Valdeorras – Turismo de Galicia

Enciña da Lastra, orquídeas e bosques mediterráneos
O Parque Natural da Enciña da Lastra é unha anomalía dentro da vexetación á que nos ten habituados Galicia. Indícao o seu mesmo nome, que se refire á aciñeira, un tipo de árbore pouco común nestas latitudes e máis propio do clima mediterráneo. Porén, aquí, no estremo nordés da provincia de Ourense, abunda debido á particularidade dun clima máis cálido que a media e un terreo marcado pola rocha calcaria.

A Enciña da Lastra atópase no concello ourensán de Rubiá, pertencente á comarca de Valdeorras e fronteirizo co Bierzo leonés. Chegar é doado, pois o parque está atravesado pola estrada N-120, que une Ponferrada con Ourense. É probablemente o lugar máis seco de Galicia, unha comunidade moi coñecida precisamente polo contrario, pola abundancia de chuvias: aquí a precipitación media anual é de 594 mm e a temperatura media, de preto de 13 graos centígrados.

Estas condicións fan que na zona medren, ademais das aciñeiras, matogueiras máis propias do clima mediterráneo, tomiño e mesmo varias especies de orquídeas, que se mesturan cos máis comúns castiñeiros dando lugar a unha variedade vexetal sen comparación en Galicia. O feito de que o terreo sexa calcario dota á paisaxe de cores ocres moi distintivas, e atrae a aves de rapina (aguias reais, falcóns peregrinos e mesmo voitres)  e grandes colonias de morcegos que se ven atraidos polas covas (palas, segundo lles chaman na zona) e polos canóns fluviais que se forman arredor do Sil, o río que atravesa o parque; e tamén réptiles e anfibios difíciles de ver noutras partes de Galicia.

Cruzan o Parque Natural da Enciña da Lastra dez rutas de sendeirismo moi interesantes para coñecelo, e para visitar varias aldeas pintorescas que reteñen toda a beleza dos vellos tempos. Oulego, O Robledo, O Porto, Biobra, Pardollán… son pequenas localidades colgadas nas abas dos montes, á sombra de enormes formacións calcarias que se poden observar grazas a unha ampla rede de miradoiros. Os impoñentes penedos de Oulego, que desafían o ceo coas súas cristas aguzadas; e a pena Falcoeira, distinguible desde boa parte da bisbarra son probablemente as dúas elevacións máis coñecidas. En moitos dos camiños é posible observar, alá ao lonxe, dominando a paisaxe e gran parte do ano cuberta de neve, a cima de Pena Trevinca, punto máis elevado da Comunidade Autónoma.

É conveniente facer as rutas protexido do sol, se se camiña en verán, pois nas horas do mediodía o calor aperta; e provistos de auga para refrescarse. Tamén é moi recomendable facer pouco ruído, para poder observar algúns dos moitos animais que teñen nesta zona o seu único refuxio en Galicia. Para visitar as covas é necesario informarse con antelación e pedir permiso. A Pala da Zorra, con 600 metros de galerías e sete bocas de entrada; a Pala Pumbeira, con entrada en lancha desde o encoro de Penarrubia; e a Pala da Campá, de inconfundible eco, están entre as grutas máis populares da Enciña da Lastra.

O Santuario das Ermidas no Bolo
O pequeno concello ourensán do Bolo, na comarca de Valdeorras, contén en apenas 91 quilómetros cadrados dous monumentos de excepcional importancia e beleza. Un é o castelo, edificado no século XIII e reformado no XVI tras resultar moi danado nas Revoltas Irmandiñas, que domina a pequena vila de traza medieval na que se asenta aínda hoxe a Casa do Concello. A outra localización destacable do municipio é o Santuario da Nosa Señora das Ermidas, que sorprende tanto pola situación como pola súa magnificencia barroca.

De feito, é o contraste entre as escarpadas ladeiras que o rodean e a arquitectura sobria e á vez suntuosa o que máis destaca do conxunto. O santuario pertence á diocese de Astorga, e precisamente de terras do Bierzo provén a fundación orixinal. Segundo se conta, nunha cova da zona atopouse unha imaxe da Virxe, a mesma imaxe que, moito despois, se lle aparecería a un convalecente bispo astorgano para que recuperase milagrosamente a saúde. O bispo, Alonso Mejía de Tovar, sería quen encargase no século XVII a construción da igrexa.

O edificio principal é unha xoia do barroco galego. Consta dunha nave á que despois se lle engadiron dúas máis, de tamaño irregular. A igrexa semella estar apoiada na rocha da montaña. Desde un lateral do altar principal pódese subir ao transepto, para admirar máis de cerca a figura da Virxe das Ermidas.

A fachada é un prodixio barroco deseñado a principios do XVIII polo arquitecto Juan Martínez Pita, responsable na época da reforma de varias igrexas ourensás e que aquí logrou probablemente a súa obra máis sobranceira. Non faltan nela varios dos elementos que fan do barroco un estilo exuberante e á vez funcional: as columnas clásicas combinadas coas salomónicas, os xogos de volumes nas torres, a integración enxeñosa das esculturas no frontón e nos ocos que a propia construción vai deixando… Para quen coñeza a Catedral de Santiago, a fachada das Ermidas ben podería parecerlle un Obradoiro resumido. Preside esta entrada principal un escudo polícromo dos bispos de Astorga, promotores e administradores do templo.

Tamén ten o conxunto artístico un indubidable sabor portugués. Ao país veciño remite, por exemplo, o cruceiro situado no adro, ante a igrexa e o edificio que servía de residencia ao bispo. Fíxoo, de feito, un escultor luso, Manoel Miranda, tamén no XVIII. Igualmente se pode relacionar con outros situados en Portugal o excepcional Via Crucis que parte da igrexa e ascende pola vía principal da aldea. Entre as casas, aproveitando paredes e fontes, en recantos insospeitados aparecen as estacións da Paixón de Cristo, que se poden seguir camiñando monte arriba.

No medio deste Via Crucis atópase unha das fontes máis fermosas que se poden ver en Galicia, a da Dormiñona. Exemplo excepcional de arquitectura popular, o corpo principal mostra a imaxe dunha moza apoiada nunha garrafa, durmida sobre a man dereita. Coroan o conxunto un escudo mariano e a outra figura feminina máis.

O Santuario das Ermidas é o pano de fondo dunha das romarías máis populares da zona, que se leva a cabo durante a Semana Santa. Centos de fieis dos arredores achéganse ao Bolo para participar nela e gozar, de paso, dunha contorna privilexiada na que non falta unha praia fluvial para refrescarse se o calor da primavera abafa.

Ruta do Viño Valdeorras
Valdeorras é a comarca máis oriental da provincia de Ourense, lindando xa con León. A riqueza dos recursos naturais e a fertilidade das súas terras converteron a Valdeorras en espazo de acollida de numerosos pobos ao longo da historia. Existen abundantes restos da época megalítica no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, ademais de trazos rupestres e os petróglifos de Valdegodos, Petín e San Esteban da Rúa Vella. A chegada dos romanos cambiou substancialmente o val, xa que trasladaron os núcleos poboacionais a zonas chairas e construíron unha das vías máis importantes da Península Ibérica, a Vía “XVIII” ou “Vía Nova” (de posterior utilización como Camiño Real ou Camiño de Inverno no Camiño de Santiago).

Pontes como a do río Bibei, lápidas como a da Rúa Vella, os mosaicos da Cigarrosa e miliarios, forman parte do legado imperial de Roma; aínda que a súa obra máis singular é o túnel de Montefurado, escavado co obxectivo de desviar o curso do río para extraer o ouro que este arrastraba e que actualmente constitúe un lugar de gran atractivo turístico que se pode contemplar a uns cantos metros desde a N-120. Posteriormente, xa no século XVII eríxese o espectacular Santuario das Ermidas rodeado de antigos socalcos de viñedo, que se converteu no máis importante lugar de culto da zona na actualidade. A comarca está composta por nove municipios: A Rúa, O Barco, Rubiá, Petín, O Bolo, Carballeda, Larouco, Vilamartin e A Veiga. Case todos dispoñen de explotacións vitivinícolas que dotan ao territorio dunha singularidade única.

Esta D.O. particularízase porque hai centos de adegas tradicionais nas que a elaboración e o coidado do viño levábase a cabo nas entrañas da terra, en covas escavadas en barro -moitas destas antigas adegas consérvanse como tales-. A antigüidade datada dalgunhas covas chega a ser de varios séculos, conservándose actualmente moitas delas en perfecto estado. Singulares son as súas chemineas, coñecidas como refugallo -chaman poderosamente a atención, sobre todo desde fóra, xa que aparecen como un elemento curioso na paisaxe de Valdeorras-; serven para a ventilación e regulación da temperatura na adega. A calidade dos caldos de Valdeorras convértena en todo un referente no sector e espertan o interese nacional e internacional nunha rexión onde o viño convértese en expresión máxima da terra, abanderando a súa esencia nunha botella.

A zona de produción desta Denominación de Orixe ocupa parte da conca dos ríos Sil, Xares e Bibei. Presenta unha gran diversidade de chans para a superficie de viñedo inscrita que posúe, 1.300 hectáreas. A variedade preferente en brancas é a Godello, pero tamén se cultivan entre outras a Dona Branca que denominan Moza Fresca; en tintas as preferentes son a Mencía e a Merenzao ás que se permite acompañar do Sousón, Albarello, Garnacha Tintorera e Gran Negro. Da Godello obtéñense uns viños de intenso aroma froiteiro e florais, moi ben estruturados en boca. Da Mencía obtéñense tintos púrpuras, de elegantes aromas a froitos do monte e unha suave carnosidade.

Ruta do Viño Valdeorras

Ctra. N-120, Km 463

32340 Vilamartín de Valdeorras. Ourense

Tel: +34 988 300 295

Fax: +34 988 300 455

www.dovaldeorras.tv

consello@dovaldeorras.tv

Unha paixón, cinco tradicións
Rutas dos viños de Galicia

Mergúllate no mundo do viño e coñece Galicia a través dos seus aromas, cores e sabores. Aquí pódese gozar dunhas contornas únicas mentres se combina o pracer co coñecemento dunha tradición milenaria como esta, que ten en Galicia cinco denominacións de orixe: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras; cinco territorios que abren hoxe as súas portas para ofrecerche o mellor da terra. O sector enolóxico de Galicia é hoxe en día unha mestura de cultura, calidade, innovación e creatividade, que conta cun recoñecemento a nivel internacional. Conseguiu capitalizar o seu progreso a través dos Consellos Reguladores, estable- cendo unha continuidade dos procesos tradicionais que lle deron sona aos seus viños, agora mellorados pola combinación de prácticas respectuosas co medio e por unha crecente responsabilidade coa cultura da calidade. Nas nosas Rutas dos Viños de Galicia podemos facer un percorrido por algúns dos mellores viños do mundo.

Descobre como se fabrican os viños galegos da man dos mellores guías, os seus adegueiros. Un mundo de sempre que hoxe revela os seus segredos mellor gardados da man dos seus protagonistas.

Déixate seducir pola variedade e cromatismo das paisaxes; territorios con sabor, nos que a cultura do viño toma formas propias. Un mundo de vales e de montañas dominadas polos bancais; de sons monacais que nos transportan a un mundo medieval; de viñedos con sabor a mar e viñedos de fronteira; de viños criados nas entrañas da terra nai; pequenos viñedos en fermosas paisaxes sucadas por grandes ríos.