Pontevedra – Turismo de Galicia

Cinco cidades para percorrer esta Semana Santa en Pontevedra
Mar, montaña, fragas, ríos, rías, pazos, viños, manxares, camelias, historia, arte… na provincia de Pontevedra atopamos o cóctel perfecto para pasar a Semana Santa. Como? Aínda non coñecemos Pontevedra, Vigo, Tui, Vilagarcía de Arousa ou Lalín? Pois xa é hora!

Pontevedra. A capital máis peonil de Galicia sempre é un destino acolledor. Nela agárdanos un centro histórico moi rico, con moitas casas nobres dos séculos XVI e XVII, e moitos monumentos e prazas, como a do Teucro, a de Méndez Núñez, das Cinco rúas, a da Leña, a da Ferrería ou a de Mugartegui. Todas con moita historia e moita terraza. Hai dúas pezas escultóricas de César Lombera que nos lembran a importancia da cidade como centro de intelectuais: a que representa un faladoiro do Café Moderno a tamaño real no medio da rúa, con Castelao, Manuel Quiroga, Cabanillas, Paz Andrade, Bóveda e Casares, e a de Valle-Inclán saíndo da casa dos Muruais, na praza de Méndez Núñez.

Paradas obrigadas son o Santuario da Virxe da Peregrina, a Basílica de Santa María A Maior, as ruínas de San Domingos e o Museo de Pontevedra.

En canto aos actos da Semana Santa, esta ano hai novidades: dunha banda, a inclusión de homes por primeira vez nas procesións da Confraría da Maior Dor e, doutra, o cambio de percorrido do Xoves e o Venres por mor das obras no Liceo Casino. Por certo, o paso da Santa Cea é un dos máis antigos, de 1693, obra de anónimo compostelán.

Vigo. Este ano, o Xoves Santo coincide co Día da Reconquista, o 28 de marzo, unha das festas máis populares de Vigo, nadal aparte. De xeito que, como non se ía cambiar a data da Semana Santa, cambiouse a da Reconquista para o 7 de abril.

En Vigo hai tradición de procesións polo centro, en Teis e en Bouzas. Podemos aproveitar para coñecer o Casco Vello, baixando ao Berbés e ao porto deportivo; camiñar polo paseo marítimo até Bouzas; achegarnos ao Museo do Mar; a Samil… Para contemplar unhas boas vistas da ría, podemos subir ao miradoiro do monte do Castro ou ao da Guía.

Xa que dispoñemos de varios festivos, é un bo momento para facer unha ruta de sendeirismo polas Cíes e cargarnos de enerxía mareira. Iso si, hai que lembrase de solicitar autorización previa, para ter praza no barco.

Tui. A Semana Santa de Tui remóntase ao século XVIII. O máis distintivo dela é a tradicional visita aos monumentos o Xoves Santo (visitas á catedral, á igrexa das Clarisas, á igrexa de San Telmo, á capela da Residencia de San Telmo, á igrexa de San Domingos e á de San Bartolomeu) e a representación do Horto das Oliveiras na Capela da Misericordia.

Camiñando polas rúas que ascenden á catedral fortaleza desde as beiras do Miño parece que viaxamos á Idade Media. Un xeito de coñecer a fondo o casco vello é facer a ruta da xudía, unha das máis importantes de Galicia.

Doutra banda, lembremos que Tui forma unha eurocidade con Valença do Minho, que de feito xa estaban unidas desde o século XIX pola ponte internacional. E, ademais de historia, aquí temos moita natureza, por exemplo, no monte Aloia, o primeiro parque natural de Galicia.

Vilagarcía de Arousa. A Semana Santa case simboliza o comezo da tempada turística nas Rías Baixas, sobre todo no Salnés. Ademais, nestas datas, a zona está máis que concorrida, pois en marzo e abril hai moitos torneos deportivos, case todos de fútbol e baloncesto.

Este porto material de Santiago que é Vilagarcía pode descubrirse de moitos xeitos: facendo unha ruta histórica polo antigo barrio pesqueiro, unha ruta dos cruceiros, polos castros e vestixios arqueolóxicos da zona, como o Castro de Alobre, polo paseo marítimo que vai polas praias até os viveiros de ameixas de Carril… Se buscamos unha panorámica, temos bos miradoiros no monte Xiabre, Lobeira ou en Carril. Preto de alí tamén se poden visitar adegas e conserveiras.

E xa que é Semana Santa, é de rigor catar o bolo de ovos de Arousa, toda unha delicia pascual.

Lalín. En Lalín (ou La Lune, como dicía Laxeiro) entre cocido e cocido, tamén hai Semana Santa. É unha ocasión estupenda para internarse na capital da comarca de Deza, a man das grandes cidades galegas. Aquí descubrimos un núcleo urbano moi activo, poboado de esculturas, como a dedicada a Joaquín Loriga de Asorey ou a do Porco de Manolo Rial, por exemplo; museos, como o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa, o “Imaxina”, dedicado ao Xoguete e áMarioneta, ou a Casa do Patrón, museo etnográfico, e edificios senlleiros como o Pazo de Liñares, casa natal de Joaquín Loriga.

O bo de Lalín é que está rodeado de natureza, con carballeiras e soutos por todas partes. Temos que aproveitar para visitar estes lugares, que son tesouros que non se sabe canto van durar, como o Souto de Quiroga, a Carballeira de Barcia, a de Rodo, os Sobreirais do Arnego, a Fraga de Catasós e a Serra de Candán. Para ver a paisaxe con algo de distancia, hai que ir aos miradoiros de Carrio, do Couto de Zobra, do Candán, do Pedroselo, da Cabana ou de Cima de Valxanín.

5 imprescindibles se visitas Pontevedra
Pontevedra é toda unha referencia en canto a hospitalidade, o que fai dela un destino moi cómodo para vivir. E, por suposto, para visitar. Aquí amosamos polo menos cinco cousas que non podemos esquecer.

A igrexa da Peregrina, como o seu nome indica, ten moito que ver co Camiño de Santiago. Está adicada á Virxe da Peregrina, que era a que guiaba aos camiñantes que viñan de Baiona a Santiago. É a patroa de Pontevedra e máis do Camiño Portugués.

Levantouse no século XVIII, a cabalo entre o barroco e o neoclásico. O primeiro que nos chama a atención é a súa fachada medio redondeada, a que se debe? Pois resulta que a planta está inspirada nunha cuncha de vieira, máis peregrina non pode ser esta igrexa! Todos os detalles están relacionados coa peregrinaxe. Mesmo a pía bautismal é unha cuncha xigante doada por Méndez Núñez, que a trouxo dunha das súas exóticas viaxes.

A fachada principal, de Antón Souto, ten no alto unha imaxe da virxe do século XIX. O retábulo maior é neoclásico, feito por Melchor de Prado, con variacións aportadas por Manuel de Prado e Juan Pernas Gambino. A entrada á igrexa ven precedida dunha fonte, onde podemos encher a nosa cuncha e tomar uns grolos.

Outro símbolo da cidade é a Alameda: o parque urbano de Pontevedra por excelencia. Foi proxectado a fins do século XIX polo arquitecto Alejandro Sesmero, como parte das obras da ampliación da cidade extramuros. No pasado foi o Campo da Verdade ou das Rodas, e aquí se fabricaban os aparellos de pesca. Coa chegada dos dominicos, o espazo transformouse nun lugar de paseo.

Trátase dunha superficie oval chea de árbores. Na cara occidental hai un miradoiro con escaleiras. No muro exterior destacan os mosaicos de Carlos Sobrino, con escenas costumistas e tradicionais: a praza da Leña, a ermida de Santa María da Lanzada, hórreos de Combarro… No paseo tamén hai un monumento aos heroes de Ponte Sampaio e un palco da música.

Se desde a Alameda cruzamos a praza de España e encamiñámonos pola avenida de Santa María, onde acabaremos? Na Real Basílica de Santa María A Maior, xaora. É un edificio gótico, o xemplo máis importante do gótico isabelino en Galicia, con influencias do manuelino portugués. A construción do templo, no século XVI, foi impulsada polo Gremio de Mareantes, moi potente na época, debido ao auxe marítimo e comercial da cidade.

Á fachada principal, cara ao oeste, accedemos a través dunha empinada escalinata. A fachada semella talmente un retablo plateresco, obra de Cornielis de Holanda e Juan Noble, seguramente, de 1541. Destaca o relevo do tránsito da virxe.

A fachada da cara sur da á praza de Alonso Fonseca. Destaca un gran cruceiro e o Cristo da Boa Viaxe, protector dos devotos viaxeiros. A torre leva a un museo e a un miradoiro con vistas ao casco histórico e á ría. Curiosamente, outra vista da cidade está gravada sobre a propia pedra na fachada.

Por certo, o antigo retablo maior da basílica está exposto no Museo de Pontevedra. Realmente, este museo custodia un bo número de obras de arte. Naceu en 1927, coa misión de conservar, exhibir, investigar e difundir o patrimonio cultural galego, e tanto medrou que agora ocupa seis sedes físicas, todas no conxunto histórico da cidade. A saber: o edificio Castro Monteagudo, na praza da Leña, en proceso de rehabilitación; as ruínas de San Domingos, un dos primeiros en ser declarado monumento nacional, en 1895, que en 1937 se incorpora ao museo; o edificio García Flórez, hoxe tamén en rehabilitación; o edificio Fernández López, centro administrativo do museo e sede do arquivo, biblioteca e sala de investigación; o edificio Sarmiento, rehabilitado nos séculos XX e XXI, e adicado á Prehistoria, historia antiga e cerámica primordialmente, e o edificio Castelao, enteiramente de nova construción, adicado á historia e arte galega desde a alta Idade Media até hoxe.

Como vemos, Pontevedra é unha cidade con moita arte: ten un centro histórico monumental, un museo para quitarse o sombreiro, a única facultade de belas artes de Galicia e até… unha illa artística! Trátase da Illa das Esculturas, tamén coñecida como Illa do Covo ou Illa da Xunqueira. Está nunha zona do Lérez de gran valor natural, que forma parte da Rede Natura 2000. Ten de todo: carril bici, paseos, pontes, fontes e até parque infantil.

A illa converteuse nun museo ao aire libre desde que abeira esculturas de doce grandes artistas contemporáneos internacionais. A proposta, que partiu dos historiadores Rosa Olivares e Antón Castro, implicaba facer unha obra en granito, que tivese que ver con Galicia, e a propósito para a illa. Así, por exemplo, o labirinto de Robert Morris inspírase nos petróglifos de Mogor, a pirámide de Dan Graham lévanos ás sombras e reflexos do río, Jenny Holzer invítanos á reflexión nos seus bancos con frases gravadas, Leiro propón a extensión no fogar dentro do río, cun sillón e unha estantería con queixos flotante…

O legado de Asorey nas rúas de Galicia
Centenares de pezas escultóricas poboan Galicia lembrando a personaxes e acontecementos históricos e convertendo rúas e prazas en auténticos museos ao aire libre. Forman un catálogo artístico que se nutriu do talento de ducias de creadores de épocas e estilos moi diversos. Entre todos eles destaca especialmente polo recoñecemento que tivo xa na súa época e pola influencia que tivo entre os seus contemporáneos e entre creadores posteriores Francisco Asorey. O artista nado en Cambados o 4 de marzo de 1889 e falecido en Compostela en 1961 (os seus restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres) está considerado como un dos creadores que máis importancia tiveron na renovación da escultura española no século XX. Ademais, deixounos un importante legado artístico que nos permite seguir a súa pegada por boa parte de Galicia e descubrir a un bo puñado de personalidades.

Santiago de Compostela

Monumentos a San Francisco e o Sagrado Corazón

A cidade na que pasou boa parte da súa vida garda varias das obras de Francisco Asorey. A máis visible e importante é o monumento a San Francisco de Asís no que o escultor estivo a traballar entre os anos 1925 e 1930 para conmemorar o sétimo centenario da morte do santo italiano. A escultura está situada fronte á fachada do mosteiro que o propio santo mandara construír a comezos do século XIII en Compostela tras peregrinar para visitar a tumba do Apóstolo. Ademais, no patio do colexio Compañía de María pódese ver unha escultura do Sagrado Corazón de Jesús esculpida por Asorey no ano 1940.

Lalín

Monumentos a Loriga e a Aller

Dúas son as obras de Asorey que garda o municipio de Lalín, aínda que neste caso e a diferenza das compostelás, non se trata de creacións relixiosas, senón de dúas pezas ideadas para homenaxear a dúas destacadas personalidades da capital da comarca do Deza. A primeira, datada no ano 1933, está dedicada ao aviador Joaquín Loriga, famoso por formar parte na Escuadrilla Elcano que completou un “raid” aéreo entre Madrid e Filipinas en 1926 e por ser un dos pioneiros de aviación en Galicia (1927). Os seus veciños iniciaran unha subscrición popular para regalarlle un aeroplano, pero tras a súa tráxica morte nun accidente aéreo en Madrid optaron por empregar o diñeiro para erixirlle un monumento, que foi encargado a Asorey e inaugurado en 1933. Xa a finais dos anos 50 o talento do escultor volvería ser reclamado desde Lalín para  inmortalizar en pedra a outro ilustre lalinense, o matemático, sacerdote e astrónomo Ramón María Aller Ulloa.

A Coruña

Monumento a Manuel Curros Enríquez

A xestación do impoñente monumento co que a cidade da Coruña lembra ao escritor e xornalista Manuel Curros Enríquez prolongouse por espazo de case tres décadas e estivo marcada por diversos problemas. O falecemento de varios membros importantes da Real Academia Galega (entidade promotora da homenaxe), as dúbidas sobre a localización do monumento, o feito de que o primeiro concurso de ideas convocado quedara deserto e a insuficiencia dos fondos para acometer o proxecto co que Asorey gañou o segundo concurso foron algunhas das trabas que tivo que superar. Finalmente foi inaugurado en 1934 nos xardíns de Méndez Núñez, pero nunca se chegou a completar o plan inicial de depositar as cinzas de Curros nun espazo habilitado para ese efecto na parte posterior da obra.

Samos

Monumento ao Pai Feijóo

Tamén se fixo esperar a escultura coa que os responsables do mosteiro de San Xulián de Samos quixeron lembrar o paso polo cenobio dun dos seus monxes máis ilustres, Benito Jerónimo Feijóo e Montenegro, máis coñecido como o pai Feijóo (1676-1764) e un dos máis destacados representantes da ilustración. O proxecto xurdira no ano 1935, pero tivo que ser aparcado por mor da Guerra Civil e non sería retomado ata os anos 40. Finalmente, a estatua esculpida por Asorey e colocada no centro do claustro ao que dá nome o propio Feijoo foi inaugurada no ano 1947.

Vigo

Monumento a García Barbón

A importancia que o empresario e mecenas José García Barbón (1831-1909) tivo en Vigo déixase ver en edificios como o teatro que leva o seu nome e na Escola de Artes e Oficios. E tamén no monumento co que a cidade quixo demostrar o seu agradecemento uns anos despois da súa morte a este emigrante que prosperara en Cuba e que, ao seu regreso a Galicia, tras pasar uns anos en Verín natal decidiu instalarse definitivamente en Vigo. Asorey ideou neste caso unha escultura de grandes dimensións coa figura de García Barbón sentado e co deus Hermes presidindo o conxunto desde a súa parte superior. A peza foi inaugurada no ano 1927 polo Rei Alfonso XIII na avenida dedicada tamén ao mecenas e moi preto da vivenda que habitara na cidade, pero anos despois foi trasladada a unha rotonda da rúa Isaac Peral. Outra obra de Asorey en Vigo é a escultura dedicada a Eduardo Cabello, o enxeñeiro responsable das obras do porto da cidade. Esta peza está situada na zona de Bouzas e foi inaugurada só un ano despois que a de García Barbón.

Pontevedra

Monumento a Manuel Barreiro Cabanelas

Manuel Barreiro  Cabanelas (1867-1950) é outro emigrante que prosperou na emigración (Brasil), destacou polas súas obras filantrópicas e foi inmortalizado por Francisco Asorey. As importantes doazóns que realizou ao Hospital Provincial de Pontevedra e que permitiron ampliar os seus servizos en varias ocasións motivaron que a Deputación impulsase a comezos dos anos 40 do século pasado a construción dunha estatua que cambiou de localización polo menos nun par de ocasións, pero sen afastarse nunca da fachada do hospital. Orixinalmente, estaba situada sobre unha fonte, pero esta foi retirada durante un deses cambios de emprazamento.

Mondariz

Monumento ao médico Rodríguez

Relacionada coa medicina está tamén a escultura inaugurada en Mondariz en 1925. Maximino Rodríguez Fornos foi un médico que faleceu como consecuencia dunha infección mortal contraída durante a súa intervención nun parto complicado. En homenaxe á súa entrega e por subscrición popular foille encargada a Asorey unha peza na que xunto ao busto do homenaxeado álzanse unhas figuras que poden ser interpretadas tanto como deuses gregos como os protagonistas do episodio que provocou a morte do médico.

Lugo

Monumento ao alcalde López Pérez

Alcalde de Lugo durante catro períodos diferentes entre os anos 1905 e 1931, ademais de avogado e presidente do Círculo das Artes, Ángel López Pérez deixou unha pegada indeleble na cidade da Muralla ata o punto de ser designado de forma honorífica “alcalde perpetuo”. De novo, Asorey foi o escultor elixido para converter en arte unha homenaxe para a posteridade, que aínda se pode contemplar no parque Rosalía de Castro. A escultura, que inclúe unha fonte e un estanque, foi inaugurada en 1958, pero os plans para render unha homenaxe veciñal a Ángel López Pérez remontábanse a comezos dos anos 30.

Marín

Estatuas para a Escola Naval

A Escola Naval Militar de Marín pode presumir de albergar un total de catro creacións de Asorey. Todas elas foron encargadas con motivo do traslado do centro de estudos da Armada desde Cádiz a Marín e a súa inauguración en 1943. Nesa data Asorey xa concluíra unha escultura en pedra dedicada á Virxe do Carmen, patroa das xentes do mar, e unha estatua en bronce de Álvaro de Bazán, famoso almirante do século  XVI. Nos anos seguintes sumaríanselles os bustos dedicados a outros dous ilustres mariños: Isaac Peral e José Luis Díez.

Cangas

Monumento a Soage

Outra das estatuas que Asorey tallou para homenaxear a un filántropo atópase en Cangas. O monumento dedicado a José Félix Soage está datado en 1924 e foi colocado un ano antes de que se inaugurase a praza de abastos sufragada cos donativos deste cangués emigrado a Arxentina. A peza está formada polo busto de Soage e a imaxe dun mariñeiro sostendo un remo e atópase nos xardíns que levan tamén o nome do  filántropo.

Cambados

Monumento a Cabanillas e homenaxe a Asorey

A localidade que viu nacer a Asorey tampouco podía permanecer allea ao legado do escultor. Nas súas rúas pódese ver o monumento levantado en memoria doutro veciño ilustre da localidade e ao que ao estivo unido por unha relación de amizade e por diversos paralelismos nas súas traxectorias: Ramón Cabanillas. O denominado “poeta da raza” foi homenaxeado polo “escultor da raza” cunha peza composta por un gran bloque de pedra sobre un pedestal no que se pode ver un busto do escritor. A obra, situada no Paseo da Calzada, foi inaugurada un ano antes da morte do escultor, que pouco tempo despois sería o destinatario da súa propia homenaxe. Neste caso foron dous dos seus discípulos, José Cao Lata e Joaquín Gil Armada, os encargados de dar forma a unha peza inaugurada en 1965 na praza dedicada tamén a Asorey e na que ademais do rostro en bronce do escultor pódese ver unha réplica dunha das súas creacións máis famosas: A Naiciña.

Pontes cara á historia
Se os ríos son as arterias que regan e enchen de vida as terras de Galicia, as pontes son as construcións que desde tempos inmemoriais serviron para cruzar esas correntes tendendo lazos sociais, económicos e culturais. Centos de viadutos álzanse sobre os nosos ríos compoñendo un rico patrimonio que, en moitos casos, suma aos seus valores arquitectónicos unha indubidable importancia histórica. Episodios de gran transcendencia tiveron lugar sobre moitos destes viadutos tal como te convidamos a comprobar con este pequeno percorrido por algunhas destas pontes cara á historia.

Ponte do Burgo

Pontevedra

A ponte do Burgo non só debuxa unha das estampas máis coñecidas de Pontevedra. Sen a súa presenza non se entendería boa parte da historia da cidade. Un primeiro viaduto anterior deu nome á localidade e sobre a ponte que con diversas modificacións chegou ata os nosos días foi asinado en 1165 o pacto do Lérez entre Fernando II e Alfonso I de Portugal para tratar de poñer fin ás incursións lusas en terras galegas. A ponte do Burgo foi testemuña tamén doutras disputas ao longo dos séculos e sufriu, así mesmo, os embates das forzas da natureza, como unha riada que causou importantes danos a mediados do século XVII. En 1719 foron os ingleses quen deixaron a súa pegada no viaduto. No marco da Guerra da Cuádrupla Alianza, as tropas inglesas que tomaran durante uns días Vigo atacaron tamén Pontevedra e destruíron a Torre da Ponte que se alzaba nun extremo do viaduto e o edificio destinado a cárcere anexo a un dos seus laterais.

A Ponte Maceira

Negreira e Ames

O viaduto que une os municipios de Negreira e Ames dando nome ao bonito pobo da Ponte Maceira foi levantado na época medieval e xogou un papel destacado en dous conflitos en tomáronos parte senllos arcebispos composteláns. Alí sitúa a “Historia compostelá” unha contenda do século XII na que se viron involucradas tropas do arcebispo compostelán Diego Gelmírez e do conde Pedro Froilaz de Traba. Xa en 1471, ese mesmo paso sobre o río Tambre sería escenario de parte da disputa armada mantida entre os partidarios do arcebispo Alonso de Fonseca II e as tropas de Lopo Sánchez de Moscoso polo control das terras da Maía. Este enfrontamento, coñecido tamén como a Batalla de Altamira porque o que estaba en xogo era o control da fortaleza que leva ese nome, desenvolveuse en parte en Ponte Maceira porque alí enfrontáronse tropas do arcebispo cun continxente que acudía en auxilio dos homes de Sánchez de Moscoso.

Ponte do Burgo

Culleredo e Cambre

A ponte medieval do Burgo que une os municipios de Culleredo e Cambre no arranque da ría homónima non escapou ás consecuencias dunha das batallas máis importantes da Guerra da Independencia en Galicia. Os bandos enfrontados foron as tropas británicas lideradas polo xeneral John Moore, que acudiran á Península en apoio ás tropas españolas, e un corpo do exército francés ás ordes do  mariscal Jean-de-Dieu  Soult. Tras fracasar a campaña española, os británicos dirixíronse cara á Coruña co obxectivo de embarcar de regreso ás illas. Pouco antes de chegar ao seu destino non dubidaron en voar, a mediados de xaneiro de 1809, a ponte do Burgo, para atrasar o avance francés. Con todo, a existencia dun paso alternativo próximo e a rápida reparación do viaduto permitiu ás tropas galas dar alcance ao seu inimigo antes de que este completase a evacuación e obrigalo a librar unha sanguenta batalla. O saldo final foron centenares de mortes, entre elas a do propio John Moore.

Ponte de Cruzul

Becerreá

Pouco antes de chegar á Coruña, franceses e ingleses cruzaron tamén a ponte de  Cruzul, nas terras lucenses de Becerreá, aínda que non existe consenso sobre as circunstancias concretas daquel episodio. Hai quen sostén que os franceses tiñan pensado derrubar con explosivos esta estrutura levantada sobre un afluente do río Navia a finais do século XVIII para evitar a retirada dos ingleses. Pero tamén hai quen defende que foron estes últimos os que pensaron na súa voadura para interromper a marcha dos seus perseguidores. No que si existe máis consenso na actualidade é no feito de que, a pesar da idea bastante estendida no pasado, nin uns nin outros cumpriron os seus plans e o viaduto non chegou a ser voado, aínda que si sería sometido a modificacións nunha época posterior.

Ponte de Sobradelo

Carballeda de Valdeorras

Menos dúbidas existen sobre o ocorrido coa ponte de Sobradelo, que sobrevoa o río Sil en Carballeda de Valdeorras. Neste caso, contan as crónicas que o seu arco central foi voado polo abade de Casaio a comezos do ano 1809 para frear aos franceses unha vez que as tropas encabezadas polo Marqués da Romana o atravesaron. Tiveron que pasar case 100 anos para que o armazón de madeira co que foi reparado provisionalmente fose substituído pola nova estrutura que se pode ver na actualidade.

Ponte Sampaio

Soutomaior e Pontevedra

A presenza francesa en Galicia viuse seriamente afectada tras a batalla que tivo lugar a mediados do ano 1809 xunto ás augas do río Verdugo, no límite dos actuais municipios de Pontevedra e Soutomaior. Alí atópase a impoñente ponte de Ponte Sampaio, un viaduto medieval levantado, probablemente, sobre os alicerces dun paso romano anterior, que os franceses pretendían utilizar para recuperar as posicións perdidas durante as semanas previas no sur da provincia. As tropas francesas, integradas por case 10.000 soldados e xinetes, chegaron ao lugar o 7 de xuño topándose cun heteroxéneo continxente defensivo formado por tropas regulares e voluntarios organizados baixo o mando do coronel Pablo Morillo que, mesmo, derrubaran varios arcos da ponte para impedir o paso. Os ataques galos foron infrutuosos e o 9 de xuño o mariscal Ney viuse obrigado a ordenar a retirada das súas tropas.

Ponte Caldelas

Ponte Caldelas

A vitoria na batalla de Ponte Sampaio talvez non tería sido posible sen o desenvolvemento doutro combate que tivo lugar uns quilómetros río arriba nunha ponte construída no século  XVI e que dá nome ao municipio onde se atopa: Ponte Caldelas. Ese foi o paso elixido polos franceses para tratar de burlar a resistencia que se atoparon en Ponte Sampaio e sorprender pola retagarda aos seus inimigos. Pero non contaban con toparse cun grupo de campesiños e fidalgos encabezados por Francisco Oubiña, señor do Pazo  do Coto de Forzáns, dispostos a facerlles fronte. O seu heroísmo tivo premio e conseguiron repeler o ataque francés.

Ponte de Ponte Vea

A Estrada e Teo

O labor dos veciños para frear o paso dos franceses tamén foi clave neste estratéxico punto sobre o río Ulla no que se alza a ponte de Ponte Vexa. Alí sucedéronse diversos enfrontamentos durante a primeira metade do ano 1809 que propiciaron o derrube dalgúns arcos por parte dos habitantes da zona en varios ocasións e a conseguinte reparación por parte das tropas invasoras. A estrutura orixinal foi levantada no século  XVI, pero ao longo dos séculos foi sometida a diversas modificacións, non só para facer fronte ás consecuencias da Guerra da Independencia, senón tamén para reparar os danos causados polas riadas.

A ponte de Ponte Ledesma, no límite dos municipios de Vila de Cruces e Boqueixón, a ponte de Pazos de Arenteiro (Boborás); A Ponte Bibei, entre Quiroga e A Pobra de Trives, a Ponte de Mourentán (Arbo), a Ponte das Achas (A Cañiza) e A Ponte Arante (Ribadeo) son outros viadutos centenarios que xogaron un papel importante durante a Guerra da Independencia e que foron escenario de mostras de  heroísmo por parte da poboación local.

Ruta por Galicia seguindo a pegada de Castelao
Desde o ano 2014 Galicia celebra cada 30 de xaneiro o Día da Ilustración por iniciativa da Xunta coa colaboración da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración ( AGPI). A elección desa xornada do calendario non é casual, senón que os promotores da conmemoración decantáronse por ela debido a que é unha das datas comunmente aceptadas (tamén se fala do día 29 e, mesmo, do 12) como a do nacemento de Castelao. Réndese así homenaxe aos ilustradores actuais á vez que se lembra a un intelectual que cultivou diversos ámbitos creativos pero que foi precisamente no da ilustración onde desenvolveu algunhas das súas obras máis celebradas. Desde aquí sumámonos á homenaxe a Castelao convidándote a coñecer algúns dos lugares onde o seu legado está máis presente.

Rianxo

A localidade de Rianxo viu nacer a Castelao no ano 1886 e foi o seu lugar de residencia durante a maior parte da súa infancia e adolescencia, así como tras completar os seus estudos de Medicina. Por iso non é de estrañar que a súa pegada estea especialmente viva alí. O escritor, debuxante e político dá nome á biblioteca municipal, situada nun antigo pazo, e á praza onde está a casa do concello. Desde este lugar parte a ruta deseñada na súa memoria e que percorre moitos dos lugares relacionados coa vida de Castelao. Son máis de 30 espazos diversos, dos que unha vintena atópanse no casco antigo de Rianxo e son facilmente accesibles a pé. Os restantes atópanse noutras parroquias do municipio. Quen percorre a Ruta Castelao pode coñecer lugares como a Casa Cándido, que alberga a librería fundada polo seu amigo Cándido C. González; a capela de San Xosé de Foresta, nun de cuxos escudos se inspirou Castelao para o seu deseño do escudo de Galicia; o busto na súa honra situada no Paseo da Ribeira, ou a súa vivenda natal, adquirida polo concello para convertela nunha casa museo e dar forma así a un vello anhelo.

Pontevedra

A praza por oposición que obtivo no Instituto Xeográfico Estatístico levou en 1916 a Castelao ata a cidade de Pontevedra, onde se instalou e desenvolveu unha intensa actividade intelectual e política. Participou de forma activa nas actividades do Museo de Pontevedra desde a súa creación converténdose en membro do seu primeiro padroado e achegando materiais propios aos fondos da entidade en 1931. Iniciouse así a Colección Castelao, ampliada de forma notable tras a súa morte coas obras doadas pola súa viúva. Na actualidade o Museo de Pontevedra custodia e expón un importante legado formado por máis de 2.000 obras e pezas de Castelao, ás que se acaba de sumar as ilustracións orixinais do Álbum Nós. Tamén en datas recentes, os responsables da institución decidiron bautizar co nome de Castelao un dos seis edificios que forman o complexo e que ata o de agora era coñecido simplemente como Sexto. Ademais, a pegada do intelectual en Pontevedra transcende os límites do museo e déixase ver noutros moitos puntos da cidade. Os máis visibles son aqueles nos que se alzan as dúas esculturas erixidas na súa memoria. A primeira delas, obra de Buciños, foi colocada en 1983 na praza de Santa María. Máis recente (do ano 2006) é o conxunto escultórico creado por César Lombera e colocado fronte ao Café Moderno en homenaxe aos intelectuais que participaban nos faladoiros que alí tiñan lugar no século XX. Un Castelao de bronce comparte así espazo con Alexandre Bóveda, Ramón Cabanillas, Valentín Paz Andrade, Carlos Casares e o músico Manuel Quiroga.

Santiago de Compostela

A capital galega foi a cidade na que Castelao cursou os seus estudos de Medicina e na que comezou a desenvolver as súas inquietudes artísticas. E é tamén o lugar onde repousan os seus restos mortais, tras ser trasladados a Galicia en 1984 desde Bos Aires, cidade á que o levou o exilio provocado pola Guerra Civil e na que faleceu en 1950. Agora, Castelao ocupa un lugar de honra no Panteón dos Galegos Ilustres, situado na antiga igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, xunto a outras grandes personalidades da cultura galega como Rosalía de Castro, Domingo Fontán ou Ramón Cabanillas. Alí a fundación creada para preservar a súa memoria celebra unha ofrenda floral anual no aniversario do seu falecemento. Unha escultura de Francisco Leiro colocada no ano 1995 na Alameda compostelá na que a silueta de Castelao asoma sobre un gran mapa de Galicia constitúe outra das homenaxes que se poden contemplar en Santiago de Compostela.

E ademais…

Pero o recordo de Castelao non só está presente en Rianxo, Pontevedra e Santiago. O intelectual dá nome a rúas e centros educativos por toda Galicia e as esculturas, bustos e placas colocadas na súa honra en cidades, vilas e pobos cóntanse por decenas. Un destes monumentos pódese ver na Coruña, cidade que reservou un dos espazos máis destacados da súa Praza do Humor ao rianxeiro. Unha escultura a tamaño real de Castelao nun banco de pedra preside ese lugar xunto a outra peza similar dedicada a Álvaro Cunqueiro. Ourense, onde outra estatua do intelectual realizada por Buciños parece camiñar polas súas rúas, Padrón, Lira (Carnota) e Redondela son outras localidades nas que tamén homenaxean ao rianxeiro con esculturas, e o seu número non deixa de crecer. A finais do pasado 2020 e coincidindo co centenario da revista  Nós Lugo inaugurou unha escultura para que a cidade da Muralla poida lembrar tamén a Castelao. Na Estrada, localidade na que casou Castelao e en cuxo cemiterio descansan os restos da súa esposa e do seu fillo, pódese ver no Museo Manuel Reimóndez Portela o dormitorio de Castelao na capital arxentina, doado nos anos 80 ao municipio polo colectivo estradense en Bos Aires.

Destinos para comezar o ano entre xogos
Os Reis Magos xa deixaron o seu cargamento de agasallos e diversión, pero se quedaches con ganas de máis, aquí tes unha pequena mostra do que Galicia ten que ofrecer a quen queira divertirse entre xogos, xoguetes e outros obxectos lúdicos. Son lugares para comezar o ano con ilusión ou para planificar as túas excursións para os próximos meses. Gózaos.

Museo Etnolúdico de Galicia

Ponteceso

Na localidade bergantiñá de Ponteceso atópase este auténtico paraíso para os amantes dos xogos e os xoguetes. Máis de 4.000 pezas procedentes de todo o mundo forman a colección deste centro no que conviven culturas milenarias, xogos tradicionais galegos e exemplos de como evolucionaron as prácticas deportivas. Os visitantes terán tamén a oportunidade de participar nalgunhas das actividades que alí se organizan como talleres de plastilina, origami ou construción de xoguetes. Máis información aquí.

Aldea Grobit

O Grove

Os hobbits, personaxes creados polo escritor J.R.R. Tolkien, teñen uns parentes na Toxa, a pequena e famosa illa situada no municipio pontevedrés do Grove. O seu lugar de residencia, a Aldea Grobit é un parque infantil formado por pequenas vivendas que parecen brotar da terra (unha delas pódese visitar), zonas de xogo e troncos multicolores. O espazo está situado nun parque forestal de gran valor natural habitado tamén por un par de apracibles burros, sempre dispostos a interactuar cos visitantes. Máis información aquí.

Illa do Covo

Pontevedra

Esta pequena illa fluvial situada nas augas do río Lérez combina cultura, lecer e diversión para converterse noutro destino ideal para as familias. Alí sitúanse as pezas do proxecto artístico bautizado como a  Illa dás Esculturas, zonas para o paseo e un espazo para o lecer en familia. É, ademais, escenario dunha orixinal proposta denominada Descubrindo a Illa do Covo, que anima aos participantes a descubrir o patrimonio artístico e natural do lugar a través dunha ruta guiado por oito vídeos. Máis información aquí.

Cidade da Cultura

Santiago de Compostela

O complexo levantado no monte Gaiás ofrece numerosas propostas para gozar dunha xornada de xogos e diversión en familia. O rocódromo e a pista de skate do Xardín do Teatro e a zona de xogos do Parque da Balea farán as delicias de nenos e mozos, mentres que aqueles que prefiran pasear ou relaxarse nunha contorna verde poderán facelo no Parque do Lago, no Xardín Literario ou no Bosque de Galicia. Máis información aquí.

Domus

A Coruña

Os seus máis de 150 módulos interactivos converten este museo coruñés nun lugar ideal para aprender e reflexionar sobre os seres humanos dunha forma lúdica e divertida. Na actualidade, por mor da  covid, ofrece tres actividades (maker@domus, atapuerca@domus e misión@domus) previa reserva de prazas destinadas a grupos de conviventes. Máis información aquí

Museo Galego do Xoguete

Allariz

Entre a ampla oferta museística do municipio ourensán de Allariz hai un oco tamén para o mundo do xoguete. O Museo Galego do Xoguete, situado no pazo do antigo xulgado, acolle unha colección de xogos e xoguetes de épocas moi diferentes. Máis información aquí.

Colección de Trens Fernández Pacheco

Ourense

A historia e evolución do mundo do ferrocarril está condensada nas máis de 4.000 pezas desta colección que abarca desde as primeiras máquinas de vapor ata a alta velocidade. Entre as súas réplicas a escala non faltan trens míticos como o Orient  Express ou a máquina empregada polo cómico Buster Keaton na película “O maquinista da Xeneral”. A colección pódese visitar no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Máis información aquí.

Granxa de Briz

Marín

Lagos, tobogáns, xogos integrados na natureza e espazos para o paseo danse cita nun recinto que ata comezos do século XIX formou parte das posesións do mosteiro de Oseira. O lugar inclúe tamén un espazo denominado Parque dos Sentidos con cinco zonas diferenciadas para estimular o tacto (con texturas diferentes), o oído (con instrumentos musicais de gran tamaño), a vista (coas panorámicas que ofrece o lugar), o olfacto (con plantas aromáticas) e o gusto (con árbores froiteiras).

Máis información aquí.

Museo de Maxia Kiko Pastur

Santiago de Compostela

Desde novembro do 2020, o mundo do ilusionismo dispón dun espazo propio e monográfico na zona vella de Compostela. O mago Kiko  Pastur é o impulsor e director deste museo no que é posible observar aparellos e pezas históricas, ver reproducións dalgúns dos números dos grandes magos da historia e sorprenderse con ilusións ópticas que desafiarán a nosa mente. Máis información aquí.

Propostas para gozar de Galicia máis aló da vista
Galicia é unha terra de acollida que pon ao alcance de todo aquel que a visita un enorme abano de paisaxes, monumentos, sabores e experiencias. Hai propostas para o público máis variado e tamén para colectivos con necesidades especiais como a poboación invidente. Por iso, coincidindo co Día Mundial do Braille, xornada na que a través da reivindicación desa forma de comunicación táctil se pretende loitar polos dereitos das persoas con deficiencias visuais, propoñémosvos algúns plans para gozar de Galicia máis aló da vista.

Torre de Hércules

A Coruña

Deixarse acariñar pola brisa mariña do lugar e internarse polas escaleiras da Torre de Hércules axudan a imaxinarse a importancia dun monumento que foi incluído na selecta listaxe de Patrimonio Mundial da Unesco no ano 2009. Pero para captar mellor a súa magnitude, no centro de interpretación e atención ao visitante hai unha maqueta tiflolóxica (deseñada para ser apreciada a través do tacto) dun pouco máis dun metro de altura que permite contemplar coas xemas dos dedos a arquitectura desta torre milenaria.

Xardín Sensorial de Castrelos

Vigo

Entre os numerosos atractivos que ofrece o parque vigués de Castrelos ao visitante atópase desde hai xa uns anos un Xardín Sensorial pensado para que os invidentes poidan gozar dunha grata experiencia. Trátase dun percorrido adaptado a persoas con deficiencias de visión e artellado a través de estímulos táctiles e  olfactivos. Unha cinta guía ao participante por unha ruta dotada tamén con paneis explicativos en braille sobre as distintas especies que hai no xardín e as súas características, así como sobre a historia do recinto.

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais

Pontevedra

Unha fortaleza xa desaparecida cobra vida neste centro de interpretación nado para albergar e dar a coñecer as ruínas aparecidas durante unhas obras acometidas no ano 2007. Un dos seus principais atractivos é, precisamente, unha maqueta táctil do pazo-fortaleza rotulada en braille que permite imaxinar o aspecto desta impoñente construción.

Termalismo

Toda Galicia

Os romanos e os castrexos xa coñecían as propiedades mineiro medicinais das augas galegas, por iso non é de estrañar que Galicia sexa hoxe un inmellorable destino para o turismo termal con instalacións, algunhas delas xa centenarias, repartidas por toda a comunidade. Xa sexa para aproveitar os seus fins terapéuticos, xa sexa para gozar dunha experiencia que pode combinar estética, benestar e relax, os balnearios son unha proposta idónea tamén para as persoas invidentes. Só fai falta pechar os ollos e gozar.

Gastronomía

Toda Galicia

Unha visita a Galicia estaría incompleta se non incorporase como elemento destacado o seu apartado gastronómico. A horta e as augas galegas nutren do mellor produto un receitario repleto de propostas saborosas capaces de estimular todos os sentidos, pero especialmente o olfacto e o gusto. Cidades, vilas e pobos ofrecen unha ampla oferta de establecementos onde as deficiencias visuais non serán impedimentos para gozar co padal desta terra.

Sensacións no mar

Rías Baixas

Varias entidades comarcais que agrupan a municipios do litoral galego teñen desenvolvido nos últimos anos iniciativas turísticas destinadas á poboación invidente. É o caso do proxecto Sentir ou Mar, nado para impulsar o turismo inclusivo na ría de Muros e Noia e que xa permitiu a un grupo de invidentes familiarizarse co mundo da navegación. Para ese mesmo público están dirixidas outras propostas postas en marcha polos municipios da mancomunidade de Arousa Norte e por empresas privadas das Rías Baixas, como centros de mergullo que organizan bautismos de mergullo e saídas en barco para coñecer a importancia da industria do mexillón e degustar os seus saborosos produtos.

Illas Cíes

Vigo

Os invidentes son benvidos á xoia da coroa do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. A prohibición de introducir animais domésticos por parte dos visitantes non rexe para os cans guía e entre o material informativo ao dispor de quen se achega ata o arquipélago hai folletos en braille. A realización de visitas guiadas con grupos de persoas con algunha discapacidade son unha práctica habitual desde hai anos.

Pontevedra aposta polo produto galego con aires asiáticos
O gañador de hai dous anos e finalista na pasada edición, Rubén González Vallejo, de El Cafetín, volverá representar este ano a Pontevedra na final do certame De Tapas por Galicia, esta vez cun petisco baseado en produto galego preparado con técnicas de aires asiáticos. Unha Vieira afumada carballoelaurel sobre arroz de algas que venceu no último Pontedetapas, concurso local no que este restaurante leva cinco anos consecutivos sendo premiado.

Sobre un taco compacto de arroz glutinoso, de estilo oriental, con algas wakame, kombu e espirulina e marcado á plancha, descansa neste bocado unha vieira mariñada durante un día en auga de mar, fileteada e á que se lle dá un golpe de calor. Sabores que se contrastan cuns puntos de emulsión de ourizo, cristais de soia e ovas de wasabi para darlle un toque picante e que se acompañan dun crocante de arroz. Tapado o conxunto, afúmase con madeira de carballo e loureiro.

Unha receita na que “buscamos un soporte compacto cunha visión asiática para un produto tan de aquí como a vieira”, en palabras de Rubén González, cociñeiro formado no Centro Carlos Oroza de Pontevedra e que traballou no Parador de Baiona e en restaurantes como o Cenador de Salvador Gallego, de Madrid, que conta cunha estrela Michelín. Hai uns anos fíxose cargo de El Cafetín, un clásico de Pontevedra ao que este chef quixo darlle aires novos “actualizando, con algo de vangarda e influencias asiáticas, peruanas ou mexicanas, receitas de toda a vida, sempre co produto más cercano”.

O restaurante triunfa cos seus “Xoves de Tapas”, nos que ofrece unha carta con catro petiscos salgados e un doce, diferentes cada semana. Unha aposta pola cociña en pequeno formato que acada un gran éxito porque “é unha versión máis informal que anima a probar novas cousas e novos sabores” e que, ademais de gustar ao público local, estase a facer cada vez máis un oco no turismo urbano.

Gundián, pontes que asombran
Catro pontes atravesan o río Ulla á altura de Ponte Ulla, unindo as provincias de Pontevedra e da Coruña. Calquera deles é a mostra dunha época e do progreso das comunicacións; os dous viadutos ferroviarios resultan, ademais, auténticos fenómenos da enxeñaría.

A ponte máis antiga é de mediados do século XVIII. Na zona existiron previamente outras, máis as enchentes do Ulla sempre acabaron por danalos, obrigando aos veciños a utilizar algunha das múltiples barcas que atravesaban a corrente ata non hai tanto tempo. O que sobreviviu atribúese ao arquitecto santiagués Tomás del Río e por el pasa o Camiño do Sueste a Compostela. Desemboca na rúa principal da vila de Ponte Ulla, xunto á fermosa igrexa de Santa María Madalena, con trazas románicas na cabeceira. A ponte que fai atravesar o río á actual estrada N-525 é a menos interesante das catro e foi construída nos anos setenta do século pasado, cando resultou evidente que a orixinal xa non era capaz de acoller o tránsito moderno.

En canto ás pontes do ferrocarril, a vista das dúas superpoñéndose e superando o fondo cavorco é unha imaxe impresionante. A máis antiga foi edificada para servir ao trazado do ferrocarril entre Ourense e Santiago. Escolleuse o lugar máis estreito da contorna, nas feroces penas do lugar chamado San Xoán da Cova. O proxecto estivo cocéndose desde os anos 20 do século pasado, máis o viaduto non se abriu ata 1958, tras máis dun decenio de penosa construción. O resultado é unha fermosa ponte de pedra con armazón de ferro, de corte clasicista e situada a máis de oitenta metros de altura sobre o leito do río. Un pouco máis arriba do seu comezo en terras pontevedresas existe un miradoiro desde o que se obteñen vistas espectaculares da comarca da Ulla, alcanzando a panorámica moitos quilómetros e concellos á redonda. Se o que se quere é admirarse ante a profundidade do val, é mellor facelo desde o lado coruñés, no miradoiro de Gundián.

En canto á moderna, proxectada para facer pasar por ela os trens de alta velocidade, os enxeñeiros tiveron que contemplar a necesidade de protexer unha construción tan alta dos fortes ventos que se producen nun val tan profundo, e o feito de que a estrutura se atope entre dous túneles. Durante semanas, os veciños e os automobilistas que pasaban pola estrada inferior puideron observar todo un prodixio da técnica: como dous carros de construción avanzaban pouco a pouco, un desde a ladeira situada no Concello da Estrada e outro desde o de Vedra, para se xuntar con precisión milimétrica a medio camiño, sobre o espectacular arco apuntado que sostén a estrutura. O resultado é o viaduto máis alto da rede española de tren de alta velocidade, pois o arco central aproxímase aos 170 metros de luz. Nove columnas sobre o terreo e cinco máis sobre o arco sosteñen os seus 630 metros de longo; o deseño imita, actualizándoo, o do seu predecesor, e recibiu o Premio San Telmo en 2011 á mellor obra de enxeñería civil edificada en Galicia. As obras remataron en 2010, dando a este paso natural do Ulla o seu aspecto actual.

Bouzas, un barrio vigués de moda e con historia
Todas as grandes cidades son, no fondo, a unión de varias vilas máis pequenas que se foron sumando ao núcleo principal. Vigo non é unha excepción: o enorme crecemento que experimentou ao calor da industrialización do século XX fixo que á urbe se anexionase gran número de parroquias que un día estaban separadas do centro por leiras e campos de labor e que hoxe están plenamente integradas na trama urbana. Case todas conservaron un carácter especial, e unha das máis orgullosas do seu pasado é a de Bouzas, que, ademais, foi concello independente ata hai pouco máis dun século.

A vista desde o mar da vella Bouzas declara rapidamente a súa calidade de vila por dereito propio: casas mariñeiras baixas lambendo a beira do océano, un campanario antigo presidindo a imaxe… Ata 1904 e tras medio milenio de independencia administrativa, Bouzas foi un municipio distinto, centrado na industria do mar e, á vista das moitas casas burguesas que se conservan arredor da igrexa de San Miguel, un ben próspero.

É precisamente arredor do templo onde se concentra o atractivo histórico de Bouzas. A igrexa de San Miguel ten raíces no século XVI. En orixe estaba chantada practicamente na beira do océano e ás súas costas medrou a antiga parroquia. As casas mariñeiras que hoxe se poden contemplar camiñando polo paseo marítimo fan proba daquela época na que aquí se concentraba unha parte moi importante da pesca tradicional da cidade. A construción do porto vigués e as posteriores ampliacións do peirao modificaron substancialmente a percepción que hoxe se ten de Bouzas, aínda que as calles máis vellas entre o mar e a alameda Suárez Llanos seguen tendo sabor antigo.

E tamén sabor moderno: moitos dos edificios que se conservan, levantados entre o XIX e o XX, acollen hoxe establecementos de hostalería que pasan por estar entre os mellores e máis innovadores de Vigo. O tapeo é relixión en Bouzas, e o visitante pode pasar un día fantástico percorrendo a praia urbana, as rúas e as terrazas, degustando as propostas máis tradicionais e, á beira, receitas contemporáneas que triunfan con moita frecuencia en concursos de petiscos a nivel autonómico. En moitos dos establecementos estarán encantados de contar a historia do local: preguntade e veredes que onde hoxe hai un restaurante, en tempos traballou un carpinteiro ou almacenouse sal para conservar os produtos do mar. Paga tamén a pena perderse polos corredores da praza de abastos ou visitar o comercio tradicional, que resiste neste lugar no que, como din os seus habitantes, un está en Vigo sen estar en Vigo. En Bouzas celébranse, ademais, varios mercados que están entre os máis populares da cidade.

Barrio de pescadores, primeiro, e de estaleiros e industrias, despois, Bouzas loce ademais o orgullo de contar cun dos equipos de fútbol máis antigos de Galicia, o Club Rápido de Bouzas, xa cun século de existencia ás costas.