Verín – Turismo de Galicia

Guía para non perderse nos entroidos de interese turístico
Os preparativos tocaron ao seu fin e chega o momento xa de entregarse ao goce da festa máis irreverente do ano: o Entroido. Nalgunhas localidades os primeiros actos deron comezo xa en días pasados, pero será durante esta semana cando o ambiente festivo se estenda por toda Galicia seguindo o ronsel das celebracións principais. Nove son as citas que destacan no calendario galego por ser declaradas de interese turístico. A continuación contámosche os principais actos dos seus respectivos programas e os aspectos que fan que cada unha delas sexa un celebración especial.

Xinzo de Limia

O que presume de ser o entroido máis longo de Europa ten nesta ocasión un novo motivo de orgullo: a súa declaración como festa de interese turístico internacional. Atrás quedan xa xornadas como o Sábado do Petardazo, o Domingo Fareleiro, o  Colgamento do Meco e o Sábado e o Domingo Corredoiro, pero o mellor aínda está por chegar.

O personaxe: A Pantalla é o personaxe central do entroido de Xinzo. A súa orixe remóntase á época castrexa e simboliza a autoridade e a orde na festa. Poden chegar a xuntarse centenares e co son das campás, os cascabeis e as vexigas infladas que portan marcan o ritmo da celebración.

Unha xornada que non hai que perderse: Por segundo ano consecutivo, o espectacular desfile de Comparsas e Carrozas celebrarase o Domingo de  Piñata (1 de marzo). Será o colofón perfecto para a festa.

Verín

Dúas semanas cheas de días de festa é o que o entroido de Verín ofrece a todo aquel que queira achegarse ata esta localidade ourensá. E cada xornada ten o seu propio significado: Xoves de Compadres, Domingo Corredoiro, Xoves de  Comadres… ata a aparición do personaxe que protagoniza a celebración: o Cigarrón.

O personaxe: Conta a lenda que a orixe do Cigarrón é un cobrador de impostos, e por iso ata non fai moito era habitual que pedisen cartos ás persoas que se topaban ao seu paso, feito que mesmo orixinou unha copla moi popular. A súa máscara, coroada cunha mitra decorada a man, as zamarras ou látegos que portan e as chocas que levan á cintura son algúns dos elementos máis rechamantes da súa inconfundible vestimenta.

Unha xornada que non hai que perderse: As mulleres son as protagonistas dunha das veladas centrais do entroido de Verín, a do Xoves de Comadres, que este ano se celebra o día 20.

Laza

Considerado un dos máis antigos do mundo, o entroido de Laza mantén invariables os seus principais ritos e convida a sumarse de forma activa a todo aquel que queira coñecelo. Iso si, recomendan non gastar moito en disfraces nin en roupa porque alí agárdanche celebracións non aptas para aqueles que non gustan de mancharse, como a batalla campal con trapos sucios do luns de entroido.

O personaxe: O Peliqueiro é o rei do entroido de Laza. Cobre a súa cara cunha máscara coroada cunha mitra decorada con coloridos motivos e porta camisa branca, faixa vermella, chaquetilla, medias brancas e ligas, chocas e zamarra. O público non pode tocar nin manchar ao  Peliqueiro, pero si convertelo en obxecto das súas burlas e mofas.

Unha xornada que non hai que perderse: O Luns Borralleiro é unha das xornadas centrais da celebración en Laza. A animación matinal da Farrapada, os Maragatos e a Xitanada dos Burros terá continuación pola tarde coa Baixada da Morena (unha máscara con forma de cabeza de vaca), os burros, as formigas, os toxos e os cobelleiros.

Maceda

Ao abrigo da serra de San Mamede desenvolveuse un entroido cuxo personaxe central garda relación con outras celebracións próximas, pero que presenta tamén as súas propias particularidades. A festa esténdese durante estes días por todo o municipio grazas aos Felos que levan así ata a última aldea o seu espírito anárquico e rebelde.

O personaxe: O Felo gardan parentesco cos Peliqueiros e os Cigarróns e do mesmo xeito que eles é un personaxe que representa a autoridade na festa. Nacido na Serra de San Mamede (os animais da zona decoran as súas máscaras) durante o  entroido visita todas as aldeas da zona e co son das súas chocas escorrenta aos lobos.

Unha xornada que non hai que perderse: Antes de chegar ao centro de Maceda, os  Felos cumprirán coa tradición de percorrer as aldeas levando a festa a todos os recunchos do municipio. O sábado 22 comezarán esta viaxe acompañando na súa baixada á  Marela.

Vilariño de Conso

O entroido en Vilariño de Conso gózase cos cinco sentidos, debido a que mesmo o padal ten un peso importante na celebración. Aos seus orixinais personaxes súmase no programa de actividades unha proposta que fará a boca auga dos máis carnivoros.

O personaxe: O Boteiro é o personaxe estelar do entroido de Vilariño de Conso e encárgase tamén de dirixir ao Fulión, un grupo de persoas que enchen de animación e estrondo as rúas co son dos seus bombos, as súas  gadañas e os seus sachos.

Unha xornada que non hai que perderse: 31 anos leva xa celebrándose en Vilariño de Conso é a  Festa do Cabrito, aínda que este ano chega cunha importante novidade. Adiántase un día e coincidirá co sábado de entroido, día 22. Ese día, os asistentes, ademais de degustar o prato estrela, poderán contemplar o desfile de Fulións e a exhibición de bombos.

Viana do Bolo

Tamén en Viana do Bolo, o entroido e gastronomía van da man nesta época do ano. O seu entroido esténdese por todo o municipio e os veciños organízanse para levar a festa en forma de folión dun lugar a outro mantendo así viva esta celebración que se conta entre as máis antigas e auténticas de Galicia.

O personaxe: Boteiros e Folións son os grandes protagonistas do entroido de Viana do Bolo. Os primeiros abren o paso aos segundos e manteñen ao público baixo control dando grandes saltos coa axuda dunha vistosa vara chamada monca.

Unha xornada que non hai que perderse: O día 23 será o Domingo Gordo en Viana do Bolo e o programa fai xustiza a esa denominación. Trátase do día grande do seu programa porque, ademais do pregón e os desfiles de  folións, celebrarase a Festa da Androlla, que permitirá aos asistentes degustar este embutido tradicional.

Cobres (Vilaboa)

Aínda que habitualmente asóciase o entroido tradicional aos pobos do interior de Ourense, a parroquia de Cobres (en Vilaboa, Pontevedra) celebra unha festa de raíces seculares e posta en escena inconfundible. Os actos concéntranse en apenas catro xornadas, pero a participación dos veciños é total e, a diferenza da maioría das celebracións, en Cobres non hai máscaras tras as que ocultarse.

O personaxe: En Cobres o  entroido é unha celebración chea de música e galantería que ten como principais expoñentes ás Madamas e os Galáns. Estes personaxes portan coidadas vestimentas e interpretan danzas tradicionais.

Unha xornada que non hai que perderse: O Martes de  Entroido celébrase o día principal do entroido de Cobres coas danzas a cargo das Madamas e os Galáns e a celebración dunha serie de xogos populares entre os que destaca a Corrida do Galo.

Xenerais da Ulla

Algúns dos municipios da comarca natural que bañan as augas do río Ulla comparten unha singular tradición de entroido: os Xenerais da Ulla. Desde comezos de febreiro ata os primeiros días de marzo, estes personaxes percorren parroquias da Estrada, Boqueixón, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces protagonizando en cada parada un enfrontamento dialéctico (atranque) no que lembran en clave de sátira algúns acontecementos dos últimos doce meses.

O personaxe: os Xenerais, vestidos con uniformes de reminiscencias do século XIX, encabezan un nutrido exército do que tamén forman parte os Correos e os  Abandeirados, entre outros personaxes. A orixe desta tradición entronca cos enfrontamentos militares ocorridos na zona no século XIX e relacionados coa invasión francesa, as guerras carlistas e o levantamento de Solís (a Batalla de Cacheiras).

Unha xornada que non hai que perderse: Os  Xenerais visitarán Lestedo (Boqueixón) o 1 de marzo para sumarse á Festa dá Filloa, así que pode ser a mellor ocasión para gozar das súas irónicas coplas á vez que se degusta un das sobremesas máis tradicionais desta época do ano.

Manzaneda

A situación xeográfica de Manzaneda, en plena montaña, contribuíu á preservación dun entroido que se diferencia en moitos aspectos das celebracións dos municipios veciños, pero que comparte con eles o espírito de festa colectiva e irreverente.

O personaxe: A Mázcara, a diferenza doutros personaxes do entroido e a pesar do seu nome, non leva o rostro cuberto. Leva un pequeno caixón ao que se sobe para mostrar os seus dotes para o baile, acompaña ás comparsas (aquí chamadas  fulións) e participa nas foliadas (representacións satíricas).

Unha xornada que non hai que perderse: O  entroido de Manzaneda despídese ao grande o martes 25 co desfile das distintas “fuliadas” polas rúas da localidade e unha comida popular.

Ata aquí o resumo dunhas celebracións que teñen moito máis que ofrecer. Se queres coñecer todos os detalles de cada unha delas podes facelo aquí

Mananciais de Verín
Nunca faltan razóns para visitar Verín, unha das vilas máis entroideiras de Galicia. O viaxeiro pode pasear polo seu casco urbano para coñecer as pequenas prazas, o convento dos Mercedarios ou a vella casa dos Acevedo, facendo unha parada de cando en cando para tomar un viño da Denominación de Monterrei e unha tapa. Debe, por suposto, subir ata o espectacular Castelo de Monterrei, no veciño concello do mesmo nome pero moi próximo ao centro urbano, un auténtico palacio fantasticamente conservado que afunde as súas raíces no século XII. E pode tamén aproveitar iniciativas turísticas tan interesantes como a da ecovía ciclista do río Támega ou, por suposto, a proximidade da vila con Portugal e a fermosa vila de Chaves.

Mais, é obrigada para quen visita Verín coñecer a pegada do termalismo na localidade. E ningunha maneira é máis axeitada para facelo que paseando con calma polo parque que rodea o manancial de Cabreiroá.

A soa mención deste nome sitúa a case calquera: Cabreiroá é unha marca moi coñecida en toda España polas augas embotelladas, e o manancial do que xorden está a apenas uns minutos a pé do centro de Verín. A volta é ademais moi agradable, posto que a fonte sitúase no medio dun parque moi amplo, ocupado por grandes árbores de varias especies autóctonas. E agora, un pouco de historia.

O manancial de Cabreiroá fíxose coñecido fóra de Verín canda moitas outras fontes medicinais, no momento de esplendor do termalismo: o tramo final do século XIX. Naquela altura, viaxar para “tomar as augas” era unha actividade propia de xentes distinguidas, e moitas acudían a Verín para tratarse de males diversos. A confirmación para a popularidade de Cabreiroá chegaría no comezo do século XX, cando o doutor Santiago Ramón y Cajal analizou a auga e certificou o seu valor medicinal. Corría o ano 1906, o mesmo no que o médico foi galardoado co Premio Nobel.

O primeiro terzo do século XX foi de gran actividade. O edificio principal é daquela época: trátase dunha deliciosa construción con aires art decó, de planta octogonal, en cuxo centro se atopa a fonte principal, que brota debaixo dunha fermosa cápsula de vidro na que fai burbullas a auga antes de saír ao exterior. Este quiosco era o elemento central dun complexo no que tamén se erixiron un hotel balneario e unha factoría para embotellar as augas, aínda en uso. Coa Guerra Civil o balneario sufriu: foi transformado en hospital e en cuartel, e non recuperou a puxanza ata os anos sesenta. Na actualidade é a actividade de envasado de augas a que máis peso ten. Cabreiroá pasou xa do século de historia con moi boa saúde.

O mesmo se pode dicir do outro manancial famoso de Verín, o de Augas de Sousas. Situado apenas a quilómetro e medio ao sur, é un dos máis antigos de Galicia. Aínda hoxe se pode visitar o antigo quiosco que gorece a fonte, xusto fronte á fábrica de envasado doutra auga que leva o nome de Verín polo mundo adiante.