xacobeo21 – Turismo de Galicia

A Galicia mediterránea da Serra da Enciña da Lastra
O 4 de abril do ano 2002 foi unha data sinalada para os bosques que crecen nas terras ourensás de Rubiá. Ese día foi aprobada a declaración como parque natural da Serra da  Enciña da Lastra, un espazo de algo máis de 3.000 hectáreas de extensión que constitúe toda unha rareza en Galicia polas súas singularidades en canto a flora e fauna. Nesta terra de carballos e castiñeiros, unha árbore de clima mediterráneo converteuse así no sinal de identidade do noso sexto parque natural e dos seus cumes de roca calcaria.

Din que a aciñeira que lle dá nome era unha gran árbore empregada antigamente como referencia polos viaxeiros para non perderse nestas terras situadas nun dos puntos máis orientais de Galicia, facendo fronteira coa provincia de León. Na actualidade aínda se pode ver na parroquia de Covas un magnífico exemplar que ben podería responder a esa descrición. Sexa ese en concreto ou non o que inspirou o nome de toda a zona, o certo é que un dos principais valores do parque é a presenza na zona dos bosques de aciñeiras máis extensos de Galicia, así como de matogueiras espiñentas propias tamén do Mediterráneo, dos únicos tomiños desta terra e das poucas saucedas mediterráneas que se poden ver por estas latitudes. As súas máis de 25 especies de orquídeas converten, ademais, este parque nun auténtico paraíso para os amantes da botánica.

A Serra da Enciña da Lastra ofrece unha paisaxe pouca frecuente neste extremo da Península Ibérica, que se ve enriquecida por exemplares de fauna pouco usuais, como a lagarta cincenta. Tamén se concentra alí una das principais comunidades de morcegos de Galicia, entre a que foi posible identificar polo menos 9 especies diferentes habitando as numerosas grutas que converten a zona na maior rede de cavidades da comunidade. Baixo terra, entre estalactitas e estalagmitas agóchase outro dos grandes tesouros do lugar. E nos seus ceos, as aves (aguia real, aguia calzada, andoriñón real, pomba das rochas e choia), atraídas pola riqueza das augas do río Sil e a protección das ladeiras que o rodean, forman o maior número de especies  nidificantes de Galicia e constitúen outros dos grandes atractivos animais deste parque natural.

Os seus miradoiros, como os de Caprada en Oulego, Alto da Escrita en Biobra, Tanque de Covas ou a Portela en Vilardesilva, permiten gozar de impresionantes panorámicas das cimas do parque e os canóns que trazan o río Sil e os seus afluentes. E as aldeas, como Covas, Oulego, O Robledo ou O Real, manteñen vivo o espírito do mundo rural deixándonos gozar da arquitectura e as formas de vida tradicionais, así como de valiosos elementos etnográficos como antigos muíños, fontes, pombais e fornos comunais.

A espeleoloxía e o rafting son dous dos deportes que é posible practicas dentro do parque, pero sen dúbida a especialidade principal, e apta para todos, é o sendeirismo. Unha rede de dez rutas debidamente acondicionadas e sinalizadas convértense na vía ideal para descubrir os principais atractivos da Serra da Enciña da Lastra. A súa lonxitude e trazados variables (lineais e circulares, e de entre 1,5 e 8,6 quilómetros), así como os seus distintos niveis de dificultade (baixo, medio e alto) configuran unha oferta de percorridos con opcións para os visitantes máis diversos.

Tratar de identificar algunhas das súas diferentes especies de orquídeas e aves, pasear entre aciñeiras e outras árbores pouco comúns en Galicia, respirar o aroma do tomiño e estremecerse diante da impresionante silueta pétrea dos Penedos de Oulego fan que a experiencia de adentrarse neste parque natural non deixe indiferente a ninguén.

Se queres obter máis información e preparar a túa aventura nesta paraxe sen igual, visita https://www.turismo.gal/que-visitar/espazos-naturais/parques-naturais/serra-da-encina-da-lastra?langId=es_ES

“A Santa”, unha xoia da arte galega que regresa á nosa terra
O legado do escultor Francisco Asorey (Cambados, 1889-Santiago de Compostela, 1961) segue moi presente en Galicia grazas ás obras que adornan localidades e cidades como Lalín, Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña ou Ferrol en homenaxe a personaxes ilustres como o piloto Joaquín Loriga, Curros Enríquez ou José García  Barbón. Pero algunhas das súas creacións máis emblemáticas tiveron unha traxectoria accidentada que as afastou desta terra e mesmo as mantivo durante moitos anos no esquecemento.

É o caso de “A Santa”, unha escultura en madeira policromada coa que Asorey participou en 1926 na Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid e que foi obxecto naquela época de fortes discusións polo seu carácter orixinal e rompedor. O creador cambadés inspirouse nas mulleres do mundo rural galego para romper os canons estéticos e afastarse do ideal feminino vixente, algo que lle valeu moitos aplausos, pero non poucas críticas. O realismo do espido representado por Asorey, coas marcas do duro traballo agrícola moi presentes e elementos como o xugo que convidaban tamén a unha reflexión máis profunda sobre o significado da obra, foron algúns dos motivos dunha polémica que foi recollida pola prensa da época. A división de opinións enfrontaba a aqueles que destacaban o seu realismo e atrevemento e que cualificaban a Asorey como un artista de facultades excepcionais cos que descualificaban o sentido estético da obra.

Aínda que non foi “A Santa” senón unha escultura de San Francisco a que lle permitiu a Asorey lograr a primeira medalla daquela exposición, a polémica peza espertou interese alén do Atlántico. Foi adquirida polos responsables da Casa de Galicia de Montevideo e embarcada desde Vigo rumbo a América en 1951, continente no que permaneceu ata a actualidade. Agora, case 70 anos despois da súa marcha, a transgresora escultura está a piques de regresar a Galicia grazas a un acordo alcanzado pola Consellería de Cultura e Turismo e a Casa de Galicia da capital uruguaia.

“A Santa” converterase así nunha das pezas principais de “Galicia, un relato do mundo”, a primeira das grandes exposicións programadas pola Xunta no marco dos preparativos do Xacobeo 2021. Esta mostra, comisariada polo xornalista e divulgador Manuel Gago e que conta tamén co asesoramento da historiadora Pilar Cagiao Vila e a colaboración do Consello da Cultura Galega e da Secretaría Xeral da Emigración, permitirá contemplar no Museo Centro Gaiás máis de 300 creacións de gran importancia simbólica para Galicia. Será inaugurada o próximo 14 de novembro e poderase visitar ata o 12 de abril do 2020.