Xeodestinos – Turismo de Galicia

Feijóo subliña que a aposta decidida por unha oferta turística coordinada e diversa permite unha maior resistencia do sector fronte á crise
O responsable do Goberno galego presidiu, hoxe, o acto de apertura do foro ‘O futuro do Turismo en Galicia’, organizado por El Correo Gallego

Feijóo subliña que a aposta decidida por unha oferta turística coordinada e diversa permite unha maior resistencia do sector fronte á crise

Recorda que un dos principais éxitos turísticos de Galicia, o Xacobeo, xurdiu en plena deflación económica e en medio dunha gran incerteza e avoga por non interromper ese gran exemplo pese aos pésimos tempos, desde o punto de vista económico, que nos toca vivir

Afirma que revitalizar o turismo require dun dobre compromiso: “Por parte da Administración pública, de situar o turismo entre as prioridades da súa axenda; e por parte do sector, de aplicar o mesmo esforzo de cooperación e de imaxinación que se lle pide ao resto dos sectores produtivos de Galicia”

Refírese á nova Lei do Turismo, á creación da marca Galicia ou a posta en marcha de 14 xeodestinos, como exemplos do apoio da Xunta ao sector

Avanza, nas vindeiras semanas, a presentación doutro dos compromisos asumidos nesta lexislatura, a Axencia Galega de Turismo

Garante o compromiso de seguir traballando co sector para saber temperar as esixencias actuais e destaca que as nosas posibilidades turísticas teñen a súa maior fortaleza no feito de que somos unha “unidade diversa”. “En poucas terras coma a nosa se mesturan tantas tendencias e conflúen tantas posibilidades”

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte  a aposta decidida por unha oferta turística coordinada e diversa está a permitir unha maior resistencia do sector fronte á crise cun maior peso do turismo no PIB, que medrou un 4,8% respecto a 2009; máis estancia media dos turistas, de 2,25 días en 2010 a 2,26 en 2011; máis gasto diario das persoas que nos visitan, cun incremento do 5,8% respecto a 2010; e máis cota do turismo internacional, que se incrementou un 1,6%.

Feijóo, que presidiu o acto de apertura do foro ‘O futuro do Turismo en Galicia’, organizado por El Correo Gallego, afirmou que nunha etapa histórica na que as posibilidades de elección para o turista aumentaron de forma exponencial, “Galicia debe seguir polo camiño que iniciou desde o principio da lexislatura para distinguirnos no mercado se cabe un pouco máis que ata agora cunha oferta coordinada e diversa –reiterou-, que os datos proban é frutífera”.

Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta recordou que un dos principais éxitos turísticos de Galicia, o Xacobeo, xurdiu en plena deflación económica e en medio dunha gran incerteza. “O maior revulsivo para o sector turístico da nosa historia non ten a súa razón de ser na casualidade, nin tampouco nace en época de bonanza económica. Foi un invento concibido por galegos en momentos de dificultades, que coñecían o valor do Camiño, que se decataron de que o turismo era un sector cargado de futuro e que soñaron con xogar na primeira división dunha España que pensaba nos Xogos Olímpicos ou na Expo de Sevilla”, resaltou e avogou por non interromper ese gran exemplo pese aos pésimos tempos, desde o punto de vista económico, que nos toca vivir.

Neste sentido, o titular da Xunta subliñou que revitalizar o turismo require dun dobre compromiso: “Por parte da Administración pública, o compromiso de situar o turismo entre as axustadas prioridades da axenda política; e por parte do sector, o compromiso de aplicar o mesmo esforzo de cooperación e de imaxinación que se lle pide ao resto dos sectores produtivos de Galicia”.

As iniciativas que se teñen materializado nos últimos tres anos como o desenvolvemento dun Plan de Acción, cumprido xa nun 50 por cento; a nova Lei do Turismo; a creación da marca Galicia e a posta en marcha de 14 xeodestinos, proban, segundo Feijóo, que a Xunta ten o turismo entre as súas prioridades. Así mesmo, avanzou, nas vindeiras semanas, a presentación doutro dos compromisos asumidos nesta lexislatura, “a agrupación de todos os organismos que entenden de turismo nun único, a Axencia Galega de Turismo, pervivindo e persistindo, por suposto, o Xacobeo”.

Feijóo garantiu o compromiso de seguir traballando co sector para saber temperar as esixencias actuais, logo de incidir en que as nosas posibilidades turísticas teñen precisamente a súa maior fortaleza no feito de que somos unha “unidade diversa”.

“Sería un erro pensar que o noso país é unha mera xustaposición de paquetes turísticos. O destino Galicia non é a simple adición de ofertas sectoriais ou territoriais. En lugar de que cada sector ou territorio actúe á marxe dos demais, preferimos competir conxuntamente no escenario español, europeo e internacional o que non significa que teñamos que presentarnos como unha Galicia uniforme. En poucas terras coma a nosa se mesturan tantas tendencias e conflúen tantas posibilidades. Rías, montes, santuarios, cruceiros, augas termais, faros, murallas, casas rurais, vellos símbolos como a Catedral compostelá e novos como a Cidade da Cultura son manifestación dunha vitalidade turística que Galicia ten, e que temos que ser capaces de poñer cada día en valor”, aseverou.

Pola súa banda, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, destacou que 16 das 56 actuacións do Plan de Acción de Turismo de Galicia 2010-2013 están enfocadas a incrementar a calidade turística do destino e desde a Administración Turística Galega puxéronse en marcha ordes de axudas dirixidas ao sector para incentivar a adhesión ás normas de calidade do ICTE, do mesmo xeito que se fixo unha discriminación positiva no resto das ordes de axudas para aqueles establecementos que renoven, manteñan ou se adhiran aos sistemas de Calidade Turística Española. Por primeira vez en 2011 se publicou unha orde específica para a implantación de normas UNE dotada con 300.000 euros e este ano ven de publicarse unha nova orde valorada en 200.000 euros, que onte mesmo se publicou no Diario Oficial de Galicia.

Segundo destacou a secretaria xeral, a implementación da marca Q repercute na promoción do destino, na fidelización do cliente, asegura satisfacción e incide na transformación cualitativa do establecemento. “A rendibilidade empresarial non se consegue só con un maior número de usuarios turísticos senón tamén mellorando a xestión interna e a implementación de normas de calidade incide directamente neste punto”, salientou Carmen Pardo.

A Xunta presenta o mapa de Xeodestinos de Galicia
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu, esta mañá, o acto de presentación dos Xeodestinos Turísticos de Galicia, un mapa de 14 xeodestinos para extraer “todo o potencial do destino Galicia”, cunha oferta diversificada, que permita incrementar a estancia media dos visitantes. “Cada parte conta para o todo. Cada recuncho desta terra engrandece o destino Galicia e por iso, cómpre que os articulemos ben”, destacou Feijóo.

Feijóo salienta que en poucas terras coma a nosa se mesturan tantas tendencias e conflúen tantas posibilidades. “Galicia ten precisamente na variedade unha das súas principais fortalezas turísticas”

Nestes momentos difíciles, di que Galicia ten que moverse para buscar a mellor localización posible no futuro e lembra que as decisións turísticas que se teñen materializado nos últimos anos, como a recente Lei do Turismo, a marca Galicia ou a propia celebración do Xacobeo 2010 mantiveron vixente ese dobre espírito de renovación e de concertación

“As preferencias, os gustos, as tendencias dos visitantes, van mudando. Por iso, ao igual que os impulsores do Xacobeo, agora tamén debemos ser conscientes de que o destino Galicia se constrúe constantemente”, afirma

O titular da Xunta avogou por traballar unidos e coordinados para que cada un destes catorce xeodestinos lle poida ofrecer algo ao visitante e lle permita concluír “que non só merece a pena vir á nosa terra, senón tamén quedarse o maior tempo posible para abarcar todas as experiencias que ten ao seu alcance”. E salientou que “nunha etapa histórica na que as posibilidades de elección para o turista aumentaron de forma exponencial, Galicia completa hoxe o proceso que iniciamos desde o principio da lexislatura para distinguirnos no mercado se cabe un pouco máis que ata agora”.

Se ben, Galicia actúa, porque o é, como unha Galicia unida, Feijóo afirmou que “iso non significa que teñamos que presentarnos, porque non o somos, como unha Galicia uniforme. Ao contrario, en poucas terras coma a nosa se mesturan tantas tendencias e conflúen tantas posibilidades”. E engadiu que ningunha desas posibilidades amola, “porque todas serven a unha Galicia que ten precisamente na variedade unha das súas principais fortalezas turísticas”.

“O atractivo da nosa terra repártese entre rías e montes, santuarios e catedrais, camiños e cidades, cruceiros e augas termais, faros e murallas, xardíns e casas rurais, vellos símbolos como a Catedral de Santiago e novos como a Cidade da Cultura. En medio de tantas dificultades, Galicia non pode permitirse o luxo de relegar a un lugar secundario ningunha das moitas posibilidades que poden ofrecer as Rías Altas, a Costa da Morte, as terras de Santiago, a Mariña lucense, Lugo e a Terra Chá, Os Ancares e o Courel, a Ribeira Sacra, as Rías Baixas, O Ribeiro, as Terras de Ourense e Allariz, de Celanova e da Limia, de Verín e de Viana, de Manzaneda e Trevinca, ou do Deza e Tabeirós”.

Ante o perigo de competir entre nós mesmos, o titular do Executivo galego aseverou que escollemos ser un país que se ve capaz de destacar conxuntamente na oferta turística española, europea e internacional. “E, en lugar de estragar as nosas propias forzas, traballamos como unha realidade global que pon en marcha proxectos colectivos. O instrumento que hoxe botamos a andar é unha nova proba diso: promove a Administración –a Xunta, en colaboración cos concellos-; implícase un dos nosos sectores produtivos máis importantes; e involúcrase a sociedade en xeral”.

Nos momentos difíciles coma os que se están a vivir, Feijóo subliñou que Galicia ten que moverse como nunca para buscar a mellor localización posible no futuro e salientou que as decisións turísticas que se teñen materializado nos últimos anos, como a recente Lei do Turismo, a marca Galicia ou a propia celebración do Xacobeo 2010 mantiveron vixente ese dobre espírito de renovación e de concertación.

Por último, Feijóo afirmou que non se pode caer no erro de pensar que os instrumentos cos que conta un dos sectores económicos máis importantes son estáticos. “As preferencias, os gustos, as tendencias dos visitantes, van mudando. Por iso, ao igual que os impulsores do Xacobeo, agora tamén debemos ser conscientes de que o destino Galicia se constrúe constantemente”. E, neste sentido, amosouse convencido de que este mapa de xeodestinos vai ser unha guía certamente útil para avanzar nese camiño.