Turismo – Turismo de Galicia

Festas para despedir o mes de maio
O tránsito entre os meses de maio e xuño é sinónimo de celebración e diversión en varios municipios de Galicia e aínda que as consecuencias da pandemia da covid seguen presentes, nalgúns destes lugares non queren quedar sen uns festexos que pola súa singularidade, tradición e arraigamento foron declarados de interese turísticos. O enxeño á hora de buscar alternativas seguras son a premisa que guía as actividades propostas en municipios como Quiroga, Bande, Ribadavia e Allariz.

Mostra do Aceite

Quiroga

A elaboración de aceite no municipio lucense de Quiroga remóntase á época dos romanos e forma parte dun legado que se mantivo vivo a través dos séculos grazas a elementos patrimoniais como a almazara de Bendilló. Esa estrutura, recuperada hai case 30 anos, é un dos epicentros da festa que desde hai algo máis de dúas décadas promove o Concello e que este ano, tras o parón do 2020, regresa para goce de veciños e visitantes. Será o domingo, día 30, e para evitar aglomeracións, nesta ocasión quen queira contemplar a demostración de moenda tradicional de oliva poderán facelo a través dunha pantalla situada xunto á capela das Farrapas. Ademais, catro produtores locais exhibirán e comercializarán os seus artigos no recinto da  Mostra do Aceite, cuxo acceso será libre, aínda que dando prioridade ás persoas que realizasen unha reserva previa.

Máis información en https://concellodequiroga.com/es/

Feira do Viño do Ribeiro

Ribadavia

Con 58 edicións xa ás súas costas a Feira do Viño do Ribeiro presume de ser a celebración vinícola máis antiga de Galicia. Este ano por mor da pandemia os seus organizadores cambiaron lixeiramente as datas trasladando os actos desde comezos de maio ao último fin de mes e modificaron o programa para adaptalo ás restricións aínda vixentes pola covid, pero sen renunciar á súa esencia. Así, optarán por un formato mixto que combinará as actividades virtuais con propostas presenciais que se desenvolverán seguindo un estrito protocolo de seguridade e con aforo reducido. Preto dunha trintena de adegas confirmaron xa a súa participación nos actos que se desenvolverán entre o venres 28 e o domingo 30 de maio.

Máis información en https://feiravinoribeiro.com/novas/

Festa do Boi

Allariz

Nacida a comezos do século  XIV, a Festa do Boi é unha das celebracións máis emblemáticas de Allariz. Aínda que os seus organizadores decidiron pospoñer ao 2022 os actos centrais que terían que celebrarse, como é tradición, nos días previos a Corpus, si manterán algunhas propostas para que non se apague o espírito da festa e para que os veciños sigan gozando deste episodio da súa historia. O boi que dá nome á celebración non percorrerá este ano as rúas de Allariz, pero os veciños si poderán lucir os tradicionais panos conmemorativos deseñados e comercializados pola asociación cultural Xan de Arzúa, ademais de contemplar unha exposición de fotografías de edicións anteriores. Ademais, para encher o baleiro da procesión teatralizada dos gremios locais que debería celebrarse o domingo 30, os responsables de Xan de Arzúa animan aos veciños a lucir ese día os traxes dos seus respectivos gremios. Tamén haberá algunha actividade sorpresa para os máis pequenos.

Máis información en https://www.festadoboi.gal/

Festa do Peixe

Bande

Medio século cumpre este ano a Festa  do Peixe do municipio ourensán de Bande, así que os seus promotores non están dispostos a renunciar por completo á celebración. O ano pasado foron menos dun centenar as persoas que puideron degustar o prato estrela da xornada nos catro establecementos da localidade que puideron abrir as súas portas, e nesta ocasión a intención é ampliar a oferta gastronómica e condimentala con concursos deportivos e actividades para o público infantil. Ademais, desde o  Concello levan semanas recompilando fotografías das primeiras edicións para sorprender aos veciños cunha mirada ás orixes da celebración. Tamén animan a todos os veciños a decorar as súas xanelas, balcóns e comercios para que durante a fin de semana do 28 ao 30 de maio o ambiente festivo segue moi presente nas rúas de Bande.

Máis información en https://www.facebook.com/concellodebande

Outras dúas celebracións que deberían ter lugar durante esta última fin de semana do mes de maio son a Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces e a Festa da Troita de Ponte Caldelas, aínda que en ambos os casos os seus organizadores optaron por suspendelas por segundo ano consecutivo por mor da imposibilidade de manter uns formatos que atraían a centenares de persoas. Desde Ponte Caldelas xa anunciaron que haberá que esperar ao 2022 para volver gozar da celebración, pero en Vila de Cruces non descartan que a evolución positiva da pandemia permita retomar os actos este mesmo ano e xa estudan a posibilidade de reprogramalos para o mes de setembro.

Destinos nos que celebrar o Día Internacional dos Museos
Boa parte do legado histórico, patrimonial e etnográfico de Galicia concéntrase nos museos que se poden visitar ao longo e ancho desta terra. A oferta destas institucións  e a variedade de ámbitos aos que están dedicadas é inmensa e constitúe outro dos grandes atractivos culturais de Galicia. Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, que se conmemora cada 18 de maio, queremos convidate a que coñezas e goces das principais coleccións xestionadas pola Xunta de Galicia. Esperámosche!

Museo das Peregrinacións e de Santiago

Santiago de Compostela

Se buscas saber máis sobre o Camiño de Santiago e o papel que xogou na evolución da cidade de Compostela, non podes deixar de visitar este museo situado no corazón do seu casco vello, fronte á súa famosa catedral. Creado en 1951 por iniciativa de Manuel Chamoso Lamas, e tras varias décadas de inestabilidade e avatares diversos, o museo abriu as súas portas xa de forma permanente ao público en 1996 na sede da Casa Gótica, edificio que actualmente acolle as áreas técnicas, administrativas e a biblioteca. En novembro de 2015 inaugúrase a sede de Praterías, no edificio do antigo Banco de España, remodelado polo Consorcio de Santiago segundo o proxecto do arquitecto Manuel Gallego Jorreto. A exposición permanente do museo percorre as tres plantas do edificio de Praterías guiando aos seus visitantes a través de tres áreas temáticas: a peregrinación como fenómeno universal, a peregrinación xacobea e o Camiño de Santiago e o nacemento e a evolución da cidade de Santiago.

Museo Pedagóxico de Galicia ( MUPEGA)

Santiago de Compostela

Así era o ensino en Galicia no século XIX. Se o que buscas é facer unha viaxe no tempo e entender como evolucionou o ensino galego desde o século  XIX ata a EXB, non podes perder esta viaxe a través do Museo Pedagóxico de Galicia. Inaugurada en outubro de 2004, o obxectivo desta mostra situada na zona de San Lázaro é recuperar, protexer, mostrar e difundir o rico patrimonio educativo de Galicia. Para iso, conta por exemplo, con curiosos obxectos escolares, xoguetes ou a recreación dunha aula de época.

Centro Galego de Arte Contemporánea

Santiago de Compostela

Este museo conta cunha das principais exposicións de Compostela e cunha clara vocación de modernidade e internacionalidade desde os seus inicios, no ano 1995. O seu edificio, obra do prestixioso arquitecto portugués Álvaro Siza, é unha obra de arte en si mesmo que traza un harmonioso contraste co veciño convento de San Domingos de Bonaval, sede do Museo do Pobo Galego. No seu interior, ademais dun programa de exposicións temporais desenvólvense outras iniciativas como obradoiros impartidos por artistas, ciclos de conferencias, encontros con creadores e críticos, e incursións nos campos da música, as artes escénicas ou o cinema. Todas estas accións están enfocadas á exhibición, o gozo e o coñecemento das tendencias e correntes dentro da creación artística contemporánea. Caldo de cultivo de novas correntes creativas, os visitantes do CGAC atoparán un espazo de creatividade.

Museo de Belas Artes da Coruña

A Coruña

Tras varias localizacións provisionais, en 1995 inaugúrase o actual edificio do Museo de Belas Artes na cidade de Coruña. Obra tamén do arquitecto xa anteriormente mencionado, Manuel Gallego Jorreto, esta galería abarca unha ampla colección ordenada cronoloxicamente e estruturada en varias seccións: pintura, gravado, debuxo, artes decorativas, numismática, medallística e escultura. De visita obrigada para os amantes da arte, neste museo destacan obras de autores da talla de Juan de  Arellano,  Rubens, Urbano Lugrís, Luís Seoane, Joaquín Sorolla ou Francisco Leiro entre outros. Son tamén de grande relevancia tamén as coleccións de gravados de Goya ou a de Cerámica de Sargadelos.

Museo do Castro de Viladonga

Castro de Rei

Así era a vida nun castro durante a Idade de Ferro. Situado entre as dúas últimas murallas ao lado sueste do Castro de Viladonga, no municipio de Castro de Rei, este museo achéganos a un dos tesouros arqueolóxicos máis lendarios e de maior interese histórico de Galicia. Dividido en catro salas, o edificio está dedicado á interpretación e a explicación do xacemento. Ademais a exposición custodia os materiais descubertos nas sucesivas escavacións do castro, cuxa visita forma parte tamén da experiencia inigualable que supón achegarse ata este monumento lucense.

Conxunto Etnográfico do Cebreiro

O Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro)

Na aldea do Cebreiro, entrada a Galicia do Camiño Francés cara a Santiago de Compostela, o Conxunto Etnográfico do Cebreiro ofrece aos seus visitantes unha xanela ao ambiente tradicional da montaña lucense. As catro pallozas que o conforman, tres delas musealizadas, achegan ao público a estas características vivendas adaptadas ás duras condicións da montaña e á vida cotiá dos que fosen os seus habitantes, mediante a exposición de mobles e útiles relacionados cos traballos téxtiles, agrícolas ou gandeiros.

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Ourense

A sede deste museo, que alberga unha ampla selección de elementos histórico-arqueolóxicos, sitúase no antigo Palacio Episcopal, en pleno corazón do centro histórico de Ourense. Declarado como monumento histórico artístico no ano 1931, o edificio atópase actualmente en remodelación. É por iso que as coleccións foron trasladadas a dous puntos. Quen queira visitar esta colección, deberá dirixirse por unha banda ao edificio de Santa María de Europa, onde se almacenan a maioría das obras e doutra banda, á sala de Exposicións de San Francisco, onde atoparán unha selección das esculturas máis representativas do museo baixo o título “Escolma de Escultura”.

Museo Etnolóxico de Ribadavia

Ribadavia

Aínda que nun principio funcionou como sección etnográfica do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, hoxe en día conta cunha sede propia e de carácter independente. Está situado en pleno centro histórico de Ribadavia, nun palacete coñecido como Pazo de Baamonde ou Casa da Fundación. Os seus visitantes poderán coñecer diferentes aspectos relacionados co mundo téxtil e a vestimenta ou a música popular, entre outras cuestións ligadas á cultura rural da provincia de Ourense. Ademais, na actualidade acolle unha mostra temporal con obras da Colección Abrente que permite contemplar óleos, gravados, serigrafías e esculturas de recoñecidos artistas galegos.

Museo do Viño de Galicia

Ribadavia

Situado na casa reitoral de Santo André de Camporredondo, en plena comarca do Ribeiro, o Museo do Viño de Galicia sorprenderá pola súa beleza a todo aquel que decida visitar este conxunto monumental. A arquitectura deste edificio, antigamente priorado de San Martiño Pinario, responde ao labor histórico de elaborar, almacenar e distribuír viño cara á cidade de Compostela. Este museo dedica a súa exposición permanente á difusión do patrimonio cultural vitivinícola de Galicia a través de numerosos obxectos, ferramentas, instrumentos técnicos ou escritos. Os seus visitantes poderán achegarse a todo o proceso de elaboración do viño, desde as técnicas e sistemas de cultivo ata o proceso de obtención desta bebida.

Museo Massó

Bueu

Instalado nas naves industriais da antiga conserveira Massó Irmáns, en pleno centro do municipio pontevedrés de Bueu, o Museo  Massó embarca aos seus visitantes nunha aventura a través do océano e das grandes expedicións marítimas. Nas súas salas coñecerás máis sobre as actividades pesqueiras galegas e as factorías conserveiras e baleeiras. Nas súas exposicións este patrimonio marítimo e industrial conviven co espírito erudito do coleccionismo da época. Instrumentos de navegación, documentos e libros antigos, obxectos curiosos ou maquetas de barcos históricos serán algúns dos elementos que os seus visitantes poderán contemplar entre esta colección.

Museo do Mar de Galicia

Vigo

Emprazado na vella fábrica de conservas Alcabre-Muíño de Vento, en Vigo, o edificio que ocupa o Museo do Mar de Galicia foi ideado polo arquitecto italiano Aldo Rossi e finalizado polo galego César Portela, como mestura de vangarda e tradición. Este complexo museístico está formado por cinco naves rehabilitadas, un edificio de nova construción tamén comprendido por cinco naves e un peirao, onde se emprazan o acuario e o faro. O museo aproxima aos seus visitantes os segredos do sorprendente mundo mariño no que o nexo de unión de todas as súas salas serán a pesca e os recursos acuáticos.

Percorrido polos camiños de peregrinación a Compostela
Un cuarto de século cúmprese agora da aprobación dun documento crave para a recuperación, a posta en valor e a promoción das rutas de peregrinación a Compostela. O 10 de maio de 1996 era aprobada a Lei de Protección dos Camiños de Santiago, un texto de ámbito autonómico que, segundo explicaba no seu preámbulo, tiña entre os seus principais obxectivos dotar a Galicia dunha ferramenta integradora que superase as limitacións da lexislación dispersa previa e que abordarse tanto os aspectos culturais, monumentais e urbanísticos do Camiño, como a pluralidade de rutas existentes e a necesidade de manter a súa integridade.

Vinte e cinco anos despois, as distintas rutas de peregrinación afrontan o novo Ano Santo coa excepcionalidade da súa duración extra (o xubileu foi estendido tamén o ano 2022) e o reto engadido de sobrepoñerse ás consecuencias da covid e retomar á exitosa senda previa á pandemia. Para que ti tamén poidas comezar a planificar a túa participación neste acontecemento extraordinario convidámoste a descubrir os distintos percorridos do Camiño de Santiago recoñecidos de forma oficial pola Xunta de Galicia.

Camiño Francés

É a principal ruta de peregrinación a Santiago e os seus trazados esténdense por boa parte de Francia antes de converxer á súa entrada na Península Ibérica. O Camiño Francés é a máxima representación desas sentenzas xa universais que se refiren a este itinerario como a “rúa maior de Europa” ou que explican que “Europa se fixo peregrinando a Compostela” e foi o primeiro trazado en ser declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, posto que nel se centraba aquel recoñecemento logrado en 1993. Este Camiño que entra na Península por Somport e Roncesvalles para fusionarse nunha única ruta pouco antes de Puente La Reina segue sendo a día de hoxe o trazado elixido pola maioría dos peregrinos que se encamiñan a Santiago. No seu tramo final recibe tamén a aqueles que chegan tamén polo Camiño do Norte e o Camiño Primitivo. O municipio de Pedrafita do Cebreiro é a porta de entrada en Galicia desta ruta que atravesa localidades emblemáticas como Samos, Portomarín, Palas de Rei, Melide e Arzúa.

Camiño Primitivo

O seu propio nome remítenos ás orixes desta ruta e revélanos a súa antigüidade. O Camiño Primitivo segue en boa medida o itinerario polo que o rei Alfonso II, o  casto se dirixiu desde Oviedo ata Galicia para visitar o lugar onde na actualidade se alza a cidade de Santiago de Compostela tras recibir noticia por parte do bispo Teodomiro da aparición dos restos do Apóstolo. Aquela viaxe, realizado a comezos do século IX foi, por tanto, a primeira peregrinación á tumba de Santiago e a semente do fenómeno que se desenvolvería durante os séculos seguintes. Esta ruta entra en Galicia pola Fonsagrada e pasa polos municipios de Baleira, Castroverde, Lugo, Guntín, Friol e Palas de Rei antes de unirse co Camiño Francés en Melide.

Camiño do Norte

Do mesmo xeito que ocorre co Camiño Primitivo, o Camiño do Norte tende tamén lazos entre Oviedo e Santiago de Compostela e a súa popularidade remóntase, así mesmo, aos primeiros momentos do fenómeno xacobeo. Ademais, ambos foron recoñecidos como Patrimonio da Humanidade na ampliación que a Unesco realizou no ano 2015 do recoñecemento outorgado en 1993. Ribadeo, na Mariña Luguesa, e Trabada,  son os municipios polos que se adentran en Galicia as dúas variantes do Camiño do Norte antes de converxer en Mondoñedo e atravesar tamén outras localidades cheas de historia e arte como Vilalba e Sobrado. En Arzúa atópase co Camiño Francés e o Camiño Primitivo.

Camiño Inglés

Os peregrinos que chegaban en barco desde Inglaterra dan nome a esta ruta, aínda que realmente o itinerario acolleu ao longo dos séculos a xentes chegadas a Galicia desde outros moitos puntos de Europa por vía marítima. A Coruña e Ferrol, cidades cunha longa tradición portuaria, son a día de hoxe os puntos de partida oficiais dos dous trazados cos que arrinca o Camiño Inglés antes de fundirse nun só en Bruma (municipio de Mesía). Betanzos e Pontedeume, no trazado ferrolán, e Culleredo e Cambre, no coruñés, son algúns dos municipios que visitará o peregrino no seu camiñar cara a Santiago atravesando pontes e visitando igrexas de gran valor histórico e monumental.

Camiño de Inverno

O acceso natural desde a Meseta a Galicia serve tamén de porta de entrada dunha ruta  que no caso da peregrinación a Santiago foise perfilando como paso alternativo para evitar as neves dos puntos máis elevados do Camiño Francés. Ten a singularidade de ser a única ruta do Camiño que pasa polas catro provincias galegas e que permite mesmo contemplalas á vez, tal como ocorre desde o alto do Monte do Faro. Antes que os peregrinos, os romanos xa percorreron unhas terras onde a súa pegada segue presente. Rubiá é o primeiro municipio galego deste itinerario que tras atravesar as terras de Valdeorras se adentra na Ribeira Sacra, cruza a comarca do Deza (onde se une á Vía da Prata) e atravesa as terras do Ulla antes de chegar a Compostela.

Vía da Prata

A máis extensa das rutas de peregrinación dentro de Galicia entronca coa antiga calzada romana que unía as actuais cidades de Mérida e Astorga e debe o seu nome a un equívoco. Unha palabra árabe empregada para referirse ás vías empedradas e non o comercio deste metal precioso sería a orixe da denominación deste trazado cuxa pegada é especialmente visible en terras de Ourense. A Vía da Prata coas súas distintas variantes (Verín e Laza) atravesa case unha trintena de municipios desa provincia antes de entrar en terras da veciña Pontevedra, recoller aos peregrinos do Camiño Primitivo en Lalín e entrar na provincia da Coruña, preto xa da meta final. As terras do entroido  máxico, Allariz, Monterrei e a cidade de Ourense son algúns dos atractivos deste percorrido.

Camiño Portugués

O legado romano está moi presente tamén na principal ruta de peregrinación cara a Santiago procedente de terras portuguesas. A ponte internacional de Tui serve desde hai case un século e medio de entrada en Galicia aos peregrinos que antigamente debían empregar embarcacións para salvar as augas do río Miño. A considerada como cidade máis antiga desta comunidade dálles a benvida poñendo ao seu alcance unha rica historia e un inxente patrimonio e encamíñaos cara ao norte por outros municipios como O Porriño, Redondela (onde se incorporan os peregrinos da variante da Costa), Pontevedra e Caldas de Reis. Antes de chegar a Santiago tamén deberán atravesar Padrón, localidade crave no fenómeno xacobeo por ser o lugar de chegada da embarcación que trasladou os restos do Apóstolo desde Terra Santa.

Camiño Portugués da Costa

O porto da Guarda serve de entrada a esta ruta que, como o seu nome indica, segue a liña do litoral. O seu trazado achega aos peregrinos que o percorren ata monumentos centenarios e espectaculares paisaxes atravesando os municipios de Oia, Baiona e Nigrán antes de chegar á cidade de Vigo. A ría guía os pasos dos camiñantes cara ao leste para atoparse en Redondela coa ruta portuguesa que ascende case en liña recta desde Tui e proseguir así xuntos en dirección a Compostela.

Ruta do Mar de Arousa e o Río Ulla

As augas da ría de Arousa e o río Ulla viron chegar hai dous milenios a embarcación que trouxo a Galicia os restos do Apóstolo Santiago e na actualidade volven selar a súa relación co fenómeno xacobeo a través dunha ruta de peregrinación marítima e fluvial. Unha vintena de municipios forman parte dun percorrido que foi sinalizado desde as súas beiras con 17 cruceiros formando a único Vía Crucis marítimo do mundo. As corenta millas que separan a entrada da ría de Arousa de Padrón dan paso a continuación a outros 25 quilómetros a pé para quen opta por esta ruta no seu afán de peregrinar ata a tumba de Santiago.

Camiño de Fisterra e Muxía

A listaxe de rutas oficiais do Camiño complétase con outro percorrido singular. A diferenza dos anteriores, esta trazado non conclúe en Compostela, senón que parte precisamente da cidade do Apóstolo para permitir aos peregrinos visitar a Costa da Morte e coñecer dous lugares repletos tamén de simbolismo. Fisterra foi xa considerado en tempos dos romanos como a fin da terra e o seu Cabo foi por iso un destino de peregrinación anterior mesmo no tempo á propia Compostela. Muxía e o seu famoso santuario da Barca están intimamente ligados a Santiago debido a que segundo a lenda a Virxe aparecéuselle alí en vida do Apóstolo nunha embarcación de pedra para darlle ánimos cando este se atopaba evanxelizando a Península. Ames, Negreira, Mazaricos e Santa Comba son os municipios que os peregrinos percorren antes de chegar a Dumbría, onde deben decidir se se dirixen cara ao cabo fisterrán ou cara ao santuario muxián.

E se queres acceder a máis información pormenorizada de cada ruta, as súas etapas, atractivos e particularidades non dubides en visitar a web www.caminodesantiago.gal

Lembranzas doutros tempos na ponte e o mosteiro de San Clodio
“O mosteiro de San Clodio do Ribeiro, en Leiro (Ourense), é un dos monumentos máis representativos da arquitectura cisterciense en Galicia. De orixe beneditina, no século  XII cambia esta regra pola do Císter e a partir deste intre comeza o auxe e a importancia de San Clodio, converténdose no principal centro relixioso, intelectual e agrícola do Ribeiro. (…) Outro importante elemento ligado ao mosteiro de San Clodio é a ponte medieval que salva o río Avia. dando paso á calzada que unía o Mosteiro coa capital do Ribeiro: Ribadavia. Trátase dunha fermosa ponte de tres arcos que permanece íntegra desde o século XV e é un dos poucos exemplares que se conservan en España”. Así recollía o Boletín Oficial do Estado hai 40 anos a declaración a proposta da Real Academia de Belas Artes de San Fernando como monumento histórico-artístico de carácter nacional (confirmando unha declaración previa de 1931) destes dous espectaculares monumentos situados nas terras da comarca do Ribeiro.

Catro décadas despois dese recoñecemento, o mosteiro e a ponte seguen sendo dous dos principais reclamos e atractivos turísticos do municipio ourensán de Leiro, e constitúen un recordo en pedra de varios séculos de historia. As orixes do cenobio remóntanse ao primeiro milenio e ao desenvolvemento agrícola que por aquel entón xa experimentaba a zona. Resulta imposible precisar a data exacta da súa creación e aínda que o primeiro documento no que se fai referencia ao mosteiro data do ano 928, os expertos apuntan a que podería ter sido fundado tres ou catro séculos antes.

Os seus moradores xogaron un papel fundamental no desenvolvemento de industria  vitivinícola en todo o municipio, polo que o mosteiro está considerado como un dos berces do viño do Ribeiro. De feito, a Cruz de Caravaca que se pode ver na súa fachada foi obxecto de veneración por parte dos habitantes da zona durante séculos como símbolo de protección dos viñedos fronte ás inclemencias meteorolóxicas.

Os monxes de San Clodio chegaron a ostentar un gran poder, especialmente a partir da súa incorporación á orde do Císter. A desamortización de Mendizábal puxo fin a esa etapa no século XIX e algúns espazos do recinto pasaron a ser destinados a diversos usos civís, como dependencias do concello, unha escola, e mesmo, prisión municipal. Pero a paulatina deterioración foi facendo efecto no conxunto e chegou a poñer en perigo a súa integridade xa ben avanzado o século pasado. O seu recoñecemento como monumento nacional en 1981 foi o primeiro paso para unha recuperación que se comezou a xestar nos anos 90 e que tras un importante proxecto autonómico de restauración permitiu a súa reapertura hai xa dúas décadas como hotel balneario de catro estrelas.

Os seus dous claustros (dos séculos XVI e XVIII) serven hoxe en día de espazo para vodas, banquetes e outras celebracións, pero o recordo dos seus antigos moradores segue presente no lugar. O indubidable valor artístico do conxunto é especialmente visible na súa igrexa anexa, dedicada a Santa María e construída durante a primeira metade do século XIII. O templo conserva intacto o seu estilo orixinal con poucas modificacións, aínda que si destaca a torre do campanario engadida posteriormente e o cerramento parcial do enorme rosetón que preside a fachada. Tamén se substituíu, no século XVI, a cuberta de madeira orixinal por bóvedas estreladas. Tres belas ábsidas forman a cabeceira desta igrexa en cuxo interior se gardan algunhas das imaxes que en etapas anteriores se podían ver no mosteiro.

A un quilómetro do mosteiro e sobre as augas do río Avia álzase a ponte que comparte co cenobio a consideración de monumento nacional. Foi construída durante os últimos anos do século XV, sometida a unha importante reparación no primeiro terzo do XVIII e dispón dun cruceiro na súa parte central que, segundo algúns estudosos, foi engadido no século XIX. A súa estrutura de máis de 80 metros de lonxitude formada por tres grandes arcos (o central alcanza os 19 metros de luz) permitiu a monxes, veciños e viaxeiros cruzar dun lado a outro do río durante máis de medio milenio. E esa importante función propiciou tamén que no ano 1809, durante a Guerra da Independencia, se convertese en escenario de importantes enfrontamentos entre os bandos contendentes.

Na actualidade, afastados xa eses tempos convulsos, a ponte de San Clodio convídanos a pisar as súas pedras centenarias para gozar dunha bela panorámica do río coa que completar a visita ao seu monacal e ilustre veciño.

As pegadas de María Pita a través da cidade da Coruña
Durante a primavera de 1589, Sir Francis Drake recibía por parte da Raíña Isabel de Inglaterra a orde de destruír os restos da Armada Invencible que se refuxiaran nas costas do norte de España. Neste contexto e con máis de 150 barcos e 23.000 homes o 4 de maio daquel ano as tropas inglesas atacaron A Coruña. O que non sabía nese momento a mariña británica era que as xentes da cidade ían opoñer semellante resistencia. Non só homes, senón tamén mulleres e nenos colocáronse á fronte da batalla e plantaron cara aos corsarios de Francis  Drake. Entre este continxente defensivo destacou a figura dunha muller, o seu nome: Mayor Fernández de la Cámara y Pita, quen, tras un malentendido á morte da súa irmá, pasou á historia como María Pita.

Tras longos días de feroz loita pugnando polo dominio da vila a poboación refuxiouse tralos muros da Cidade Vella desde os que opuxo unha gran resistencia. O inimigo terminaría por derrubar estes muros, pero cando todo o mundo cría sucumbir, María Pita, cunha lanza, matou o alférez británico que pretendía liderar a vitoria e, segundo conta a lenda, arrebatándolle a bandeira que portaba e ao berro de “Quen teña honra que me siga!” azuou os ánimos dos coruñeses logrando que o inimigo emprendese a fuxida. María Pita convertíase así nunha protagonista indiscutible da historia da Coruña e como tal, hoxe ofrecémosche un percorrido a través da cidade centrado no papel desta heroína local.

Praza de María Pita

Comezamos a nosa visita na Praza de María Pita. O centro desta praza rectangular de 10.000 metros cadrados e proxectada a mediados do século XIX, acolle a escultura dedicada á nosa protagonista. Esta estatua de bronce de algo máis de 3 metros eríxese sobre un pedestal de pedra que supera os 5 metros, alcanzando así unha altura total superior aos 9 metros. A obra, do escultor Xosé Castiñeiras, representa a heroína coruñesa sostendo nunha man a lanza coa que matou o alférez inglés e coa outra, o corpo sen vida do seu marido falecido na batalla.

Pazo Municipal

Este edificio modernista construído entre os anos 1908 e 1912 ocupa a fronte norte da praza. Inaugurado polo Rei Alfonso  XIII no ano 1927 alberga as dependencias administrativas do Concello da Coruña. Consta de tres plantas e ático. A súa fachada de perpiaño galego con claro estilo renacentista francés mide 64 metros de longo está conformada por 43 xanelas e 15 arcos, que serven como amplos soportais. Talladas en pedra branca no frontal do edificio atopamos catro estatuas en representación das catro provincias galegas: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Na parte superior da fronte obsérvase o escudo da cidade e a inscrición “moi nobre e moi leal cidade da Coruña, cabeza, garda e chave, forza e antemural do Reino de Galicia”. Entrando no seu interior, a primeira planta ampara a zona nobre, composta de varios salóns, así como o Museo dos Reloxos e a Galería dos Alcaldes. Nesta planta destacan o despacho da Alcaldía, as salas de reunión dos concelleiros e a escalinata de honra que comunica a Alcaldía co Salón de Plenos. A segunda planta acolle oficinas e despachos. Por último no ático é onde antigamente estaba situada a vivenda do conserxe. Das tres torres, a máis alta alberga o reloxo e as campás.

Galerías

Baixo os pórticos do resto de edificios atoparemos diversos establecementos, entre os cales poderemos gozar dun bo café nas súas terrazas ou da gastronomía típica galega nos seus restaurantes, aproveitando o ambiente desta encantadora praza.

Cidade Vella

Deixando atrás a solemne Praza de María Pita atoparemos a Cidade Vella. Caracterizada polas súas construcións históricas e as súas rúas empedradas, paga a pena percorrer este conxunto de grande harmonía. Convivindo co bulicio da cidade ábrese unha porta á historia. A través dos seus edificios, ocupados agora por pequenos comercios, tascas e restaurantes, camiñamos por estas rúas que nos van transportar a través de diferentes etapas históricas desde a Idade Media ata o século XXI. O casco antigo da cidade conserva as residencias e casaríos nobres das familias aristocráticas que habitaron a cidade. Entre estas construcións distínguense edificios como o Pazo do Marqués de San Martín de Hombreiro; a vivenda familiar de Emilia Pardo Bazán, hoxe convertida en casa-museo e que comparte dependencias coa Real Academia Galega; a residencia da poetisa Rosalía de Castro e do seu marido, o escritor Manuel Murguía; o Pazo de Cornide ou a antiga mansión dos Condes de Montaos, hoxe sede do Goberno Militar.

Casa Museo María Pita

Sita no número 28 da rúa de Ferrerías, este museo lembra a vida da ilustre heroína, cuxa fazaña tivo lugar a escasos metros de alí. As instalacións divídense en catro salas que ofrecen un percorrido non só pola vida da nosa protagonista e o ataque dos ingleses senón tamén, pola cidade da Coruña da época. Ao longo do ano a planta baixa da vivenda acolle ademais exposicións de temática variada.

Legado relixioso

Continuando o noso paseo polas rúas do casco antigo atopamos numerosos edificios relixiosos entre os que destacan a Igrexa de Santiago, probablemente a máis antiga da Coruña; o Convento Igrexa de Santo Domingo, que aínda que inicialmente construíuse fóra da muralla, foi reconstruído dentro da Cidade Vella no século XVII; o Convento e a Praza de Santa Bárbara; a Colexiata de Santa María do Campo ou a Igrexa da Orde Terceira.

Xardín de San Carlos

De visita obrigada é tamén o Xardín de San Carlos, nun primeiro momento foi construído no século XIV como castelo defensivo fóra da muralla, quedando unido á cidade no século  XVI. Este Xardín alberga a tumba do xeneral inglés John Moore, falecido en 1809 defendendo a cidade do ataque dos franceses. Conta o parque cunha gran variedade de especies autóctonas e outras árbores exóticas entre os que destacan dous umeiros centenarios. Ademais desde o seu miradoiro ofrécenos unhas marabillosas vistas da cidade.

As fortalezas

Xa para rematar perdémonos entre recordos de batallas e tempos pasados visitando os vestixios da vella cidade amurallada que defendeu a nosa valerosa heroína. Os restos fortificados asoman hoxe a través do bastión de San Carlos: antigo baluarte que formou parte das defensas da cidade; e o Castelo de Santo Antón: construído no século XVI sobre unha pequena illa rochosa e baixo a orde do Rei Felipe II, adquiriu a súa configuración actual a finais do século XVIII. Serviu como prisión ata mediados do século XX e a partir do ano 1968 ata día de hoxe ocupa a sede do Museo Arqueolóxico e Histórico.

A maxia da fraga por Wenceslao Fernández Flórez
O nome de Wenceslao Fernández Flórez está intrinsecamente unido á maxia das fragas galegas desde que en 1943 escribise a súa emblemática obra El bosque animado. Nado en Coruña en 1985 e finado en Madrid no ano 1964, son moitos os que cren que Cecebre foi a parroquia natal do autor, pero a súa historia non se une á deste lugar ata 1913, ano no que se despraza alí xunto coa súa familia coa intención de pasar a tempada estival. Volvería todos os veráns da súa vida. Hoxe propoñémosche un percorrido por este recuncho do municipio de Cambre, a través do cal poderás afondar nese mundo fantástico no que o autor inspirou a súa obra.

Fundación Wenceslao Fernández Flórez

Hoxe en día, situada no edificio onde o autor pasou longas tempadas inmerso na creación das súas obras atópase a fundación homónima dedicada ó escritor. A casa, coñecida como “Villa Florentina” e sita no número 24 do lugar de Apeadero, pode visitarse da man da devandita fundación. Esta Casa-Museo acolle de maneira permanente unha exposición composta por obras, obxectos persoais, un fondo bibliográfico e utensilios de época pertencentes ó autor. Ademais, a entidade organiza alí numerosas actividades culturais relacionadas coa música, o teatro ou a literatura, así como itinerarios literarios que ofrecen a oportunidade de mergullarse na contorna da encantadora paisaxe que inspirou ó autor á hora de escribir a súa obra.

Fraga de Cecebre, a verdadeira fraga encantada

“La fraga es un tapiz de vida apretado contra las arrugas de la tierra; en sus cuevas se hunde, en sus cerros se eleva, en sus llanos de iguala. Es toda vida …” (Fragmento da obra El Bosque Animado – Wenceslao Ferández Flórez). Na parroquia cambresa de Cecebre, as pegadas de Fernández Flórez a través da fraga transpórtannos a esa localización soñada na que se desenvolvían as aventuras de Geraldo e a súa amada Hermelinda, Pilara e a súa ama  Juanita Arruallo, do bandido Fendetestas ou do furón Furacroios. Non fará falla moito para darse conta de que a Fraga de Cecebre non é unha simple fraga: as súas árbores, a fauna e a enorme biodiversidade que o conforman conteñen un mundo propio, cheo de maxia, entre a que resulta moi fácil deixarse levar. A pesar de que as súas dimensións son menores que cando Fernández Flórez escribiu a súa obra, a súa gran espesura, formada por salgueiros, castiñeiros, carballos, acivros e arbustos de verdor garantido, fan que só debamos introducirnos entre as súas árbores para poder percibir en toda a súa esencia aquela fraga de conto.

Ruta encoro de Cecebre

Esta ruta circular de 14 km rodea o encoro pasando polos municipios de Cambre, Abegondo e Carral, tamén existe a posibilidade de realizar o itinerario por pequenos tramos lineais. O encoro foi construído en 1975 para poder abastecer a cidade da Coruña e a súa área metropolitana coa auga dos ríos Mero e Barcés. Nas súas profundidades atópanse os restos do Pazo de Santa Ana do século XVII e os Pazos de Borreiros e de Folgoso, pertencentes ó século  XVIII, que se deixan ver nas épocas de seca cando o nivel da auga é menor. A súa gran diversidade autóctona confire a esta zona o distintivo de Reserva dá Biosfera dás Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo situándoa así mesmo dentro da Rede Natura 2000.

Observatorio de aves

Os amantes das aves tamén atoparán no encoro de Cecebre un punto de interese ornitolóxico, xa que ao longo do ano, máis de 45 especies diferentes aniñan nos seus arredores. Nesta contorna pódense avistar diferentes variedades de patos, garzas, limícolas e zampullines, ademais dalgunhas especies de gaivota e aves rapaces. Entre a fauna deste espazo natural tamén poderemos observar outros animais como londras ou varias especies de anfibios, algúns endémicos desta zona.

Muíño de Peirao

Seguindo o leito do río Mero atopamos tamén o Muíño de  Peirao. Aínda que se trata dunha vivenda privada, paga a pena visitar este edificio, de estilo modernista que alberga un antigo muíño de pedra. Componse dunha roda vertical exterior e de dúas rodas dentadas que serven para o movemento circular da moa. O de Peirao é o único muíño destas características que continúa en uso dentro da comarca. Nos seus arredores tamén atoparás espazos para merendar e unha zona apta para o baño, ideais para gozar dunha xornada de lecer nunha contorna natural.

A porta do Bispo Odoario e o inicio da protección da Muralla de Lugo
O dobre recoñecemento como Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco, tanto a título individual (no ano 2000) como na súa condición de monumento destacado dos Camiños de Santiago (no ano 2015), foi a gran confirmación da excepcionalidade e o enorme valor histórico e patrimonial da Muralla de Lugo. Considerada como a construción romana desta natureza mellor conservada da Península Ibérica, esta impresionante estrutura defensiva de máis de dous quilómetros de perímetro constitúe na actualidade un gran motivo de orgullo para os habitantes de Lugo e para os galegos en xeral, que viron como a pesar dos máis de 17 séculos pasados desde a súa construción logrou sobrevivir ata os nosos días.

Aínda que ese camiño non foi fácil, tal como demostran as modificacións que son visibles en varios puntos dos seus muros. De feito, a existencia mesma da muralla chegou a perigar en varios momentos da súa historia. A súa posible demolición para facilitar o crecemento da cidade, tal como ocorreu noutras localidades, foi obxecto durante o século XIX dun intenso debate felizmente resolvido en favor da conservación.

Permanecen visibles, iso si, as cicatrices da pugna entre quen non vían posible conciliar progreso e conservación do patrimonio e aqueles que defendían a importancia de respectar a historia e os monumentos. Entre estas cicatrices ocupa un lugar destacado a porta do Bispo Odoario. A súa apertura nos anos 20 do século pasado foi, precisamente, a que marcou o punto de inflexión para a protección da Muralla e a súa posterior posta en valor.

Ángel López Pérez, alcalde da cidade en catro períodos diferentes entre 1905 e 1931, executou o proxecto para abrir ese acceso co obxectivo de facilitar o tránsito cara ao novo hospital de Santa María. Seguía os pasos de iniciativas similares acometidas en décadas anteriores para dar tamén acceso a outras instalacións de nova creación: a estación de tren, pola Porta da Estación (aberta en 1875, pero reconstruída en 1921); o cárcere, a través da Porta do Campo Castelo ou do Bispo Izquierdo (aberta en 1887), e o seminario, pola Porta do Bispo Aguirre (1894).

A comezos de 1921, coincidindo coa colocación da primeira pedra do centro hospitalario de Santa María, que hoxe en día acolle parte das dependencias da Deputación Provincial de Lugo, Ángel López ordenou dinamitar a sección da muralla máis próxima para acometer a nova vía de paso. Pero a acción topouse co rexeitamento veciñal e cunha denuncia que acabou nos tribunais, debido a que non se seguiran o procedemento legal axeitado para poder actuar dese xeito sobre a Muralla. Aquel proceso xudicial non foi suficiente para reparar o dano e aínda que o proxecto se prolongou durante varios anos, finalmente, no ano 1928 foi inaugurado o último dos accesos abertos no milenario recinto: a Porta do Bispo Odoario.

Pero a oposición que espertou esa nova actuación e o balbordo suscitado apuraron os trámites para que o Goberno español aprobase a declaración da Muralla de Lugo como monumento nacional, un proceso que arrincara varios anos antes, pero que non avanzara ao ritmo desexado polos partidarios de protexer o monumento. O acordo oficial foi adoptado finalmente o 16 de abril de 1921. Desde entón, salvo algunha actuación puntual nas portas xa existentes, a estrutura da Muralla permaneceu intacta e mesmo se acometeron proxectos para eliminar parte das construcións que ao longo dos séculos habían ido crecendo ao redor dela. Na actualidade, a Muralla non só é un símbolo de Lugo, senón que se converteu en punto de encontro e lecer para os veciños que pasean sobre o seu adarve e para os turistas que acoden á cidade atraídos pola súa monumentalidade.

Museos na auga para embarcarse na historia de Galicia
O mar e Galicia van da man. Unha das singularidades desta terra é o seu relevo costeiro, polo que o mundo marítimo sempre estivo presente na vida de moitos veciños. Existen moitas embarcacións con historia que, ao longo dos tempos, conseguiron converterse en museos que se abriron ao público con fins culturais, históricos ou turísticos. A continuación, amosámosche unha serie de barcos museo que tes que visitar se che apetece coñecer unha importante parte da historia de Galicia.

Barco Museo Bonitero “Raíña do Carmen”

Uno dos barcos museo máis destacados en Galicia é o Raíña do Carmen, situado en Burela. A historia da súa reconversión en museo remóntase ao ano 2000, cando o concello tomou a decisión de comprar un antigo barco bonitero para convertelo nun espazo de interese turístico e de recuperación da cultura marítima. Este barco, que destaca polo seu casco de madeira, atópase no porto máis importante a nivel nacional en canto a comercialización de bonito.

Unha característica que atrae a moitos turistas é que está permitido visitar todos os seus compartimentos, tanto por fóra como por dentro: a ponte de mando, os camarotes, a cociña, a sala de máquinas, a adega… Ademais, os visitantes poderán coñecer de primeira man como é o funcionamento do barco e familiarizarse coas técnicas de pesca e a historia do municipio.

O prezo de entrada a este barco museo, recoñecido pola Unión Europea co outorgamento da Bandeira Azul, é de 5 euros para os adultos. Para os nenos e mozos de entre 8 e 18 anos a visita custa 3 euros, mentres que para os menores de 8 é gratuíta, do mesmo xeito que para os colexios concertados. No caso de grupos de máis de 20 adultos, o acceso sae por 4 euros. Cabe destacar que este barco-museo pode visitarse todos os meses do ano, aínda que o horario varía segundo a época:

De xuño a setembro

De martes a sábado: visitas ás 11:00, 12:00, 13:00, 17:00, 18:00 e 19:00 horas

De outubro a maio

De martes a venres: visitas ás 11:00, 12:00, 13:00, 17:00 e 18:00 horas

Sábados: 11:00, 12:00 e 13:00 horas

Para máis información, chama ao 982 586 000 ou envía un correo electrónico á seguinte dirección: turismo@burela.org.

Veleiro histórico Joaquín Vieta

O Joaquín  Vieta é un veleiro de cabotaxe de dous paus, construído entre os anos 1915 e 1916. Desde o momento da súa botadura, estivo ligado á ría de Muros e Noia pero percorrendo a costa galega durante moitos anos. No ano 2004, cando parecía que o seu destino era ser convertido en leña, púxose en marcha unha iniciativa popular para rescatalo. No 2010 púxoselle fin á súa rehabilitación e foi convertido nun museo flotante. A día de hoxe, está totalmente equipado para navegar con grupos.

Pese a que no proceso de restauración respectáronse os sistemas de construción tradicionais, a maior transformación con respecto ao deseño orixinal é a nova  camareta que, debido á súa amplitude, permite a realización de diversas actividades. Situado no Porto de Freixo, pertencente ao municipio de Outes, o Joaquín  Vieta propón excursións para que os visitantes poidan gozar dunha inesquecible travesía tanto a media xornada como a xornada completa.

O museo da propia historia do barco lévanos a coñecer ao veleiro máis antigo de Galicia e todas as súas peculiaridades. Se o visitas poderás coñecer de primeira man unha gran parte da historia mariñeira do século XX, xa que a súa tripulación é quen de transmitir a cultura do mar que eles mesmos protagonizaron. Ofrécense actividades didácticas para escolares e programas de cultura marítima, ademais de asociacións e congresos, sempre con orzamentos a medida que poderás consultar mediante o seu correo electrónico: info@joaquinvieta.com.

Buque museo Hidria Segundo

O  Hidria Segundo é o único barco de vapor que sobreviviu ata os nosos días en España. Foi construído entre os anos 1963 e 1966 en Vigo e na súa época foi utilizado pola empresa Alxibes de Vigo para fornecer auga de manancial a mercantes, transatlánticos e pesqueiros na ría de Vigo. Tras a quebra da compañía en 1994 e o posterior abandono do barco, o Hidria Segundo foi adquirido pola compañía Vapores do Atlántico do Grove. Así, foi totalmente restaurado ata converterse nun buque museo, ademais de servir como sala de congresos e barco de pasaxeiros.

Situado no porto do Grove, este barco destaca polo seu deseño e o seu funcionamento, ademais de por a súa historia repleta de altibaixos. Ao transformarse nun interesante museo marítimo, está aberto a visitas e atrae a moitos turistas que se achegan á zona. Ademais, alúgase de forma particular para realizar travesías polas rías de Galicia cos seus catro tripulantes, promovendo así o turismo náutico.

Museo da Carabela Pinta

Baiona é un municipio no que a historia se fai presente. O seu porto foi o primeiro de Europa en coñecer a noticia da chegada de Colón a América debido a que o 1 de marzo de 1493, a  carabela Pinta (unha das tres que integraban a expedición de Colón) atracou nas súas augas. Con motivo da conmemoración do quinto centenario daquela viaxe, construíuse unha réplica da embarcación para que os visitantes puidesen penetrarse nela.

En 1999 foi  reacondicionando o interior da nave, dotándoa dos elementos que caracterizaban á época de Colón. Deste xeito, os visitantes poden observar a  carabela da mesma forma na que, no seu momento, chegou a orixinal ao porto de Baiona. Tamén contén paneis e xogos para que o usuario interactúe coa contorna, ademais de contemplar as figuras da tripulación e dos indíxenas americanos.

Situada no pantalán do paseo Alfonso IX, esta réplica da carabela Pinta ofrece unha experiencia inigualable. O aforo da visita é de 12 persoas e o prezo da entrada son 2 euros. Para máis información e reserva de grupos, debes chamar ao 986 35 66 88 ou enviar un email ao seguinte correo electrónico: museo.navegacion@baiona.org.

Volanteiro O Piueiro

No verán de 2019, A Guarda foi testemuña do  XIV  Encontro de  Embarcacións  Tradicionais de Galicia, unha das manifestacións máis importantes da cultura marítima. Nese evento, a Asociación  Piueiro tiña o obxectivo de dar a coñecer unha das embarcacións máis representativas do municipio: O Volanteiro.

Os veciños entenderan a súa construción como un obxectivo común, polo que se creou un sistema de financiamiento en base ao apadriñamento das pezas que constitúen a embarcación. Todas as axudas recibidas foron indispensables, reflectindo así o compromiso común dun municipio que sempre apostou pola cultura. A xenerosidade de todos foi fundamental para conseguir o reto.

Poderás visitar O Volanteiro de forma totalmente gratuíta os martes e os xoves do 14 de xullo ao 27 de agosto, así que este verán é a ocasión perfecta para facelo. Estas visitas guiadas, que teñen unha duración dunha hora, realizaranse ás 20:00 horas tendo como punto de encontro as escaleiras do porto. Será necesario o uso de máscara e solicitar unha reserva previa na Oficina de Turismo da Guarda. Para máis información, chama ao 986 61 45 46 ou envía un correo electrónico a aguarda.oficina.turismo@gmail.com.

A ponte que non puido superar San Telmo
Pola súa silueta característica, coa súa estrutura metálica en forma de caixón, e pola importancia que desde a súa inauguración (a finais do século XIX) desempeñou como nexo de unión entre Galicia e Portugal, a Ponte Internacional de Tui é un dos elementos máis emblemáticos desa histórica vila. A súa fama viuse acrecentada ademais pola errónea atribución popular do seu deseño ao famoso enxeñeiro francés Eiffel ou a algún dos seus discípulos. Pero non é este o único viaduto de Tui que posúe a súa propia historia.

A uns poucos centenares de metros do leito do río Miño atópase o Ponche das Febres, un pequeno paso levantado para cruzar o río San Simón. Tamén coñecido como ponte de San Simón, a primeira denominación débese a un suceso acaecido nese lugar hai case 8 séculos.

Segundo conta unha laxa de pedra colocada nas súas inmediacións alí enfermou San Telmo en 1251 cando se dispoñía a peregrinar a Compostela para visitar a tumba do Apóstolo de Santiago. Tras ser trasladado de regreso a Tui, acabaría falecendo pouco despois. Os seus restos repousan na Catedral de Tui e na actualidade San Telmo é o patrón da localidade. “Camiñante, aquí enfermou de morte San Telmo en abril de 1251. Pídelle que fale con Deus a favor teu”, pódese ler no monólito. Aínda que segundo outra versión da historia, San Telmo xa estaba enfermo cando emprendeu a súa peregrinación a Compostela e ao chegar á ponte empeorou, polo que houbo de regresar a Tui.

A ponte, dun só arco de pedra, foi acondicionada cunha estrutura de madeira para facilitar o tránsito dos peregrinos do Camiño Portugués. Nas súas inmediacións hai ademais un pequeno caixón metálico no que os camiñantes poden deixar as súas peticións ao santo.

“Vía láctea, guía de peregrinos a Galicia”. Unha exposición celestial en Compostela
A relación da ruta xacobeo e as estrelas remóntase ás orixes mesmas do fenómeno da peregrinación cara a Santiago. De feito, segundo o relato tradicional, foi unha estrela a que permitiu a Teodomiro atopar os restos do Apóstolo Santiago. E mesmo unha das teorías que tratan de explicar a orixe da denominación Compostela atribúea á expresión latina campus stellae (campo de estrelas).

É, precisamente, esa estreita relación chea de simbolismos a que inspirou a exposición que durante boa parte deste mes de setembro se pode ver no pazo compostelán de Fonseca, a poucos metros dun lugar convertido xa en destino de peregrinación universal, a tumba do Apóstolo. A través de 40 espectaculares imaxes nocturnas presentadas en láminas de gran formato a exposición Vía Láctea, guía de peregrinos a Galicia, reivindica “a recuperación da observación da mancha branca como elemento integrador da peregrinación a Santiago”.

Os fotógrafos Daniel Llamas e Daniel Lois percorreron Galicia na procura dalgúns dos mellores lugares desde onde contemplar a nosa Galaxia e tras dar forma con elas ao libro Galicia, un lugar máxico para contemplar as estrelas presentan agora unha selección daquelas imaxes na mostra que ten como comisarios ao propio editor do volume impreso, Alfonso Freire, e á escritora e catedrática de Matemáticas, María Vitoria Veguín Casas. Esta última é a autora do libro A Vía Láctea. Camiño de deuses, almas e peregrinose dos textos que serven de fío condutor ás imaxes de Llamas e Lois. “Desde cando se vincula a Vía Láctea co Camiño de Santiago?” é algunha das preguntas que expón ao espectador María Vitoria Veguín. Pola súa banda, Alfonso Freire, sinala que a exposición é “unha oportunidade única” para analizar a importancia que “este patrimonio universal que é a Vía Láctea” tivo ao longo dos séculos para Galicia.

As fotografías da exposición constitúen, ademais, un elemento de reflexión sobre a necesidade de loitar contra a contaminación lumínica do Camiño e de recuperar o vello costume de alzar a mirada cara ao ceo e gozar da contemplación das estrelas tal como fixeron os primeiros peregrinos.

A exposición forma parte do programa O Teu Xacobeo e tras o seu paso por Santiago, onde permanecerá ata o día 26 de setembro, iniciará un percorrido itinerante por outros puntos de Galicia.