Gastronomia – Turismo de Galicia

Guía gastronómica de febreiro
Aínda co gusto do Nadal e xa pensando no Entroido: así é a vida. Este ano, vai do 8 ao 14 de febreiro. Dentro de pouco, toda Galicia mergullarase no mundo dos cigarróns, dos boteiros, dos peliqueiros, das damas e galáns, dos xenerais da Ulla, dos choqueiros… E para iso fai falla enerxía, cómpre alimentarse ben cos produtos da terra e as receitas máis tradicionais nestas datas. Xantar nestas festas gastronómicas é un xeito de conectar coa esencia de Galicia, ¡e de pasalo xenial!

Feira do Butelo da Fonsagrada (3 e 4 de febreiro). O fin de semana anterior ao entroido é unha data perfecta para fornecerse de viandas para os cocidos do mes e saborear os primeiros butelos, quen non o fixese xa na Festa do Botelo do Barco de Valdeorras, o 20 de xaneiro, claro. Xa sexa con “o” ou con “u”, ourensán ou lugués, este embutido marabilloso é unha delicia. Na Fonsagrada, en montañas tan altas, a máis de 900 m, o butelo, afumado con leña de carballo, cura dun xeito único, converténdose no “rei da montaña”. Na festa, que vai pola XXVII edición, non todo é butelo, por suposto. Nas carpas, abertas de 10:00 a 20:00 h, tamén hai chourizos, xamón, mel, viño, queixo, pan… E música ao vivo e bailes tradicionais. O domingo 4, ademais, entrégase o Butelo de Ouro na Casa do Concello.

Festa de San Brais de Bembrive (3 de febreiro). A que se di a mellor romaría do inverno nas Rías Baixas é famosa polos furanchos, eses locais en casas particulares ou pequenas adegas que venden o viño excedente da colleita, acompañado de bos petiscos do país. Até 23 forman parte do mapa de furanchos do San Brais de 2024. Desde o 12 de xaneiro xa hai actuacións musicais, incluído o II Serán popular, no Palco Vello. O domingo 3 é a misa solemne e a procesión, e rematan as celebracións co concerto do Ateneo Musical de Bembrive. Despois de tanta xolda, non está de máis encomendarse ao santo do rouquén… Por certo, para facilitar as cousas, este ano hai habilitado un aparcadoiro na rúa Espedrás.

Feira do Cocido de Lalín (4 de febreiro). Esta é unha auténtica raíña das festas, que xa vai pola LVI edición e, por riba, é FIT internacional. Todo un acontecemento con gala de premios incluída, de xornalismo gastronómico e de gastronomía de Galicia, retransmitida en directo pola TVG, con actuacións musicais de primeira (Vicco, Nil Moliner, Rozalén…). Tamén haberá actividades deportivas (Divercocido, Motorcocido, Carreira do cocido), etnográficas (matanza tradicional), actuacións musicais e… como non, excelentes cocidos de Lalín! Xa se sabe que, “de San Amaro a San Valentín, mes do cocido en Lalín”.

Festa do Caldo de Ósos de Taboada (10 e 11 de febreiro). Sempre foi a tradición na zona preparar este caldo o segundo día da matanza. Na XXXII Festa do caldo de ósos de Taboada, podemos degustalo o fin de semana de entroido nos locais de hostalaría de Taboada e, o domingo, de balde, na Praza da Riazón. Mais non imos estar todo o día dándolle ao caldo, haberá que facer máis cousas. Pois claro, a festa non é só comer, durante todo o fin de semana haberá actuacións, exposicións, postos con produtos do porco, de viños e queixos… e moita música. E logo, que ósos leva o caldo este? Pois ósos da soá do porco, ou sexa, o espiñazo. O caldo tamén leva patacas, garavanzos, sofrito, miolos de porco, e a paciencia do lume lento, que tan ben sabe.

Festa do Cabrito de Vilariño de Conso (10 de febreiro). O sábado de entroido temos esta cita nun dos lugares con máis arraigamento carnavalesco. Esta é a terra dos boteiros, dos fulións e das fuliadas, mais tamén é terra de alta montaña e moita cabra. Nesta edición XXXV a tradición continúa. A panadaría Guerra, no centro da vila, será outra volta a encargada de asar máis de 100 cabritos. Irán acompañados de chourizo escaldado, empanada, bica, café e licores. As entradas están á venda entre o 1 e o 3 de febreiro.

Festa da Filloa de Lestedo (18 de febreiro). Nas lupandas nestas datas de entroido, a filloa é unha das protagonistas. Aínda que o día grande da festa de Lestedo, que este ano leva a XLI edición, é o domingo 18, desde o sábado 10 xa se pon en marcha coa Festa da Filloíña, dedicada ao público infantil; séguelle o mércores o Filloa Cooking e, o sábado, o Festival Filloa Folk. O domingo, desde as 8 da mañá, estarán as espectaculares máquinas filloeiras traballando sen descanso. Haberá música, degustacións, demostracións culinarias (por certo, este ano o pregoeiro é Javier Olleros, de Culler de Pau)… E, por suposto, á festa acudirán a cabalo os auténticos xenerais da Ulla, os personaxes tradicionais na zona polo entroido.

Sete doces galegos para este Nadal
Nas lupandas do Nadal, tan seguidas unha doutra, os doces teñen unha enorme importancia, protagonistas das sobremesas máis longas do ano. Por moi fartos que esteamos, sempre hai oco para algunha delicia da época. Máis aló de mazapáns e turróns, en Galicia hai unha rica tradición reposteira presente nas mesas do Nadal de sempre. Aquí van sete exquisiteces para estas festas:

Bica. Esta torta é unha sobremesa típica destas datas, sobre todo no sur de Ourense. Pode que a relacionemos máis co Entroido pero, seica aquí o Entroido non comeza practicamente no Nadal? As bicas máis famosas veñen da zona da Ribeira Sacra, e a verdade é que combinan moi ben co viño (e co licor, co café, co licor café…). O que as diferencia dun biscoito normal é a súa miga fina e esponxosa e a capa superficial de azucre torrado. O ingrediente clave na preparación é a manteiga de vaca. As bicas máis coñecidas son a de Trives; a bica branca de Laza, que leva claras de ovo e nata; e a de Castro Caldelas.

Larpeira. Esta fina torta anisada, con cuadrícula de crema pasteleira por riba, é un clásico en todas as celebracións, sobre todo na zona de Culleredo, Cambre e Ferrolterra, na provincia da Coruña, e en Monforte de Lemos, na provincia de Lugo. Pode que teña que ver cos solsticios, porque é típica no San Xoán e no Nadal. Nestas datas resulta perfecta na sobremesa e como almorzo de aninovo.

Manteigadas. A manteigada, ese termo medio entre madalena e pequeno biscoito lixeiro, que ven co molde de papel posto, aparece en todas as sobremesas do Nadal. As máis famosas son as das Pontes, na comarca do Eume. Alí seguen facéndose coa mesma receita de hai séculos, e cos ingredientes de sempre: ovos, manteiga, fariña e azucre. Mesmo os envoltorios prepáranse a man. Fan boa parella cos polvoróns ponteses, outra delicia da zona.

Melindres. A etimoloxía non ten moito que ver, pero Melide parece destinado a facer melindres. Será porque se parecen de nome? Non se sabe onde acaba a cidade e comeza o doce. Estes petiscos envoltos en azucre, como mini rosquillas de xema con glasado, teñen a maxia dos sabores reposteiros con texturas diferentes por fóra e por dentro. Situada no cruce entre os camiños francés e primitivo, no tramo final cara a Santiago de Compostela, semella que en Melide se condensase a esencia da repostaría occidental.

Marron glacé. Esta preparación da castaña, de orixe francesa, é relativamente de hai pouco. Tendo en conta que a materia prima é a castaña, raro sería que a receita non fose parar a Ourense. Nos anos 80 do pasado século o marrón glacé comezou a producirse industrialmente en Galicia. Aínda que o de industrialmente é un dicir, xa que o proceso é totalmente artesanal, que semelle que lles poñan nome a cada castaña. A elaboración da receita dura nada menos que dez días e, ao proceso final, o glasado, só chegan as castañas máis selectas, que non sufrisen nin un rabuño nos sucesivos pasos de confeitado. Estes produtos delicados, delicatessen, son envoltos en papel un a un con coidado para o seu envasado final. E toda esa viaxe nótase no padal. Co tempo, a receita vai incorporando innovacións, como a aromatización con brandy, ou con xerez, ou mesmo a cuberta de chocolate.

Amendoados. Aínda que en Galicia non é de moita amendoeira, as améndoas sempre se usaron na repostaría. Por exemplo, un dos tradicionais remates do xantar de Nadal en Verín é a sopa de améndoas. E que dicir da torta de Santiago? Mais a sona indiscutible deste froito a traen os amendoados. Estas pastas de acabado enxebre, tan crocantes por fóra e tenras por dentro, son todo un luxo. Aínda que se fan en moitos lugares, os amendoados de Allariz son dos máis coñecidos. Améndoa marcona, clara de ovo, azucre e os misterios da pastelaría. Disque son de orixe hebrea, da época en que Allariz tiña un importante barrio xudeu. Outros amendoados famosos son os do convento de Belvís en Compostela, os de Ribadavia e os de Melide.

Roscón de Reis.  Hai zonas, sobre todo na costa sur de Galicia, nas que a rosca, o roscón ou o pan de ovo cómese cada fin de semana, mais o común en todas partes é tomalo por pascua, a rosca de primavera, e por reis. E o de reis, ademais, pode ter sorpresa. É un dos doces con máis tradición, dos que se facían nas casas en compañía, pois había que botar tempo entre amasados e deixar fermentar a masa e levala ao día seguinte ao forno dalgún veciño ou da panadería, a rematar o proceso. Antes facíanse colas para enfornar e hoxe para recoller o encargo, enteiramente feito na pastelaría, polo xeral. Hai roscóns máis austeros, sen adorno excesivo, e hainos moi coloridos, con brillantes froitas cristalizadas que semellan xemas. Desde logo, o mellor xeito de rematar as festas, é almorzar chocolate con roscón  a mañá de reis e, se toca agasallo, aínda mellor.

Distintas posibilidades de facer enoturismo en Galicia
En Galicia apóstase pola cultura do viño, e dáselle cada vez máis importancia. Contamos con cinco denominacións de orixe: Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei. A máis antiga foi recoñecida no 1932 (Ribeiro) e a máis recente no 1997 (Ribeira Sacra), iso que aquí se fai viño desde hai máis de dous mil anos! Tamén temos catro indicacións xeográficas protexidas: os Viños da Terra (Betanzos, Barbanza-Iria, Ribeiros do Morrazo e Val do Miño-Ourense). Podemos presumir de ter máis de 20 variedades de uvas autóctonas que, co tempo e coa súa posta en valor, producen viños diferenciados, viños con carácter, que se di, cada día máis prezados aquí e no resto do mundo. Na actualidade, ademais do albariño, o godello, uo o mencía, xa oímos falar do treixadura, o brancellao, o merenzao, o torrontés ou o caíño, por exemplo.

Viaxar para visitar adegas, degustar viños e mercar algunha botella alí mesmo como remate da excursión, véñese facendo hai moito. Mais o chamado enoturismo, ou turismo enolóxico, é algo máis que iso. É considerar o viño en toda a súa dimensión, como produto da terra e da historia da súa comarca e, así mesmo, como fío condutor de variadas actividades de ocio e cultura. Temos que ter en conta que o enoturismo é un motor para a economía local, o que redunda nunha produción vinícola de maior calidade e tamén na conservación do patrimonio histórico e natural da zona.

De todos os plans que dispoñemos, o máis básico é a visita á adega, onde se coñece o proceso de elaboración e a historia do viño, e que normamente se completa cunha visita guiada aos viñedos. Polo xeral, remata coa degustación na adega e talvez coa adquisición dalgunha botella na vinoteca.

Se queremos aprender un pouco máis, podemos optar por unha degustación técnica, que é o que chamamos cata. Normalmente é dirixida por un enólogo ou un técnico da adega na sala de catas. Esta é unha estancia deseñada para concentrar os sentidos no viño, con decoración neutra e illada de interferencias olfactivas, visuais ou doutro tipo. Hai catas de iniciación e catas avanzadas. Poden ser verticais (diferentes anadas dun mesmo viño), horizontais (diferentes viños da mesma anada) ou mesmo á carta. Unhas veces son de viños tradicionais e outras de viños máis experimentais. E, se preferimos acompañar o grolo, podemos optar polas catas-maridaxe, nas que degustamos os viños con diferentes petiscos ou pratos, sobre todo aproveitando a gastronomía da zona.

Se cadra pensamos que as catas están orientadas a adultos coñecedores de viños. Pois non, o enoturismo acolle a todo o mundo, ata a abstemios e a menores e, por suposto, tamén podemos catar mostos e zumes de uva.

A posta en marcha das Rutas do Viño contribuíu notablemente ao crecemento do turismo enolóxico. Estas rutas son zonas vitivinícolas que aproveitan todos os seus recursos (aloxamento, transporte, gastronomía, patrimonio histórico, patrimonio natural) para achegarnos propostas turísticas do máis completas.

En Galicia podemos gozar de cinco Rutas do Viño, correspondentes ás cinco denominacións de orixe. Ademais das visitas aos viñedos e ás adegas, estancias en casas rurais ou nas propia adegas, comidas en restaurantes, visitas culturais e actividades típicas do turismo rural (andainas, rutas en bici, paseos a cabalo, deportes de natureza, etc.), cada unha ofrece diferentes alternativas segundo as súas peculiaridades.

Por exemplo, na Ruta do Viño Rías Baixas, a máis grande en extensión e número de adegas, na zona da desembocadura do Miño e das rías, podemos visitar pazos, muíños, castros ou navegar pola ría de Arousa; na Ruta do Viño Valdeorras, na parte máis oriental de Ourense, descubrimos as covas, adegas soterradas onde se elaboraba e conservaba o viño tradicionalmente; na Ruta do Viño da Ribeira Sacra, entre Lugo e Ourense, nas beiras do Miño e o Sil, onde atopamos a maior concentración de mosteiros románicos en Europa, o viño depende da a viticultura heroica, chamada así pola dificultade que supón o traballo nos viñedos naquelas abas vertixinosas; na Ruta do Viño Monterrei, na parte oriental da provincia de Ourense, consérvanse lagares rupestres, arcaicas estruturas labradas no solo de pedra para prensar a uva; na Ruta do Viño do Ribeiro, no extremo noroccidental da provincia de Ourense, podemos facer andainas polo “camiño do viño”, o traxecto que percorrían hai séculos os arrieiros para levar o viño de Ribadavia a Compostela.

A cultura enolóxica tamén é difundida no Museo do Viño de Galicia, en Ribadavia, e os Centros de Interpretación do Viño e algún máis específico, como o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea en Arbo, na Ruta das Rías Baixas.

Outros destinos enolóxicos importantes son as Festas, Feiras e Túneis do Viño, presentes en Galicia ao longo de todo o ano, sobre todo no verán. E, despois do verán, chega un momento clave para as adegas: a vendima. Moitas adegas organizan actividades para aprender a colleitar a uva e participar nun tradicional pisado de uvas. Estupendo para coñecelas coas nosas propias mans, e pés! Toda unha festa, moi atractiva para acudir coa rapazada.

Tamén temos un plan perfecto para cada fin de semana de outubro: as Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia. Este ano celébrase a décima edición. Cada fin de semana poderemos gozar gratuitamente de visitas guiadas ás adegas dunha ruta, con degustación incluída. Isto complétase cunha programación moi variada, con descontos nas actividades, que ten de todo, mesmo catas astronómicas baixo as estrelas! Sempre, por suposto, viaxando cómodamente no Bus do Viño.

Queixos de Galicia: os D.O.P. e as novas promesas.
Para alén dos catro produtos que posúen a “Denominación de Orixe Protexida” (D.O.P.), hai en Galicia novos queixos e queixarías que proban a fortaleza do sector. Porén, antes de botarlle unha ollada ao futuro, trataremos os queixos máis emblemáticos do país, aqueles que teñen a súa historia e calidade oficialmente recoñecidas.

O queixo de Tetilla (D.O.P. “Queixo Tetilla”) é sen dúbida o queixo máis famoso dos que son naturais de Galicia. Está feito a partir de leite de vaca das razas rubia galega, frisoa, ou parda alpina (estas son as tres razas de gando bovino máis comúns no agro galego). A súa forma cónica de punta arredondada é causada polos funís nos que se deixa callar o leite ao inicio do proceso de elaboración. O mesmo nome do queixo fai referenza a dita forma, que recorda ás “mamas” ou “peitos”. O sabor é suave, cun toque ácido e salgado; a codia é fina e amarelenta, a pasta interior é cremosa, branda, e de cor próxima á branca. Aínda que a D.O.P. abrangue todo o territorio galego; este queixo é historicamente típico dalgúns concellos coruñeses que limitan coa provincia de Lugo, e que contan cunha importante tradición queixeira: Arzúa, Melide, Curtis. . . A maduración dura entre dez e quince días.

O San Simón da Costa tamén ten forma cónica, de trompo invertido. Recibe o seu nome dunha das parroquias de Vilalba, capital de Terra Chá, comarca lucense onde se produce este queixo, tamén de leite de vaca. O período de maduración do San Simón da Costa dura entre 30 e 45 días; pasado ese tempo, procédese a afumar o queixo con madera de bidueiro. Pódese mercar en dúas variantes: “ordinario” e “bufón” (este último de menor tamaño). A codia é dura e graxa, de cor ocre tostada, e a pasta interior é fina, case branca e sólida; o cheiro afumado.

As primeiras referencias sobre o San Simón son de finais do século XIX, aínda que se especula coa posible orixe castrexa da receita. Este queixo gañou a súa D.O.P. no ano de 1991, nun momento no que a produción atopábase en mínimos e non saía da súa comarca natal. A día de hoxe, o queixo de San Simón pódese atopar en calquera supermercado galego e expórtase ao resto de España e do mundo; sendo permitida a súa elaboración tanto artesanal coma industrial.

O Queixo de Arzúa-Ulloa (tamén con D.O.P.) prodúcese nalgúns concellos das comarcas veciñas de Arzúa,Terra de Melide, Ordes, Santiago de Compostela (provincia da Coruña), Chantada, Lugo e Ulloa (provincia de Lugo), Deza e no concello da Estrada (provincia de Pontevedra); trátase dunha zona de moita tradición queixeira. O Arzúa-Ulloa, de leite de vaca, presenta unha forma arredondada e chata, un cheiro algo ácido, codia amarelenta, interior claro, pasta de textura cremosa e graxa; non moi salgado. Deste queixo comercialízanse tres variantes: o “Arzúa-Ulloa” (o máis famoso, cun proceso de maduración de dúas semanas), o “Arzúa-Ulloa de granxa” (elaborado na mesma granxa de onde sae o leite, máis artesanal) e o “Arzúa-Ulloa curado” (máis sólido e intenso debido ao seu longo período de maduracion de seis meses).

O queixo galego con D.O.P. que resta é o Queixo do Cebreiro, producido no oriente da provincia de Lugo, nas montañas dos Ancares e do Courel. Está feito a partir de leite de vaca, aínda que tamén é permitido até un 40% de leite caprina. Chama a atención pola súa forma de champiñon ou gorro de cociñeiro, e pola súa cor branca; sabor algo ácido e incluso picante; pasta interior cremosa, granulosa, moi crebadiza. O queixo en cuestión está documentado desde o século XVIII, e acadou certa fama grazas aos pelegrinos que pasaban por Pedrafita do Cebreiro, entrada a Galicia segundo o Camiño francés. No século XX a produción descendeu até o punto de que só se elaboraba para autoconsumo. Porén, dende a implantación da D.O.P., a produción vénse recuperando, e aínda que segue a ser limitada en relación a outros queixos do país, destaca pola súa calidade, amparada xa por varios premios e unha crecente fama. Dependendo do tempo de maduración, o de Cebreiro pódese mercar fresco ou curado, tendo este último un sabor forte e unha pasta máis sólida.

Pero ademais destes queixos con historia e valor xa recoñecidos oficialmente, en Galicia continúase a innovar; nos últimos anos teñen aparecido exitosos novos produtos (ao tempo que se consolidaban receitas xa existentes). Algúns dos queixos máis destacados do panorama actual, quitando aos de D.O.P., son: Touza Vella, O Rexo, Galmesán, e o “Queso al Pimentón”.

O Touza Vella, elaborado nunha queixería que leva o mesmo nome e que se sitúa na turística Riberia Sacra, conta coa particularidade de estar feito a partir de leite de cabra. Presenta unha codia dura e de cor grisalla, unha pasta interior sólida que se volve de cor próxima a branca tras os corenta días de maduración que precisa o produto máis vendido da queixaría, o Touza Vella madurado.

O Rexo, que toma o seu nome do Ecoespazo O Rexo (na contorna de Allariz, provincia de Ourense): un bosque atravesado polo Arnoia  no que pacen as ovellas das que vén o leite co que se elabora este queixo de pasta graxa. O exterior é alaranxado; o período de maduración dura os seus 90 días.

O Galmesán ( ou “Galmesano”), que leva un nome que fusiona as palabras “galego” e “parmesano”, ten moitas semellanzas co famoso queixo italiano, e a pesar dos seus non moitos anos de vida, xa ten gañado a reputación de ser un dos mellor se queixos de leite de vaca de España. De longa maduración (sobre 90 días), o Galmesán véndese en grandes pezas ou en cuñas, a súa pasta interior é dura e con estrías. A idea para este queixo xurdiu tras a asociación dalgúns queixeiros italianos chegados a Arzúa con profesionais locais; xuntos, déronlle forma a un proxecto que co pasar dos anos daría lugar ao Galmesán que se pode degustar a día de hoxe.

O “Queixo ó Pemento” é un queixo galego de leite de vaca e de longa maduración, particular polo feito de que durante a elaboración engádeselle pemento á pasta. É propio da comarca de Ulloa (provincia de Lugo) e do concello veciño de Agolada (provincia de Pontevedra).

O certo é que Galicia, como terra gandeira que é, ten unha grande tradición queixeira, amparada por catro produtos con D.O.P. e por moitos outros queixos, xa vellos xa novos, que son proba do pulo deste sector na actualidade.

As festas do arranque de maio reinvéntanse para manter viva a súa chama
A  covid volve poñer en xaque as celebracións tradicionais coas que varios municipios de Galicia dan a benvida ao mes de maio. Pero do mesmo xeito que hai un ano, os responsables destes festexos declarados de interese turístico e que gozan dun gran arraigamento traballan en propostas alternativas para evitar que caian no esquecemento e permitir que os sabores, os aromas, a arte e as coplas primaverais volvan reinar.

Festa da Troita

A Pontenova

O 1 de maio é día de celebración por partida dobre no municipio lucense da Pontenova desde o ano 1978. Foi entón cando arrincou a súa Festa da Troita, unha cita declarada pola Federación Nacional de Pesca como concurso de Interese deportivo nacional e que desde 1999 é tamén festa de interese turístico autonómico. Os certames para pescadores que se desenvolven nas augas do río Eo son o prato forte desta cita festiva, que habitualmente inclúe tamén outras propostas lúdicas como o sendeirismo e a música. Este ano non haberá celebración, pero os seus promotores traballan na organización dun acto simbólico para manter vivo o espírito da festa con vistas ao 2022.

Máis información en https://www.facebook.com/profile.php?id=100009400031694

Festa da Filloa de Muimenta

Cospeito

Nacida en 1992 para axudar a recadar fondos para a Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), a Festa da Filloa foi adquirindo cos anos unha personalidade propia, tal como se confirmou no 2008 coa súa declaración como celebración de interese turístico autonómico. A sobremesa tradicional á que está consagrada convértese cada primeiro de maio no prato estrela dunha xornada que enche de sabor o recinto feiral Manuel Vila e que mesmo dispón dun poema propio, o que lle dedicou a profesora e escritora  Marica Campo. A causa da imposibilidade de celebrar a festa o ano pasado, os seus organizadores propuxeron os veciños compartir a través das redes sociais como preparaban e degustaban filloas desde as súas casas, e nesta ocasión esperan volver sorprender o público cunha proposta alternativa.

Máis información en https://www.facebook.com/moexmu

Feira da Tenreira Galega

Láncara

Os veciños de Láncara terán que esperar por segundo ano consecutivo para celebrar como se merece a declaración como celebración de interese turístico da súa Feira da  Tenreira Galega. Do mesmo xeito que hai doce meses non poderán reunirse no recinto feiral da Pobra de San Xiao, pero iso non significará que deban renunciar a gozar do saboroso produto ao que homenaxean desde hai xa 22 anos. Para que o sabor da tenreira galega estea presente en todos os fogares do municipio o 1 de maio o concello entregará dous quilos de carne a cada fogar.

Máis información en http://bit.ly/FeiradaTenreiraGalega

Feira do Viño do Ribeiro

Ribadavia

A piques de cumprir as seis décadas de vida, a Feira do Viño do Ribeiro é un clásico do calendario festivo chegado o arranque do mes de maio. Produtores e adegas mostran nas casetas instaladas no recinto da Alameda de Ribadavia os prezados caldos da denominación de orixe máis antiga de Galicia. O programa de actividades desta celebración de interese turístico adoita incluír degustacións, catas, showcookings, certames, exposicións, visitas guiadas e outras actividades diversas durante toda a fin de semana. Por segundo ano, a Feira terá que prescindir desas exitosas propostas reinventándose para evitar aglomeracións. Por iso, os seus promotores traballan na realización de actividades en distintos puntos emblemáticos do municipio máis enfocadas á promoción entre os profesionais do sector.

Máis información en https://feiravinoribeiro.com/

Os Maios

Ourense

O primeiro domingo do mes de maio é a data na que os veciños de Ourense dan de forma oficial a benvida á primavera. Fano de xeito festivo cos Maios, unha celebración de raíz ancestral que combina a elaboración de figuras vexetais ornamentais co recitado de coplas satíricas convertendo o paseo central da Alameda nun espectáculo de formas, cores e diversión. Declarada festa de interese turístico hai agora 20 anos, a celebración volverá dispoñer este ano dunha proposta alternativa a través da iniciativa  Cantádeme un Maio, que anima os veciños a decorar as xanelas, os balcóns ou as portas das súas casas coas seus maios e a compartir as coplas durante a xornada do 2 de maio en espazos da cidade nos que sexa posible cumprir as medidas sanitarias contra a covid.

Máis información en https://cantademeunmaio.wordpress.com

Propostas para gozar de Galicia máis aló da vista
Galicia é unha terra de acollida que pon ao alcance de todo aquel que a visita un enorme abano de paisaxes, monumentos, sabores e experiencias. Hai propostas para o público máis variado e tamén para colectivos con necesidades especiais como a poboación invidente. Por iso, coincidindo co Día Mundial do Braille, xornada na que a través da reivindicación desa forma de comunicación táctil se pretende loitar polos dereitos das persoas con deficiencias visuais, propoñémosvos algúns plans para gozar de Galicia máis aló da vista.

Torre de Hércules

A Coruña

Deixarse acariñar pola brisa mariña do lugar e internarse polas escaleiras da Torre de Hércules axudan a imaxinarse a importancia dun monumento que foi incluído na selecta listaxe de Patrimonio Mundial da Unesco no ano 2009. Pero para captar mellor a súa magnitude, no centro de interpretación e atención ao visitante hai unha maqueta tiflolóxica (deseñada para ser apreciada a través do tacto) dun pouco máis dun metro de altura que permite contemplar coas xemas dos dedos a arquitectura desta torre milenaria.

Xardín Sensorial de Castrelos

Vigo

Entre os numerosos atractivos que ofrece o parque vigués de Castrelos ao visitante atópase desde hai xa uns anos un Xardín Sensorial pensado para que os invidentes poidan gozar dunha grata experiencia. Trátase dun percorrido adaptado a persoas con deficiencias de visión e artellado a través de estímulos táctiles e  olfactivos. Unha cinta guía ao participante por unha ruta dotada tamén con paneis explicativos en braille sobre as distintas especies que hai no xardín e as súas características, así como sobre a historia do recinto.

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais

Pontevedra

Unha fortaleza xa desaparecida cobra vida neste centro de interpretación nado para albergar e dar a coñecer as ruínas aparecidas durante unhas obras acometidas no ano 2007. Un dos seus principais atractivos é, precisamente, unha maqueta táctil do pazo-fortaleza rotulada en braille que permite imaxinar o aspecto desta impoñente construción.

Termalismo

Toda Galicia

Os romanos e os castrexos xa coñecían as propiedades mineiro medicinais das augas galegas, por iso non é de estrañar que Galicia sexa hoxe un inmellorable destino para o turismo termal con instalacións, algunhas delas xa centenarias, repartidas por toda a comunidade. Xa sexa para aproveitar os seus fins terapéuticos, xa sexa para gozar dunha experiencia que pode combinar estética, benestar e relax, os balnearios son unha proposta idónea tamén para as persoas invidentes. Só fai falta pechar os ollos e gozar.

Gastronomía

Toda Galicia

Unha visita a Galicia estaría incompleta se non incorporase como elemento destacado o seu apartado gastronómico. A horta e as augas galegas nutren do mellor produto un receitario repleto de propostas saborosas capaces de estimular todos os sentidos, pero especialmente o olfacto e o gusto. Cidades, vilas e pobos ofrecen unha ampla oferta de establecementos onde as deficiencias visuais non serán impedimentos para gozar co padal desta terra.

Sensacións no mar

Rías Baixas

Varias entidades comarcais que agrupan a municipios do litoral galego teñen desenvolvido nos últimos anos iniciativas turísticas destinadas á poboación invidente. É o caso do proxecto Sentir ou Mar, nado para impulsar o turismo inclusivo na ría de Muros e Noia e que xa permitiu a un grupo de invidentes familiarizarse co mundo da navegación. Para ese mesmo público están dirixidas outras propostas postas en marcha polos municipios da mancomunidade de Arousa Norte e por empresas privadas das Rías Baixas, como centros de mergullo que organizan bautismos de mergullo e saídas en barco para coñecer a importancia da industria do mexillón e degustar os seus saborosos produtos.

Illas Cíes

Vigo

Os invidentes son benvidos á xoia da coroa do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. A prohibición de introducir animais domésticos por parte dos visitantes non rexe para os cans guía e entre o material informativo ao dispor de quen se achega ata o arquipélago hai folletos en braille. A realización de visitas guiadas con grupos de persoas con algunha discapacidade son unha práctica habitual desde hai anos.

Unha gala de cociña en directo para coñecer a mellor tapa
Un xurado profesional formado por profesionais do turismo e a gastronomía elixirá hoxe o mellor cociñeiro de petiscos 2018 na IV Gala Show Cooking De Tapas por Galicia, na que competirán os gañadores dos concursos locais de tapas das sete cidades galegas. Ademais, o público asistente, integrado por expertos do sector, asociacións, xornalistas e blogueiros, outorgará o Premio do Xurado Popular.

O evento desenvolverase a partir das 20.00 horas deste serán no hotel AC Palacio del Carmen, en Santiago, e está organizado por Turismo de Galicia dentro das súas accións de difusión da creatividade gastronómica galega como elemento de promoción do turismo urbano nesta Comunidade. A xornalista María Cheda será a encargada de presentar unha gala na que os aspirantes cociñarán as súas propostas en directo para o público asistente.

Os membros do Xurado Profesional desta cuarta final De Tapas por Galicia son Cesáreo González Pardal, Secretario do Clúster de Turismo de Galicia; Miguel Ángel Campos, Presidente do Grupo Nove; Alberto Ribas, blogger; Cristóbal Ramírez, xornalista; e Miguel González Quintela, cociñeiro do Restaurante Gastrobar SanMiguel, gañador do Premio do xurado profesional na Gala do ano pasado.

Na Gala Show Cooking competirán Alejandro Martínez Bacelo (Café Vanessa, Ferrol); Sergio Musso e Francisco Chicón (Ecléctic, A Coruña); Álvaro Pérez Blanco (ArteSana Gastrobar, Santiago de Compostela); Rubén González Vallejo (El Cafetín, Pontevedra); Rafael Pérez Iglesias (La Carpintería, Vigo); Bianca Coura, Gerson Iglesias e Pablo Domínguez Veloso (A Adega das Caldas, Ourense); e Alejandro Méndez Lázare (Os Cachivaches, Lugo).

De Tapas por Galicia decide mañá cal é o mellor petisco
Apetitosas. Apetecibles. Saborosas. Novidosas. Espectaculares. Os adxectivos esgótanse á hora de definir as receitas que competirán mañá polo premio ao mellor petisco do ano na Gala Showcooking De Tapas por Galicia. Os cociñeiros premiados nos concursos das sete ciudades galegas reuniranse pola tarde no Hotel AC Palacio del Carmen, en Compostela, para tentar convencer ao xurado de que súa é a proposta máis excitante.

A decisión non vai ser doada para os membros do xurado, composto por profesionais da cociña, da crítica gastronómica e da xestión turística. Fromarán parte del Cesáreo González Pardal, secretario do Clúster de Turismo de Galicia; Miguel Ángel Campos, presidente do Grupo Nove de cociñeiros; Alberto Ribas, blogueiro; Cristóbal Ramírez, xornalista especializado en turismo; e Miguel González Quintela, presidente da Asociación de Cociñeiros de Ourense e gañador do Premio do xurado profesional na edición de 2017.

Na final participan Alejandro Martínez Bacelo (Café Vanessa, Ferrol); Sergio Musso e Francisco Chicón (Ecléctic, A Coruña); Álvaro Pérez Blanco (ArteSana Gastrobar, Santiago de Compostela); Rubén González Vallejo (El Cafetín, Pontevedra); Rafael Pérez Iglesias (La Carpintería, Vigo); Bianca Coura, Gerson Iglesias e Pablo Domínguez Veloso (A Adega das Caldas, Ourense); e Alejandro Méndez Lázare (Os Cachivaches, Lugo). Son unha gran representación da nova cociña urbana de Galicia, un dos grandes atractivos turísticos das nosas cidades.

Lugo homenaxea ao porco unindo culturas gastronómicas
Co significativo título de Oink!!!, o petisco co que Alejandro Méndez Lázare, da arrozaría Os Cachivaches, representará a Lugo na final do certame De Tapas por Galicia, une as culturas gastronómicas de Galicia, Andalucía e Xapón nunha orixinal homenaxe ao porco. Un niño de pasta udon cocida nun caldo similar ao ramen xaponés pero galeguizado con ósos de xamón e panceta de porco, ao que se engaden soia, cogomelos e algas, serve de base deste bocado servido en pratos con forma de porco deseñados polo artesán Chus Mondelo e que resultou gañador no Concurso de Tapas de Lugo.

No medio do niño, unha xema de ovo de paspallás salpimentada, acompañada de orella feita en tres coccións (baixa temperatura, plancha e fritida), dous anacos de orella a baixa temperatura, encurtidos de allo, cebola, cenoria e pemento, aire de grelo licuado e decoración de flores comestibles. A receita complétase cun bombón con forma de landra feito de rebujito andaluz conxelado e recuberto de manteiga de cacao.

Alejandro Méndez estudiou hostalería en Lugo e ampliou a súa formación na escola de cociña Luís Irízar de San Sebastián. Traballou en varios restaurantes de Lugo, Menorca e o País Vasco, entre eles no de Arzak e no de Pedro Subijana. De volta en Lugo, abriu hai oito anos, xunto ao seu irmán, a arrozaría Os Cachivaches, así como unha hamburguesería de autor, locais que hai catro ano uniron nun novo. Aínda que “o que máis demandan os clientes son os arroces”, Os Cachivaches ofrece unha cociña moi variada na que “mesturamos o moderno e o tradicional, pero sen pasarnos de modernos”. O marisco non falta neste restaurante, que conta con cetárea propia.

Este cociñeiro vocacional, que ademais imparte os seus coñecementos como profesor en diversas organizacións, é un convencido de que a gastronomía constitúe “cada vez máis” un atractivo turístico fundamental, algo ao que contribúen “as posibilidades de difusión que ofrece Internet”.

O Camiño de Santiago chega desde Ourense
Os cociñeiros Bianca Coura e Gerson Iglesias, xunto a Pablo Domínguez Veloso, propietario da Adega das Caldas, fan unha homenaxe no seu petisco Camiño de Santiago ao que supón “a máxima representación de Galicia ante o mundo que, ademais, une a toda a nosa Comunidade”. A tapa, premiada no concurso Sabores de Ourense e coa que representarán a esa cidade na final de De Tapas por Galicia, forma unha concha do peregrino e inclúe tamén elementos moi tradicionais da gastronomía ourensá, como a castaña e os cogomelos.

Unha vieira enteiramente comestible na que o caparazón está feito de masa e o coral simúlase con solombo de porco criado con castañas marinado con especias tamén típicas de Ourense. Todo complementado con crema de castañas e escuma de boletus no que é “unha chiscadela á nosa cidade e á súa vinculación co resto de Galicia”.

Nada en Brasil, Bianca traballou en cociñas de Portugal antes de formarse na escola de hostalería de Villamarín e entrar na Adega das Caldas, un restaurante con máis de trinta anos de historia rexentado actualmente por Pablo Domínguez e ao que a chef achegou unha rica combinación de gastronomías procedentes de Portugal, Brasil e outros países sudamericanos. Gerson, pola súa banda,  naceu en Ourense, desde onde se trasladou a Vigo para traballar en restaurantes como Siete Torres ou Stravaganza e no hotel NH Palacio de Vigo antes de abrir o Ruxe Ruxe. Posteriormente, volveu á súa cidade onde se incorporou ao establecemento de Pablo Domínguez.

O local, unha antiga pousada con caballerizas restaurada, sorprende pola súa ambientación e, especialmente, polo seu gran xardín, e nel pódese gozar de pratos tradicionais “adaptados ás novas técnicas e a novos produtos”. Algo que satisfai tanto a ourensáns como a visitantes, xa que “a gastronomía ten un peso importantísimo no atractivo turístico dun lugar”. Palabra de restaurador.