Illas Cies – Turismo de Galicia

Propostas para gozar de Galicia máis aló da vista
Galicia é unha terra de acollida que pon ao alcance de todo aquel que a visita un enorme abano de paisaxes, monumentos, sabores e experiencias. Hai propostas para o público máis variado e tamén para colectivos con necesidades especiais como a poboación invidente. Por iso, coincidindo co Día Mundial do Braille, xornada na que a través da reivindicación desa forma de comunicación táctil se pretende loitar polos dereitos das persoas con deficiencias visuais, propoñémosvos algúns plans para gozar de Galicia máis aló da vista.

Torre de Hércules

A Coruña

Deixarse acariñar pola brisa mariña do lugar e internarse polas escaleiras da Torre de Hércules axudan a imaxinarse a importancia dun monumento que foi incluído na selecta listaxe de Patrimonio Mundial da Unesco no ano 2009. Pero para captar mellor a súa magnitude, no centro de interpretación e atención ao visitante hai unha maqueta tiflolóxica (deseñada para ser apreciada a través do tacto) dun pouco máis dun metro de altura que permite contemplar coas xemas dos dedos a arquitectura desta torre milenaria.

Xardín Sensorial de Castrelos

Vigo

Entre os numerosos atractivos que ofrece o parque vigués de Castrelos ao visitante atópase desde hai xa uns anos un Xardín Sensorial pensado para que os invidentes poidan gozar dunha grata experiencia. Trátase dun percorrido adaptado a persoas con deficiencias de visión e artellado a través de estímulos táctiles e  olfactivos. Unha cinta guía ao participante por unha ruta dotada tamén con paneis explicativos en braille sobre as distintas especies que hai no xardín e as súas características, así como sobre a historia do recinto.

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais

Pontevedra

Unha fortaleza xa desaparecida cobra vida neste centro de interpretación nado para albergar e dar a coñecer as ruínas aparecidas durante unhas obras acometidas no ano 2007. Un dos seus principais atractivos é, precisamente, unha maqueta táctil do pazo-fortaleza rotulada en braille que permite imaxinar o aspecto desta impoñente construción.

Termalismo

Toda Galicia

Os romanos e os castrexos xa coñecían as propiedades mineiro medicinais das augas galegas, por iso non é de estrañar que Galicia sexa hoxe un inmellorable destino para o turismo termal con instalacións, algunhas delas xa centenarias, repartidas por toda a comunidade. Xa sexa para aproveitar os seus fins terapéuticos, xa sexa para gozar dunha experiencia que pode combinar estética, benestar e relax, os balnearios son unha proposta idónea tamén para as persoas invidentes. Só fai falta pechar os ollos e gozar.

Gastronomía

Toda Galicia

Unha visita a Galicia estaría incompleta se non incorporase como elemento destacado o seu apartado gastronómico. A horta e as augas galegas nutren do mellor produto un receitario repleto de propostas saborosas capaces de estimular todos os sentidos, pero especialmente o olfacto e o gusto. Cidades, vilas e pobos ofrecen unha ampla oferta de establecementos onde as deficiencias visuais non serán impedimentos para gozar co padal desta terra.

Sensacións no mar

Rías Baixas

Varias entidades comarcais que agrupan a municipios do litoral galego teñen desenvolvido nos últimos anos iniciativas turísticas destinadas á poboación invidente. É o caso do proxecto Sentir ou Mar, nado para impulsar o turismo inclusivo na ría de Muros e Noia e que xa permitiu a un grupo de invidentes familiarizarse co mundo da navegación. Para ese mesmo público están dirixidas outras propostas postas en marcha polos municipios da mancomunidade de Arousa Norte e por empresas privadas das Rías Baixas, como centros de mergullo que organizan bautismos de mergullo e saídas en barco para coñecer a importancia da industria do mexillón e degustar os seus saborosos produtos.

Illas Cíes

Vigo

Os invidentes son benvidos á xoia da coroa do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. A prohibición de introducir animais domésticos por parte dos visitantes non rexe para os cans guía e entre o material informativo ao dispor de quen se achega ata o arquipélago hai folletos en braille. A realización de visitas guiadas con grupos de persoas con algunha discapacidade son unha práctica habitual desde hai anos.

De visita en Vigo: cinco lugares imprescindibles
Pese a ser Compostela a cidade máis turística de Galicia, a urbe de maior tamaño, Vigo, no pasa desapercibida entre os visitantes. Sita no sur das Rías Baixas, ten case 300.000 habitantes e máis de 100 km2 de extensión. As rúas e prazas desta cidade mariñeira acollen infinitos plans: gastronomía, praias, cultura, shopping… Todo iso co inmellorable marco natural da ría de Vigo coas Cíes ao fondo. Neste guía propoñémoste cinco lugares que non debes deixar de visitar se te achegas á cidade olívica.

Monte do Castro

A singularidade do monte do Castro é que está ubicado no centro. Non é o típico parque urbano, senón todo un monte en pleno corazón da cidade. É o punto de orixe de Vigo, no que se comezaron a asentar os primeiros poboadores. O ascenso ata o cumio pode resultar algo dificultoso, pero sen dúbida paga a pena polas vistas. Desde alí, ante nós, unha das mellores panorámicas da cidade: a Casa do Concello, o porto e as Illas Cíes ao fondo regalarannos un dos atardeceres máis bonitos da urbe.

Porta do Sol e rúa Príncipe

A Porta do Sol é o punto de unión entre o casco histórico e o seu ensanche. É un dos lugares con máis bulicio e trasfega. Nela atoparemos un dos emblemas olívicos, O Sireno, unha escultura modernista creada por Francisco Leiro. Próxima a ela atópase o Dinoseto, unha sebe en forma de dinosauro xunto ao que todo visitante que se prece debe sacar un selfi. Na actualidade, a Porta do Sol está peonalizada polo que é ideal para pasear relaxadamente mirando cara o alto dos edificios lindeiros. Se seguimos recto atravesaremos Príncipe, a rúa das compras por excelencia. Alí atoparás todo tipo de tendas, desde as grandes marcas ata pequenos comercios máis tradicionais. Percórrea enteira e, a medio camiño, senta nun banco a degustar un dos seus afamados gofres, cuxo olor impregna toda a rúa.

Barrio do Calvario

Ao deixar Príncipe chegaremos ata a rúa de Urzáiz, cuxo final nos levará ata o centro do Calvario. Este barrio concentra boa parte do comercio tradicional da cidade, con especial relevancia do mercado de abastos, un dos preferidos polos vigueses e viguesas para mercar produtos frescos de calidade. O corazón do barrio está totalmente peonalizado, polo que é ideal para pasear tranquilamente ou para parar a tomar un café nalgunha das súas numerosas cafetarías xunto á veciñanza.

Praia de Samil e Museo Verbum

A seis quilómetros do centro da cidade está a praia máis coñecida da zona: Samil. Este gran areal de máis dun quilómetro de lonxitude e quince metros de ancho está equipada con piscinas, aparcadoiro de balde, canchas de baloncesto, restaurantes e cafetarías…, ademais de estar moi ben conectada por transporte público urbano. É ideal para ir con nenos e alí sempre hai ambiente, incluso en inverno. Xunto a ela atópase o Museo Verbum ou Casa das Palabras, un museo interactivo que permite coñecer máis sobre as palabras, idiomas, signos, sons… a través de xogos. É un plan cultural diferente e atractivo antes dunha xornada de praia.

Illas Cíes

Toda visita a Vigo ten ás Ilas Cíes como parada obrigatoria. O arquipélago forma parte —xunto coas illas de Ons, Cortegada e Sálvora— do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Para achegarnos ata as Cíes é necesario adquirir un billete nunha das navieiras autorizadas e solicitar un permiso á Xunta de Galicia. Unha vez alí poderemos tombarnos ao sol no que é considerado un dos mellores areais do mundo, o de Rodas, ou percorrer algunha das numerosas rutas de sendeirismo, como a que leva ata o punto máis alto, o Faro de Cíes. Para os máis aventureiros, existen plans para practicar vela ou snorkel. En caso de querer pasar un par de noites nesta paraxe única, pódese, xa que as illas contan cun cámping.

En definitiva, a cidade máis grande de Galicia, Vigo, agocha máis recunchos dos que aparentemente poida parecer. Se estás en Galicia non dubides en achegarte ata a urbe olívica, que está ben conectada co resto do territorio tanto en coche, a través da AP-9, como en transporte público (tren e autobús).

As marabillas de Galicia agárdante tamén nas profundidades do mar
Galicia é un lugar que paga a pena percorrer a fondo, deade os seus máis altos montes ata o máis fondo das súas rías. Descubrir as marabillas que agochan as augas galegas é unha experiencia que moitos amantes dos océanos lembran toda a vida. Non é para menos: o submarinismo permítenos achegarnos a sorprendentes especies e paisaxes que, pese a ser descoñecidos para a maioría, poden converter a nosa estancia nunha experiencia única. A continuación recomendámosche algúns dos mellores destinos para mergullarte.

Illas Cíes

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia constitúe un dos mellores lugares para coñecer os fondos mariños de Galicia. As augas cristalinas das Illas Cíes (situadas no municipio de Vigo) convídannos a bañarnos cada verán e albergan na súa contorna inigualable unha incrible reserva de especies mariñas. O arquipélago é ideal para a práctica de inmersións, xa que a súa riqueza ecolóxica permite mesmo aos máis novatos gozar dun paraíso mariño a tan só 50 metros da costa. Aínda así, os mergulladores profesionais tamén poderán penetrarse nas marabillas que nos ofrecen estas augas, xa que existen rutas para todos os niveis.

Illa de Ons

Formando tamén parte do Parque Nacional dás  Illas Atlánticas de Galicia, a Illa de Ons (pertencente ao concello de Bueu) é un estupendo destino para realizar prácticas de inmersión. A vida mariña que se pode apreciar é similar á de Cíes e destaca tamén polo seu gran valor ecolóxico e polos beneficios que para a conservación supón atoparse dentro dunha área protexida. Mergullándote nas augas desta illa situada na entrada da ría de Pontevedra poderás achegarte a un incalculable número de especies. Ademais, ao ter unha menor afluencia de xente que as Illas Cíes, os trámites burocráticos para os permisos lévanse a cabo con moita máis axilidade.

Illa de Rúa

Moito menos coñecida e máis pequena que as illas máis famosas da ría de  Arousa,  a Illa de Rúa é un lugar que ben merece unha visita por parte dos afeccionados ao turismo subacuático. Trátase dun pequeno illote rochoso de 4 hectáreas de superficie e que xorde duns fondos de area grosa. Alí, un poderase mergullar coas condiciñonss máis básicas debido á súa pouca profundidade, aínda que se debe ter en conta a visibilidade reducida que pode existir na contorna. Ademais, permítense realizar dúas inmersións moi diferentes, unha na parte noroeste da illa e outra na parte sur. En ambas poderemos atopar flora e fauna mariña moi diversa, como cenorias de mar, polbos, nécoras,  salpas ou  maragotas, entre moitas outras.

Pecio “ Achondo”

Se es mergullador avanzado e che gusta a historia, non podes esquecer mergullarte para observar nos restos do Achondo, un pesqueiro de orixe vasca afundida en 1986 que dá refuxio a peixes de diversas especies. Situado a unha profundidade máxima de 38 metros, atópase entre as illas Ronseis e Cíes nun fondo de area e rocha, sendo o máis impoñente da Ría de Vigo. O que máis sorprende son os seus case 40 metros de eslora e a súa  popa de madeira que, ao requirir dunha inmersión profunda, poderá ser contemplada polos submarinistas máis profesionais. O seu excelente estado de conservación e a súa situación xeográfica fan desta inmersión unha das máis espectaculares das Rías Baixas.

Pecio “Aries”

Outro pesqueiro que non podes esquecer se queres mergullarte en Galicia é o Aries, un antigo cargueiro que realizaba unha liña regular entre algúns portos de Galicia e Marrocos e servía tamén como transporte de diferentes cargas. Conta cun gran número de visitas, pois é o máis accesible da Ría de Arousa: permite gozar dunha inmersión a pouca profundidade (entre 14 e 21 metros). A embarcación, que se atopa hoxe en boas condicións, conta cunha marabillosa contorna repleta de fauna e flora mariña, como inmensos campos de cenorias de mar, nécoras, centolas,  maragotas ou fanecas.

Mercante “Galdstar”

Situado no fondo da Ría de Viveiro, este mercante xace nun fondo areoso a 45 metros de profundidade. A zona destinada ao mergullo comprende entre 40 e 50 metros a través das dúas partes nas que está dividido, onde se pode contemplar toda a vida que hai no seu arredor. Os submarinistas que penetren nestas augas poderán observar unha gran diversidade de fauna na contorna, ademais de que a propia estrutura está repleta de espirógrafos, gorgonias e esponxas que crean un espectáculo visual cheo de cores.

Pide cita para gozar máis de Galicia
Son moitas as razóns que convidan os viaxeiros a visitar Galicia: a súa gastronomía, o seu clima, os seus bosques, as súas praias, a súa xente… é fácil quedar atrapado nas súas paisaxes azuis e verdes. Unha gran parte das marabillas naturais que esta terra ofrece pódense gozar de forma gratuíta e improvisada, aínda que hai algunhas zonas emblemáticas da comunidade que requiren de entrada ou cita previa. É importante que fagas a túa reserva con tempo para non quedar coas ganas de velas. A continuación, amosámosche 7 destes incribles lugares que non podes perder durante a túa estancia no territorio galego.

Catedral de Santiago

A Catedral de Santiago é a maior obra de arte románica en España e cada ano recibe a decenas de milleiros de peregrinos que realizan o Camiño e a outros moitos visitantes que non queren perderse a atracción principal dunha cidade cuxo centro histórico foi declarado patrimonio da humanidade pola Unesco. Situada na capital galega, non podes esquecer achegarte a ela se viaxas a Galicia. É certo que a beleza da súa fachada pódese admirar dende a Praza do Obradoiro, pero a experiencia de visitar o seu interior é inigualable e permite contemplar outros dos seus múltiples atractivos.

Para descubrir o monumento a fondo é necesario reservar unha visita mediante a súa páxina web. Hai diferentes entradas segundo as preferencias do usuario: a primeira dá acceso a un percorrido completo polo Museo da Catedral e a visita ao Pórtico da Gloria, mentres que a segunda só permite o acceso ao Museo. Ambas están dispoñibles durante todo o verán pero, debido á crise sanitaria, o horario redúcese (de martes a domingo entre as 10:30 e as 14:30 horas). Unha terceira modalidade de entradas inclúe a visita ao museo de arte sacra da parroquia de Santa María de Sar, aínda que esta aínda non reabriu as súas portas.

Se queres saber máis, visita a súa páxina web e reserva: http://catedraldesantiago.es/

Illas Cíes

Arquipélago situado na entrada da Ría de Vigo, as illas Cíes son un dos lugares máis populares de Galicia, xa que constitúen un importante patrimonio natural. De feito son un dos principais espazos do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Moitos turistas non se queren perder as súas espectaculares paisaxes, as súas praias de area fina e as súas augas cristalinas, atractivos todos eles que mereceron a atención nos últimos anos de medios de comunicación de todo o mundo. Para acceder ás Cíes é necesario pedir unha autorización a través da web do Parque Nacional e, ademais, reservar por adiantado un dos barcos que parten dende varios municipios próximos, como Vigo, Cangas ou Baiona. Ademais, hai un cámping nas illas que permite pasar a noite alí e facer que a experiencia de visitalas sexa aínda máis completa. Tamén é preciso reservar praza con antelación.

Nesta web poderás solicitar a autorización para acceder ás illas que é necesaria tamén para poder reservar praza nos barcos. https://autorizacionillasatlanticas.xunta.gal/

Praia das Catedrais

A praia das Catedrais é un emblemático espazo natural pertencente ao municipio de Ribadeo e situado na costa da provincia de Lugo. A singularidade do areal e o motivo da súa fama reside no conxunto de arcos de rocha que foron esculpindo as augas do mar Cantábrico co paso dos anos ao golpear incesantemente a pedra. Este conxunto de cantís poden acadar ata os 30 metros de altura e impresionan a todo aquel que se achega.

A beleza desta paisaxe natural pode contemplarse dende os carreiros ou os miradoiros, para o que non é necesario facer ningunha reserva. Con todo, a mellor maneira de contemplalo en todo o seu esplendor é baixar ata a area cando hai baixamar e pasear por debaixo dos arcos, escoitando a ondada. Por iso, é importante comprobar os horarios das mareas e solicitar unha entrada de forma gratuíta.

Fai a túa reserva en https://ascatedrais.xunta.gal/monatr/inicio

Cova do Rei Cintolo

A  Cova  do Rei  Cintolo é a cova natural máis grande de Galicia, con máis de 6.500 metros de lonxitude. Situada en  Argomoso, dentro do municipio lucense de Mondoñedo, no seu interior pódense observar espectaculares formacións de estalactitas e estalagmitas e a súa estrutura laberíntica está repartida en diferentes galerías de orixe cárstica. Estas peculiaridades, xunto ás lendas que rodean a zona, fan que este lugar teña unha interesante personalidade xeolóxica que moitos visitantes non se queren perder.

Para acceder á cova é necesario participar no programa de visitas, facendo unha reserva con mínimo dun día de antelación. Estas rutas realízanse mediante un atractivo percorrido priorizando a seguridade, en grupos guiados e reducidos con idade mínima de 12 anos. O prezo é de 15 euros por persoa. Para programar o acceso á cova ou solicitar información hai que poñerse en contacto coa oficina de turismo de Mondoñedo ou chamar ao 982 507 177.

Parque Natural do Invernadeiro

O Parque Natural do Invernadeiro é un espazo natural agochado no Macizo Central, concretamente nos montes do municipio de Vilariño de Conso. Con case 6.000 hectáreas, trátase dun paraíso no que predominan as paisaxes rochosas e as verdes e ondulantes montañas. A zona caracterízase pola súa riqueza e diversidade  faunística e botánica, creando un importante espazo de interese tanto natural como cultural. As distintas rutas trazadas e marcadas no parque permiten gozar das súas variadas paisaxes, internarse en bosques centenarios e tratar de observar a fauna diversa que o poboa.

Para visitalo é necesario solicitar con antelación un permiso de acceso expedido por escrito polo Servizo de Conservación da Natureza de Ourense e realizar todos os percorridos a pé polas rutas marcadas. Podes enviar un correo electrónico á dirección servizo.conservacion.natureza.ourense@xunta.es ou chamar aos seguintes números de teléfono: 988 386 376 – 988 386 029.

Torre de Hércules

A Coruña pode presumir de dispoñer no seu territorio do faro romano en funcionamento máis antigo do mundo, a Torre de Hércules. Declarado Ben de Interese Cultural e Patrimonio da Humanidade, este edificio traslada a calquera que o visita a unha época de mitos e de lendas. A pesar de que a orixe da torre é descoñecida, sábese que foi reedificada polos romanos no século I e desde entón foi un punto de referencia para os navegantes.

Para introducirse no máis fondo deste emblemático monumento hai que unirse a unha visita guiada, xa que o ingreso realízase por franxas horarias de 15 minutos, cun acceso limitado a grupos dun máximo de 17 persoas. As tarifas varían entre 1,5€ e 3€, aínda que en casos concretos o acceso é gratuíto. É posible adquirir a entrada no centro de atención ao visitante xusto antes de acceder ao recinto, pero tamén se pode adquirir cun día de antelación, algo recomendable en épocas de gran afluencia turística.

Para máis información, visite a súa páxina web: http://www.torredeherculesacoruna.com/

Illa de Ons

O arquipélago de Ons está situado na entrada da Ría de Pontevedra e pertence ao municipio de Bueu. Do mesmo xeito que ocorre coas Illas Cíes, é un espazo natural paradisíaco incluído no Parque Nacional das Illas Atlánticas. A illa principal destaca polas súas paisaxes, as súas praias, as súas rutas e o seu pobo costeiro, e é ideal para realizar unha escapada no verán.

Para explorar esta contorna natural é necesario solicitar unha autorización a través da páxina web do parque nacional. Unha vez cumprimentado o formulario e obtida a autorización, o seguinte paso é escoller a navieira coa que chegar ao destino final. Os barcos parten desde dende Vigo, Baiona, Bueu, Cangas, Portonovo e Sanxenxo. Ons tamén dispón dun cámping no que é posible pasar a noite.

Pide a túa autorización: https://autorizacionillasatlanticas.xunta.gal/illasr/inicio#

A Galicia das illas
En Galicia temos case 1.500 km de costa protexidos por illas e illotes. Hoxe levámoste a coñecer as que integran o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, o primeiro e único espazo con esta categoría na comunidade galega e o segundo do territorio nacional. Os seus ecosistemas propios da costa e os fondos mariños atlánticos foron a principal razón de que en 2002 estas illas fosen declaradas Parque Nacional.

Cortegada, Sálvora, Ons , Cíes e o espazo marítimo que as rodea, entran dentro deste espazo protexido.

CÍES

Os romanos coñecíana como a illa dos deuses, e a verdade é que aquí se agochan verdadeiros tesouros da natureza. Atopámonos con paisaxes de cantís escarpados, e fondos mariños protexidos de riqueza excepcional, onde habitan especies únicas e onde ademais se atopa unha das mellores praias do mundo, a de Rodas.

Augas cristalinas e area fina rodean a parte máis suave do arquipélago. Pero sen dúbida hai moito máis que ver aquí. O roteiro do Faro é o máis coñecido, ofrecéndoche algunhas das vistas máis espectaculares da ría de Vigo.

Esta illa, que permite un máximo de 1.600-1.800 visitas diarias, ofrece zona de acampada para quen queira gozar deste paraíso máis dun día.

Para poder coñecer Cíes necesitarás un permiso da Xunta e reservar, no caso de que decidas acampar, a túa estancia no cámping aquí.

Máis información sobre esta illa, aquí.

ONS

Presidindo a entrada á ría de Pontevedra atopámonos coa irmá máis coñecida das Cíes, a Illa de Ons.

Se che gusta camiñar, recomendámosche que probes un par de camiños de sendeirismo nas que descubrirás os segredos mellor gardados desta insua. O Roteiro do Sur levarache a coñecer a Laxe dos Cregos, un sarcófrago antropomorfo medieval cheo de lendas, pero tamén ascenderás ata o miradoiro de Fedorentos, desde onde atoparás unha panorámica incrible da illa da Onza, as Illas Cíes, a Costa da Vela e a ría de Aldán. E seguindo o camiño chegarás ata o famoso Buraco do Inferno, unha formación xeolóxica de 45 metros de desnivel que foi creando o mar tras anos de azoutes. Non poderás deixar de visitar o seu faro, pero tampouco as súas praias: Melide, Canexol, Pereiró, Dornas…

O número máximo de visitas permitido ao día aquí é de 1.200-1.300 persoas, e para acceder á illa deberás solicitar un permiso á Xunta. E como tamén conta con zona de acampada terás a oportunidade de reservar aquí.

Atoparás máis información sobre Ons aquí.

SÁLVORA

Quizais é a menos coñecida de todas as illas que conforman o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, pero non por iso menos importante. Sálvora pode presumir de flora, fauna, patrimonio histórico e lendas. Situada na entrada da Ría de Arousa, presenta unha paisaxe suave onde predominan as praias e zonas dunares e os bolos/birlos, pequenos bloques graníticos que poderás ver por toda a illa.

En 1770 construíuse a primeira fábrica de Secado e Salgadura de Peixe de Galicia, que sería coñecida como “O Almacén”. E do traballo na fábrica naceu a aldea, que chegou a ter uns 70 habitantes instalados de maneira permanente na illa. Actualmente hai un roteiro establecido que leva ata o núcleo de casas pero só pódese realizar acompañados dun guía autorizado.

A cota máxima de visitantes diarios rolda as 200 persoas.

Máis información aquí

CORTEGADA

Cando hai marea baixa case se pode chegar a pé. Situada a uns 600 metros da costa de Carril, atópase Cortegada, coñecida como o bosque flotante pola gran vexetación que alberga. E é que aquí nos podemos atopar cunha rareza botánica que é visitada por expertos de todo o mundo, un parque de loureiros.

Pero hai moitas máis cousas que ver, como a ermida da Virxe dos Milagros, de 1652. Contan que atraía a moitos peregrinos polas súas bondades curativas. Desde este punto parten os 2 roteiros circulares nos que poderás coñecer todos os tesouros naturais que agocha a illa.

A cota máxima de visitantes diarios é de 250 persoas.

Máis información aquí

COMO VISITAR AS ILLAS

Para poder visitar calquera das 4 illas terás que acceder en embarcación privada, solicitando un permiso de navegación e posteriormente o de fondeo. No caso de Cortegada e Sálvora faino con antelación debido a que só se permíte un máximo de 15-20 ancoraxes diarias.

A outra alternativa para poder visitar calquera dos arquipélagos é poñerte en contacto coas navieiras que organizan visitas guiadas.

Ademais, entre as actividades que poderás realizar nas 4 illas atópase o mergullo, que tamén necesita un permiso especial.

E se quedaches con ganas de saber máis sobre o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, atoparás toda a información aquí.