapa lucense de La Vuelta Ciclista a España, a secretaria xeral para o Turismo resaltou que o tramo Palas de Rei-Murias, con 152 quilómetros e cinco portos de montaña será un expositor inigualable para a beleza singular da provincia. Asimesmo, explicou que a celebración da proba deportiva en terras lucenses implica a consecución dun triple impacto: o gran impacto mediático e a repercusión comunicacional das campañas de promoción do evento; o impacto inmediato na zona e mais a posibilidade de vincular o deporte cos produtos gastronómicos da terra que atravesa a competición.

Segundo Carmen Pardo, La Vuelta, o impacto mediático e a repercusión a nivel internacional da proba permiten conseguir resultados como que se emita en directo para 150 países. A gran campaña de promoción do evento e a súa difusión a nivel internacional permitirán chegar a un número moi elevado de espectadores. A modo de exemplo de repercusión mediática, a emisión da competición convertirá á provincia de Lugo en protagonista dun programa en directo de dúas horas de duración que se retransmitirá en España a través da canle Teledeporte.

No tocante ao impacto inmediato a nivel económico na zona, estímase que as 1.500 persoas que forman parte da loxística da proba xerarán us 250 mil euros diarios nas cidades e vilas que acollen ao equipo de profesionais.

Do mesmo xeito, a secretaria xeral destacou o obxectivo da Secretaría Xeral para o Turismo de implicar á Asociación de Empresarios de Hostelería de Lugo a través da participación no evento cun stand que levará o slogan ‘E para comer, Lugo’ que ten por finalidade dar a coñecer os produtos gastronómicos con indicación de calidade da provincia de Lugo xa que, as zonas vips de saída das diferentes etapas da volta contarán con degustacións de produtos gastronómicos mostra do mellor da oferta culinaria lucense, algúns exemplos de produtos lucenses de calidade que se poderán degustar son os queixos con Denominación de Orixe Protexida como Arzúa-Ulloa, Cebreiro ou San Simón da Costa; as Fabas de Lourenzá; os peixes estarán representados polo Bonito de Burela e mais a Pescada de Celeiro e Burela e tamén haberá representación vinícola a través dos caldos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

A Secretaria Xeral para o Turismo falou tamén dos tres xeodestinos turísticos que percorre a proba e das peculiaridades de cada un deles. La Vuelta Ciclista a España percorrerá tres zonas turísticas diferenciadas da comunidade galega: o xeodestino Ancares-Courel; o xeodestino Lugo e a Terra Chá e mais o xeodestino Ribeira Sacra. Carmen Pardo destacou o magnífico patrimonio monumental de Lugo e a Terra Chá, así como a súa vinculación co Camiño de Santiago xa que a provincia é atravesada por tres das rutas cara a tumba do Apóstolo. Do mesmo xeito, quixo resaltar a espectacular mostra da natureza de alta montaña do xeodestino Ancares-Courel e comentou a súa condición de Reserva da Biosfera en Galicia e en Castela e León, o feito de que sexa Zona de Especial Protección de Aves e mais Reserva Nacional de Caza, así como Zona de Especial Protección do Oso Pardo. Do xeodestino Ribeira Sacra destacou a oportunidade de descubrir unha zona única de Galicia caracterizada polo asentamento das ordes monacais e polo seu rico patrimonio artístico e de arquitectura relixiosa, así como pola produción dun dos máis afamados caldos galegos.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *