Galicia promociónase na Feira Virtual de Turismo Español en Canadá e os Estados Unidos de América

Turgalicia disporá por segundo ano consecutivo dun stand dixital no certame Conexión Spain vitural, que se poderá visitar entre os días 12 e 15 de marzo

 Os recursos e os valores turísticos da Comunidade galega promocionaranse entre os días 12 e 15 de marzo na segunda edición da feira vitual de Turismo de España en Canadá e os Estados Unidos de América, organizada pola Oficina de España en Toronto e baixo a denominación Conexión Spain Virtual.

Esta é a segunda edición deste certame turístico virtual no que participa o Turismo de Galicia a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo.

Nesta feira, o Turismo galego disporá tamén dun stand no que os visitantes virtuais poderán demandar información sobre a oferta turística de Galicia. Este espazo estará antendido por persoal de Turgalicia.

Aforro de custos e accesibilidade

A principal vantaxe de participar nesta feira é o aforro de custos, xa que se evitan os gastos que ocasiona a organización dunha feira no mundo real, tales como a montaxe e a desmontaxe do stand, a decoración, o transporte e outros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *