Campaña Verán 2018 de Turismo de Galicia

Galicia, tienes que vivirla

Presentamos a nova campaña de Turismo de Galicia para este verán 2018!

Goza de máis de 1.500 quilómetros de costa, de máis de 100 praias con bandeira azul, do mar, de aventuras e de festas. Escolle o TEU Camiño e mete na túa mochila séculos de historia, bosques e vilas con encanto.

Este verán, en Galicia TI es o protagonista nun escenario único de mar, montaña e natureza. Este verán, escolle Galicia. Tes que vivila!

Podes ver o anuncio en: http://bit.ly/GaliciaTesQueVivila

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *