O itinerario de Exeria – Turismo de Galicia

Unha exposición para coñecer a pegada de Galicia no mundo
Que obra recolle a primeira mención coñecida a Breogán? Cal era o edificio máis importante de Europa na Idade Media? Quen foi a primeira muller escritora da Península? A estas e outras moitas preguntas dá resposta “Galicia, un relato no mundo”, a exposición que se pode ver na actualidade no Museo Centro Gaiás, da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Trátase da primeira mostra promovida pola Consellería de Cultura e Turismo no marco dos preparativos do Xacobeo 2021.

A mostra, que poderá ser visitada ata o 12 de abril do 2020, pon a Galicia baixo os focos destacando a interacción desta terra con outros lugares do mundo. Está estruturada en catro bloques (mitos, historias, memorias e vidas) e reúne 300 pezas procedentes de 8 países e 3 continente diferentes. Algunhas delas é a primeira vez que se poderán ver en Galicia.

A continuación poderás coñecer algunhas das obras máis destacadas.

Mapa de  Sawley. É unha das pezas máis importantes da exposición e procede de Cambridge. Permite constatar a relevancia que a cidade de Santiago de Compostela tiña na Idade Media. Así, esta obra, datada a finais do século  XII e considerada como un dos primeiros mapamundis enciclopédicos de Europa, sitúa á catedral de Santiago como o edificio máis importante do continente ao representalo nun tamaño maior incluso que a basílica de San Pedro (Roma).

O libro das invasións. Desde Irlanda, máis concretamente desde o Trinity College de Dublín, chega a Galicia unha obra contemporánea do Mapa de Sawley e que liga directamente a estes dous países de tradición celta. “O libro das invasións” narra as distintas conquistas de que foi obxecto Irlanda segundo a súa antiga mitoloxía e recolle a primeira mención a Breogán da que se ten coñecemento. Ademais, a obra relata que o líder lendario erixiu o Faro de Brigantia, cidade identificada coa Coruña, e que foi ese o lugar desde o que un dos seus fillos avistou por vez primeira Irlanda.

Biblia Kennicott. A diferenza das dúas pezas anteriores, está non será a primeira vez que a Biblia Kennicott está en Galicia, posto que foi aquí (na Coruña) onde foi confeccionada en 1476 por encargo dun comerciante xudeu que uns anos despois tería que deixar esta terra polo decreto dos Reis Católicos que prohibía esa relixión. A Biblia iniciou entón un periplo por diversos territorios e permaneceu desaparecida durante varios séculos, ata que foi localizada e adquirida pola Universidade de Oxford. Agora, máis de 500 anos despois da súa marcha, regresa a Galicia.

O itinerario de Exeria. Unha aristócrata romana que habitou na Gallaecia no século IV, Egeria, reúne o dobre mérito de ser a primeira muller escritora da Península e de ser a autora do primeiro relato de viaxes do que se ten constancia nese mesmo ámbito xeográfico. Exeria foi recollendo as experiencias do seu percorrido por diversos lugares santos de Exipto, Antioquía ou Constantinopla en forma de cartas. Parte daquel relato sobreviviu ao paso do tempo ata ser incluído no Codex Aretinus 405, unha obra do século XI descuberta en 1884, e que agora visita por primeira vez Galicia procedente da Biblioteca de Arezzo en Italia.

Guerrero de Lesenho. O Museo Nacional de Arqueoloxía de Portugal é o lugar de procedencia doutras das pezas de “Galicia, un relato no mundo” que se poden ver por primeira vez nesta terra. Trátase da estatua de pedra dun guerreiro galaico de gran riqueza iconográfica que ademais permite que o público se achegue á época da Idade de Ferro e aos primeiros contactos entre a poboación local e o Imperio Romano.

Cancioneiro da Vaticana. As obras e os autores máis importantes da tradición literaria galaico portuguesa (Alfonso X, Paio Gómez Chariño, Airas Nunes…) está presente nesta colección de 1.200 cantigas que foron copiadas en Italia a comezos da Idade Moderna e que deixou temporalmente a Biblioteca Apostólica Vaticana para visitar por primeira vez Galicia.

A Santa. O escultor cambadés Francisco Asorey sorprendeu na Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid de 1926 cunha escultura inspirada na muller labrega galega e cargada de gran simbolismo. Anos despois, a mediados do século pasado a peza emprendeu viaxe rumbo a América do Sor e desde entón non regresara a Galicia. Agora, chega desde a Casa de Galicia en Montevideo para que o público poida gozar dunha peza tan controvertida na súa época como significativa.

Liber Sancti Iacobi. Dous dos exemplares máis importantes do Liber Sancti Iacobi, os que se gardan na Biblioteca Apostólica Vaticana e na Biblioteca Xeral Histórica da Universidade de Salamanca, reúnense en Compostela por primeira vez co máis valioso de todos (e que ademais lles serviu de modelo), o Códice Calixtino, para mostrar en todo o seu esplendor o relato da visita en soños do Apóstolo Santiago a Carlomagno.

Bandeira do Terzo de Galegos de Buenos Aires. Un grupo de 600 voluntarios galegos xogaron un papel destacado na defensa da cidade arxentina da invasión inglesa en 1807. A súa bandeira, que mostra o escudo de Galicia nunha cara e o de Bos Aires na outra, é unha peza de enorme importancia histórica que ademais está relacionada cos sucesos que acabaron por desembocar na proclamación da República Arxentina.

O paraíso terreal. Parte da nobreza galega implicouse activamente na política da monarquía española nos séculos XVI e XVII e algúns dos seus representantes convertéronse tamén en mecenas e coleccionistas de artes. Foi o caso do Gran Conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro, que reuniu en Monforte unha importante colección de obras, como o Paraíso terreal de Pieter Bruegel O Novo. Custodiada na actualidade no Museo do Prado, sumouse tamén á exposición do Museo Centro Gaiás.

Todas estas pezas e o resto das obras presentes en “Galicia, un relato no mundo”, poderán ser contempladas tamén a través de sistemas de realidade virtual aumentada para que a experiencia do espectador sexa máis completa e sorprendente. Coa axuda dunhas lentes de realidade virtual poderán embarcarse nun transatlántico con destino a América seguindo os pasos dos emigrantes de mediados do século  XX, buscar en Turquía a inscrición máis remota referente aos pobos galaicos ou mergullarse no ambiente medieval do Camiño de Santiago.

“Galicia, un relato no mundo” permanecerá no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) desde o 15 de novembro do 2019 ata o 12 de abril do 2020. Pódese visitar de forma gratuíta de martes a domingo, de 10 a 20 horas.