Sendeirismo – Turismo de Galicia

Rutas para descubrir os mellores muíños de auga de Galicia
Con tanto río en Galicia, hai moitísimos muíños de auga. Dalgúns só fican unhas cantas pedras, mais outros consérvanse en bo estado, e algúns mesmo son restaurados.

Parece que foron os mosteiros os que trouxeron tanto muíño. A construción tiña os seus mecanismos un tanto complicados, así que non todo o mundo tiña muíño, máis aló dos frades e a xente de cartos. Xeralmente usábanse os “muiños de herdeiros”, que eran compartidos por varias familias ao longo de xeracións. Estes son pequenos e atópanse á beira dos ríos pequenos. Tamén estaban as maquías, nas que o dono traballaba a cambio dunha parte da moenda, que é o que se chama “maquía”. Deixando a un lado o seu valor etnográfico, a localización destas construcións danos un motivo perfecto para coñecer a nosa natureza.

Hai moitos sendeiros e rutas que nos levan aos muíños da beira dos ríos. Por exemplo, se empezamos polas Rías Baixas, temos varias paradas obrigadas, como os Muíños do Picón e Folón. Nesta pequena ruta circular, no concello do Rosal, entre Martín e Fornelos, temos que subir por unha aba do monte Campo do Couto, onde están os muíños do río Picón, e baixar por outra aba, onde están os do Folón. Os muíños, escalonados no monte dun xeito particular, son dos séculos XVII e XVIII, e están restaurados. O valor engadido da excursión son as vistas desde arriba da desembocadura do Miño, o Val do Rosal, o monte de Santa Trega e Portugal.

Se avanzamos cara ao norte, chegando á comarca do Salnés, temos outra parada na Ruta da Pedra e da Auga, que vai pola beira do Armenteira, nos concellos de Meis e de Ribadumia. Comeza no mosteiro de Armenteira e sigue o camiño do río, cheo de muíños máis ou menos restaurados, con moitos saltos de auga. No grupo de muíños de Serén destaca a recreación dunha aldea labrega; despois, chegamos aos muíños de Barrantes. A ruta é lineal e mide 6,5 km.

Xa que andamos polo norte da provincia de Pontevedra, subimos un anaco e xa estamos na Coruña, onde tamén hai muíños, claro. Un bo destino, por exemplo, é a Ruta da auga de Zas, na parroquia da Gándara, en Zas. Ademais de ser coñecida polas fervenzas, ten até 17 muíños que aproveitaban a forza do río. O camiño lévanos por sendeiros de ribeira, entre carballos, ameneiros, hórreos, mesmo hai alvarizas, un batán, un castro… O percorrido, circular, comeza e remata na Ponte do Sisto.

Cara ao noroeste, no concello de Vimianzo, agárdannos os Batáns e muíños do Mosquetín. Os batáns usábanse para tratar os tecidos, sobre todo de lá, e para iso tamén aproveitaban a forza da auga. Hoxe o conxunto etnográfico, que conta con sete muíños, pódese visitar, e mesmo podemos observar o seu  funcionamento.

Se saltamos á provincia de Lugo, temos que parar na Ruta da Auga de Guitiriz, que enlaza o Camiño Norte de Santiago coas tres fontes mediciñais do concello: a de Valdovín, a de San Xoán e a de Santo Domingo. Ademais de ter estas boas augas, ponte romana, cruceiro… hai moitos muíños, nun percorrido de case 20 km.

Máis ao sur, na Ribeira Sacra, tamén se sabe aproveitar a pendente que leva a auga. Á beira do Regato Xábrega, en Sober, os Muíños dos Chancís suman 28, algúns deles recuperados. A ruta é curta pero ten moita varanda e miradoiro para gozar da paisaxe.

Na provincia de Ourense, terra de termas, tamén hai moito muíño de auga. Un exemplo de ruta curta máis con moito encanto é a dos Muíños de Castro Caldelas. Non chega aos 5 km ida e volta. No muíño de Labeco, que está restaurado e se pode visitar, comeza a senda fluvial do río Edo. É unha zona chea de árbores autóctonas e rochas graníticas. Tamén están aquí os muíños da Costa do Vao. A ruta remata na área recreativa da Ponte das Táboas.

Para rematar, na comarca do Ribeiro agárdanos a Ruta dos muíños de Carballeda de Avia. É unha ruta circular de sendeiros conectados que pasa pola Veronza e As Fermosas, o punto máis alto.

Os 7 Parques Naturais de Galicia
Galicia conta con seis Parques Naturais e un Nacional. Estas zonas protexidas, ademais de ser vitais para o medio ambiente, son os mellores destinos para desconectar da vida urbana e gozar da nosa natureza. Vexamos que nos ofrecen.

As Fragas do Eume exténdense en 9.125 ha na comarca do Eume, polos concellos de Cabanas, A Capela, As Pontes de García Rodríguez, Monfero e Pontedeume.

Aquí, o Eume discorre no seu tramo final, ao longo dun canón rodeado de bosque. Este é o bosque atlántico costeiro mellor conservado de Europa, no que predominan os carballos, castiñeiros, salgueiros, érbedos, umieiros e bidueiros. Entre a flora miúda, moito musgo e felgo, do que persisten até 28 especies que se remontan á época dos dinosaurios. Destes non quedan, mais podemos ver xabaríns, martas, teixos, bufos…

Entre as fragas atopamos o mosteiro de Caaveiro, o de Monfero e a ponte medieval de Santa Cristina. O Parque ten oito rutas de sendeirismo, centros de interpretación, museo etnográfico, embarcacións, miradoiros, pontes colgantes, áreas recreativas e, por se nos faltan os folgos, servizo de autobuses.

Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixián localízase entre as rías de Arousa, Muros e Noia, no concello de Ribeira. Abrangue 996 ha.

Nel atopamos a duna móvil máis grande do noroeste peninsular. Non se pode pisar a area, por mor da conservación, mais sí andar polos camiños feitos polo parque adiante. As areas que podemos pisar son as das praias de Ladeira e a de Vilar, que van seguidas, cabo da duna.

No parque tamén están a lagoa de Vixián, de auga doce, e a de Carregal, de auga salgada. Nos humedais habitan máis de 250 especies vexetais e gran variedade de fauna, sobre todo aves acuáticas, que teñen observatorio propio. Ademais hai dous miradoiros: o da Pedra da Rá e o do Castro da Cidá. Na zona hai restos de castros, muíños e fornos de tella do século XIX.

E non esquezamos que aquí se sitúa a lendaria cidade de Valverde, afondida baixo a area e o mar, e motivo de historias fantásticas de reis, princesas, mouros… e até do Apóstolo.

O Invernadeiro está no concello de Vilariño de Conso, na provincia de Ourense. Exténdese pola zona montañosa ao sur do Macizo Central, sulcada polos ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, ocupando 5.722 ha.

A paisaxe é rica en bosques de carballos, acivros, ameneiros, freixos…, bosques de ribeira nos vales e vexetación baixa, como matogueira ou fieitos. Especies que fan que as estacións pinten todo de cores distintas. Moitos animais teñen aquí o seu fogar: corzos, cervos, aguias reais, bufos reais, troitas…

O parque ten Aula da Natureza, Centro ictioxénico eseis rutas de sendeirismo. Entre o patrimonio humano do pasado: muíños, barrios de carboeiros, restos da Papeleira Española…

Baixa Limia-Serra do Xurés é o Parque Natural máis grande, con 29.345 ha. Xunto co Parque Nacional Peneda-Gerês, conforma o núcleo da reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés. Exténdese na “raia seca” con Portugal, nos concellos de Bande, A Vila, Muíños, Lobios e Calvos de Randín.

Ao ser tan grande, hai un pouco de todo: moita montaña, ríos, encoros, augas termais, uceiras, turbeiras, rochedos e bosques. O clima da zona, entre oceánico e mediterráneo, propicia unha estraña variedade de especies vexetais, como o azareiro. Avanzada a primavera florece o lirio do Xurés, en perigo de extinción.

Hai numerosos monumentos megalíticos, castros, e vestixios romanos, como os miliarios da Vía Nova ou o Campamento Aquis Querquennis, en Bande.

Característicos da zona son os bolouros graníticos, de orixe glaciar, tamén presentes no medio das aldeas, como en Salgueiro, a primeira aldea medioambiental de Galicia.

Para aproveitar mellor a visita dispoñemos de once miradoiros e once rutas sinalizadas.

A Serra da Enciña de Lastra está na comarca de Valdeorras, e ocupa 3.152 ha. O nome fai referencia á unha gran árbore que servía de guía aos viaxeiros. Aquí están os picos máis altos de Galicia, como Pena Trevinca ou Cabeza Grande de Manzaneda.

Con tanta montaña resulta ideal para a espeleoloxía, o alpinismo e o esquí. Hai máis de cen covas, aquí chamadas “palas”, como a da Zorra, a máis grande, ou a da Campá, famosa polo seu eco. E moitísimos morcegos nelas. Outra curiosidade da zona é a presenza de rochas calcáreas.

Abeira a maior comunidade de nidificantes de Galicia. En canto á flora: salgueiros nas ribeiras do Sil, soutos de castiñeiros na contorna das aldeas, e matogueiras de montaña, con especies mediterráneas como ourego ou tomiño.

Ten nove miradoiros e dez sendas acondicionadas e sinalizadas.

Monte Aloia, que hai quen dí que se trata do mesmo Monte Medulio, foi o primeiro en recibir o título de Parque Natural de Galicia, en 1978. É o cumio máis ao sur da Serra do Galiñeiro, e pertence ao concello de Tui. Conta con 746 ha.

Ademais de moito arbusto, carballeiras, sobreiras… en 1910 houbo unha reforestación con distintas especies exóticas. E ollo, que podemos atoparnos con cabalos bravos. Entre o patrimonio arqueolóxico destacan a muralla ciclópea, o castro do Alto dos Cubos, varias mámoas e petróglifos.

Conta cun Centro de Interpretación e cinco miradoiros sobre o val do Miño e a Ría de Vigo.

As Illas Atlánticas son Parque Nacional marítimo-terrestre desde 2002. Son os catro arquipélagos das Rías Baixas: Cortegada e Sálvora na Ría de Arousa, Ons fronte á de Pontevedra e as Cíes, pechando a Ría de Vigo. Entre todos abranguen 8.480 ha, 1.200 terrestres e o resto mariñas.

Na parte orientada cara ás rías, presentan a cara máis doce, con praias paradisíacas e, na parte que mira ao Atlántico puro e duro, o lado máis granítico.

Todas estas illas son zonas de reserva para a cría das aves mariñas. As máis abundantes son a gaivota patiamarela e o corvo mariño cristado. A illa de Sálvora, rica en lendas, é reserva total; a de Cortegada é famosa polo seu bosque de enormes loureiros; a de Ons, a única habitada, ten moitas furnas e moito polbo; e nas Cíes, as máis visitadas, está “a praia máis bonita do mundo”, segundo The Guardian.

Recursos para camiñantes en Galicia
Gústache o sendeirismo? Daquela, Galicia é o teu sitio. Rutas enormes e duras ou paseos refrescantes, xunto ao río, fronte ao mar, en plena montaña… Recomendámosche algúns recursos para que planifiques as túas excursións.

Portal de Turismo de Galicia

É o portal de referencia para calquera persoa que queira botarse ao monte en Galicia. O portal de Turismo de Galicia conta cun gran buscador no que están incluídas as principais rutas da comunidade. Están presentes desde os sendeiros máis longos e complicados, coma os Camiños de Santiago, aos doados xunto ao mar ou alternativas para coñecer as cidades andando polas periferias rurais. O buscador é especialmente útil dado que ofrece información xeográfica de cada recurso e, ademais, dá ideas sobre onde comer ou durmir e da contorna de cada ruta, e sobre que monumentos e lugares próximos visitar. A través do portal de Galicia poderás descargar no teu móbil a aplicación Sendegal na que atoparás todos os sendeiros homologados da Comunidade autónoma.

Webs comarcais ou de mancomunidades

As entidades supralocais fixeron un gran esforzo nos últimos tempos para poñer en valor o seu patrimonio natural e, dentro destes programas, o sendeirismo sempre foi a estrela. Á par que se acondicionaron camiños e servizos desenvolvéronse webs para que os que están interesados nas camiñadas poidan planificar as excursións coa maior comodidade. Unha destas páxinas é, por exemplo, a de Área Santiago, que reúne as rutas de sendeirismo de case vinte municipios da contorna de Santiago de Compostela, a cabalo entre as provincias da Coruña e de Pontevedra e entre os leitos dos ríos Ulla e Tambre. Outro moi bo exemplo é o da Mancomunidade de municipios do Salnés. Vinte rutas, desde grandes percorridos a pequenos paseos, lístanse neste repositorio, con puntos de interese en municipios da ría de Arousa e a de Pontevedra.

Webs municipais

Case todos os concellos galegos inclúen nas súas webs institucionais un apartado dedicado ao turismo e, dentro del, é raro que non haxa un sitio para dúas ou tres rutas para facer a pe. Nalgúns casos pódense descargar tracks para seguir cun aparello de GPS, e tamén é habitual que se poidan baixar folletos e mapas en PDF. Son, en todo caso, unha boa porta de entrada para os atractivos locais.

Wikiloc

O máis popular dos buscadores de rutas de sendeirismo ten literalmente centos de alternativas para pasear por Galicia, seguindo os pasos doutros camiñantes que previamente gravaran traxectos nos seus aparellos de GPS. Iso si, hai que ter en conta que estas rutas as soben directamente os usuarios, e non están necesariamente comprobadas ou testadas por sendeiristas expertos. É dicir, que se o camiñante orixinal sobe á plataforma unha ruta na que se perdeu e non o advirte… quen a siga perderase tamén. Convén tomar sempre rutas feitas xa por varias persoas e, sobre todo, baixar as versións máis modernas.

A Ruta da pedra e da auga
Ribadumia é un concello da comarca do Salnés, na ría de Arousa, aínda que, curiosamente, o seu territorio non linda practicamente en ningún momento co mar. A proximidade do océano séntese, con todo: ocupando unha ampla veiga plana e fértil, o municipio está pegado aos turísticos Cambados e Vilanova de Arousa. Propoñémosvos unha ruta ao son dun dos ríos que atravesan este territorio para coñecer toda a súa riqueza natural e patrimonial.

O termo municipal de Ribadumia é ademais un dos grandes produtores de uva para o viño da Denominación de Orixe Rías Baixas. Na linguaxe popular hai mesmo un nome propio para o tinto do Salnés que remite a unha das parroquias do concello, Barrantes. O municipio asómase á beira sur do río Umia, que lle dá nome. A Ruta da Pedra e da Auga discorre xunto a un dos subsidiarios do Umia, o río Armenteira, comezando en Barrantes e rematando, xa no veciño concello de Meis, xunto ao mosteiro que bautiza á pequena corrente de auga.

O río acompañaranos durante todo o traxecto. Resulta impresionante comprobar o uso intensivo que se lle daba a este tipo de correntes non hai tantos anos: ao longo da ruta iremos vendo multitude de muíños, saltos e canalizacións destinadas a dirixir toda a forza da auga cara ás pas que movían as pedras de moer, testemuña da puxanza da industria fariñeira na época. Moitas destas construcións foron restauradas recentemente, o mesmo que as pontellas e pasos sobre o río e, sobre todo, o piso, o que fai a ruta doada de andar, aínda que longa. O traxecto entre Barrantes e A Armenteira é duns oito quilómetros, e a ruta, enormemente popular, é lineal. Por isto, hai que contar co percorrido de volta ladeira abaixo ou prever a posibilidade de baixar en coche particular, taxi ou outra forma de transporte.

Na parte inicial do percorrido atópase unha curiosidade na que paga a pena deterse. Trátase da chamada “Aldea labrega”, unha aira ben cuberta por árbores autóctonas na que se colocaron estatuas en pedra que representan multitude de oficios tradicionais galegos, así como de elementos arquitectónicos coma hórreos, fontes, cruceiros e mesmo unha capela, todos realizados a escala. Resulta un lugar ideal para facer unha parada, refrescarse e tomar impulso para o último tramo do traxecto, algo máis empinado, que leva ata o Mosteiro da Armenteira.

O cenobio que marca o final da Ruta da Pedra e da Auga é espectacular. Fundado no século XII, conserva unha fermosa portada románica, sobria e severa, con ventás estreitas e unha sinxeleza que transporta ao máis fondo da Idade Media. Arredor del atópanse varias fontes e tamén locais de hostalería nos que repoñer forzas antes de tomar o camiño de volta. Moi cerca do mosteiro pódese atopar tamén un centro dedicado a promover a práctica da bicicleta de montaña, con rutas para ciclistas de todos os niveis percorrendo camiños da zona.

O Fuciño do Porco, camiñando sobre cantís
A característica forma da costa galega, abrupta, cortada e chea de entrantes tallados polo mar durante milenios, permite a existencia de lugares máxicos coma o Fuciño do Porco. Este enclave de curioso nome sitúase no Concello do Vicedo, o máis occidental na costa da provincia de Lugo, e converteuse nos últimos tempos, e con razón, nun dos lugares máis visitados polos amantes das camiñadas.

A razón principal é a beleza da paisaxe que atesoura a ruta, perfectamente sinalizada. O tramo final discorre practicamente colgado sobre o mar, grazas a unhas pasarelas que fan do Fuciño do Porco (tamén coñecida como Punta Socastro) unha pequena Muralla Chinesa sobre o Cantábrico. Axuda tamén que o percorrido sexa para case todos os públicos, aínda que hai que ter en conta algunhas cousas antes de lanzarse á aventura: para chegar ao final hai polo menos un par de costas bastante empinadas, superables por calquera minimamente adestrado no andar; hai que estar sempre pendente de onde se pisa, sobre todo nas pasarelas e, máis que nada, se a ruta se fai con nenos; e, finalmente, que con frecuencia o vento sopra con forza.

A ruta comeza na parroquia de San Román, ben coñecida polas súas amplas praias de areas finas. Para chegar ao Fuciño do Porco hai que estar atentos ao cruce indicado desde a estrada da costa, a LU-862, que leva a un pequeno aparcamento no que se debe deixar o coche. A primeira parte do percorrido transcorre por unha pista forestal de fácil tránsito. Á dereita, entre as árbores, vanse debuxando as siluetas da ría de Viveiro, coa fermosa praia de Area e a punta do Faro en primeiro termo. No interior da baía queda a pequena cidade viveirense, mentres que a capitalidade municipal do Vicedo se sitúa varios quilómetros ao oeste de San Román.

Ao chegar a un alto comeza o descenso cara a Punta Socastro e, con el, as pasarelas. Foron construídas hai pouco para chegar con máis facilidade á baliza marítima situada no extremo norte. Poucas persoas se achegaban ata agora ao Fuciño do Porco (chamado así polo seu aspecto achatado sobre o mapa), e boa parte do que se ve arredor é moi pouco frecuentado mesmo polos veciños da zona. A pequena praia da Pereira, que loce cara ao oeste as súas areas grises, está case sempre baleira e é de difícil acceso, por exemplo. As pasarelas atravesan o escarpado istmo que une a costa coa punta do cabo, ao que se chega a través dunha pronunciada rampla cara abaixo.

A vista desde a baliza é abraiante. O Cantábrico ábrese cara ao norte batendo con forza nas rochas da Punta Socastro. Ao oeste contémplanse as brutais moles de granito da illa Coelleira e a punta Cameiro, en primeiro plano, e a Estaca de Bares por detrás. Cara ao leste, a recortada costa do Concello de Xove, coa punta Roncadoira destacándose. E, se se mira para a terra, poderase ver o camiño percorrido e as pasarelas do Fuciño do Porco retorcéndose sobre si mesmas para salvar o desnivel dun lugar felizmente redescuberto na costa norte de Lugo.

Oia e a Ruta Máxica
Unha simple ollada ao mapa de Galicia mostra que a súa costa é polo común abrupta, caracterizada por ese regalo da natureza que son as rías. Pero hai unha parte do litoral galego que perde esa característica para mostrarse practicamente rectilíneo, frontal e aberto ao mar. É a costa ao sur de Baiona, entre o Cabo Silleiro e a desembocadura do río Miño, unha área na que se sitúa o concello de Oia.

Moitas son as razóns para visitar este municipio: o monumental mosteiro, pegado ao mar; o ambiente gastronómico da súa contorna, no barrio do Arrabal; ou o citado Cabo Silleiro, co seu faro e as súas ruinas de emprazamentos bélicos defensivos. Falaremos de todo isto máis tarde, pero comecemos cunha camiñada que vai gustar sobre todo aos máis pequenos: a Ruta Máxica.

Pensado para facer con nenos e nenas desde a súa mesma denominación, o percorrido parte ao pé do mar da parroquia de Mougás, ao norte do concello. Hai quen prefire comezar mesmo no Mosteiro, aínda que isto alonga considerablemente a súa extensión. A ruta pequena ten seis quilómetros de lonxitude, transcorre por pistas forestais con bo firme e é axeitado para todo tipo de camiñantes. A ascensión comeza ao outro lado da estrada fronte ao camping, ofrecendo a cada pouco un lugar para repousar e ollar ao mar.

A primeira parada obrigatoria é a que se fai xunto aos petróglifos da Cabeciña, onde tamén se poden contemplar os restos dun castro fortificado. Os paneis informativos, presentes durante toda a ruta, farán que os pequenos comprendan un pouco mellor a importancia das culturas megalítica e castrexa en Galicia: neste mesmo lugar viviron persoas desde hai 4.000 anos; e desde aquí os castrexos dominaban desde o alto o litoral e o porto natural de Mougás, sen dúbida moi prezado nunha costa sen praias e de difícil abrigo. O chamado castro da Cabeciña estivo en uso ata a Idade Media, e é unha clase resumida da historia de Galicia que os nenos poden moi ben aproveitar.

Moi pronto aparecerán os outros atractivos deste percorrido: as fervenzas, de maior ou menor caída dependendo da estación na que se visiten, rematando na localización estrela do percorrido, as Pozas de Mougás. Fórmaas un pequeno río, o Peito, que nace no alto do Monte da Groba para caer ao mar en moi poucos quilómetros. Na máis grande das pozas é posible bañarse e refrescarse deste xeito despois da ascensión.

Camiñando cara ao sur, xa na parroquia de Viladesuso, atoparemos outro asentamento castrexo, chamado Cano dos Mouros, e exemplares de sobreira, unha árbore máis común nesta zona noutras épocas. E, máis arriba, os petróglifos da Pousadela, onde os antigos habitantes de Oia gravaron escenas de caza, unha embarcación ou deseños xeométricos sobre lenzos graníticos moi ben chamados a Pedra do Cazador ou a Pedra dos Chetos.

Desde os miradoiros naturais que ofrece o alto do monte pode contemplarse, alá embaixo, toda a inmensidade do Océano Atlántico e a bravura da costa de Oia. Ao sur atópase o mencionado Mosteiro de Santa María. Foi fundado a principios do século XII e viviu das rendas da pesca ata o século XIX. O edificio foise facendo en varias fases, e destaca del a sobria fachada de 1740. No seu extremo sur foi medrando unha pequena poboación, chamada O Arrabal, que conserva edificios do século XVIII, mostras ben interesantes da arquitectura mariñeira galega, Moitas delas foron recuperadas nos últimos anos con negocios de hostalería nos que repoñer forzas despois do paseo.

A fervenza do Belelle
O río Belelle é curmán do Eume. Nace, coma este, dentro dos límites do Parque Natural das Fragas do Eume, mais a súa traxectoria cara ao nordés fai que acabe desembocando na ría de Ferrol, á que dá forma xunto con outros cursos de auga coma o río Grande de Xubia. Coma o Eume, o Belelle recorre un terreo agreste e cheo de trampas: nun destes grandes desniveis é onde se sitúa a fervenza.

A senda que chega ata ela é de fácil percorrer para quen estea minimamente adestrado no camiñar. Conta con algunhas costas algo empinadas, pero adoitan ser curtas. Hai que ter tamén coidado, como en calquera ruta que se faga polos montes de Galicia, de non tropezar nas raíces das árbores, que ás veces parecen estratexicamente situadas para facerlle caer a un.

Para chegar ao comezo da ruta tendo como referencia a cidade de Ferrol, hai que tomar a autoestrada AP-9 e saír, xusto despois de cruzar a ría, en dirección a Neda. Ao pasar esta poboación, tómase a AC-862 cara a As Pontes e, apenas un quilómetro despois, xírase á dereita pola DP-5503 ata atopar a sinalización cara a fervenza.

De camiño cara ao comezo da ruta pásase xunto ao Pazo de Isabel II, un edificio singular polo traballo que se levaba a cabo no seu interior. Sendo Ferrol a gran base naval do norte de España e un dos principais portos de pesca da zona, nos séculos XVIII e XIX prosperaron as factorías dedicadas a fornecer á flota. A que aquí se situaba elaboraba velas.

A fábrica servíase da forza da auga do Belelle para mover as máquinas que abrandaban os tecidos dos que despois se fabricarían as pezas de tea. Coa mesma enerxía funcionaban os múltiples muíños que nos atoparemos camiñando pola senda habilitada xunto ao río, testemuña dun tempo no que estes eran fundamentais na economía galega.

Porque forza ao río non lle falta. A ruta, que se pode facer en pouco máis dunha hora, comeza xunto á central eléctrica que dá enerxía á cidade de Ferrol. Andando augas arriba pódense contemplar varios saltos pequenos e camíñase onda unha canle de pedra, pasos previos á maxestosa fervenza do Belelle, que aparece detrás dun xiro do camiño entre a vexetación de ribeira. Conta cunha caída de máis de corenta metros; en temporada de pouca chuvia a corrente sepárase en dúas caídas paralelas, pero cando o leito vai cargado o espectáculo é magnífico, mesmo turbador, pois a auga cae cunha forza e un estrondo enormes. Ao pé da fervenza fórmanse unhas pozas naturais moi atractivas; hai que ter moito coidado se un decide achegarse a elas, pois as pedras esvaran bastante.

Durante a ruta iremos atopando recunchos nos que sentar a descansar e contemplar a paisaxe. Mesmo nun dos camiños existe un pequeno miradoiro cun banco circular e cuberto, de arquitectura moi curiosa, que proporciona boa vista sobre o estreito río. Desde o Pazo de Isabel II a ruta, ida e volta, percorre uns sete quilómetros e medio, uns catro se comezamos cando remata a estreitísima estrada, ao pé da minicentral.

Sendas para descubrir un país
Senderismo Galicia

Desde hai séculos, os camiñantes veñen conformando a Historia desta xeografía humanizada no occidente europeo. O Camiño de Santiago abriu unha porta ao coñecemento mutuo entre este verde territorio e o resto do mundo, un Camiño que chegou aos nosos días como o Primeiro Itinerario Europeo e un fermoso Patrimonio da Humanidade.

Pero Galicia ten moito máis que ofrecer e a súa particular orografía invita a descubrir toda a súa dimensión natural e histórica desde a visión tranquila e sosegada do camiñante.

O sendeirismo recupera antigos camiños cargados de vivencias, onde os visitantes descobren as pegadas dun tempo, non tan afastado, no que as calzadas e pontes medievais, os cruceiros e os petos de ánimas definían o carácter das súas xentes.

Cando o sendeirista avanza polos camiños empedrados ao bordo de calquera dos incontables ríos galegos, imaxina as xentes nos seus carros de tiro entre estreitos muros de pedra, levando gando, viño e outros produtos dunha aldea a outra, os arrieiros comprando e vendendo, os feirantes, os peregrinos de antano e toda aquela poboación rural que utilizaba os camiños locais para moverse dunha aldea a outra.

Hoxe o bulicio das xentes quedou enmudecido e os camiños recuperan o son salvaxe da natureza. O sendeirista, sen temor a perderse, entra nunha dimensión lenta e pracenteira dun turismo de deporte e cultura. As paisaxes cambiantes, os incertos petróglifos, as marabillosas rías, os impoñentes mosteiros, os magníficos pazos, castelos, pontes de pedra e, sobre todo, a natureza verde e variada de Galicia nunca deixan indiferentes a propios e estraños.

Neste recuncho de vales e montañas, descubrirás “unha pequena terra tan grande como queiras: Galicia”.

GR 53 – Panorámico de Vigo
Sendeiro GR 53 - Panorámico de Vigo

Este itinerario bordea os límites do municipio vigués pola súa verten- te montañosa, ofrecendo vistas sorprendentes sobre a cidade e a súa ría.

É un percorrido deseñado para achegar a xente desta grande urbe ao medio natural que se estende a poucos metros das súas casas. Localizáronse unha serie de parques forestais en parroquias do Concello de Vigo que, provistos de todo o necesario para o esparexemento e o descanso, determinan o masivo éxito deste sendeiro durante a fin de semana.

Pero tamén hai lugar para a Historia: os petróglifos de Fragoselo, os dolmens da zona do Mercantil e os restos da antiga muralla defensiva do monte O Galiñeiro.

Arquitectura rural en Chandebrito e Fraga, o fermoso emprazamento do muíño das Maquías no río Zamáns, bosques autóctonos e todo este contorno natural lonxe do ruído da cidade, convérteno nun sendeiro moi atractivo e transitado.

ACCESOS– En bus urbano chégase a Saiáns, A Garrida, Universidade, Rebullón, aeroporto e A Madroa. En Saiáns parte da igrexa de San Xurxo. Na Madroa parte fronte ao zoolóxico.

LONXITUDE– 58,2 km en total. O sendeiro prin- cipal ten 39,9 km e as variantes GR 53.1 e 53.2 esténdese por 8,1 e 10,2 km de lonxitude respectivamente.

PUNTO PARTIDA / CHEGADA – Saiáns / A Madroa.

PERCORRIDO  – Saiáns, A Garrida, Puxeiros e A Madroa.

DIFICULTADE – Media. É un percorrido moi longo, polo que se recomenda executalo en varias xornadas. Conta con numerosas subidas e baixadas pero de trazado bastante suave.

DURACIÓN – 19 horas.

CONEXIÓNS – Cos PR-G 1, 5, 9 e cos GR 58 e 94.

MATERIAL – Se a intención é facer todo o sendeiro nunha fin de semana, será necesario levar suficiente equipo. A auga é bastante frecuente ao longo do percorrido.

SERVIZOS – Aprovisionamento nos núcleos de poboación que circundan Vigo.

MEDIO –  Non exento de riscos

ITINERARIO –  Existe traza clara de camiño e sinalización

DESPRAZAMENTO –  Camiños con diversos firmes

ESFORZO –  Máis de 10 horas de marcha

ACCESO EN BICICLETA – Apto parcialmente.

ACCESO A CABALO – Apto totalmente.

CARTOGRAFÍA

I.G.N. 1:25.000

No 223-II Redondela, 223-III Vigo,

223-IV Mos, 261-I Baiona e 261-II O Porriño.

MÁIS INFORMACIÓN

Federación Galega de Montañismo

Edificio das Federacións Deportivas Galegas. Rúa Fotógrafo Luis Ksado, 17, of. 10. 36209 Vigo

Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407

e-mail: info@fgmontanismo.com

www.fgmontanismo.com