Viveiro – Turismo de Galicia

O arranque festivo do mes de xullo
Pan, lagostas, cereixas e cabalos salvaxes integran o menú co que o calendario galego de festas de interese turístico dá habitualmente a benvida ao mes de xullo. Son todas celebracións que xuntan tradición, ritos e ambiente lúdico reunindo a un público numeroso e fiel. A covid alterou os programas de todas elas, así que aquí convidámosche a facer un pequeno percorrido para que poidas sacarlle partido.

Festa do Pan de Cea

San Cristovo de Cea

Este ano non haberá Festa do Pan de Cea, pero a localidade ourensá non renuncia a que o recendo e o sabor do seu famoso manxar sexa o protagonista, como é tradición, da primeira fin de semana do mes de xullo. Coincidindo coa que debería ser a trixésima edición da festa, o Concello e Consello Regulador do Pan de Cea optaron por recuperar este ano a Ruta dos Fornos, que se celebrará o 3 de xullo. Os participantes poderán pasar por un total de 10 postos de reparto de petiscos (6 fornos e 4 prazas) á vez que coñecen o rico patrimonio etnográfico de Cea. Haberá ambientación musical durante o desenvolvemento da ruta e un concerto final a cargo de Javier Ojeda, o líder do grupo Danza Invisible. Ademais, durante a xornada matinal Cea acollerá a duodécima edición do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas Memorial Muíño. Para todas as actividades aplicarase un protocolo anticovid e no caso da Ruta dos Fornos e o concerto é necesario inscribirse con antelación.

Máis información en  https://www.rutadosfornos.es/web/

Feira das Cereixas de Paiosaco

A Laracha

O primeiro domingo do mes de xullo é o máis saboroso do calendario festivo da localidade de Paiosaco, no municipio coruñés da Laracha. Lugar habitual de feira quincenal na que é posible atopar todo tipo de produtos do campo, así como artigos para o fogar, chegada esta época do ano son as cereixas as que se converten no produto estrela do mercado dominical atraendo a compradores chegados doutros moitos municipios. Este ano o  Concello limitou as habituais actividades que amenizaban o desenvolvemento da feira matinal, pero pola noite terá lugar un concerto a cargo de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre. Para asistir ao recital haberá que anotarse previamente a través do formulario habilitado na web do concello.

Máis información en https://www.alaracha.gal/

Festa da Lagosta

A Guarda

Trinta e un anos debería facer este verán a Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira da Guarda, unha celebración que desde o seu nacemento non deixou de congregar multitude de comensais na carpa instalada na zona do porto. Do mesmo xeito que o ano pasado, as autoridades locais optaron nesta ocasión por suspender a celebración, pero a hostalaría local seguirá ofrecendo a quen visite a localidade as súas saborosas propostas. Ademais, o Concello retomou as visitas guiadas ao monte de Santa Trega, así que a gastronomía non é o único aliciente para visitar a localidade situada máis ao sur do litoral galego.

Máis información en https://www.facebook.com/turismo-A-Garda-126223240790625/

Rapa das Bestas de Sabucedo

A Estrada

A primeira fin de semana do mes de xullo é tamén a data na que ten lugar unha das celebracións de raíz etnográfica máis importantes e singulares de Galicia: a Rapa das  Bestas de Sabucedo, declarada de interese turístico galego hai xa case medio século e elevada no 2007 a celebración de interese internacional. Trátase dunha tradición centenaria na que participan todos os veciños do lugar e que reúne a miles de persoas chegadas de toda Galicia. Moitas destas últimas participan activamente colaborando na baixada dos cabalos e poldros desde os montes situados na parroquia do municipio pontevedrés da Estrada que dá nome á festa, aínda que na parte central da celebración (a rapa e o marcado, con chips electrónicos, dos animais no interior do curro) deben conformarse en ser meros espectadores do traballo dos aloitadores. Este ano, por mor da covid e para buscar unhas datas nas que a evolución da pandemia sexa máis favorable, os seus organizadores optaron por pospoñer a celebración a finais do mes de agosto (días 27, 28 e 29) así que haberá que esperar un pouco máis para poder contemplar este espectacular ritual.

Máis información en https://www.facebook.com/RapaDasBestas/

Rapa das Bestas de Candaoso

Viveiro

Tamén en Viveiro manteñen viva a ancestral tradición da rapa reunindo unha vez ao ano aos cabalos que se crían en liberdade para cortarlles as crins e marcalos cos  microchips correspondentes. O curro situado en Candaoso é o escenario deste rito convertido en festa hai algo máis de medio século, pero que por segundo ano consecutivo foi suspendido por mor da covid. Haberá que esperar ao 2022 para volver asistir ao encontro entre homes e cabalos, aínda que darse un paseo polos arredores do Curro, tratar de avistar os cabalos nos montes próximos e gozar das vistas da ría constitúe unha boa alternativa para calquera época do ano.

Más información en https://www.facebook.com/rapadasbestas.viveiro.1

A Semana Santa máis tradicional busca alternativas fronte á covid
A Semana Santa é un tempo que se vive con gran intensidade en toda Galicia, pero especialmente naquelas localidades onde os actos relixiosos gozan de especial arraigamento e tradición. Nove son as vilas e as cidades onde estas celebracións presumen dunhas características singulares que propiciaron que os seus actos fosen declarados de interese turístico. E aínda que todas elas se verán afectadas polas restricións propiciadas pola covid e a decisión de non realizar procesións para evitar aglomeracións, ningunha quere renunciar ao seu espazo sinalado no calendario anual de festexos. Os seus responsables preparan xa propostas alternativas para que a pandemia non venza á devoción e á tradición.

Viveiro

Esta localidade da Mariña lucense presume de celebrar unha Semana Santa que mereceu a consideración de festas de interese turístico internacional e que destaca, entre outros motivos, polo valor artístico dos seus pasos, algúns dos cales son articulados. Máis de douscentos anos suma xa o Paso da Cea, creado a comezos do século XIX por un artesán empregando a mariñeiros da zona como modelos para dar forma ás figuras dos Apóstolos. As procesións da Última Cea, O Prendemento, O Encontro e o Santo Enterro son algunhas das máis emotivas e vistosas do seu calendario habitual. Este ano non se poderá gozar delas na rúa para evitar aglomeracións, pero si se manterá o culto nas igrexas e organizaranse exposicións e actividades virtuais.

Máis información en http://semanasantaviveiro.com/

Ferrol

Desde o ano 2014 a Semana Santa ferrolá goza tamén do recoñecemento como festa de interese turístico internacional. Desde o Domingo de Ramos ata o Domingo de Resurrección, as cinco confrarías da cidade organizan un total de 24 procesións que enchen de fervor e vistosidade as rúas de Ferrol. Os principais actos desenvólvense entre os barrios de Esteiro e A Magdalena durante as xornadas do mércores, o xoves e o venres santo. Este ano, esas procesións serán substituídas por actos alternativos, que se desenvolverán nas sedes de cada irmandade de Semana Santa e nas praza das Angustias, Amboage e Contraalmirante Azarola Gresillón respectando as medidas sanitarias e as restricións de aforo establecidas polas autoridades.

Máis información en http://www.semanasantaferrol.org/

Santiago de Compostela

As rúas da cidade do Apóstolo son o inmellorable marco para o desenvolvemento dunha Semana Santa, declarada de interese turístico de Galicia, e que experimentou nos últimos anos unha intensa revitalización, tal como demostra o feito de que Compostela conte xa con máis dunha ducia de confrarías. Os seus membros son os responsables de organizar as 17 procesións coas que se recrean os principais episodios da paixón, a morte e a resurrección de Xesucristo. Os actos previstos nesta ocasión desenvolveranse entre o 26 de marzo e o 11 de abril, aínda que tamén prescindirán das procesións para evitar os riscos sanitarios derivados da aglomeración de persoas. No seu lugar, as actividades organizadas pola xunta de confrarías trasladaranse ás súas propias sedes e a outros espazos pechados nos que se poida controlar o aforo e o cumprimento das medidas sanitarias.

Máis información en  https://www.semanasantasantiago.es/es/inicio/

Fisterra

Os tradicionais festexos de Semana Santa de Fisterra, declarados tamén festa de interese turístico galego, suman nesa localidade da Costa da Morte unha singular recreación que ano tras ano congrega a miles de persoas converténdose así no acto principal do seu extenso programa. Ten lugar o Domingo de Resurrección e os propios veciños encárganse de dar vida aos protagonistas da resurrección de Xesucristo. Do mesmo xeito que o ano pasado, os promotores das actividades tiveron que cancelar as procesións e a citada representación, pero si se manteñen os actos litúrxicos previstos no interior da igrexa parroquial de Santa María dás Areas, e para evitar que as limitacións de aforo impidan a fieis e curiosos tomar parte, a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Fisterra retransmitiraos en directo a través do seu espazo en Facebook.

Máis información en https://www.facebook.com/semanasanta.fisterra/

Lugo

A celebración de actividades alternativas centradas nas procesións que deberían desenvolverse cada día é a idea na que están a traballar os responsables da xunta de confrarías de Lugo para manter viva a Semana Santa na cidade da muralla, festa tamén de interese autonómico. Os veciños non poderán ver a procesión do Santo Sacramento (acontecemento singular ligado ao privilexio do que goza a súa Catedral de expoñelo de forma permanente) nin o vistoso encontro entre Xesucristo e a Virxe, pero si sumarse, coas consecuentes limitacións de aforo, aos actos que serán organizados en xornadas sinaladas como o Domingo de Ramos, e o Xoves e o Venres Santo.

Máis información en http://www.semanasantadelugo.com/es/noticias

Mondoñedo

As procesións que se celebran desde o Domingo de Ramos ata o Domingo de Resurrección converten a Semana Santa nunha das principais festividades do calendario mindoniense e propiciaron que teña tamén a consideración de festa de interese turístico galego. As súas orixes remóntanse, polo menos, ao século  XVI, e aínda que nesta ocasión os veciños non poderán tomar as rúas para asistir a estas escenificacións de gran fervor e solemnidade, si poderán acudir a monumental catedral para seguir as diferentes misas previstas ao longo deste ciclo festivo.

Máis información en  https://www.facebook.com/turismomondonedo

Betanzos

Declarada de interese turístico autonómico no ano 2017, a Semana Santa de Betanzos destaca especialmente polas procesións do Domingo de Ramos e do Xoves e o Venres Santo, sendo a coñecida popularmente como Os Caladiños a máis famosa de todas elas. Por segundo ano consecutivo as rúas non serán escenario do tradicional percorrido dos pasos e os confrades e nazarenos, pero os actos litúrxicos manterán vivo o seu espírito e as redes sociais contribuirán á súa promoción tal como ocorreu hai un ano, cando foron difundidos a través da canle en YouTube da Unidade Pastoral de Betanzos.

Máis información en  https://www.facebook.com/semanasantabetanzos

Cangas

O valor artístico dos seus pasos, algúns deles articulados para conferir máis realismo á celebración, a súa antigüidade e o seu arraigamento converten a Semana Santa de Cangas nunha das máis destacadas da provincia de Pontevedra e permitíronlle tamén ser declarada de interese turístico de Galicia. Algunhas das súas confrarías foron fundadas hai xa tres séculos e o seu labor contribuíu a que procesións como a da Santa Cea, a Negación de San Pedro ou o Santo Encontro congreguen a numeroso público. Ningunha delas sairá este ano, pero mantéñense algúns actos litúrxicos e confrarías como a Irmandade das Dores e da Soidade animan aos veciños a decorar os seus balcóns con bandeiras conmemorativas.

Máis información en https://cangas.gal/es/areas/turismo/fiestas-y-festivales/semana-santa

Paradela (Meis)

A implicación de toda a parroquia de Paradela, no municipio pontevedrés de Meis, converteu a súa Semana Santa noutra das máis destacadas de Galicia e por elo, tamén, de interese turístico autonómico. Os propios veciños convértense en actores por uns días para dar vida aos principais personaxes dos episodios centrais do relato bíblico: a entrada triunfal de Xesús en Xerusalén, a Última Cea, o Prendemento de Cristo, o xuízo, o vía crucis… Todas elas son escenificacións que, do mesmo xeito que hai un ano, volverán caer nesta ocasión do programa de actividades polas restricións da covid, aínda que, probablemente, a confraría volverá aproveitar as redes sociais para organizar unha Semana Santa Virtual.

Máis información en http://bit.ly/semanasantaparadela

Bosques para deixarse sorprender pola natureza máis desbordante
Os bosques son un dos sinais de identidade de Galicia. Enchen de cor e vida as nosas paisaxes e convértense en destinos cada vez máis buscados por aqueles que queren gozar dos espazos naturais. Multitude de lugares para o relax, o sendeirismo e a contemplación da flora e a fauna agárdannos por toda a comunidade dispostos a sorprendernos coa súa natureza desbordante. A continuación presentámosche unha selección de bosques que te cativarán.

Fragas do Eume

As Pontes, Pontedeume, Cabanas, A Capela e Monfero

O leito do río Eume e os bosques que o rodean trazan ao entrar na provincia da Coruña en dirección á súa desembocadura un espazo dun valor paisaxístico e natural sen igual. As Fragas do Eume, declaradas parque natural no ano 1997, constitúen un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa e ofrecen aos visitantes multitude de atractivos. Os seus carballos, castiñeiros, bidueiros, abeleiras, amieiros e demais especies arbóreas combinadas coas augas do Eume compoñen postais de gran beleza nas que os afeccionados á botánica poderán buscar tamén as máis de 20 variedades de fentos e 200 de liques que alí medran. Lugar ideal para paseos a pé, en bicicleta e, mesmo, en kaiak, as Fragas do Eume gardan tamén xoias do noso patrimonio, como o mosteiro de Caaveiro.

Fraga de Catasós

Lalín

Declarado monumento natural hai dúas décadas, este bosque de carballos e castiñeiros destaca polo tamaño dos seus exemplares, que nalgúns casos alcanzan os 30 metros de altura e 5 de perímetro. Foron plantados a comezos do século XIX polos propietarios do Pazo de Quiroga, situado nas inmediacións e motivo polo que o lugar é coñecido tamén como Fraga, Carballeira ou Souto de Quiroga. Ocupa unha superficie total de algo máis de 45.000 metros cadrados e é posible percorrela por un carreiro circular de algo máis dun quilómetro de lonxitude sinalizado con paneis interpretativos.

Souto da Retorta

Viveiro

A necesidade de loitar contra as inundacións do río Landro drenando algúns terreos circundantes foi o que propiciou a plantación dos primeiros eucaliptos na parroquia viveirense de  Chavín en 1860. Un deles, coñecido na actualidade como o Avó de  Chavín presume de ser a árbore máis alta da comunidade grazas ás súas máis de 60 metros de altura e foi incluída no catálogo de árbores senlleiras de Galicia. Ademais, o  souto no seu conxunto, formado por máis de 600 exemplares e que abarca unha área de algo máis de 3 hectáreas goza da consideración de monumento natural.

Souto de Rozavales

Manzaneda

Este bosque de castiñeiros situado nas terras ourensás de Manzaneda é citado habitualmente como un exemplo do equilibrio entre o aproveitamento agrícola e o respecto á natureza. As castañas das árbores que alí se poden ver foron colleitadas desde hai séculos e algúns deses exemplares alcanzan dimensións sorprendentes. O Castiñeiro de  Pumbariños (incluído no catálogo de árbores senlleiras de Galicia) supera os 12 metros de perímetro e constitúe un dos principais reclamos turísticos naturais do municipio. O Souto de Rozavales tamén foi declarado monumento natural.

Fraga da Marronda

Baleira

As faias máis occidentais do sur de Europa crecen entre carballos, castiñeiros, acivros e outras árbores neste bosque ancestral autóctono que se estende por unha superficie  de 600 hectáreas nas zonas montañosas do municipio lucense de Baleira. Unha ruta de 20 quilómetros de lonxitude, que parte da área recreativa da Cortevella, permite gozar en toda a súa plenitude do lugar visitando paraxes como o nacemento do río Eo, atravesando antigas pontes e contemplando vellos muíños.

Devesa de Rogueira

Folgoso do Courel

O corazón do Xeoparque Montañas do Courel garda infinidade de tesouros naturais. Un dos máis destacados atópase no municipio de Folgoso do Courel e consiste nun bosque primario de gran diversidade. Situada na parroquia de Seoane, a Devesa de Rogueira abarca unha área de 3 quilómetros cadrados de bosque situado en  escarpadas ladeiras e que serve de hábitat a un gran número de especies animais diferentes, como corzos, martas, gatos monteses, leirón, garduñas, ademais das especies endémicas que viven nas augas dos seus regatos. Unha aula da natureza, situada na aldea de Moreda, serve de punta de entrada a este bosque e á ruta que a percorre.

Teixadal de Casaio

Carballeda de Valdeorras

Aos pés dos cumes máis altos de Galicia, as montañas de Pena Trevinca, atópase outro dos nosos bosques máis singulares. O Teixadal de Casaio constitúe o conxunto de teixos máis importante de Europa ao agrupar a tres centenares destas árbores. A súa situación, nunha ladeira de difícil acceso contribuíu á súa conservación e aínda que existen varias rutas que chegan ata alí, trátase de percorridos de dificultade alta. Recoméndase dispoñer dos servizos dun guía e estar preparado para camiñar durante varias horas por un trazado sinuoso que chega a superar os 1.800 metros de altitude antes de descender cara ao tesouro vexetal de Casaio.

Bidueiral de Montederramo

Montederramo

Os bidueiros que lle dan nome converten este espazo situado entre a Ribeira Sacra e o Macizo Central Ourensán, nas ladeiras da Serra de San Mamede e en plena Rede Natura, nun lugar especial posto que se trata dun dos mellores exemplos de vexetación eurosiberiana do norte da Península. Carballos e acivros déixanse ver tamén no Bidueiral de Montederramo (ou de Gabín), un lugar que ademais de pola paisaxe e os seus valores naturais, é coñecido por ser o escenario dalgúns dos crimes cometidos por Manuel Blanco Romasanta a mediados do século XIX, quen asegurou ser un home lobo que non podía controlar os seus impulsos e cuxa figura se relaciona tamén con personaxes de lenda como o Sacamantecas e o home do saco.

Bosque de loureiros de Cortegada

Vilagarcía de Arousa

Os bosques medran tamén no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. O máis singular de todos eles é o que se pode ver na illa de Cortegada, un lugar que atesoura unha longa historia, tal como demostran as construcións alí presentes, pero que destaca especialmente polo seu bosque de loureiros. Pasear entre estas árbores, algúns dos cales alcanzan 13 metros de altura, de propiedades gastronómicas e medicinais é unha das experiencias polas que paga a pena embarcarse e sucar as augas da ría de Arousa ata chegar a este destino tan próximo e á vez tan afastado das paisaxes de terra firme.

Bosque da Fervenza

O Corgo

As augas do Miño alimentan, e en ocasións asolagan, este bosque autóctono situado no curso alto do considerado como pai de todos os ríos galegos. Nunha paisaxe debuxada por lagoas, illas fluviais e charcas álzanse carballos centenarios e grandes amieiros, ademais de freixos e salgueiros, formando un dos bosques de inundación máis importantes da Península e que está incluído na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Un vello muíño, a presa construída para alimentalo e o pequeno salto que forma o Miño dando nome ao lugar son outros atractivos deste espazo ideal para pasear e relaxarse, cando as augas o permiten.

Fraga de Cecebre

Cambre

Aínda que as súas dimensións son máis reducidas que cando Wenceslao Fernández Flórez buscou alí a inspiración para escribir a súa novela máis famosa, “O Bosque Animado”, a Fraga de Cecebre segue sendo un lugar cheo de maxia. Á beira do río Mero ou do encoro de Cecebre a natureza regálanos paisaxes sorprendentes a quen se dirixe ata alí tras os pasos dos personaxes do escritor. Alí álzase tamén Villa Florentina, a casa onde viviu Fernández Flórez e que na actualidade acolle a fundación que leva o seu nome.

Fraga de San Xoán de Río

San Xoán de Río

O curso do río Navea, afluente do Bibei e este á súa vez do Sil, deu forma a un espazo de gran valor, como proba o feito de ter sido declarada Paisaxe Protexida. Ao seu paso por terras do municipio de San Xoán de Río atópase un bosque singular coñecido popularmente como A Fraga no que se poden atopar numerosos carballos, así como outros parentes arbóreos destes, os rebolos, que propician que o lugar reciba tamén o nome das Reboleiras do Navea. O lugar de Mouruás é o punto de partida dunha ruta circular de 6,8 quilómetros que se achega tamén ata unha aula da natureza.

Coñeces a Romaría do Naseiro? Ven a Viveiro!
A Mariña Luguesa é unha terra privilexiada por moitos motivos. O primeiro deles: as súas paisaxes, cheas de costas, vales e serras montañosas que parecen saídas dun conto. O segundo: a súa gastronomía, rica en peixes de mar, pescados de río, mariscos, carnes e un longo etcétera. Non debe estrañarnos, por tanto, que neste contexto xurdan romarías como a que vos descubrimos hoxe.

A Romaría do Naseiro, tamén coñecida como Romaxe do Bo Xantar (Romaría do Bo Comer), é unha festa que se celebra a finais do mes de agosto no val de Naseiro, na localidade de Viveiro. É, desde 1967, Festa de Interese Turístico Nacional, e este ano terá lugar entre os días 25 e 29 de agosto, sumando así cinco días de concertos, comidas e ganas de gozar.

A esta festa acoden miles de persoas procedentes de toda España que se aloxan nas improvisadas cabanas construídas para a ocasión, creando un poboado que conta tamén co seu propio mercado e numerosos postos de comida e bebida. Todo isto, aderezado con música de orquestras e gran variedade de atraccións.

Normalmente, a festa comeza xa na tarde do venres, día do polbo, no que se organiza unha gran cea ao son de charangas e gaiteiros (só o ano pasado repartíronse máis de 3.000 kg de polbo). Os días seguintes son para o marisco, o caldo, a empanada e a típica sardiñada (un día para cada cousa). O último día, pola tarde, realízase o Descenso Humorístico do Landro, no que os romeus e todo aquel que se queira unir descenden polo río ata o campo da festa, ataviados cos máis singulares disfraces.

A orixe da Romaría do Naseiro remóntase ao ano 1933, cando Antonio Noriega Varela e José Barros promoven por primeira vez esta iniciativa para exaltar non un alimento en particular, senón a comida en xeral (de aí o seu segundo nome). O que empezou hai máis de 80 anos como unha reunión de xente do pobo para comer e gozar do lugar, hoxe é xa una das festas máis coñecidas de España e alóngase cinco días. Entre as árbores de Naseiro, hoxe e entón, constrúense longas mesas e casetas de todo tipo no que o importante é gozar da boa comida e da xente.

Ademais, este ano, como novidade, haberá orquestras tanto na sesión vermú como na verbena nocturna durante todos os días que duran os festexos, co que a diversión e o entretemento están asegurados.

En resumo, se hai unha festa que non podes perder, é esta. Non sabemos se é a mellor, pero si é das máis curiosas que coñecemos. Claro que para saber por que… terás que ir!

Serra do Xistral
Situación – No norte de Lugo, concellos de Abadín, Alfoz, Cervo, Mondoñedo, Muras, O Valadouro, Ourol, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro; e toca tamén no municipio coruñés das Pontes de García Rodríguez.

Superficie – 22.480,98 ha.

Acceso – Desde Vilalba enlace coa LU-540 con desvíos ao leste en Muras e Ourol cara ao Valadouro. Pola outra vertente, accesos locais desde Mondoñedo.

Servizos – Aloxamento e comida nas poboacións próximas.

Outros espazos naturais relacionados / próximos – Monumento Natural “Souto da Retorta”, LIC “Monte Maior”, LIC “Parga-Ladra-Támoga”.

Fértil vento

O intenso aproveitamento eólico desta pequena cordilleira de interposición entre a costa cantábrica e os interiores da Terra Chá delata a presenza constante do vento. Entre eles a xistra, ese golpe de vento húmido e xélido que aquí varre os cumes sen máis amparo que a rocha espida dalgúns picos.

O macizo setentrional está formado polo Xistral co punto máis elevado no Cadramón (1.062 m), os montes da Toxiza (832 m) e os da Carba (908 m). Ademais do vento, tamén son o reino da néboa. Atrapan as nubes cargadas que deixan todos os anos cantidades significativas de precipitacións. Malia a proximidade do mar, non son raras as nevaradas invernais. A auga deposítase nas chairas elevadas enchoupando os pasteiros naturais e creando extensos depósitos de turba. Son as turbeiras de cobertor que popularmente reciben o nome de barreiras, tremoal ou lago. Por exemplo, nos lugares das Barreiras do Lago, Lagoa das Furnas, Tremoal da Charca de Santa Cruz…

Os principais ríos que teñen a súa cabeceira nestas montañas son o Eume, na vertente atlántica; e o Landro, Ouro e Masma, na cantábrica. Os cabalos salvaxes en liberdade son unha imaxe frecuente nesta serra.

View Larger Map

Romaría do Naseiro
Romaría do Naseiro

San Pedro. Viveiro (Lugo)

O cuarto domingo de agosto. Viveiro – que ten outras importantes celebracións como a Semana Santa, “A Feira das Maulas” en Galdo, “A Rapa das Bestas de Candaoso”, a romaría do Monte de San Roque- celebra especialmente unha singular festa campestre nas marxes do río Naseiro.

A aqueles lugares de verdor e de frescura, nas proximidades dos xigantescos eucaliptais de Chavín, acoden as familias con mesa e mantel e cos máis típicos manxares, na compaña de grupos folclóricos, que fan que este encontro se coñeza, e con xustiza, como “A Romaría do Bo Xantar”.

View Larger Map

Costa da Mariña Occidental
Costa da Mariña Occidental

Situación

Costa da provincia de Lugo. Concellos do Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo.

Superficie

487,58 ha.

Acceso

Comunican as localidades principais as estradas LU-862 e N-642. Desvíos locais pola costa. Non existe transporte marítimo de pasaxeiros a ningunha das illas.

Servizos

Aloxamento: Si. Comer: Si.

Outros espazos naturais relacionados / próximos:

Monumento Natural “Souto da Retorta” LIC “Río Landro”

LIC “Monte Maior”

LIC “Estaca de Bares”

Mar de ardora

A illa Coelleira (O Vicedo), ao oeste, e a illa de Sarón (Xove), ao leste, son os límites insulares deste espazo que protexe ademais unha estreita franxa costeira entre a ría do Barqueiro e Xove. Zona acantilada prolongada en illotes onde só medra a vexetación das pendentes rochosas que contrasta en verde coa estilizada branca orla litoral. A masa granítica féndese en multitude de covas e grutas naturais de tan fermosa contemplación como difícil ou imposible acceso. Nas enseadas hai lugar para os coídos e praias solitarias, algunhas de ben gañada reputación estival como Arealonga (1,3 km) e Areagrande (0,8 km).

Unha visita a este espazo natural débese completar co encanto do Porto do Barqueiro e coa monumentalidade da vila de Viveiro

Sen dúbida, as raíñas deste territorio son as aves mariñas. Catro mil parellas de gaivotas patiamarela poboan os illotes e cantís, pero o reconto amplíase considerablemente a unha multitude de especies observables nos períodos migratorios.

View Larger Map

Souto da Retorta
Souto da Retorta

O Avó de Chavín poida que sexa a árbore máis alta de España e unha das de maior envergadura de Europa, pero sen dúbida é o eucalipto máis grande de Galicia. Na súa declaración oficial como Monumento Natural, xunto con outros 600 exemplares do Souto da Retorta tamén de grandes dimensións, calcúlanselle 61,78 metros de altura e 7,55 de perímetro. Outras medicións elévano por riba dos oitenta metros.

Os eucaliptos centenarios de Chavín foron plantados a partir de 1860 para drenar os terreos baixos como protección contra as enchentes. As ribeiras do río Landro forman parte da historia natural da comunidade, onde seguindo con datos oficiais preto da metade da súa superficie total está arborada.

O espazo limítase ademais por varias canles históricas como a da antiga fábrica da luz de Chavín. A rede fluvial do Landro conserva tamén á súa beira mostras de vexetación autóctona, por exemplo a área boscosa chamada Val do Naseiro, e lugares de interese como a fervenza do Pozo da Ferida (río Loureiro) cun desnivel de trinta metros de altura.

Situación – Na parroquia de Chavín, concello de Viveiro (Lugo).

Superficie – 3,19 ha.

Acceso – A seis quilómetros de Viveiro pola estrada cara a Mondoñedo (LU-540) e desvío a Chavín (LU-161).

Servizos – Aloxamento e comida nos arredores e en Viveiro.

Equipamentos –  Paneis informativos.

Outros espazos naturais relacionados / próximos:

LIC “Costa da Mariña Occidental” LIC “Río Landro”

LIC “Monte Maior”

LIC “ Serra do Xistral”

View Larger Map

Praias Cercanas a Viveiro
Praias Cercanas a Viveiro

A brancura da súa area contrasta co verde dos bosques e prados que se atopan ás súas costas. Apta para a práctica do windsurf, esta praia conta nas súas proximidades cun albergue xuvenil.

Magníficas vistas desde unha praia bordeada pola ría. A proximidade da localidade homónima de Covas e do paseo marítimo convértena nun lugar case urbano.

Un camiño duns 300m leva ata esta pequena cala de areas douradas, estendida ó pé dun acantilado. Relativamente frecuentada, a pesar da súa difícil accesibilidade.

View Larger Map