Mañón – Tourism of Galicia

Estaca de Bares, divisoria de dous mares
Coma un puñal atravesando as augas, Estaca de Bares divide en dous o océano, o Atlántico a un lado e o mar Cantábrico ao outro. Cada cabo dos que posúe a costa galega ten o seu espírito distintivo e este non é unha excepción, por paisaxe e por historia.

Estaca de Bares é o lugar máis ao norte de toda a Península Ibérica e un deses puntos xeográficos clave que estudan todos os escolares de España. Pertence a Mañón, un concello situado á beira do río Sor e cheo de enclaves naturais de gran beleza e de pequenas vilas como O Barqueiro ou Bares, que conservan todo o encanto das localidades mariñeiras de antes.

O cabo, frecuentemente azoutado polo vento do nordés, é un auténtico santuario para as aves. Centos de miles delas (alcatraces, pardelas, gaivotas, corvos mariños…) viven aquí ou utilizan a zona como paso nas migracións. A ambos os dous lados desta divisoria de mares esténdese unha costa abrupta e salvaxe. Ollando cara ao norte, á dereita quedará a ría de Viveiro; e á esquerda, a de Ortigueira, co cabo Ortegal, en tantas cousas semellante á Estaca, pechando a liña do horizonte. No estremo do cabo atópase o faro, unha estrutura edificada en 1850, a época na que se empezaron a tomar medidas para paliar a bravura da costa norte galega. Ao seu pé nacen varios camiños que levan practicamente á beira do acantilado, pasando xunto a unha vella torre de sinais. Un vento forte, de indescritible aroma salgado, está garantido.

Preto do faro, camiñando cara ao leste pola estreita estrada costeira, uns edificios abandonados chaman a atención do viaxeiro. Trátase da chamada base americana de Bares, en realidade unha estación emisora do sistema de navegación LORAN, precursor do GPS e guía dos barcos e avións militares estadounidenses durante decenios. A base funcionou entre 1961 e 1991 e os seus habitantes, os soldados primeiro das forzas aéreas e logo da US Navy, foron os introdutores na zona de símbolos da modernidade coma os pantalóns vaqueiros ou a música rock. A súa pegada aínda se recorda en moitas localidades da zona, de Ortigueira a Viveiro.

Aínda un pouco máis alá, apartado da estrada que une o faro co Porto de Bares, atópase outro edificio, coñecido como “o semáforo”. Trátase dun antigo posto de observación e de sinalización desde o que, no século XIX, se tentaba disuadir aos barcos mediante bandeiras do perigo que supuña acercarse á costa. Hoxe foi reconvertido en hotel.

Estaca de Bares aínda garda unha sorpresa arquitectónica máis, desta volta na súa parte alta. Trátase da coñecida como Garita de Bares, un vello posto de vixilancia situado na parte máis elevada do cabo. Resulta algo complicado chegar a ela, pois accédese a través dunha estreita pista bastante rota, mais paga a pena tentalo: as vistas desde alí son espectaculares, co faro e a base americana no estremo da terra, o mar batendo a ambos lados e os paxaros atravesando o aire a toda velocidade.

Estaca de Bares
Estaca de Bares

Situación:

Extremo norte da provincia da Coruña, concellos de Ortigueira e Mañón.

Superficie:

935,79 ha.

Acceso:

Pola estrada AC-862 (Ferrol-Viveiro) ata a ría do Barqueiro e desvío cara ao porto de Bares, pola AC-100.

Servizos:

Aloxamento: Si.

Comer: Si.

Equipamentos:

Estación Ornitolóxica de Estaca de Bares (lugar de Muíños, parroquia de Bares).

Outros espazos naturais relacionados / próximos:

LIC “Costa da Mariña Occidental” LIC “Ortigueira-Mera”

A ollada do norte

Latitude 43° 47′ 23.6′′ N, lonxitude 7° 41′ 17.9′′ W. Na carta de presentación da punta Estaca de Bares sempre se inclúen as súas coordenadas como punto máis setentrional da península Ibérica e, ademais, divisoria xeográfica entre o océano Atlántico e o mar Cantábrico. Este enclave xa fora declarado Sitio Natural de Interese Nacional nos tempos da II República.

A esta situación estratéxica debe gran parte da súa sona internacional como paso obrigado para centos de miles de aves. A este punto conducen varias rutas migratorias de especies mariñas e terrestres procedentes do Atlántico, o Mediterráneo e o Ártico. As valoracións máis optimistas acadan cifras que exceden os dous millóns e medio de exemplares voando cara ao oeste os que por aquí pasan. É o lugar ideal para observar non só aves como, por exemplo, o mascato, senón tamén cetáceos en augas próximas.

Ademais do faro, existe un miradoiro no antigo semáforo da mariña, convertido na actualidade nun hotel de natureza. Desde alí podemos ver os restos da base de control marítimo colgada sobre os cantis a carón da cal se pendura en vertixe unha sucesión de muíños que forman un conxunto que nos trae imaxes de terra máis ao norte. Con todo a intervención humana máis antiga é o peirao prerromano de Bares (Mañón).

O espazo protexido abrangue tamén a costa de Loiba (Ortigueira) cuxos xigantes cantís protexen algunha das praias máis solitarias de Galicia debido ao seu difícil acceso. A forza do mar explica o curioso sistema de amarre das lanchas que nesta zona se sosteñen nas ladeiras por roldanas para evitar que as leve a preamar.

Moi próximo ao espazo protexido paga a pena achegarnos á vila mariñeira do Porto do Barqueiro e á estampa idílica do río Sor na súa desembocadura.

View Larger Map

Praias Cercanas a Mañón
A praia está protexida das correntes por un dique considerado de orixe fenicia. En fronte, a deshabitada illa de Coelleira.

Situada na base da península que leva a Estaca de Bares, o cabo situado máis ó norte de España. E, como en toda Galicia, areas brancas e finas.

View Larger Map

Beached close to Mañón
The beach is protected from the tides by a reef – considered to be Phoenician in origin. Opposite lies the uninhabited island of Coelleira.

Located at the base of the peninsula that leads to Estaca de Bares, the northernmost cape in Spain. And, as always in Galicia, fine, white sands.

View Larger Map