Mondariz – Turismo de Galicia

O legado de Asorey nas rúas de Galicia
Centenares de pezas escultóricas poboan Galicia lembrando a personaxes e acontecementos históricos e convertendo rúas e prazas en auténticos museos ao aire libre. Forman un catálogo artístico que se nutriu do talento de ducias de creadores de épocas e estilos moi diversos. Entre todos eles destaca especialmente polo recoñecemento que tivo xa na súa época e pola influencia que tivo entre os seus contemporáneos e entre creadores posteriores Francisco Asorey. O artista nado en Cambados o 4 de marzo de 1889 e falecido en Compostela en 1961 (os seus restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres) está considerado como un dos creadores que máis importancia tiveron na renovación da escultura española no século XX. Ademais, deixounos un importante legado artístico que nos permite seguir a súa pegada por boa parte de Galicia e descubrir a un bo puñado de personalidades.

Santiago de Compostela

Monumentos a San Francisco e o Sagrado Corazón

A cidade na que pasou boa parte da súa vida garda varias das obras de Francisco Asorey. A máis visible e importante é o monumento a San Francisco de Asís no que o escultor estivo a traballar entre os anos 1925 e 1930 para conmemorar o sétimo centenario da morte do santo italiano. A escultura está situada fronte á fachada do mosteiro que o propio santo mandara construír a comezos do século XIII en Compostela tras peregrinar para visitar a tumba do Apóstolo. Ademais, no patio do colexio Compañía de María pódese ver unha escultura do Sagrado Corazón de Jesús esculpida por Asorey no ano 1940.

Lalín

Monumentos a Loriga e a Aller

Dúas son as obras de Asorey que garda o municipio de Lalín, aínda que neste caso e a diferenza das compostelás, non se trata de creacións relixiosas, senón de dúas pezas ideadas para homenaxear a dúas destacadas personalidades da capital da comarca do Deza. A primeira, datada no ano 1933, está dedicada ao aviador Joaquín Loriga, famoso por formar parte na Escuadrilla Elcano que completou un “raid” aéreo entre Madrid e Filipinas en 1926 e por ser un dos pioneiros de aviación en Galicia (1927). Os seus veciños iniciaran unha subscrición popular para regalarlle un aeroplano, pero tras a súa tráxica morte nun accidente aéreo en Madrid optaron por empregar o diñeiro para erixirlle un monumento, que foi encargado a Asorey e inaugurado en 1933. Xa a finais dos anos 50 o talento do escultor volvería ser reclamado desde Lalín para  inmortalizar en pedra a outro ilustre lalinense, o matemático, sacerdote e astrónomo Ramón María Aller Ulloa.

A Coruña

Monumento a Manuel Curros Enríquez

A xestación do impoñente monumento co que a cidade da Coruña lembra ao escritor e xornalista Manuel Curros Enríquez prolongouse por espazo de case tres décadas e estivo marcada por diversos problemas. O falecemento de varios membros importantes da Real Academia Galega (entidade promotora da homenaxe), as dúbidas sobre a localización do monumento, o feito de que o primeiro concurso de ideas convocado quedara deserto e a insuficiencia dos fondos para acometer o proxecto co que Asorey gañou o segundo concurso foron algunhas das trabas que tivo que superar. Finalmente foi inaugurado en 1934 nos xardíns de Méndez Núñez, pero nunca se chegou a completar o plan inicial de depositar as cinzas de Curros nun espazo habilitado para ese efecto na parte posterior da obra.

Samos

Monumento ao Pai Feijóo

Tamén se fixo esperar a escultura coa que os responsables do mosteiro de San Xulián de Samos quixeron lembrar o paso polo cenobio dun dos seus monxes máis ilustres, Benito Jerónimo Feijóo e Montenegro, máis coñecido como o pai Feijóo (1676-1764) e un dos máis destacados representantes da ilustración. O proxecto xurdira no ano 1935, pero tivo que ser aparcado por mor da Guerra Civil e non sería retomado ata os anos 40. Finalmente, a estatua esculpida por Asorey e colocada no centro do claustro ao que dá nome o propio Feijoo foi inaugurada no ano 1947.

Vigo

Monumento a García Barbón

A importancia que o empresario e mecenas José García Barbón (1831-1909) tivo en Vigo déixase ver en edificios como o teatro que leva o seu nome e na Escola de Artes e Oficios. E tamén no monumento co que a cidade quixo demostrar o seu agradecemento uns anos despois da súa morte a este emigrante que prosperara en Cuba e que, ao seu regreso a Galicia, tras pasar uns anos en Verín natal decidiu instalarse definitivamente en Vigo. Asorey ideou neste caso unha escultura de grandes dimensións coa figura de García Barbón sentado e co deus Hermes presidindo o conxunto desde a súa parte superior. A peza foi inaugurada no ano 1927 polo Rei Alfonso XIII na avenida dedicada tamén ao mecenas e moi preto da vivenda que habitara na cidade, pero anos despois foi trasladada a unha rotonda da rúa Isaac Peral. Outra obra de Asorey en Vigo é a escultura dedicada a Eduardo Cabello, o enxeñeiro responsable das obras do porto da cidade. Esta peza está situada na zona de Bouzas e foi inaugurada só un ano despois que a de García Barbón.

Pontevedra

Monumento a Manuel Barreiro Cabanelas

Manuel Barreiro  Cabanelas (1867-1950) é outro emigrante que prosperou na emigración (Brasil), destacou polas súas obras filantrópicas e foi inmortalizado por Francisco Asorey. As importantes doazóns que realizou ao Hospital Provincial de Pontevedra e que permitiron ampliar os seus servizos en varias ocasións motivaron que a Deputación impulsase a comezos dos anos 40 do século pasado a construción dunha estatua que cambiou de localización polo menos nun par de ocasións, pero sen afastarse nunca da fachada do hospital. Orixinalmente, estaba situada sobre unha fonte, pero esta foi retirada durante un deses cambios de emprazamento.

Mondariz

Monumento ao médico Rodríguez

Relacionada coa medicina está tamén a escultura inaugurada en Mondariz en 1925. Maximino Rodríguez Fornos foi un médico que faleceu como consecuencia dunha infección mortal contraída durante a súa intervención nun parto complicado. En homenaxe á súa entrega e por subscrición popular foille encargada a Asorey unha peza na que xunto ao busto do homenaxeado álzanse unhas figuras que poden ser interpretadas tanto como deuses gregos como os protagonistas do episodio que provocou a morte do médico.

Lugo

Monumento ao alcalde López Pérez

Alcalde de Lugo durante catro períodos diferentes entre os anos 1905 e 1931, ademais de avogado e presidente do Círculo das Artes, Ángel López Pérez deixou unha pegada indeleble na cidade da Muralla ata o punto de ser designado de forma honorífica “alcalde perpetuo”. De novo, Asorey foi o escultor elixido para converter en arte unha homenaxe para a posteridade, que aínda se pode contemplar no parque Rosalía de Castro. A escultura, que inclúe unha fonte e un estanque, foi inaugurada en 1958, pero os plans para render unha homenaxe veciñal a Ángel López Pérez remontábanse a comezos dos anos 30.

Marín

Estatuas para a Escola Naval

A Escola Naval Militar de Marín pode presumir de albergar un total de catro creacións de Asorey. Todas elas foron encargadas con motivo do traslado do centro de estudos da Armada desde Cádiz a Marín e a súa inauguración en 1943. Nesa data Asorey xa concluíra unha escultura en pedra dedicada á Virxe do Carmen, patroa das xentes do mar, e unha estatua en bronce de Álvaro de Bazán, famoso almirante do século  XVI. Nos anos seguintes sumaríanselles os bustos dedicados a outros dous ilustres mariños: Isaac Peral e José Luis Díez.

Cangas

Monumento a Soage

Outra das estatuas que Asorey tallou para homenaxear a un filántropo atópase en Cangas. O monumento dedicado a José Félix Soage está datado en 1924 e foi colocado un ano antes de que se inaugurase a praza de abastos sufragada cos donativos deste cangués emigrado a Arxentina. A peza está formada polo busto de Soage e a imaxe dun mariñeiro sostendo un remo e atópase nos xardíns que levan tamén o nome do  filántropo.

Cambados

Monumento a Cabanillas e homenaxe a Asorey

A localidade que viu nacer a Asorey tampouco podía permanecer allea ao legado do escultor. Nas súas rúas pódese ver o monumento levantado en memoria doutro veciño ilustre da localidade e ao que ao estivo unido por unha relación de amizade e por diversos paralelismos nas súas traxectorias: Ramón Cabanillas. O denominado “poeta da raza” foi homenaxeado polo “escultor da raza” cunha peza composta por un gran bloque de pedra sobre un pedestal no que se pode ver un busto do escritor. A obra, situada no Paseo da Calzada, foi inaugurada un ano antes da morte do escultor, que pouco tempo despois sería o destinatario da súa propia homenaxe. Neste caso foron dous dos seus discípulos, José Cao Lata e Joaquín Gil Armada, os encargados de dar forma a unha peza inaugurada en 1965 na praza dedicada tamén a Asorey e na que ademais do rostro en bronce do escultor pódese ver unha réplica dunha das súas creacións máis famosas: A Naiciña.

De ruta por algúns dos cruceiros máis singulares de Galicia
Diseminados por toda Galicia, os cruceiros constitúen xa un elemento máis da paisaxe desta terra e unha dos principais símbolos da identidade das súas aldeas, pobos e cidades. É difícil precisar cantas destas pezas poboan as inmediacións das igrexas, dos cruces de camiño e doutros puntos de significación especial como cemiterios ou cimas de montes, pero algunhas estimacións elevan a cifra por enriba dos 10.000. Forman pois un patrimonio inxente, pero tamén de gran valor artístico e histórico. E moitas destas pezas son, ademais, únicas pola súa calidade escultórica, a súa importancia histórica ou a súa singularidade. A continuación propoñémosche un percorrido por unha pequena selección dalgúns dos cruceiros máis emblemáticos de Galicia.

Cruceiro do Hío

Cangas

Considerado por moitos como o  cruceiro máis bonito de Galicia, esta maxestosa peza situada na parroquia canguesa do Hío foi construída no ano 1872, tal como se pode ler nunha das súas tallas. Os expertos atribúena ao mestre Cerviño e destacan da obra o detalle e a variedade das esculturas que se poden ver desde a súa base ata o seu punto máis alto. O pecado orixinal, a Inmaculada e o desencravo de Cristo son algunhas das imaxes que forman este espectacular cruceiro situado nun punto desde o que tamén  gozaremos das vistas da ría de Aldán.

Os Cruceiros Bonitos

Abegondo

A súa peculiar forma e a súa beleza propiciaron a singular e descritiva denominación coa que é coñecido este cruceiro situado no municipio coruñés de Abegondo. A súa construción data de 1787 e aínda que na actualidade se atopa nas marxes da estrada AC-542, orixinariamente estaba situado no Camiño Inglés. As catro columnas coroadas por senllas figuras que flanquean o varal e que están unidas a leste por pezas metálicas distíngueno da maioría dos cruceiros que se poden ver en Galicia e lígano con algunhas das pezas da Bretaña francesa.

Cruceiro de Melide

Melide

No centro da localidade coruñesa de Melide, en pleno Camiño Francés, atopamos esta peza do século XIV. Esa datación convértea no cruceiro máis antigo de Galicia, aínda que algúns especialistas consideran que non se trata dun cruceiro no sentido máis estrito, senón dunha cruz que orixinalmente formaba parte doutro conxunto escultórico e que foi reconvertida con posterioridade para ese uso. De feito o fuste é máis moderno e a peza cambiou de localización polo menos tres veces. En calquera caso, trátase dunha obra emblemática.

Cruceiro de Mondariz

Mondariz

O  cruceiro situado no cemiterio municipal de Mondariz podería compartir paternidade co do Hío, aínda que o motivo da súa inclusión nesta listaxe é moi diferente. O que converte esta peza nun monumento singular son as súas dimensións. Os seus oito metros e medio de altura, dos que máis de 5 corresponden ao fuste e o resto ao capitel e á cruz, convérteno no cruceiro máis alto de Galicia por diante doutras pezas monumentais como as situadas na colexiata de Santa María do Campo, na Coruña; na igrexa de Santa María A Antiga, da Pobra do Caramiñal, ou na de aldea de Romelle, en Zas.

Cristo Enxoito

Xermade

Algúns cruceiros foron resgardados baixo construcións posteriores de tipoloxías diversas para protexelos das inclemencias meteorolóxicas, pero no caso do situado xunto á igrexa parroquial de Xermade a solución adoptada convérteo nun caso singular. Un pequeno disco circular de pedra sobresae sobre a cruz a modo de paraugas ou parasol.

Cruceiro da Santísima Trindade

Baiona

Datado no século XV, este cruceiro localizado na parte alta de Baiona destaca polo  baldaquino de forma piramidal que o cobre, pero tamén polas figuras que adornan o conxunto e polas policromías que aínda se poden apreciar nelas e que as emparentan coas do Pórtico da Gloria. O lugar serviu, en tempos da peste negra, de altar desde o que oficiar misas.

Cruceiros da Ruta do Mar de Arousa e o río Ulla

Municipios da ría de Arousa

Un total de 17 cruceiros integran este conxunto sen parangón, debido a que forman o único viacrucis fluvial do mundo. Foron levantados nos anos 60 do século pasado para lembrar e conmemorar o percorrido que segundo a tradición seguiu a embarcación que trasladaba os restos do Apóstolo Santiago ata Pontecesures. Están situados en puntos sinalados da costa dos municipios situados en ambas beiras da ría de Arousa: desde Ribeira ata Pontecesures.

Cruz da Pedra da Serpe

Corme (Ponteceso)

A importancia deste monumento situado nun cruzamento de camiños nas inmediacións da aldea de Gondomil non radica na cruz, senón no que se atopa baixo dela: unha serpe alada tallada directamente nunha pedra de granito e que podería ter a súa orixe nalgún culto pagán ancestral. A cruz colocada posteriormente tería como obxectivo cristianizar o lugar e liberalo do seu significado orixinal.

Cruceiro do Cebreiro

O Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro)

A súa situación, nun dos puntos máis emblemáticos do Camiño Francés, fai que a influencia do fenómeno xacobeo e do culto ao Apóstolo sexa moi visible neste  cruceiro. O propio Santiago aparece representado no fuste do cruceiro coas vestimentas típicas do peregrino e varias vieiras, outro dos grandes símbolos de quen realiza esta ruta, decoran as esquinas do capitel.