lenda – Turismo de Galicia

Unha historia de lenda para o santuario da Pastoriza
Rechiario, primeiro rei suevo de Galicia; o conquistador Almanzor, unha pequena pastora e os soldados do corsario Drake son algúns dos protagonistas da historia do santuario da nosa Señora da Pastoriza, un lugar de culto e peregrinación situado en Arteixo, pero cuxa pegada transcendeu os límites dese municipio coruñés para atraer a atención de fieis, curiosos e estudosos doutros moitos puntos de Galicia.

O aspecto actual do templo débese ás obras acometidas no século XVII baixo o influxo do barroco predominante na época, aínda que a súa arquitectura orixinal correspondería ao románico de comezos do milenio pasado. E de ser certa a lenda, a primeira construción sería aínda máis antiga, xa que as súas orixes habería que buscalas no ecuador do primeiro milenio, época na que Rechiairio ascendeu ao trono de  Gallaecia tras a morte do seu pai, o rei  Rechila. Así o relata a ilustre escritora Emilia Pardo Bazán en “A lenda da Pastoriza”, texto que escribiu tras unha visita ao lugar realizada en xuño de 1887.

A autora de “Os pazos de Ulloa” explica que Rechiario, tras a súa conversión ao cristianismo, converteuse en posuidor da “primitiva imaxe que hoxe, despois de sufrir importantes modificacións, séguese venerando baixo a advocación da nosa Señora da Pastoriza”. E conta tamén que foi ese mesmo monarca quen construíu a primeira ermida na zona, hipótese que defende con argumentos como o feito de que unha da parroquias anexas á Pastoriza leve o nome de Suevos, o que confirmaría o vínculo desa área co monarca.

A destrución da ermida orixinal tería lugar cinco séculos máis tarde, a finais do primeiro milenio, durante outro episodio tamén narrado por Pardo Bazán: a incursión que o caudillo musulmán Almanzor levou a cabo por Galicia no ano 997. O relato tradicional daquel suceso conta que Almanzor arrasou a cidade de Santiago de Compostela, respectando unicamente o sepulcro do Apóstolo e levándose a Córdoba as campás do templo  prerrománico. Pero a historia recollida pola escritora apunta que a ermida arteixá tamén sufriu o ataque das hostes de Almanzor, resultando completamente destruída. Mellor sorte correu a imaxe da Virxe, debido a que sería escondida nun lugar próximo ao templo pouco antes da chegada dos invasores. O Berce da Virxe é o nome que recibe hoxe esa paraxe e é aí onde se desenvolve outro dos episodios cruciais da historia/lenda da Pastoriza.

A escultura que se alza na actualidade sobre a rocha situada, monte arriba, a un par de centenares de metros do santuario, non fai senón conmemorar a aparición un par de séculos máis tarde da imaxe escondida durante o ataque de Almanzor. Do mesmo xeito que ocorre noutros relatos milagrosos da tradición cristiá, foi unha nena que estaba pastoreando ovellas a responsable do achado tras ver unhas estrañas luces sobre o lugar. Tras avisar aos veciños e levantar unhas pedras apareceu a imaxe. Iso é, polo menos, o que conta a lenda. Con todo o feito de que ese lugar fose aparentemente escenario de antigos cultos druídicos pode indicar que do mesmo xeito que ocorreu con outras paraxes similares, o relato tivese tamén como obxectivo cristianizalo e borrar as connotacións pagás anteriores. Alí sitúase, así mesmo, a Cadeira do Rei, unha pedra similar a un asento que, segundo outra lenda arteixá, foi mandada colocar por Rechiario para poder contemplar parte das súas posesións.

Sexa como for, o descubrimento da imaxe e a construción dun novo templo destinado a albergala puxeron os cimentos dunha devoción que se foi acrecentando co pasar dos séculos e sentaron as bases da fama dun lugar que aínda sería escenario doutro suceso situado a medio camiño entre a lenda e a historia. Do mesmo xeito que ocorreu con Almanzor, o santuario arteixán volveu sufrir a finais do século XVI os danos colaterais do ataque a outra cidade galega. Neste caso foi unha frota inglesa liderada polo corsario Francis Drake a que en 1589 atacou A Coruña. O intento de invasión concluíu coa derrota dos ingleses despois de dúas semanas de sanguentos combates, pero antes de abandonar a zona algúns soldados terían tempo de desprazarse ata Arteixo en busca dalgún botín. Neste caso, a lenda recollida por Pardo Bazán conta que os ingleses sacaron a imaxe da Virxe da igrexa e trataron de esnaquizala propinándolle un machadazo e rompéndoa en varios anacos, pero milagrosamente estes volvéronse unir, o que propiciou que os invasores fuxisen sen causar máis danos no lugar.

Hoxe en día, tanto o templo que garda esa imaxe como o Berce da Virxe son o motivo que leva aos romeus a acudir ata Arteixo en masa especialmente coincidindo coa celebración de San Miguel, cada 29 de setembro. Un carreiro une ambos os lugares para que os visitantes que acoden ao templo para venerar a imaxe antiga poidan achegarse ata a escultura situada no Berce da Virxe, cumprir co rito de dar tres voltas ao seu ao redor antes de bicala e lembrar todos os sucesos que, segundo esta historia chea de lendas, alí tiveron lugar.

Lecer, historia, paisaxe, devoción e lenda nos montes da Paradanta
Multitude de rutas percorren toda Galicia descubrindo a quen se interna nelas os innumerables encantos desta terra. Algunhas son monográficas e céntranse en aspectos moi concretos do noso patrimonio (natural ou arquitectónico), a nosa historia ou a nosa etnografía, pero hainas que combinan varios deses elementos diversos para ofrecernos a posibilidade de realizar un achegamento máis amplo sen outro requisito que dispoñer dunhas horas de tempo libre e ganas de gozar da viaxe. Neste segundo apartado encádrase unha ruta que discorre por terras do municipio pontevedrés da Cañiza para elevarse ata o alto dos montes da comarca da Paradanta mostrándonos a cada paso lugares nos que se mesturan o lecer, a historia, a devoción e as lendas.

Santuario da Franqueira

O punto de partida deste percorrido é un dos centros de devoción máis importantes e coñecidos de toda Galicia. O santuario da nosa Señora da Franqueira aséntase na igrexa dun mosteiro xa desaparecido e é escenario de dúas romarías de gran popularidade e tradición que propiciaron que a celebración fose declarada Festa de Interese Turístico. Fieis de toda Galicia e do norte de Portugal acoden ata alí para mostrar a súa devoción por unha das imaxes marianas máis antigas da comunidade e que conta cunha lenda que a une de xeito directo con outros dos puntos deste percorrido. A Virxe da Franqueira é a protagonista de dúas celebracións con elementos diferenciados: a Romaría das Pascualillas, que se celebra o luns de Pentecostés, e a Romaría de Setembro ou da Natividade da Virxe, que ten lugar os días 7, 8 e 9 de setembro. Pero calquera época do ano é boa para visitar un templo no que conviven os estilos románico e gótico.

Fonte do Anxo

Unha antiga fonte de trazas románicas confirma o paso de peregrinos e romeiros polo lugar desde hai séculos. O anxo que a coroa dá nome ao lugar e propiciou ademais que a Virxe da Franqueira sexa coñecida tamén como a Virxe da Fonte. Non fai falta dirixirse ao santuario para deterse no lugar e refrescarse.

Alto da Cruz

A cruz colocada no alto do monte marca o final do vía crucis colocado hai medio século e ábrenos as portas a un espectacular miradoiro natural desde o que é posible contemplar e admirar as paisaxes de boa parte da provincia de Pontevedra e mesmo cumios da veciña Ourense. Os máis madrugadores poderán gozar dun belo amencer desde alí, aínda que outra opción é deixar esta visita para o último momento da xornada e contemplar desde alí a posta de sol.

Miradoiros da Paradanta

De inspiración castrexa, estes pequenos cercados de forma circular e dotados de bancos no seu interior son un bo lugar no que facer un alto para descansar sen deixar por iso de gozar das paisaxes que nos rodean. A Serra do Suído e os montes de Portugal están desde aquí ao alcance dos nosos ollos.

Neveiro dos Frades

Uno dos principais vestixios que nos deixaron os monxes que habitaron o antigo mosteiro da Franqueira atópase tamén nas alturas destes montes. Trátase dun neveiro construído polos frades a mediados do milenio pasado para aproveitar a neve que caía na cima no inverno. O pozo de varios metros de profundidade escavado e protexido por pedras permitíalles almacenar esa neve en forma de xeo e empregala noutras épocas do ano para usos diversos como a conservación dos alimentos e fins terapéuticos.

Coto da Vella

O punto culminante do percorrido volve conectar co santuario da Franqueira, aínda que neste caso non cos monxes, senón coa súa moradora máis famosa: a propia imaxe da Virxe. Trátase dunha pequena gruta na que segundo a tradición, permaneceu oculta durante séculos a imaxe ata que foi atopada por unha anciá. Conta a lenda que a escultura foi subida a un carro tirado por bois aos que lles taparon os ollos para que a propia Virxe os guiase ata o lugar onde quería que fose levantado o seu santuario. A recreación de parte deste relato do traslado é hoxe en día un dos actos máis destacados da romaría que se celebra en setembro e a realización, a inversa, do percorrido guía desde hai uns anos unha peregrinación na que participan fieis e veciños da zona. A imaxe que se pode ver hoxe en día no Coto da Vella foi elaborada polo canteiro Celso Calviño García en 1968 para lembrar a importancia simbólica do lugar.

O Samaín revive en Galicia
A estreita e particular relación de Galicia coa morte déixase ver en moitas manifestacións patrimoniais e etnográficas da nosa terra, e cobra especial relevancia chegada esta época do ano, na que se encadean as celebracións de Todos os Santos e Defuntos. Son días para regresar aos cemiterios e lembrar aos amigos e parentes falecidos, pero tamén para recuperar unha tradición que se remonta un par de milenios atrás no tempo e que evidencia os lazos de Galicia con outros pobos celtas: o Samaín.

A propia palabra arroxa xa algunhas pistas sobre a antigüidade e a orixe desta celebración, debido a que segundo algunhas interpretacións sería o resultado de unir os vocábulos gaélicos para fin e verán, aínda que tamén hai quen a relaciona coa palabra asemblea. No que non parece haber discusión é no feito de que se trata dun festexo antigo e de orixe pagá que foi levado a Estados Unidos polos emigrantes irlandeses sentando as bases do Halloween. En Galicia, nos últimos anos, o Samaín foi obxecto dun proceso de recuperación e reivindicación para contrarrestar precisamente o crecente influxo da festa norteamericana.

Rafael López Loureiro, profesor en Cedeira, foi o precursor desta posta en valor da tradición autóctona galega hai xa máis de 30 anos buscando os seus vestixios e raíces por toda a comunidade e impulsando xunto ao movemento asociativo a recuperación na súa localidade. Pouco ten que ver aquela celebración orixinal co costume americano de disfrazarse, aínda que hai quen si achou evidencias do famoso truco ou trato en vellas prácticas druídicas. E en moitos puntos da Galicia rural a poboación maior lembra aínda prácticas que enraizarían directamente cos ritos primixenios e nas que xa se pode apreciar un achegamento á morte desdramatizado e aberto mesmo ao humor no que están presentes bromas co obxectivo de asustar. Tamén se identificaron en diversos lugares de Galicia ritos como o de baleirar e esculpir cabazas ou costumes como non recoller a mesa tras a cea da noite de Defuntos para permitir que a alma dalgún parente puidese alimentarse e acender fogueiras esa mesma noite para guiar os seus pasos cara ao máis aló.

O Samaín reviviu con forza nos últimos anos grazas ao impulso da comunidade educativa, o mundo asociativo e as autoridades locais. A celebración estendeuse por toda Galicia e as convocatorias de actividades tanto o 31 de outubro (día propio da celebración) como nas xornadas inmediatamente anteriores como posteriores cóntanse xa por decenas. En moitos casos os actos irán da man doutra das citas tradicionais que o calendario nos ofrece nesta época do ano, os magostos, de tal forma que as castañas estarán moi presentes. E os disfraces, a pesar da oposición dos máis puristas que seguen vendo nesta práctica unha concesión ao Halloween, volverán reinar en todas elas.

Así que se tes ganas de gozar dun velada  terrorificamente divertida non tes máis que buscar o Samaín máis próximo e sumarte á festa.